Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os aspectos básicos do proceso de transmisión e conservación dos textos gregos e latinos.
2. Saber definir e entender a crítica textual como disciplina filolóxica e coñecer a súa evolución histórica.
3. Coñecer e saber utilizar os métodos e as técnicas propios da crítica textual e da edición de textos.
4. Usar correctamente unha edición crítica.
A. Teoría:
1. Aspectos introdutorios da crítica textual: definición, relación con outras disciplinas, historia.
2. Historia dos textos gregos e latinos: transmisión e conservación.
3. Tipoloxía das edicións de textos.
4. O proceso de edición crítica.
5. A edición de textos e as novas tecnoloxías.
B. Práctica:
Exercicios de aplicación práctica dos conceptos e das técnicas estudados na parte teórica.
BERNABÉ, A., Manual de crítica textual y edición de textos griegos, Madrid 2010.
BLECUA, A., Manual de crítica textual, Madrid 1990.
BOURGAIN, P.–GUYOTJEANNIN, O.-VIELLIARD, F., Conseils pour l’édition des textes médiévaux. Vol. 1: Conseils généraux. Vol. 2: Actes et documents d'archives. Vol. 3: Textes littéraires, Paris 2001-2002.
CHIESA, P., Elementi di critica testuale, Bolonia 2012.
FLORES, E. (ed.), La critica testuale greco-latina oggi. Metodi e problemi, Roma 1981.
GRANT, J. N. (ed.), Editing Greek and Latin Texts, New York 1989.
HAMESSE, J. (ed.), Les problèmes posés par l'édition critique des textes anciens et médiévaux, Louvain-la-Neuve 1992.
IRIGOIN, J, Tradition et critique des textes grecs, Paris 1997.
MAAS, P., Textkritik, Leipzig-Berlin 1960, trad. A. Baldissera-R. Bonilla, Crítica del texto, Sevilla 2012.
ORDUNA, G., Fundamentos de crítica textual, Madrid 2005.
PASQUALI, G., Storia della tradizione e critica del testo, Firenze 1988.
PÉREZ PRIEGO, M. A., La edición de textos, Madrid 2011.
REEVE, M. D., Manuscripts and Methods. Essay on Editing and Trasmission, Roma 2011.
TARRANT, R., Texts, Editors and Readers. Methods and Problems in Latin Textual Criticism, Cambridge 2016.
TROTTER, D. (ed.), Manuel de la philologie de l'édition, Berlin 2015.
WEST, M. L., Textual Criticism and Editorial Technique Applicable to Greek and Latin Texts, Stuttgart 1973; trad. G. di Maria, Critica del testo e tecnica dell'edizione, Palermo 1991.
1. Capacidade de recoñecer e analizar aspectos da transmisión e da conservación dos textos gregos e latinos.
2. Capacidade de definir o campo de traballo da crítica textual dentro dos estudos filolóxicos.
3. Capacidade de traballar cos distintos métodos e técnicas da crítica textual.
4. Habilidade no uso e lectura de edicións críticas.
1. Nas sesións expositivas o profesor presentará os aspectos fundamentais relativos aos distintos temas teóricos propostos no apartado de contidos.
2. Nas sesións de seminario realizaranse exercicios de aplicación práctica dos conceptos, métodos e técnicas explicados na parte teórica. Neses exercicios deberán participar activamente os estudantes, algunhas veces de forma individual e outras en grupo.
3. Cada estudante ao longo do semestre baixo a titorización do profesor deberá realizar un traballo escrito de aplicación práctica dos contidos estudados, que servirá de elemento de avaliación. Ese traballo deberá ser presentado e defendido nunha sesión de seminario.
4. Utilizarase a Aula Virtual da USC para aloxar materiais e para a realización dalgunhas actividades prácticas.
Farase avaliación continua nas dúas oportunidades oficiais baseada nos seguintes elementos:
1. A asistencia e a participación activa nas diferentes actividades presenciais suporán o 50% da cualificación total. Valoraranse a asistencia regular ás clases e a participación activa e pertinente en todas as actividades desenvolvidas na aula que así o requiran. Para que esta parte da avaliación poida ser tida en conta non poderá faltarse ás clases sen xustificación máis do 5% das horas presenciais programadas. O control de asistencia realizarase mediante sinatura.
2. O traballo práctico mencionado no apartado anterior permitirá acadar o 50% restante da cualificación total. Valoraranse a calidade, a orixinalidade e a pertinencia do contido, e a calidade da presentación escrita e da presentación oral.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase serán avaliados en calquera das dúas oportunidades mediante un exame escrito presencial, que permitirá acadar o 100% da cualificación. Nese exame deberase demostrar o dominio dos contidos teóricos e prácticos do programa; o exame constará, polo tanto, de dúas partes de igual valor (puntuarase con ata 5 puntos cada parte): unha parte con preguntas de teoría e outra con exercicios prácticos. O profesor valorará a exactitude, claridade e calidade das respostas.
Este último sistema de avaliación tamén poderá ser acordado ao inicio do semestre cos estudantes que xustifiquen ante o profesor algunha causa que lles impida asistir regularmente ás clases.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido obrigatorio repartiranse en 49 horas (65%) de actividades presenciais e 26 horas (35%) de actividades non presenciais.
A distribución de horas entre as distintas actividades dirixidas previstas será a seguinte:
1. Clases expositivas: 30 horas presenciais.
2. Clases de seminario: 14 horas presenciais e 6 horas non presenciais dedicadas á preparación obrigatoria dalgún exercicio práctico, que logo será presentado na clase.
3. Titorías programadas: 3 horas presenciais.
4. Avaliación: 2 horas presenciais e 20 horas non presenciais dedicadas á preparación do traballo escrito explicado no apartado "Metodoloxía".
Véxanse os apartados "Metodoloxía da ensinanza" e "Tempo de estudos e de traballo".
Lémbrese que é necesario utilizar a conta oficial de correo da USC (@rai.usc.gal), as ferramentas tecnolóxicas institucionais da USC (Campus Virtual, Microsoft Office 365, MSTeams etc.), e que é obrigatorio cumprir a normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos).
José Carracedo Fraga
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811881
- Correo electrónico
- jose.carracedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B10 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D03 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D03 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
04.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C03 |
08.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C03 |