Ir o contido principal

Presentación do libro 'Resistencias Campesinas en los espacios rurales de Europa y América durante la Edad Moderna'

22.11.2024 | 17.00h
Rubén Castro Redondo é docente en Humanidades
Rubén Castro Redondo é docente en Humanidades

Rubén Castro Redondo, profesor de Historia Moderna da USC, coordina xunto a Pablo F. Luna da Sorbonne Université a monografía Resistencias Campesinas en los espacios rurales de Europa y América durante la Edad Moderna que será presentada o venres 22 de novembro ás 17.00 horas, na aula 16 da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo. O libro componse de quince capítulos asinados por persoal investigador de cinco países diferentes (Arxentina, Brasil, Perú, Portugal e España), arredor dos exercicios de resistencia campesiña nos espazos rurais, tanto nas metrópoles como nas colonias das potencias ibéricas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2024.