Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Medieval, Historia Moderna
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Obxetivos xerais:
a) Achegar ao alumnado á importancia da cultura escrita, o patrimonio documental e a paisaxe humanizada como memoria viva dos procesos históricos que forxaron a sociedade actual.
b) Proporcionarlle claves de interpretación dese patrimonio escrito, documental e físico e dos seus posibles valores,usos e aplicacións.
2- Obxetivos específicos:
a)Capacitar ao/á alumno/a para dispor dunha axeitada percepción histórica e social da cultura escrita,a documentación e o espazo físico como elementos patrimoniais relevantes.
b) Capacitar ao/á alumno/a no manexo de ferramentas teóricas e estratexias prácticas para a análise, xestión e posta en valor da cultura escrita, do patrimonio documental e da paisaxe histórica.
PH1.- A paisaxe como construto e testemuño da Historia: arqueoloxía da paisaxe e toponimia histórica.
PH2.- As concepcións espaciais como construcións sociais: o caso de Galicia.
PH3.- A posta en valor da paisaxe histórica: estratexias e retos.
PH4.- Definición de patrimonio documental.
PH5.- A xestión do patrimonio documental.
Ph6.- Os usos e posta en valor do patrimonio documental.
Ph7.- Cultura escrita e historia cultural.
Ph8.- A cultura escrita como práctica social.
Ph9.- As institucións da memoria escrita.
ALVAREZ BLANCO, R. e outros, Lingua e territorio, Santiago, 2006
BARCELÓ, M., Arqueología medieval.En las afueras del medievalismo, Barcelona, 1988
BELLO URGELLÈS, C., El patrimonio bibliográfico y documental: claves para su conservación preventiva, Gijón, 2001
BOULLÓN AGRELO, A. I., Antroponimia medieval galega (ss. VIII-XII), Tubinga, 1999
BURKE, P., ¿Qué es la historia cultural?, Barcelona, 2005
BURKE, P., Hablar y callar: funciones sociales del lenguaje a través de la historia, Barcelona, 1996
BURKE, P., Formas de historia cultural, Madrid, 2006
CABEZA QUILES, F., Toponimia de Galicia, Vigo, 2008
CASAL REYES, M. I., Implementación dun sistema de innovación na xestión do persoal en centros xestores do patrimonio documental e bibliográfico: fundamentos para unha guía, Ourense, 2009
CAVALLO, G., y Roger Chartier (dirs.), Historia de la lectura en el mundo occidental, Madrid, Taurus, 2001
CHARTIER, R., "Aprender a leer, leer para aprender", Nuevos Mundos, Mundos Nuevos, n. 10, 2010 (Hay versión digital)
CHARTIER, R., “Libros y lecturas. Los desafíos del mundo digital”. Revista de Estudios Sociales 64, 2018, pp. 119-124. (Hay versión digital)
CHARTIER, R. Las revoluciones de la cultura escrita. Diálogo e intervenciones, Barcelona, Editorial Gedisa, 2000
Código del patrimonio cultural gallego, Santiago de Compostela, 2005
CORDÓN GARCÍA, J.A., "La lectura digital y la formación del lector digital en España: la actividad de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez y el Proyecto Territorio Ebook". Álabe 13, 2016
COSTAS GONZÁLEZ, X. H., Os xentilicios de Galicia, Vigo, 2016
DANTAS, T. y otros, "Adaptabilidad, socialización y resiliencia: hacia un nuevo concepto de biblioteca", Revista General de Información y Documentación 27, 2017 (Hay versión digital)
DE TORRES LUNA, M. P. e outros, Municipios y parroquias de Galicia, Santiago, 1989
EISENSTEIN, E., La revolución de la imprenta en la Edad Moderna, Madrid, 1994.
El patrimonio documental: fuentes documentales y archivos, Cuenca, 1999
El patrimonio documental y los archivos nacionales, Madrid, 1994
FERREIRA PRIEGUE, E., Los caminos medievales de Galicia, Ourense, 1988
FINA, X., y otros, "Lecturas políticas en torno al libro. Crisis y renovación", Informe sobre el estado de la cultura en España. Cultura local, democracia, desarrollo. Madrid, Fundación Alternativas, 2019 (Hay versión digital)
GARCÍA PITA, M., “A xestión do patrimonio documental”, En: Os profesionais da historia ante o patrimonio cultural: liñas metodolóxicas”, Santiago de Compostela, 1996, pp. 23-34
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F., El patrimonio cultural: la memoria recuperada, Gijón, 2002
MÉNDEZ FERRÍN, X. L., Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, Vigo, 2007
MORALEJO ÁLVAREZ, J. J., Callaica Nomina: estudios de onomástica gallega, A Coruña, 2008
QUIROGA BARRO, G., “Patrimonio documental e patrimonio etnográfico: papel dos arquivos, a función dos museos”, En: Imaxes de Galicia: fotografía etnográfica, Santiago de Compostela, 2004, pp. 11-16
RIPPON, S., Historical Landscape Analysis: Deciphering the countryside, York, 2012
TESAUROS, http://tesauros.mecd.es/tesauros/toponimiahistorica/1211429.html (Madrid, 2019)
- Con02: Adquirir coñecementos básicos de determinadas realidades do pasado que se converteron en clave para actuacións de xestión cultural de diversa índole.
- Con03: Coñecer os diferentes desenvolvementos do termo patrimonio nos diferentes ámbitos de traballo da cultura, valorando os seus elementos comúns e os que os diferencian, así como as principais liñas de xestión do patrimonio implantadas na nosa sociedade.
- H/D01: Buscar información sobre as realidades da cultura en diversos formatos, desde a toma de conciencia das circunstancias derivadas da dixitalización da información e da relevancia dos formatos académicos.
