Ir o contido principal

Congreso Internacional 'Unha Filoloxía para o Século XXI'

26.11.2025-28.11.2025
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

No marco das actividades conmemorativas do quincuaxésimo aniversario da súa fundación, a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Congreso Internacional 'Unha Filoloxía para o Século XXI. Pasado, Presente e Futuro. Linguas, Literaturas e Culturas' que terá lugar durante os días 26, 27 e 28 de novembro en modalidade presencial. O acto inaugural desenvólvese este mércores 26, ás 9.30 horas. 

Neste encontro reflexionarase sobre a filoloxía que se está a facer na actualidade e tamén sobre o que cabe esperar da filoloxía que se faga nas próximas décadas. O debate xirará ao redor de tres grandes cuestións 'Narrativas, culturas e sociedades', 'Filoloxía e tecnoloxías' e 'Filoloxía e transdisciplinariedade'. 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2025.