Abre a inscrición no programa ÍCARUS para a aplicación social e económica dos traballos académicos de alumnado da USC
O prazo para participar neste concurso remata o día 28
Leer másO prazo para participar neste concurso remata o día 28
Leer másO programa inclúe preto de 40 accións, entre cursos monográficos, seminarios e obradoiros, sobre temáticas relacionadas coas liñas estratéxicas da actividade investigadora e docente que se desenvolve no Campus Terra da USC
Leer másRepresentantes das diferentes entidades e organizacións de Portugal, Francia, Irlanda e España implicadas no programa europeo a prol do aproveitamento dos recursos que ofrece o Espazo Atlántico para o emprendemento e a innovación entre a mocidade, definiron no Campus Terra as áreas de traballo do programa Atlantic Innoblue Communities (ATLIC)
Leer másOs grupos clonais pandémicos de ‘E. coli’ B2-CC131 e B2-ST1193 provocan a metade das infeccións de tracto urinario multirresistentes, segundo publica en ‘Frontiers in Cellular and Infection Microbiology’ o equipo do Campus Terra da USC liderado por Azucena Mora
Leer másA iniciativa promovida desde a Comisión de Normalización Lingüística do centro gratificará cun total de 550 euros para as dúas mellores tarefas académicas e os dous TFG escritos en galego que teñan unha maior calidade lingüística. O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de setembro
Leer másUnha reunión científica sobre o estudo do comportamento e a conduta dos animais promovida polo Grupo Universitario de Etoloxía Clínica Aplicada da Facultade de Veterinaria da USC e no que participan como relatores catro diplomados europeos en Benestar Animal e Medicina do Comportamento cita 160 persoas no Campus Terra
Leer másUn congreso promovido pola Asociación Estudantil de Natureza e Defensa Animal (AENDA) aborda en Veterinaria aspectos relacionados coa medicina e a clínica de animais salvaxes, así como respecto da conservación destas especies
Leer másAlumnado dos dous últimos cursos de grao das facultades de Ciencias, Humanidades e na EPS de Enxeñaría xa poden tramitar a súas solicitudes ata o 26 de marzo na sede electrónica da USC. Formación do Profesorado e Veterinaria tamén ofertan un total de 8 prazas nunha convocatoria que prevé estadías formativas de ata 3 meses. As persoas beneficiarias poderán solicitar o recoñecemento de ata 13 créditos ECTS
Leer másO prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o 23 de febreiro na sede electrónica da USC. A nova convocatoria eleva a preto de 70 as axudas habilitadas para que alumnado do Campus Terra comece a súa carreira científica. O importe máximo das achegas é de 2.576 euros por un período de catro meses
Leer másO proxecto Interreg Atlantic Area BEAP-MAR, liderado polo coordinador do grupo Farmatox da USC, Luis M. Botana, e dotado cun orzamento de máis de 2,2 millóns de euros, investiga o potencial uso de cepas de microalgas, macroalgas, fungos, esponxas e outros recursos mariños para desenvolver productos de cosmética, alimentación e mesmo do ámbito da farmacoloxía con alto valor engadido
Leer másAntonio López reitera o “firme apoio” á sede universitaria luguesa e avanza a creación no Campus Terra dunha nova estrutura de investigación arredor da One Health para afondar na súa especialización en áreas relacionadas cos riscos ambientais, enfermidades emerxentes de orixe animal e alimentación, nutrición humana e seguridade alimentaria, no marco da cerimonia académica celebrada en Veterinaria
Leer másUn estudo anatómico e morfofuncional do órgano vomeronasal da rata toupa desenvolvido na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC por Sara Ruiz Rubio, xunto con persoal investigador do grupo de Morfoloxía Animal (Morfan) que coordina Pablo Sánchez Quinteiro, e publicado en ‘The Anatomical Record’, avala o uso de ‘cairomonas’ de depredadores para “provocar estrés e alterar os ciclos reprodutivos deste roedor herbívoro, a fin de diminuír a súa poboación”
Leer másO grupo Farmatox da USC, que coordina o catedrático da área de Farmacoloxía na Facultade de Veterinaria Luis M. Botana, participa cun consorcio internacional de 13 socios nunha iniciativa de I+D do programa Horizonte Europa orientada a optimizar métodos e sistemas de cultivo de recursos mariños en terra e que conta cunha dotación orzamentaria de tres millóns de euros ata 2026
Leer másAs contas aprobadas polo padroado da entidade para 2024 implican un aumento do 9% respecto do exercicio en curso
Leer másAs facultades de Veterinaria e Ciencias Económicas e Empresariais acolleron as dúas últimas intervencións de tributo ao Seminario de Estudos Galegos no marco deste programa impulsado dende a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura
Leer más