A transferencia de coñecemento dende a universidade ao entorno económico e social ten unha considerable traxectoria no ámbito das Ciencias Experimentais e as Tecnolóxicas. Pero, a pesar da falta de programas específicos de transferencia nas áreas de Ciencias Socias, Humanas, Xurídicas, e Artísticas, cada día ponse máis de manifesto o potencial de transferencia destas disciplinas.
Estas áreas son xeradoras de coñecemento que a través dos programas adecuados pode dar lugar a resultados transferibles a empresas ou entidades públicas, e a creación de novas empresas baseadas nese coñecemento. Estas relacións de colaboración poden xerar novas actividades económicas e ter un impacto social moi relevante. A importante produción científica de moitos grupos de investigación destas áreas permite intuir a existencia de oportunidades sen explorar para que os investigadores das áreas de ciencias sociais, xurídicas e humanidades poidan transferir os resultados das súas investigacións ás empresas e entidades externas ao entorno académico.
Ademais, a necesidade dun contrapunto e complemento, social e humanista, para moitos desenvolvementos actuais das ciencias experimentais, fai a súa achega imprescindible para os complexos cambios que se están a vivir na actualidade. As Áreas de Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas requiren procesos de valorización e transferencia dos resultados de investigación que teñan en consideración as súas especificidades, e aborden a tarefa con dinámicas propias e características diferenciais.
Ábrese o prazo para presentar propostas ao programa “Estímulo á transferencia de coñecemento en Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas”, promovido pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC, e financiado polo Banco Santander, ten coma obxectivo facilitar a transferencia de resultados de investigación, xerados polos grupos de investigación da USC, ao mercado.
As condicións esenciais que deben reunir os proxectos para ser elixibles son: 1) Débese contar cunha traxectoria previa de investigación; 2) Que exista unha oportunidade de aplicación económica ou social dese novo coñecemento;3) Identificar elementos críticos que, de ser abordados, permitan activar o proceso de transferencia; 4) Que a proposta conteña un potencial destinatario ou colaborador no proceso de transferencia que estea disposto a asumir compromisos; 5) O orzamento solicitado debe ser acorde coas actividades e obxectivos propostos no proxecto presentado.
Os proxectos contarán dende o primeiro momento co asesoramento do persoal técnico da AVTE.
O financiamento dos proxectos será de ata 20.000 euros e a duración dos mesmos entre 3 e 9 meses.
O prazo para presentar solicitude para o programa “Estímulo á transferencia de coñecemento en Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas” remata o 9 de febreiro de 2024.
Para poder presentar unha proposta a convocatoria do programa “Estímulo á transferencia de coñecemento en Ciencias Sociais, Humanas, Xurídicas e Artísticas” debe inscribirse previamente na seguinte ligazón.
A documentación que se ten que cumplimentar encóntrase no dosier adxunto e ten que ser enviado a: sabela.lopez.figueiras [at] usc.es (sabela[dot]lopez[dot]figueiras[at]usc[dot]es) e lydia.fernandez [at] usc.es (lydia[dot]fernandez[at]usc[dot]es)
Área de Valorización Transferencia e Emprendemento (AVTE)
- Casa de Vivendas de Funcionarios
- Avenida das Ciencias, 6, 15782Santiago de Compostela
- avte [at] usc.es
Área de Valorización Transferencia e Emprendemento (AVTE)
- AVTE. Edificio CACTUS Lugo
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo
- avte [at] usc.es