María Jesús Giráldez, nova coordinadora do Colexio de Decanos/as e Directores/as de centros da USC
A nova responsable deste colectivo reuniuse co reitor Antonio López para abordar cuestións comúns á xestión de todas as Facultades e Escolas
Leer más‘Petiscando libros’, lecturas para o público miúdo coa análise e recomendacións dos futuros mestres
Alumnado da Facultade de Formación do Profesorado coordinado pola profesora Rocío G-Pedreira elabora unha bitácora literaria virtual, a través da que achega ao público obras de literatura infantil agrupadas por temáticas e enriquecidas con recensións, críticas e posibles actividades didácticas deseñadas polos futuros mestres
Leer másBota a andar a convocatoria 2022 dos Esenciais
Estas publicacións constitúen un resumo executivo do curso con información veraz e contrastada fronte a fontes dixitais non verificadas e servirán para mellorar a comunicación lingüística en galego no eido científico na Universidade
Leer másO alumnado de grao e mestrado na USC poderá optar a desenvolver prácticas na Deputación Provincial de Lugo
O reitor Antonio López e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinan en Lugo un novo convenio que amplía a todo o estudantado da USC a posibilidade de completar prácticas curriculares ou complementarias en calquera dos servizos da institución provincial, e axiliza a xestión e tramitación das solicitudes
Leer másPublicadas as proclamacións definitivas de reitor electo, representantes no Claustro Universitario e de estudantes nas Xuntas de Centro
O catedrático da USC Antonio López tomará posesión do seu cargo nun acto institucional que se celebrará o vindeiro 22 de marzo
Leer másO ‘Obradoiro de apoderamento lingüístico’ busca reforzar o galego a través do ensino
Esta iniciativa impulsada dende a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Formación do Profesorado da USC mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o 24 de marzo
Leer másConvocados os XVIII Premios á calidade lingüística en galego
O certame abrangue traballos académicos, traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de mestrado (TFM) de alumnado matriculado en titulacións oficiais no curso 2021-2022
Leer másAntonio López, reelixido reitor da USC
O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, candidato único nestes comicios, obtivo 1.636 votos
Leer másAs persoas maiores de 40 anos con experiencia profesional ou laboral poderán solicitar o acceso a grao ata o 28 de febreiro
Como requisito, as persoas interesadas non poderán posuír ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por calquera outra vía de acceso
Leer másFormación do Profesorado lembra cunha mostra o labor das mulleres e colectivos femininos a prol da educación
A exposición elaborada por alumnado da materia Teoría e Historia da Educación Escolar, impartida por Francisco Xosé Candia, permanecerá aberta ao público no vestíbulo da facultade luguesa ata o 2 de marzo para trasladarse dous días despois á Biblioteca Provincial de Lugo
Leer másAberto o prazo para a presentación de recursos contra a proclamación provisional de candidaturas
Esta fase do proceso das eleccións a reitor/a, representantes no Claustro e estudantes nas Xuntas de Centro estenderase ata o vindeiro mércores 9 de febreiro
Leer másBota a andar unha nova edición do curso de Habilidades comunicativas
Esta actividade formativa terá lugar ao longo deste segundo cuadrimestre do curso 2021-22 e está estruturada en tres módulos que abordarán a redacción científica, falar en público e como desenvolver presentacións dixitais eficientes
Leer másMantense a presencialidade para o período de exames e probas
Ante calquera circunstancia acreditada relacionada coa COVID-19 que impida a asistencia a un exame ou proba oficial, é preciso poñerse en contacto coa Oficina COVID da USC no 881 811 111 ou no correo electrónico info.coronavirus@usc.gal
Leer másA USC crea un plan propio de captación de persoal investigador en formación
A Universidade publicou unha convocatoria dotada con 42 contratos predoutorais e cuxo prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto do 3 ao 31 de xaneiro de 2022 - Convocatoria financiada polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027
Leer más