O Observatorio da USC leva ata o Centro Penitenciario de Monterroso un obradoiro de astronomía
Membros do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e colaboradoras e colaboradores habituais van impartir este mércores 4 de decembro a partir das 17.00 horas un obradoiro de astronomía no Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo) dentro do seu Plan de Animación Sociocultural e en concreto como parte do Ciclo de Aulas Abertas.
Estas actividades son organizadas polo grupos SEPA do campus de Santiago e ALIAD do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, xunto con ECIGAL da Universidade da Coruña.
O obradoiro será impartido por Luca Piccotti, Nerea Puime, Ángel Costas, e Eva Seijas, que falarán do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e farán unha descrición no Sistema Solar, con posterior observación telescópica na que participarán as persoas inscritas na actividade.