Análise do sector da moda en España: Determinación da moda como sector estratéxico na economía española
Autoría
S.N.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]

Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
A moda, ademais da súa importancia no ámbito sociocultural, destaca pola súa influencia na economía global. Particularmente en España, recoñecida como unha das capitais da moda no mundo coa súa longa tradición nesta materia, o sector da moda desempeña un papel crucial na estrutura económica nacional. A súa contribución ao PIB e á xeración de emprego, xunto coa súa notable presenza no mercado internacional, subliñan o impacto positivo que ten este sector na súa economía. Por isto, o propósito do presente estudo será determinar o carácter estratéxico do sector da moda a nivel nacional a través da análise de diferentes aspectos que reforzan a súa centralidade e capacidade de resiliencia. Profundizaremos ademais nos actuais desafíos do mercado, como é a dixitalización, e recorreremos ás táboas Input-Output para examinar en detalle a repercusión da moda sobre o resto dos sectores económicos. Ademais, trataremos de identificar aquelas comunidades onde o sector revela unha maior solidez. Con todo, desvelaremos a necesidade de aplicación de medidas estratéxicas que revitalicen este sector e faciliten unha rápida recuperación dos efectos que ocasionou a pandemia.

Dirección
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Titoría)

Tribunal
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Titor do alumno)

Análise económico-financeiro de Stellantis España S.L.
Autoría
O.P.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
O.P.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é a realización dun análise económico-financeiro da empresa Stellantis España S.L. Para iso, estudamos a evolución e comparación cos seus tres principais competidores no sector. A súa estrutura vén dada por unha breve presentación da empresa, unha análise externa e interna do sector, a análise económica e financeira que é o núcleo principal do traballo, unha análise DAFO que sintetiza a información elaborada no traballo e finalmente as conclusións, limitacións e posibles ampliacións. O estudo da análise económico-financeira realízase a partir dos datos obtidos polos ratios e indicadores calculados previamente e que nos axudarán a elaborar o diagnóstico e as propostas de mellora en función deles. Finalmente, destacar entre as conclusións obtidas, a boa situación económica e financeira na que se atopa a empresa respecto dos seus competidores e que é de gran importancia para os seus grupos de interese. O traballo consta de 10.052 palabras.

DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
Tribunal
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titor do alumno)
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titor do alumno)
Análise da Economía Social en Galicia
Autoría
A.P.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.P.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
Con este traballo buscarase, aportar unha análise da situación actual da Economía Social en Galicia, poñendo no centro as Empresas de Inserción Laboral. Para iso comezarase aportando unha breve introdución explicando o concepto da Economía Social, así como das principais entidades que a forman. Ademais explicarase tamén a lexislación que seguen este tipo de organizacións, tanto estatal, coma autonómica pero sen deixar de lado os regulamentos da Unión Europea. Máis adiante detallarase unha análise das Empresas de Inserción en Galicia, aportando para iso o número de empresas que existen, a súa facturación, número de persoas contratadas, sectores ós que pertencen, localización provincial, subvencións percibidas... Explicado isto e para poñer en contexto a información anteriormente exposta, farase unha breve exposición da situación deste tipo de entidades no conxunto do estado español, para poder ter unha visión xeral de mesma. Xa para finalizar este traballo comentarase un aspecto que cada vez está tendo máis peso en todas as empresas do tecido produtivo: a dixitalización. Neste caso observarase como afecta ás Empresas de Inserción galegas, tanto ós empregados como á propia empresa. Exporanse ademais aspectos como a formación en Tecnoloxías da Información e da Comunicación dos empregados, a inserción de persoas discapacitadas no mercado laboral ou como afectan os plans europeos de dixitalización ás empresas.

CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA Cotitoría
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA Cotitoría
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)

Análise económico-financieira de Nestlé España, S.A.U
Autoría
R.R.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
R.R.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
A empresa obxeto de estudo é Nestlé España SAU, empresa dedicada ao sector da alimentación e bebidas e ben instalada a nivel nacional. O traballo ten como obxetivo principal realizar unha análise económico-financieira da empresa para o periodo de 2018-2022, os últimos anos dos que se dispón información ao realizar esta tarea. Ademáis, resultará de interés analizar a sua liquidez, sua solvencia ou a sua rentabilidade. Os datos obtidos recóllense a través de SABI, e a sua correspondente comparación e análise faise a través de Microsoft Excell. O traballo consta de 4 partes diferenciadas:na primera introdúcese a empresa e fálase un poco da sua historia, a segunda parte consta de un análisis externo e interno da mesma, na terceira encóntrase o núcleo do traballo coa análise económico-financieira e remataráse con unha serie de conclusións, limitacións e posibles ampliacións de investigación. O traballo ten 9.960 palabras.

Diversificación do índice BOVESPA a través de métodos econométricos
Autoría
A.R.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.R.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
No seguinte traballo preséntase a metodoloxía GARCH-DCC aplicada á diversificación do índice brasileño BOVESPA, combinándoo cos índices OVX e STOXX50. O obxectivo é analizar as posibilidades de inversión en accións de países en vías de desenvolvemento, tomando o caso de Brasil. O modelo GARCH-DCC estima as volatilidades e las correlacións condicionais dinámicas dos tres activos, e iso permitiranos analizar posteriormente a mellor opción de diversificación. Os resultados obtidos señalan que a diversificación óptima de carteiras dase co índice STOXX50.

IGLESIAS CASAL, ANA (Titoría)
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN Cotitoría
IGLESIAS CASAL, ANA (Titoría)
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN Cotitoría
Tribunal
IGLESIAS CASAL, ANA (Titor do alumno)
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titor do alumno)

Competencias financeiras clave para a posta en marcha de novas empresas
Autoría
M.S.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.S.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
No contexto actual, o número de persoas emprendedoras aumentou significativamente debido a diversos factores económicos e sociais. Para emprender con éxito resultan cruciais certas habilidades e é por iso que o obxectivo deste traballo de investigación é coñecer cales son esas aptitudes dentro do ámbito financeiro. Neste sentido, analizaremos as competencias financeiras que debería ter unha persoa emprendedora á hora de poñer en marcha un negocio. Para lograr o noso obxectivo, en primeiro lugar, investigamos cal é a formación que require unha persoa emprendedora. Ademais, a través de diversas fontes puidemos coñecer cal é a situación da educación financeira en España e tamén a súa relevancia no ámbito empresarial. Centrándonos máis nas competencias financeiras, levamos a cabo unha revisión do marco de competencias financeiras da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (en diante, OCDE), o que nos permitiu saber cales son os coñecementos, comportamentos e actitudes dentro deste ámbito que se recomenda coñecer e posuír nas primeiras etapas de vida dunha empresa. Para completar esta revisión teórica, realizamos unha análise empírica a unha mostra de posibles futuras persoas emprendedoras para coñecer a súa percepción acerca da importancia dos distintos coñecementos financeiros no momento de iniciar o camiño do emprendemento. Como principais conclusións da nosa investigación obtivemos que, en xeral, o nivel de educación financeira da poboación é baixo, idea que se reforzou a través da nosa enquisa ao non obter respostas que reflictan unha comprensión clara do exposto por parte dos/as estudantes cun posible perfil emprendedor. Este traballo consta de 7.818 palabras.

FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Titor do alumno)

Creación de cooperativas en Galicia
Autoría
N.S.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.S.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
A idea principal deste traballo é abordar o concepto de cooperativa, así como os factores que determinan a súa creación. En primeiro lugar, analízase o concepto de cooperativa utilizando como principal referencia a Declaración de Identidade Cooperativa da Alianza Cooperativa Internacional. A continuación, exponse brevemente a regulación que, a nivel legal, rexe as cooperativas. Posteriormente, dedícase un apartado exclusivamente ao fenómeno da creación de cooperativas e á análise dos factores que a inflúen. Nel, en primeiro lugar, profundízase sobre as vantaxes fiscais e políticas públicas vinculadas a esta fórmula empresarial. A continuación, analízanse outros factores que tamén inflúen na constitución de cooperativas a través dunha revisión da literatura. Finalmente, para dar resposta a unha serie de hipóteses sobre os condicionantes da creación de cooperativas, preséntase un modelo econométrico para explicar o fenómeno de creación de cooperativas en Galicia a través de seis variables explicativas, entre as que figuran a taxa de desemprego, o Produto Interior Bruto, e a porcentaxe de cooperativas constituídas sobre as empresas constituídas en total. Estas tres variables son as que resultan significativas ao estimar os coeficientes do modelo polo método dos Mínimos Cadrados Ordinarios. Os resultados que se obteñen da estimación amosan que a taxa de desemprego e a porcentaxe de cooperativas constituídas sobre o total de empresas constituídas inflúen positivamente na creación de cooperativas, así como que a evolución positiva do Produto Interior Bruto tamén está relacionada positivamente co incremento do número de cooperativas constituídas.

