Curso de lingua galega para non galegofalantes

Curso de lingua galega para alumnado de Veterinaria procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Está aberta a inscrición no curso de lingua galega para non galegofalantes do nivel A2.
A matrícula realízase a través da Secretaría Virtual ata o 23 de setembro. As clases comezarán o 23 de setembro e rematarán o 12 de decembro, na Aula Aresa 2 da Facultade de Veterinaria.
Para máis información ponte en contacto co Centro de Linguas Modernas de Lugo no correo electrónico clm [at] usc.gal (clm[at]usc[dot]gal).