Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer e comprender as categorías conceptuais fundamentais para a interpretación da Historia Medieval.
Asimilar a terminoloxía correcta que caracteriza as institucións, compoñentes estruturais e político-militares, os fenómenos sociais, económicos, relixiosos e os procesos culturais medievais.
Comprender as transformacións que se produciron nas mentalidades medievais e na cultura política.
Fomentar o desenvolvemento dun xuízo crítico e persoal.
Coñecer as diferentes perspectivas e debates historiográficos.
Valorar o proceso histórico medieval tendo en conta a contribución que realizaron os varóns e as mulleres.
Manexar fontes históricas e historiográficas, para extraer a información que conteñen, analizala e emitir avaliacións obxectivas.
Bloque I. A Plena Idade Media (séculos XI-XIII)
Tema 1. Estruturas demográficas, económicas e sociais. Do Ano Mil ata a culminación do século XIII.
Tema 2. Da Reforma Gregoriana á relixiosidade urbana. Fortalecemento institucional, peregrinacións e visións heterodoxas.
Tema 3. A evolución política dos reinos occidentais. As Monarquías Feudais.
Tema 4. O fracaso dos grandes proxectos universais e o triunfo das monarquías nacionais.
Tema 5. Educación, cultura e saberes na Plena Idade Media: do claustro monástico ás Universidades.
Bloque II. A Baixa Idade Media (séculos XIV-XV)
Tema 6. A crise do século XIV: causas e consecuencias.
Tema 7. A axitación da conciencia popular. Os movementos sociais ao longo da Baixa Idade Media.
Tema 8. A centralización da monarquía, a cristalización do conflito. A Guerra dos 100 Anos.
Tema 9. A Igrexa e a espiritualidade fronte a crise baixomedieval. O Cisma de Occidente.
Tema 10. O “Renacemento” como empresa medieval.
- Bibliografía básica
ÁLVAREZ PALENZUELA, Vicente (Dir.), Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2013.
BARTLETT, Robert, La formación de Europa, conquista, colonización y cambio cultural, 950-1350, València, Universitat de València, D.L. 2003.
CLARAMUNT, Salvador, GONZÁLEZ, Manuel, MITRE, Emilio, e PORTELA, Ermelindo, Historia de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2004.
FOSSIER, Robert, La Edad Media, 3 vols., Barcelona, Crítica, 1988.
GARCÍA DE CORTÁZAR, José Ángel, Historia religiosa del Occidente medieval: años 313-1464, Madrid, Akal, 2012.
--------, e VALDEÓN BARUQUE, Julio, Manual de historia universal de la Edad Media, Madrid, Nájera, 1987.
---------, e SESMA, José Ángel, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2002.
JORNET I BENITO, Núria, et al., Las relaciones en la Historia de la Europa Medieval, Barcelona, Tirant lo Blanc,2006.
PERROT, Michelle (dir.), Historia de las mujeres en Occidente. Vol. 2: La Edad Media, Madrid, Taurus, 1991.
WATTS, John, La formación de los sistemas políticos europeos, Valencia, Universitat de València, 2016.
WICKHAM, Chris, Europa en la Edad Media, Madrid, Planeta, 2017.
- Bibliografía complementaria
ANDERSON, Bonnie, y ZINSSER, Judith, Historia de las mujeres. Una historia propia, Barcelona, Crítica, 2009.
ARIES, Philippe, e DUBY, Georges, Historia de la vida privada, Ts. 2, 3 y 4, Madrid, Taurus, 1988.
BARRACLOUGH, Geoffrey, El papado en la Edad Media, Universidad de Granada, 2012.
BISSON, Thomas N., La crisis del siglo XII: el poder, la nobleza y los orígenes de la gobernación europea, Barcelona, 2010.
BLACK, Antony, El pensamiento político en Europa (1250-1450), Cambridge University Press, 1996.
BOIS, Guy, La gran depresión medieval; siglos XIV-XV: el precedente de una crisis sistemática, Valencia, 2006.
-------, La Revolución del año Mil, Barcelona, Crítica, 2015.
BLOCH, Marc, Los reyes taumaturgos, Madrid, Fondo de cultura económica, 2006.
DANIÉLOU, Jean, y MARROU, Henri I., Nueva Historia de la Iglesia (2 vols.), Madrid, Ediciones Cristiandad, 1982.
FOSSIER, Robert, Gente de la Edad Media, Madrid, 2007.
HEERS, Jacques, La invención de la Edad Media, Barcelona, 1995.
HILTON, Rodney, Conflicto de clases y crisis del feudalismo, Barcelona, 1988.
HUIZINGA, Johannes, El otoño de la Edad Media, Madrid, Alianza, 1981 (3ª).
KANTOROWICZ, Ernst, Los dos cuerpos del rey. Un estudio de teología política medieval, Madrid, Akal, 2012.
KEEN, Mattheu, Historia de la Guerra en la Edad Media, Madrid, Antonio Machado, 2006.
LE GOFF, Jacques, Los intelectuales en la Edad Media, Barcelona, 1986.
MONSALVO ANTÓN, José Mª, Los conflictos sociales en la Edad Media, Madrid, Síntesis, 2016.
RODRÍGUEZ, Ana, La estirpe de Leonor de Aquitania. Mujeres y Poder en los siglos XII y XIII, Barcelona, Crítica, 2014.
SEIBT, F., EBERHARD, W. (eds.), Europa 1400: La crisis de la Baja Edad Media, Barcelona, 1993.
- Atlas e coleccións de textos
BONNASSIE, Pierre, Vocabulario básico de la Historia Medieval, Barcelona, 1983.
DITCHBURN, David, Atlas de Europa medieval, Madrid, Cátedra, 2011.
ECHEVARRÍA, Ana, e RODRÍGUEZ, José Manuel, Atlas histórico de la Edad Media, Madrid, Acento, 2003.
FEDOU, René, Léxico histórico de la Edad Media, Madrid, Taurus, 1990.
FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, P., Textos literarios para la Historia Medieval de España, Jarama, Berrocales, 1994.
LE GOFF, Jacques e SCHMITT, Jean-Claude, (eds.), Diccionario razonado del occidente medieval, Madrid, 2003.
Coñecer e comprender as diferentes etapas polas que pasaron as sociedades medievais ao longo dos séculos XI ó XV.
Poñer en relación os diferentes fenómenos que tiveron lugar ao longo da Idade Media no ámbito político, socioeconómico, espiritual e cultural.
Apreciar os cambios experimentados polas sociedades medievais, tendo en conta as contribucións feitas por varóns e mulleres.
Usar, ordenar e interpretar algunhas fontes históricas.
Coñecer e interpretar a historia medieval como unha disciplina en construción.
Coñecer e analizar os principais debates historiográficos existentes nesta disciplina.
Traballar de xeito autónomo con responsabilidade e iniciativa.
Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva en público.
Ao tratarse dunha materia en extinción, non ten docencia presencial.
Consistirá nun exame da materia conforme aos materiais bibliográficos citados anteriormente.
Ao tratarse dunha materia en extinción, non ten docencia presencial.
Ao tratarse dunha materia en extinción, non ten docencia presencial, polo que se considera que o tempo de traballo persoal de cada alumno debería ser dunhas 150 horas.
- Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grado en Historia en xeral e a matrícula nesta materia en particular, é recomendable que a formación do alumno sexa de perfil humanístico (R.D. 1467/2007, BOE do 6 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato y quedan fixadas as ensinanzas mínimas).
- Recoméndase ter a capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica no ámbito dos estudos medievais
Diana Pelaz Flores
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812622
- Correo electrónico
- diana.pelaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade