Aniversario dos 3 anos de Pescaenverde, marca de garantía da USC
Celébrase o aniversario dos 3 anos dende a emisión da primeira certificación de Pescaenverde, marca de garantía da Universidade de Santiago de Compostela rexistrada na Oficina Española de Patentes y Marcas.
O programa Vivir o mar da Televisión de Galicia recolleu o aniversario da ecoetiqueta. Esta etiqueta aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente ao mesmo tempo que aporta un valor engadido aos produtos que incorporan a marca, favorecendo a súa venda nun mercado tan competitivo como o actual.
Pescaenverde é unha marca creada polo grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC, e o seu coordinador, Gumersindo Feijoo, falou no programa da consolidación da etiqueta e dos criterios que hai que cumprir para tela.