- H/D03: Valorar criticamente os materiais dispoñibles sobre as realidades da cultura como produto dun tempo, espazo, ideoloxía e corrente interpretativa determinadas e en función do seu formato.
- Comp03: Competencia para utilizar os fundamentos humanísticos da nosa cultura e os principais conceptos nela desenvolvidos para o traballo na xestión cultural.
- Comp04: Competencia para deseñar propostas que contribúan á dinamización do territorio e á diversificación produtiva das comunidades, tanto en espazos urbanos como rurais.
O ensino desta materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, combinando contidos de carácter teórico (clase maxistral) e contidos de carácter práctico (resolución de problemas, estudios de casos). O alumnado poderá seguir as exposicións en aula nas horas presenciais contempladas no calendario (20 horas), mentres que no caso das horas non presenciais síncronas (12 horas) a Facultade habilitará un espazo para garantir a asistencia daqueles/as alumnos/as que así o desexen ou non dispoñan dos medios necesarios. En todo caso para a actividade lectiva non presencial de carácter síncrono empregaranse os recursos materiais que a USC pon de forma institucional a disposición da súa comunidade e, en concreto, serán de uso obrigado aqueles recursos especialmente adecuados para este tipo de docencia como son o Campus Virtual e as ferramentas de videoconferencia e traballo colaborativo na nube, tal e como se recolle na propia normativa da USC.
O/A alumno/a disporá a traverso da plataforma virtual dun guión amplio de cada apartado do programa, xunto cunha bibliografía específica,mapas e gráficos complementarios, links a recursos académicos, educativos e lexislativos para ampliar a información recibida, así como textos e casos prácticos para comentar e practicar. Nas sesións presenciais, non obrigatorias para o alumnado pero recomendables no caso de poder asistir a elas, os docentes exporán as grandes liñas teóricas de cada apartado e proporcionarán materiais para o seu desenvolvemento e aplicación polo/a alumnado (estes guións e materiais serán igualmente expostos no campus virtual para os que non poidan asistir ás aulas presenciais, garantizando que todos teñan acceso ós mesmos contidos). As dúbidas e aclaracións realizaranse a traverso do foro virtual e as titorías en liña, fixadas en 1 hora por semana, que servirán igualmente para o seguimento particularizado da participación do/a alumno/a e a súa aprendizaxe.
As consultas realizadas polo alumnado serán atendidas mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando a docente non se atope de permiso ou baixa.
Os criterios de avaliación atenderán ao estipulado no Regulamento de Asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (2024).
Dado que o obxetivo da materia é introducir ao alumnado á percepción histórica e social do documento histórico,a cultura escrita e o espazo físico como elementos patrimoniais fundamentais, proporcionando aos estudantes ferramentas teóricas e estratexias prácticas para a súa análise, interpretación e posta en valor, un exame teórico non ten moito senso. De aí que o exame final obrigatorio teña un carácter fundamentalmente práctico. En consecuencia, o/a alumno/a terá que realizar ao finalizar o curso un traballo persoal e individual (poderíanse admitir traballos colectivos de demandalo así os obxetivos propostos, pero sempre con determinación do traballo específico de cada un dos autores), consistente na presentación dun proxecto de iniciación á investigación sobre o emprego da documentación para a análise e coñecemento da paisaxe histórica ou un caso práctico de posta en valor do patrimonio histórico espacial.
Os criterios de avaliación desta materia son os seguintes:
- un exame final obrigatorio, consistente na realización dun traballo academicamente dirixido, suporá o 75% da calificación final
- a realización das tarefas específicas a realizar a traverso da plataforma virtual (lecturas de materiais colgados, actividades prácticas de comprensión e aplicación dos contidos dos diversos apartados, etc.) suporán o 15% da calificación final.
- finalmente o seguimento da materia segundo os ritmos propostos polos docentes, a participación activa nas actividades do curso e a iniciativa e interese individual do alumno serán valoradas ata o 10% restante da calificación final.
O sistema de calificación é válido tanto para a primeira oportunidade de Maio/Xuño como para a segunda oportunidade de Xuño/Xullo A avaliación positiva das actividades do curso poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos (alumnos repetidores), sempre que así o solicite o alumno interesado e o profesor dea a súa aprobación.
NOTA: A detección de plaxio ou realización fraudulenta nos traballos académicos e nas probas será penalizada segundo indica o art. 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e Revisión de Cualificacións.
No tocante a aqueles/as alumnos/as que teñan dispensa de asistencia, os criterios de avaliación serán os seguintes:
- o exame obrigatorio suporá un 10% da nota final.
- a realización de tarefas equivalerá a un 80% da nota.
- e o seguimento da materia, participación activa e a iniciativa do alumnado serán valoradas cun 10%.
Horas presenciais: 20 horas
Horas non presenciais síncronas: 12 horas
Horas non presenciais asíncronas: 16 horas
Horas de traballo persoal: 102 horas
Tempo total de estudo e traballo necesario para superar a materia: 150 horas
A materia impártese nunha modalidade mixta, polo que non é obrigatoria a asistencia do alumnado ás clases presenciais. A información e os materiais empregados nestas sesións estarán dispoñibles no campus virtual. Non obstante, recoméndase prestar atención ás instrucións e orientacións do profesorado na aula virtual, facer un uso habitual desta, resolver as probas e actividades propostas nos prazos establecidos e plantexar as dúbidas que poidan xurdir a través da ferramenta foro para discusión entre estudantado e profesorado, ou por mensaxe privada.
Jose Carlos Baliñas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ruben Castro Redondo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 982824716
- Correo electrónico
- ruben.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
16.01.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
03.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |