28.03.2025 | 11.00h

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo acolle este venres 28, ás 11.00 horas, a clausura do 'Obradoiro de Vida Independente', un proxecto no que estudantado de Enfermaría e Humanidades dinamiza diferentes actividades sobre vida independente, tempo libre e ocio, autonomía, rutinas saudables, normas de convivencia e dereitos humanos. Na actividade participou mocidade con síndrome de Down grazas á colaboración da Asociación Down Lugo.
A sesión contará coas intervencións de todos os participantes no obradoiro así como das profesoras Beatriz Fernández Herrero, da área de Filosofía Moral, Patricia Cupeiro López, da área de Historia da Arte e do profesor Isidoro Rodríguez Pérez, enfermeiro e docente de Antropoloxía da Saúde.