Skip to main content

Latest news

Novo pulo á agroecoloxía no vello continente

A EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC lidera en España o proxecto a prol da transición agroecolóxica AE4EU, un programa coordinado polo Instituto Superior de Agricultura Rhône-Alpes e financiado con dous millóns de euros de fondos europeos que contempla a creación dunha rede europea de laboratorios vivos agroecolóxicos

Read more

A Carqueixa gaña o XXI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

O reitor da USC, Antonio López, e o presidente fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, entregaron o galardón, dotado con 10.000 euros, ao presidente da cooperativa cervantega nunha cerimonia en liña na que tamén concorrían como finalistas EFA Fonteboa, Arnigal Cultivos e Estratexia de loita ecolóxica fronte a praga da rata toupa

Read more

A USC, entre as doce institucións que se axustan aos novos requisitos do proxecto de Real Decreto no que traballa o Ministerio de Universidades

A análise do Observatorio do Sistema Universitario identifica unha ducia de institucións españolas, dun total de 81, que posúen os novos requisitos establecidos no proxecto de Real Decreto de creación, recoñecemento e autorización de universidades e centros universitarios, e acreditación institucional de centros universitarios

Read more