Análise da inflación na época de pospandemia: causas, implicacións e perpectivas globais
Autoría
M.P.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.P.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
Os resultados conclúen que as principais causas da inflación foron os choques de valor de materias primas e interrupcións nas cadeas de subministración, aínda que tamén hai outros factores como a rixidez dos mercados de traballo. Analizando diferentes territorios Concluiremos que, aínda que existen patróns similares, cada país ten circunstancias que o diferencian do resto, materializándose en políticas, factores e circunstancias heteroxéneas. A solución sería a adaptabilidade ás condicións que existen en cada zona xeográfica e actuar con rapidez e eficacia para resolver o fenómeno e as súas consecuencias.

Díaz Vázquez, María del Pilar (Titoría)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Titoría)
Tribunal
Díaz Vázquez, María del Pilar (Titor do alumno)

Análise da accesibilidade a vivenda en Galicia
Autoría
M.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.C.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo analizar o esforzo que as persoas dedican á accesibilidade á vivenda na comunidade autónoma de Galicia. Para iso, realízase unha análise cuantitativa do sector inmobiliario galego, utilizando datos e información de enquisas centrándose na análise desde a década de 2010 ata a actualidade. O propósito fundamental é ofrecer unha visión completa do estado actual do sector, comparando as variables de medida usadas para analizar a accesibilidade á vivenda pasadas coas presentes. Este enfoque permitirá non só entender a evolución recente, senón tamén proxectar posibles escenarios futuros. Así, este estudo establécese como unha ferramenta para comprender a dinámica do mercado inmobiliario galego e axudar a un desenvolvemento sostible na rexión. Ao longo do traballo, exploraranse aspectos clave como oferta e demanda de vivendas, variación de prezos e influencia de factores económicos. A combinación de datos cuantitativos e análise profunda busca proporcionar unha comprensión máis fundamentada dos retos e oportunidades que enfronta o sector inmobiliario en Galicia. A través de diferentes ratios e enfoques, podemos calcular os diferentes niveis de accesibilidade á vivenda para a sociedade actual galega, analizando os seus distintos problemas e buscando o porqué da existencia destes. Finalmente, o traballo consta con 9943 palabras.

LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titoría)
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titor do alumno)
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN (Titor do alumno)
Ética nas finanzas corporativas: análise do Caso Enron
Autoría
M.C.D.E.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.C.D.E.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
La relevancia de la ética en el ámbito financiero se ilustra a través del análisis del caso Enron, uno de los mayores escándalos financieros en la historia corporativa. Enron, una destacada empresa del sector energético, se declaró en quiebra en 2001 tras involucrarse en prácticas fraudulentas, como la manipulación contable mediante el uso de entidades de propósito especial (SPEs). Este estudio utiliza los modelos financieros APV y Ventosa II para explorar qué habría sucedido si la empresa hubiera operado sin recurrir a tales prácticas engañosas. El colapso de Enron no solo provocó pérdidas económicas significativas para accionistas, inversores y empleados, sino que también cuestionó los procesos de los mercados financieros y la eficacia de los mecanismos de regulación. La subsecuente promulgación de la Ley Sarbanes-Oxley buscó corregir las deficiencias expuestas por el escándalo, destacando la necesidad de una regulación más rigurosa y una supervisión continua. El caso Enron demuestra de manera clara que la ética y la transparencia son esenciales para mantener la confianza en los mercados financieros y asegurar una gestión corporativa íntegra y sostenible. Sin embargo, una limitación del estudio es la falta de información detallada sobre Dynegy, lo que impide una comparación exhaustiva con Enron. En resumen, el caso Enron subraya que la ética no debe ser vista como un añadido, sino como un componente crítico para el éxito y la resiliencia a largo plazo en el sector financiero. Número de palabras de este trabajo: 10.050

RIEIRO GARCIA, MANUEL (Titoría)
RIEIRO GARCIA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
RIEIRO GARCIA, MANUEL (Titor do alumno)
RIEIRO GARCIA, MANUEL (Titor do alumno)
Estudo de mercado para unha Papelería en Tomiño
Autoría
A.D.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.D.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
O presente traballo, de 9.413 palabras, trátase dun estudo de mercado cuxo obxectivo é a análise da viabilidade dunha empresa no sector da papelería situada no Concello de Tomiño. A metodoloxía utilizada baséase na análise do sector, dos recursos e das estimacións económico-financeiras. A empresa está constituída como unha Sociedade Limitada cun capital social de 55.185€, dos cales o 37% serán achegas das dúas socias fundadoras. Os resultados indicaron que o proxecto é viable, pois ofrece unhas medidas de rendibilidade positivas. Por unha banda, obtense un VAN positivo de 135.637€ e unha TIR do 35,5%, que é superior ao custo de capital medio ponderado. Ambas medidas de rendibilidade sosteñen que se trata dun proxecto viable.

GARRIDO RUSO, MARIA (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO Cotitoría
GARRIDO RUSO, MARIA (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Titor do alumno)
GARRIDO RUSO, MARIA (Titor do alumno)

Análise da volatilidade de activos financeiros
Autoría
Y.L.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Y.L.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a volatilidade dos activos financeiros: IBEX 35, que é o índice bolsista español, o petróleo do cru de referencia de USA (WTI) e o ouro (XAU), mediante o uso de modelos econométricos avanzados. Estes índices bolsistas foron estudados, estimáronse os seus rendementos e realizouse unha análise descritiva dos mesmos. As súas volatilidades condicionais tamén se estimaron utilizando o modelo GARCH, así como as súas volatilidades históricas, e representándoas gráficamente, para entender mellor o comportamento de cada índice. En primeiro lugar, comezarase cunha introdución que estuda a importancia da volatilidade nos mercados financeiros e unha breve descrición dos activos estudados: o índice bolsista español IBEX 35, o petróleo cru e o ouro. Na análise empírica, os datos recompilados utilizaranse para estimar os modelos seleccionados e comparar as distintas medidas de volatilidade entre o IBEX, WTI e XAU. O traballo divídese en tres partes. Na primeira parte defínese a volatilidade financeira e preséntanse os seus diferentes tipos, e salientando a súa importancia nos mercados financeiros. Na segunda parte, os índices bolsistas analízanse mediante os seus estatísticos descritivos para comprender o patrón de comportamento destes dunha forma máis específica. Para estimar os rendementos dos índices bolsistas e as súas volatilidades condicionais utilízase o modelo GARCH, o que permitirá obter volatilidades condicionais dinámicas ao longo do tempo. Por outra banda, as volatilidades históricas variando no tempo calculáronse a través da desviación típica dos rendementos en xanelas móbiles de 44 observacións diarias. Móstranse gráficos que ilustran as pertinentes volatilidades condicionais, as volatilidades implícitas, e as volatilidades históricas, o que permitirá observar as tendencias e patróns de comportamento de cada activo. Ao final do traballo, ofreceranse conclusións e recomendacións en base aos resultados obtidos. O presente traballo consta dun total de 6.675 palabras.

