Unha Enxeñeira Química, experta en economía circular, dirixirá a sociedade que creou a Xunta para impulsar proxectos para os fondos europeos
A enxeñeira química e licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela Enyd López Fernández, experta en economía circular, dirixirá a sociedade que creou a Xunta para impulsar proxectos co obxectivo de captar fondos europeos para a reconstrucción frente á covid.
O consello de administración nomeou directora xeral da sociedade a Enyd López (Santiago, 1980), quen ata agora comandaba en Galicia Saica Natur, unha área de negocio pertencente ao Grupo Saica que opera no eido da economía circular e a xestión de residuos.
A Xunta de Galicia confirmou tamén o nomeamento da catedrática Amparo Alonso, experta en intelixencia artificial, e de Rosa María Sánchez-Yebra, vicegobernadora do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa, como conselleiras da sociedade.