Impacto da adhesión ao tratamento inhalado na eficacia do tratamento da asma grave con triplo terapia.
Autoría
E.C.B.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)

Data da defensa
22.07.2025 16:00
22.07.2025 16:00
Resumo
A adherencia terapéutica, é un problema nos pacientes que reciben medicamentos para unha doenza crónica, e forma parte da actividade dos profesionais de enfermaría educar aos pacientes sobre o cumprimento adecuado do tratamento. No caso da asma, os índices de incumprimento varían, segundo o estudo, entre o 46 e o 85 por cento. Obxectivo: O obxectivo do estudo foi avaliar a adherencia terapéutica e o seu impacto no control da asma nunha poboación de asmáticos graves, que iniciou a triplo terapia inhalada: corticosteroide inhalado, máis beta agonista de acción prolongada, máis anticolinérxico de acción prolongada, ben cun único dispositivo ou con máis dun. Material e métodos: Para este fin recolléronse datos demográficos, clínicos e de adherencia terapéutica nunha poboación de 390 asmáticos durante diferentes visitas desde o momento en que iniciaron a triplo terapia, visita 1. A adherencia terapéutica estimouse mediante a recollida da receita electrónica na farmacia: o seu cumprimento considerouse adecuado cando a porcentaxe de retirada do medicamento era maior o igual a 80 por cento. Valorouse a evolución clínica segundo o número de exacerbacións, o control dos síntomas e os parámetros da función pulmonar. Ademais, analizouse a porcentaxe de pacientes controlados ao final do seguimento, a porcentaxe de que precisaron escalada terapéutica e a porcentaxe de que acadaron a remisión clínica. Resultados: A AT foi boa no 64 por cento dos pacientes na visita 2, no 62 por cento dos pacientes na visita 3 e no 54 por cento na visita final. A adherencia terapéutica foi mellor en pacientes maiores que usaban triplo terapia cun un dispositivo e peor en aqueles con polo menos unha exacerbación, valores reducidos de FEV1 e con máis dun dispositivo. Non se atoparon diferenzas significativas entre os pacientes que requiriron escalada terapéutica e os que non, entre os que lograron a remisión clínica e os que non, nin en canto ao control dos síntomas, pero a adherencia foi significativamente mellor nos pacientes que estaban controlados ao final do seguimento, non presentaban exacerbacións e lograron un FEV maior o igual a 80 por cento. Conclusión: O estudo actual reflicte que se debe mellorar a adherencia terapeutica á medicación inhalada en pacientes con asma grave e que a enfermería debe asumir un papel protagonista e proactivo para optimizar os resultados clínicos.

Dirección
PENELA PUGA, Mª PILAR (Titoría)
PENELA PUGA, Mª PILAR (Titoría)
Tribunal
Ferreira Díaz, María José (Presidente/a)
Bermello López, Mª Lourdes (Secretario/a)
Rivas Fernández, Inés (Vogal)

Entre reixas: Importancia da Enfermaría no Contexto Penitenciario
Autoría
A.L.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)
A.L.G.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
22.07.2025 16:00
22.07.2025 16:00
Resumo
O aumento da poboación penitenciaria leva a un incremento significativo das patoloxías existentes, así como a unha maior demanda de recursos e intervencións sanitarias. A raíz disto, xorde a necesidade de analizar o perfil biopsicosocial da poboación reclusa e avaliar se existe unha relación directa coas patoloxías de maior prevalencia nos centros penitenciarios. O obxetivo é identificar con maior precisión as necesidades destes pacientes, mellorando así os coidados e intervencións ofrecidas. A poboación reclusa caracterízase por un perfil maioritariamente masculino, de adultos maduros, con baixo nivel educativo e escasos recursos económicos. Isto, sumado a alteracións da autoestima e dificultades na xestión do autocuidado, contribúe ao desenvolvemento e mantemento de diversas patoloxías prevalentes nestes ámbitos. Entre elas destacan as enfermidades infecciosas, como o Virus da Inmunodefiencia Humana (VIH), a Virus da Hepatite C (VHC) ou a tuberculose (TBC); os trastornos mentais, especialmente os do estado de ánimo e psicóticos; así como o consumo de sustancias. No relativo ao ámbito legal, a enfermería penitenciaria española atópase regulada por unha normativa que ten como finalidade garantir os dereitos das persoas privadas de liberdade e regular as funcións de enfermaría. Con todo, dita lexislación atópase actualmente desactualizada como consecuencia dos avances na enfermaría nas últimas décadas, sen ter adaptado aos cambios producidos. A enfermaría penitenciaria desempeña un papel fundamental na promoción da saúde no medio penitenciario. A través de intervencións clínicas e preventivas, busca non só atender as necesidades da poboación reclusa senón tamén mellorar a súa calidade de vida. O seu labor oriéntase en moitas ocasión a apoiar e acompañar ao paciente durante o proceso de institucionalización, abordando tanto os aspectos físicos como os emocionais. Todo isto realízase baixo un enfoque integral e humanista, propio do exercicio enfermeiro, que prioriza a dignidade, o respecto e o benestar.

Rodríguez Pérez, Isidoro (Titoría)
Rodríguez Pérez, Isidoro (Titoría)
Tribunal
Ferreira Díaz, María José (Presidente/a)
Bermello López, Mª Lourdes (Secretario/a)
Rivas Fernández, Inés (Vogal)
Ferreira Díaz, María José (Presidente/a)
Bermello López, Mª Lourdes (Secretario/a)
Rivas Fernández, Inés (Vogal)
Impacto da multiculturalidade nos coidados de enfermaría: Estratexias que se adoptan
Autoría
L.M.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)
L.M.A.
Grao en Enfermaría (2ª ed) [L] (ADSCRITA)
Data da defensa
22.07.2025 16:00
22.07.2025 16:00
Resumo
A crecente diversidade cultural no sistema sanitario español, resultado das migracións e a globalización, supón importantes desafíos na prestación de coidados de enfermaría. Este artigo explora como o multiculturalismo inflúe nos coidados de enfermaría, centrando a análise nas percepcións dos usuarios de diferentes culturas e profesionais sanitarios. Mediante unha metodoloxía cualitativa baseada en entrevistas en profundidade e observación participante, recóllense experiencias da vida real para identificar barreiras comunicativas, institucionais e culturais que dificultan a atención equitativa. O marco teórico baséase en modelos de competencia cultural como os propostos por Campinha-Bacote e Larry Purnell, así como na teoría do Sol Nacente de Madeleine Leininger. Estas abordaxes proporcionan información sobre a necesidade de integrar o coñecemento cultural na práctica clínica para mellorar a calidade da atención, promover a confianza entre paciente e profesional e fomentar unha atención humana. Os resultados demostran unha necesidade urxente de formación específica, estratexias institucionais de apoio e unha maior presenza de mediadores culturais nos equipos sanitarios. O estudo tamén destaca o papel fundamental da enfermaría na identificación das desigualdades, a construción de pontes interculturais e a promoción da atención centrada na persoa. Este estudo invita á reflexión sobre a práctica de enfermaría en entornos multiculturais, propoñendo futuras liñas de traballo que inclúan políticas inclusivas, formación continua e avaliación sistemática da competencia cultural.