Análise Económico das Competicións Deportivas
Autoría
P.B.L.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.B.L.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza a organización e estrutura das principais competicións deportivas a nivel mundial, enfocándose na comparación entre os modelos de gobernanza norteamericano e europeo. Examínanse as diferenzas na gobernanza, regulación e estrutura financeira dos clubs e franquías deportivas. O estudo revela que as ligas norteamericanas, ao ser sistemas pechados, proporcionan estabilidade financeira ás franquías, asegurando a súa participación continua e facilitando a planificación a longo prazo. En contraste, as ligas europeas, con sistemas de ascensos e descensos, incrementan a competitividade pero introducen un risco financeiro significativo para os clubs que descenden, afectando a súa capacidade para atraer investimentos. Os mecanismos para o equilibrio financeiro e o da competición en América do Norte, como o límite salarial e o sistema de Draft, son efectivos para manter a equidade financeira e a igualdade na competición, controlando os custos e distribuíndo equitativamente o talento. En Europa, aínda que existen mecanismos como o Xogo limpo Financeiro, estes non son homoxéneos e perpetúan a desigualdade da competición e económica. A repartición de ingresos por dereitos televisivos en América do Norte é idéntico para cada franquiado, favorecendo a igualdade financeira e na competición. En Europa, a repartición baséase en méritos deportivos e popularidade do club, beneficiando aos máis exitosos e perpetuando a desigualdade económica. En termos de gobernanza, as ligas norteamericanas son autogobernadas polas franquías, permitindo unha maior adaptación ás súas necesidades. En Europa, a gobernanza compartida entre ligas privadas e federacións nacionais e internacionais introduce complexidade e a miúdo menor eficiencia na xestión. O traballo conclúe con recomendacións para mellorar a xestión e o equilibrio das competicións deportivas, incluíndo a implementación de mecanismos máis igualitarios, simplificación da gobernanza, diversificación de ingresos e a adopción de boas prácticas doutros modelos exitosos.

Perez-Nievas Montiel, Miguel (Titoría)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Titoría)
Tribunal
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Titor do alumno)

Análise económico-financeira de Aceites Abril S.L.
Autoría
I.L.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.L.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
Aceites Abril S.L. é unha empresa galega adicada á produción de aceite de oliva, sendo unha das máis importantes tanto no mercado nacional como internacional. O obxectivo deste traballo é realizar unha análise económico-financeiro da empresa onde se examine o seu desempeño durante o periodo 2020-2022 comparándoo cos seus principais competidores, Deoleo Global S.A. e Borges Edible Oils S.A. U. Este estudio levouse a cabo mediante a análise porcentual e de tendencias e o cálculo de diferentes ratios tanto económicos como financeiros. O traballo estruturouse en tres partes. A primeira parte ofrece unha descrición da historia e evolución de Aceites Abril, destacando a súa traxectoria e posicionamento no mercado. A segunda, realiza unha análise do entorno externo e interno da empresa, identificando as súas fortalezas e debilidades. E a terceira parte, que constitúe o núcleo do traballo, presenta unha análise económico-financeira detallada da empresa a partir dos seus estados financeiros, comparándoa cos seus competidores e propoñendo posibles melloras para asegurar o seu crecemento e estabilidade. A análise revela que Aceites Abril mantén unha posición competitiva grazas á súa estrutura financeira sólida, a súa gran capacidade produtiva e a súa elevada rendibilidade financeira. Nas últimas tres campañas as vendas foron en aumento, variando máis dun 60% entre un ano e outro. A última cifra rexistrada en 2022 é de 513.406.335€. Pero ten gran dependencia do mercado local e do financiamento externo, ademais dun elevado número de competidores. Unhas das súas principais ameazas, que son comúns para todo o sector, son as fluctuacións nos prezos das materias primas e as condicións que están determinadas polo cambio climático. Para ser máis competitiva Aceites Abril S.L. debería diversificar a súa carteira de produtos e realizar unha expansión internacional. Número de palabras: 9.985.

RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titor do alumno)

Análise económico-financeira cooperativa Vitivinícola Arousana S.C Gallega
Autoría
M..N.M.Z.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M..N.M.Z.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é a análise económico-financeira da Cooperativa Vitivinícola Arousana. S.C Gallega, estudando os seus ratios económico-financeiros, así como a súa evolución nos últimos 4 anos e a súa posición en relación a un grupo de empresas do seu sector de actividade. En particular, o estudo financeiro a curto e longo prazo realizouse mediante o cálculo e análise de porcentaxes, ratios e rendibilidade, concluíndo na análise que a empresa presenta en xeral unha mellor situación financeira que o grupo de comparación. Paco y Lola presenta mellores condicións a curto prazo que a longo prazo. A longo prazo, o grupo obtén maior autonomía financeira e menos débeda con respecto á empresa. Porén, a curto prazo a compañía conta con maiores ratios de solvencia, liquidez e tesourería, aínda que debe mellorar os seus prazos de pagamento.

