O Politécnico de Milán distingue ao Profesor Emérito Juan Lema Rodicio
Con esta distinción prémiase a importante contribución de Lema Rodicio ao campo da biotecnoloxía ambiental, particularmente no desenvolvemento de tecnoloxía e de procesos de tratamento e recuperación de recursos dos residuos. A distinción ven a ser a versión italiana do Honoris Causa.
O acto de investidura terá lugar este venres en Milán, no marco da V edición do Congreso Internacional Ecotechnologies for Wastewater Treatment. EcoSTP 2021. O Politécnico de Milán concedeu menos de unha docena destas distincións nos últimos dez anos, entre as que se atopan as otorgadas aos arquitrectos Álvaro Siza e Nicholas Grimshaw, o diseñador Giorgio Armani, o profesor de Enxeñaría Civil Dan Frangopol, Luca Cordero dei Montezemolo, expresidente de Ferrari, ou Paul Krutzen, Nobel de Química en 1995.
O acto vai a ser retransmitido en directo dende a sede do Polimi na Piazza Leonardo da Vinci de Milán.
Será ás 10.30h e poderase seguir a través de youtube.