Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Historia
Áreas: Filoloxía Latina, Ciencias e Técnicas Historiográficas
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia poden resumirse nos seguintes:
- coñecer e practicar os principios de deseño e planificación dos arquivos e bibliotecas.
- asumir e por en práctica as técnicas de xestión dos recursos materiais e humáns en arquivos e bibliotecas.
- coñecer e empregar as técnicas máis axeitadas para garantir a calidade dos servizos en arquivos e bibliotecas.
-identificar aos distintos tipos de usuarios e as súas demandas.
- aprender a deseñar e planificar actividades relacionadas coa función social e cultural de arquivos e bibliotecas e as técnicas de marketing neles.
BLOQUE I: As funcións dos arquivos e as bibliotecas.
Tema 1: As funcións dos arquivos e as bibliotecas.
Tema 2: A planificación, organización e a xestión dos arquivos e as bibliotecas.
BLOQUE II: Os usuarios de arquivos e bibliotecas.
Tema 3: A tipoloxía dos usuarios e as súas demandas.
BLOQUE III: A dimensión social e cultural dos arquivos e as bibliotecas.
Tema 4: A imaxe social dos arquivos e as bibliotecas.
Tema 5: O marqueting aplicado aos arquivos e bibliotecas.
Tema 6: O servizo educativo dos arquivos e bibliotecas.
Tema 7: A organización de exposicións.
Tema 8: Historia, cidadáns e turismo cultural.
Tema 9: A difusión das actividades.
- Aguinagalde, F. Borja de: “El archivero municipal como agente cultural. Reflexiones en torno a una problemática”, VIII Jornadas de Archivos Municipales. Getafe: Ayuntamiento, 1991, pp. 113-115
- Albà i Espinet, Marta: “Los documentos de archivo. Propuestas de difusión”, Archivos, ciudadanos y cultura. Toledo: Anabad Castilla-La Mancha, 1999, pp. 61-72
- Alberch i Fugueras, Ramon: “El marcho de la función cultural en los archivos municipales”, XII Jornadas de Archivos Municipales: el archivo en el entorno cultural. Coslada, 1998, pp. 31-35
- Almuiña, A.: “Exposiciones en la biblioteca”, Educación y biblioteca, n. 114, 2000, pp. 48-49
- Archivos y cultura: manual de dinamización. Ramón Alberch et alii. Gijón: Trea, 2001
- Bel Mallén, J. L.: Comunicar para crear valor. Pamplona: Eunsa, 2004
- Belcher, Michel: Organización y diseño de exposiciones: su relación con el museo. Gijón: Trea, 1991
- Bellido Gant, M. L. (dir.): Difusión del patrimonio cultural y nuevas tecnologías. Sevilla: Universidad Internacional de Andalucía, 2008
- Caravia Nogueras, Santiago: La biblioteca y su organización. Gijón: Trea, 2009
- Cerdá Díaz, Julio: “Desarrollo de presentaciones multimedia en archivos. Un nuevo recurso didáctico”, Congreso Internacional sobre Sistemas de Información Histórica. Victoria-Gasteiz: Juntas Generales de Álava, 1997, pp. 437-447
- Cerdá Díaz, Julio: “Los espacios de la memoria: claves para aprender desde el archivo”, Estrategias y modelos para enseñar a usar la información: guía para docentes, bibliotecarios y archiveros. Murcia: KR, 2000, pp. 133-168
- Cerdá Díaz, Julio: “Las exposiciones documentales. Técnicas y tendencias”, Tabula: revista de archivos de Castilla y León, n. 11, 2008, pp. 359-384
- Colbert, François y Cuadrado, Manuel (eds.): Márketing de las artes y la cultura. Barcelona: Ariel Patrimonio, 2009
- Cruces Blanco, Ester: “El archivo como servicio público para la información, la investigación y la educación”, Difusión del patrimonio histórico. Sevilla: Consejería de Cultura, 1996, pp. 132-141
- Darton, R.: Las razones del libro: futuro, presente y pasado. Madrid: Trama, 2010
- Espert Moreno, L.; Rodrigo Fuentes, V. y Ruiz Ruiz, Y.: “Exposiciones en y desde la biblioteca: claves y estrategias para la difusión y puesta en valor del patrimonio bibliográfico”, Aunando personas, uniendo caminos. Jaén: Diputación Provincial, 2014, pp. 205-212
- Fuentes Romero, Juan José: Planificación de centros documentarios. Organización y funcionamiento de bibliotecas, centros de documentación y centros de información. Gijón: Trea, 2007
- Galindo Lizaldre, Belén; Arana Palacios, Jesús: Leer y conversar: una introducción a los clubes de lectura. Gijón: Trea, 2009
- Hernández Olivera, Luis (ed.): Exponer documentos: diseño y producción de muestras documentales. Salamanca: ACAL, 2010
- Ruiz Ruiz, Yolanda; Rodrigo Fuentes, Victoria: De tesoros a bienes patrimoniales: la difusión del patrimonio bibliográfico. Gijón: Trea, 2019
- Samek, Toni: Biblioteconomía y derechos humanos: una guía para el siglo XXI. Gijón: Trea, 2008
• Con10: Comprender os fundamentos das producións culturais como industria e o seu marco lexislativo.
• Con13: Recoñecer as posibilidades que ofrecen os novos entornos dixitais para a reinterpretación e revalorización da experiencia cultural.
