Skip to main content

Latest news

Unha publicación do Ibader sitúa o nordeste de Galicia como a rexión mundial con maior densidade de lobos

A revista ‘Recursos Rurais’ inclúe no último número un artigo sobre poboación de Canis lupus asinado por Pedro Alonso, David Martínez e Miguel Hevia que proba a existencia de 16 grupos reprodutores nunha área de 2.900 km2, na que se estima a presenza de 22 familias, máis do triplo das contabilizadas no censo oficial de 2015, ademais dun crecente número de individuos solitarios

Read more

Petos solidarios e paseos científicos en Lugo para investigar enfermidades raras en modelos de peixe cebra

O equipo da USC liderado por Laura Sánchez Piñón que promove novas liñas de estudo sobre os CDG a través dun proxecto incluído na plataforma de crowdfunding da FECYT, anima á sociedade luguesa a colaborar nesta investigación, que xa recadou 18.000 euros, a través das huchas repartidas en farmacias e comercios e coa súa participación na expedición programada con Guido Guía o 18 de xuño polo barrio do Carme

Read more

Unha viaxe a Bangladesh da man da mostra ‘Dez anos en Daca’

As imaxes expostas dende este mércores ata o 30 de xuño no Claustro Alto de Fonseca son froito da curiosidade de Santiago Fernández Mosquera por coñecer o país que acolle, dende hai dez anos, o proxecto da Cátedra Inditex de Lingua e cultura españolas na Universidade de Daca, da que é na actualidade director

Read more