Presentan a Cátedra USC–Televés de Microelectrónica, o proxecto que impulsa Galicia cara ao futuro europeo do chip
A Universidade de Santiago escenificou hoxe xunto á compañía tecnolóxica Televés o pulo definitivo á cátedra que xa traballa para situar Galicia na vangarda do chip europeo, un proxecto que aspira a transformar o futuro da microelectrónica desde a investigación, a industria e o talento, co CiTIUS á fronte da súa dirección científica