Skip to main content

O Grao en Enxeñaría Química ocupa o quinto posto no ranking do xornal El Mundo

EQ
EQ
O Ranking as 50 titulacións máis demandadas do diario El Mundo 2022, que orienta aos estudantes que deben elexir o centro para cursar os seus estudos superiores, coloca ao Grao en Enxeñaría Química, impartido na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, no quinto posto.

O ranking recolle os 50 graos máis demandados e as cinco universidades máis adecuadas para cursalos. Esta clasificación de El Mundo é unha das principais clasificacións españolas que miden a calidade dos centros de educación superior. 

A actual edición de este ranking, publicada o pasado 11 de maio, revalida ao Grao en Enxeñaría Química da ETSE por 16º ano consecutivo entre os 5 mellores graos en Enxeñaría Química. As universidades de País Vasco, Poliécnica de Valencia, Complutense de Madrid e Barcelona completan o ranking. 

The contents of this page were updated on 05.31.2022.