Ir o contido principal

Estudante da USC: mellora a túa destreza nun idioma estranxeiro ou aprende un novo

A matrícula nos cursos xa está aberta
A matrícula nos cursos xa está aberta
Oferta de cursos do Centro de Linguas Modernas da USC

Se es estudante da USC interésache mellorar e acreditar as túas destrezas lingüísticas no idioma estranxeiro que xa estudaches ou aprender novas linguas. Para que?

  • Para acceder a programas de mobilidade (Erasmus e outras) esíxese estar en posesión do nivel B1 na lingua do país de destino. E lembra que tes que acreditar o nivel canda a solicitude, no primeiro trimestre do curso anterior ao que marchas fóra!
  • Para acceder a estudos de mestrado. Moitos deles esixen estar en posesión do nivel B1 ou B2 dunha lingua estranxeira.

Onde o podes facer? O Centro de Linguas Modernas da USC ofréceche dúas posibilidades, ambas con dereito ao recoñecemento de créditos ECTS:

  • Cursos de linguas (alemán, francés, inglés, italiano, portugués e outros) en niveis adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, ao longo do curso académico 2024-2025, e con prezos reducidos para o alumnado da USC. 
  • Probas de Competencia Lingüística, que organiza o CLM regularmente ao longo do curso.

Infórmate e inscríbete no Centro de Linguas Modernas. A matrícula xa está aberta, nalgún caso ata o 22 de setembro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.09.2024.