• H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
• Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
• Comp04: Manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades formativas como de exercicio profesional.
• Comp07: Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais.
Neste apartado cómpre sinalar que haberá 24 horas de docencia expositiva, outras 24 horas de docencia interactiva e programaranse 3 horas de titoría en grupo reducido, tal e como se recolle a continuación:
- Docencia expositiva: 24 horas.
- Docencia interactiva: 24 horas.
- Titorización individual do alumnado: 3 horas.
- Exame: 4 horas.
Polo que se refire á metodoloxía do ensino, esta materia para a súa impartición combinará unha serie de recursos dos cales destacaremos os seguintes:
a) As leccións maxistrais cuxa finalidade é a de dotar ao alumnado dos contidos teóricos da materia e que resultan fundamentais para a realización das actividades prácticas. Para iso recurrirase ao emprego de diversos materiais como recursos dixitais, esquemas, ppt, documentos bibliográficos etc.
b) A lectura, análise e comentario crítico de certos artigos cos que fortalecer os contidos impartidos na aula.
c) A confección de traballos individuais ou en grupo sobre determinados aspectos tratados na materia e que requiran da búsqueda, selección e contraste de información.
d) A realización de pequenos proxectos, estudos de casos ou resolución de problemas para a súa exposición e posterior debate na aula.
e) A realización de actividades prácticas en arquivos e bibliotecas.
f) E, finalmente, empregarase a aula virtual como unha ferramenta auxiliar para a docencia e á que se subirán os contidos, materiais empregados na docencia e actividades a realizar en cada caso.
O sistema de avaliación da aprendizaxe desta materia contempla os seguintes criterios:
- A asistencia e participación na aula equivalerá a un 20% da cualificación final.
- As actividades de avaliación continua tales como traballos, exposicións equivalerán a un 40% da cualificación final.
- O exame equivalerá a un 40% da cualificación final.
Con respecto ao sistema de avaliación cómpre facer unha serie de precisións:
- Para a valoración da asistencia e participación na aula tomaranse como referencia as notas do docente sobre o grao de satisfacción coas respostas do alumno e o seu grao de participación nas cuestións plantexadas.
- Para a superación da avaliación continua baseada en traballos, exposicións etc. será preciso que o alumno realice correctamente e entregue o 75% das actividades que se plantexen ao longo desta materia.
- O exame constará de dúas partes claramente diferenciadas: unha parte teórica en forma de preguntas sobre diversos conceptos da materia e unha parte práctica que será a máis valorada e na que se plantexará ao alumnado un caso práctico, parecido a algún dos vistos na clase o aos resoltos nas tarefas de avaliación continua.
- Estes criterios de avaliación serán os que se terán en conta tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
- Para aqueles/as alumnos/as con dispensa de asistencia á clase o único criterio de avaliación será o exame.
En canto ao plaxio e ao emprego indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas cómpre advertir o seguinte: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
O tempo de estudo e traballo persoal que debe adicar un estudante para superar esta materia é o seguinte:
- a docencia expositiva que, como xa se indicou, consta de 24 horas e que exixe unha presencialidade do 100%.
- a docencia interactiva/seminario que, como xa se indicou, consta de 24 horas e que esixe unha presencialidade do 100%.
- a titorización individual do alumnado constará de 3 horas semanais e esixe unha presencialidade do 100%.
- o exame constará de 4 horas e esixe unha presencialidade do 100%.
- e, finalmente, o traballo persoal do alumnado e outras actividades que constan de 95 horas.
As recomendacións para a superación da materia baséanse na propia experiencia persoal do docente e resúmense no seguinte:
- uso regular do campus virtyual pois a través do mesmo facilitaranse os materiais desta materia.
- asistencia continua ás clases para familiarzarse tanto coa terminoloxía como coa práctica na resolución dos exercicios. Esta asistencia contabilizarase mediante unha folla de control de asistencia.
- repaso diario dos conceptos teóricos que se vaian explicando durante as sesións expositivas.
- participación voluntaria e activa.
- o docente levará un control exhaustivo das intervencións de cada alumno/a, anotando a data de intervención e o grao de satisfacción na resolución da actividade plantexada.
- tanto o repaso da teoría como a elaboración dos exercicios resultan fundamentais para a superación da materia.
- recurrir ás titorías sempre que existan dúbidas a fin de resolvelas.
A asignatura á que se refire o presente programa, denominada "Dinamización cultural de arquivos e bibliotecas", é unha materia de carácter optativo e implementada no segundo semestre do terceiro curso do Grao en Xestión Cultural e que se imparte na Facultade de Humanidades da USC, situada no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 6 ECTS.
A docencia desta materia será impartida polo profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, docente do Departamento de Historia, Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego, sen desbotar tampouco o emprego do castelán cando as circunstancias así o aconsellen.
O horario de titorías será os martes de 11:00h a 13:00h e os xoves de 11:00h a 12:00h. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o/a alumno/a se poña en contacto mediante teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita.
Dado o escaso espazo para a bibliografía básica e complementaria, sempre e cando se considere convinte o docente facilitará ao alumnado unha selección bibliográfica para cada tema do programa.
Nesta materia está prevista a realización de prácticas de campo mediante a visita dalgún arquivo ou biblioteca.
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jose Maria Anguita Jaen
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- josem.anguita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 15 |
20.05.2025 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 14 |
26.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 14 |