The Asociación Síndrome de Down de Vigo was created in 1989 with the aim of achieving the full integration of people with Down's syndrome and intellectual disabilities and to contribute to improving their quality of life.
Area de Autonomía
Traballo de autonomía persoal a través do desenvolvemento das habilidades sociais e do coñecemento da contorna.
Refórzase a autonomía a través de sesións semanais formativas na aula e saídas en fin de semana onde se poñen en práctica as habilidades traballadas no contexto formativo.
Neste programa participan nenas/os e mozas/os con Síndrome de Down e outras diversidades intelectuais a partir dos 6 anos de idade.
- Horario: as sesión formativas son martes, mércores e xoves, de 16 a 20 h, e as saídas de fin de semana de acordo co tipo de actividade de 3/4 horas de duración aproximada.
- Prazas: 1
Area de Formación
Preparación para a vida adulta traballando en habilidades motoras, cognitivas, resolución de conflitos, xestión de euros, saúde. Tócanse os aspectos relevantes que permiten ás persoas con síndrome de Down acceder a un nivel de autonomía que sempre respecte os ritmos de cada un e as necesidades/motivacións da persoa e da súa familia. Este traballo corre paralelo a outros servizos como a integración social e o emprego con apoio.
- Horario: de luns, martes e xoves, de 9:30 a 13:30 h.
- Prazas: 1
Area de Emprego con Apoio (ECA)
Apoio na aula a traballadoras e traballadores (modalidade de Emprego con Apoio, nunha empresa ordinaria). Acompañalos no traballo para axudalas/os no lugar a integrar tarefas e desenvolver habilidades sociais e laborais. Alí se detectan as áreas de mellora que lles trasladan nunha reunión de equipo aos técnicos da ECA para que poidan ver como pode practicar, adestrar e mellorar esa habilidade/tarefa/competencia na clase.
- Horario: martes e mércores, de 9:30 a 11:30 h e de 15:30 a 18:30 h. e os xoves, de 9:30 a 11:30 h e de 15:30 a 19 h.
- Prazas: 2