Pasar al contenido principal
  • USC

Recursos do Estado contra as Violencias Machistas

Recursos do Estado contra as Violencias Machistas
Recursos do Estado contra as Violencias Machistas
Interveñen:
- Subdelegada do Goberno na Coruña
- Unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno na Coruña
- Policía Nacional
- Técnica de Cruz Vermella de ATENPRO

Sabes que é ATENPRO? E ALERTCOPS? Para que serve o Botón SOS? E o número 016? Como configurar un Guardián? Coñeces a Guía de actuación fronte á violencia machista do Ministerio de Igualdade?

Temos o pracer de anunciar que visitará a nosa Facultade de Ciencias da Educación a Subdelegada do Goberno na Coruña (María Rivas López) e a Xefa da unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno na Coruña (Manuela Vilaboy Romero). Dedicarannos un espazo de tempo para mostrar recursos de actuación ante unha situación de violencia de xénero ou de agresión sexual, tanto para vítimas como para testemuñas.

Previsiblemente virán acompañadas de persoal da Cruz Vermella e da Policía Nacional.

A entrada é de balde, até completar aforo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2024.