Rodeiro Pazos, David (Titoría)
Rodeiro Pazos, David (Titoría)
Tribunal
Rodeiro Pazos, David (Titor do alumno)
Rodeiro Pazos, David (Titor do alumno)
Análise económico-financieiro de Maderas Villapol, S.A
Autoría
A.M.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.M.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo obter a situación económica e financeira de Madeiras Villapol, S.A e comparala con empresas do mesmo sector. O traballo consta de 9272 palabras e está estruturado en 3 partes principais. Na primeira realízase a presentación da empresa e da súa actividade, na segunda exponse a análise externa e interna e finalmente, realízase a análise económica-financeiro tanto da empresa como do grupo de comparación, sendo esta a parte principal de traballo, acompañado das conclusións e propostas de mellora. Para a realización da análise económica-financeiro realizouse un estudo en Excel de diversos cocientes e porcentaxes, con datos extraídos de SABI.

Contratos de distribución comercial
Autoría
C.A.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.A.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
El trabajo que he abordado tiene como idea principal el análisis desde un punto de vista económico y jurídico de los diferente contratos de distribución comercial (exclusiva, selectiva y extensiva) analizando su naturaleza y contenido y abordando también las posibles incongruencias existentes en los mismos. Mi trabajo se encuentra diferenciado en 2 partes anteriormente citadas. Una en la que abordo principalmente el fenómeno de la distribución comercial desde un punto de vista económico, es decir, aquél del que me he estado formando durante el estudio del grado. En la segunda parte nos adentramos en un punto de vista jurídico de la distribución comercial, en la que abordamos los distintos tipos de contratos existentes para las distintas clases de distribución, centrándonos principalmente en su regulación, contenido e irregularidades que puedan surgir entre fabricante y distribuidor. Por último, abordamos un apartado de conclusiones en el que ofrezco mi opinión acerca del tema tratado en el trabajo e indico algunas zonas de mejora.

Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titoría)
Tribunal
Fernández-Albor Baltar, Ángel (Titor do alumno)

Consecuencias do envellecemento poboacional sobre o mercado laboral galego
Autoría
M.A.B.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.A.B.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
O traballo presenta unha análise sobre o envellecemento da poboación en Galicia, destacando o aumento da esperanza de vida, o descenso da natalidade e o envellecemento da poboación como principais factores demográficos. Analízase como estes factores afectan ó mercado laboral e os sectores máis afectados polo envellecemento. Ademais, destácanse as políticas implementadas por Galicia para abordar o envellecemento da poboación e preséntanse conclusións e posibles ampliacións do estudo.

BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titoría)
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titoría)
Tribunal
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titor do alumno)

Consecuencias macroeconómicas do envellecemento da poboación en Galicia: A viabilidade do sistema de pensións
Autoría
A.C.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.C.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
As pensións en España representan cerca dun 40% do gasto público, sendo a partida máis grande do Estado. Este gasto estase a incrementar debido ao aumento do número de pensionistas mentres os ingresos por cotizacións se reducen debido á menor natalidade das últimas décadas, dando lugar a un déficit cada vez maior no sistema. Neste traballo estudiaranse as causas da inviabilidade do sistema de pensións, analizaranse sistemas de pensións alternativos en outros países de economía e demografía similar e daranse posibles solucións ao sistema actual de pensións. A extensión do presente traballo está formada por un total de 9978 palabras.
As pensións en España representan cerca dun 40% do gasto público, sendo a partida máis grande do Estado. Este gasto estase a incrementar debido ao aumento do número de pensionistas mentres os ingresos por cotizacións se reducen debido á menor natalidade das últimas décadas, dando lugar a un déficit cada vez maior no sistema. Neste traballo estudiaranse as causas da inviabilidade do sistema de pensións, analizaranse sistemas de pensións alternativos en outros países de economía e demografía similar e daranse posibles solucións ao sistema actual de pensións. A extensión do presente traballo está formada por un total de 9978 palabras.
Dirección
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titoría)
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titoría)
Tribunal
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titor do alumno)
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titor do alumno)
Análisis económico financiero de una empresa: Galigrain S.A.
Autoría
J.F.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.F.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
a
a
Dirección
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
Tribunal
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titor do alumno)
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titor do alumno)
A publicidade segmentada e personalizada en internet
Autoría
L.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
A publicidade evolucionou paralelamente ás TIC. Debido á gran cantidade de tempo que se inviste actualmente en dispositivos móbiles, redes sociais e sitios web, as empresas deciden apostar por estratexias de publicidade dixital nestes medios. A publicidade dixital pode considerarse máis exitosa que outros tipos de publicidade máis tradicionais grazas á personalización, mostrando aos usuarios anuncios personalizados en función dos seus gustos, preferencias, necesidades ou intereses. Para iso, as empresas recollerán datos de navegación da súa audiencia seguindo unhas políticas de privacidade. Deste xeito, as campañas promocionais dirixiranse aos clientes axeitados no momento oportuno, evitando a quen non lle interese e tratando de reducir o número de impresións que non teñen efecto. Por iso, o obxectivo deste traballo será coñecer en que consiste este tipo de publicidade e como incide nas actitudes dos consumidores utilizando información de diversas fontes bibliográficas. Ademais, para completar os conceptos teóricos, realizarase unha análise empírica mediante unha enquisa con varias preguntas sobre o tema que se traballará no programa SPSS.

A dieta, alimentación, análise e implicacións económicas.
Autoría
A.S.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.S.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
Vendo a evolución nos últimos anos das tendencias en alimentación, observamos como hai unha que está en auxe que é o veganismo. Que dunha forma ou outra está empezando a ter notoriedade tanto no sector da alimentación como no da industria en xeral. Xa que podemos atoparnos con produtos de calquera índole ca denominación de veganos dende un produto de consumo alimenticio, ata pezas de roupa, de aseo persoal e inclusive produtos de calquera outra índole. O que sería impensable hai non moitos anos, xa que aínda que o termo vegan ou vegano xorde da man de Elsie Shirgley e o seu esposo Donal Watson no 1944, non foi ata a actualidade cando pasou a ser un termo consolidado na sociedade e a ter importancia para á industria. Por isto decidín facer un estudo de investigación para ver se este novo movemento está presente xa nos mozos galegos con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos. Igual que no resto de España ou do mundo. E como afecta ou afectará nun futuro próximo a industria está nova tendencia concretamente na alimentaría. En conclusión, investigar sobre o cambio xeracional na alimentación galega dende o estudo do veganismo e as implicacións. económicas conseguintes a este cambio. E por conseguinte orientar e dar respostas ás múltiples compañías que están á beira de dar entrada a esta filosofía. Indicar, que o conxunto deste traballo está composto por 9.044 palabras.

O papel das fábricas de pensos no desenvolvemento da gandería industrial en España na segunda metade do século XX
Autoría
F.S.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
F.S.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
As políticas de Estados Unidos para afrontar a crise dos anos 30 impulsaron a modernización do sector gandeiro e xeraron uns excedentes agrícolas en mans do goberno que o converteron no principal exportador de grans no mundo tras a Segunda Guerra Mundial. EE.UU usou o pretexto de axuda alimentaria para poder colocar estes excedentes en Europa, onde comezou a desenvolverse unha gandería industrializada dependente dos insumos que exportaban as grandes compañías norteamericanas. Esta modernización da gandería tardou máis tempo en chegar a España debido ao elevado proteccionismo dos primeiros anos da ditadura. Pero cando comezou a implantarse cambiou por completo a industria agroalimentaria en base a un complexo entre as fábricas de pensos e a gandería, que era ao mesmo tempo dependente da importación de materias primas de Estados Unidos. As fábricas de pensos foron fundamentais na incorporación desta gandería industrializada en España, entre elas Nanta, que foi un dos principais grupos alimentarios españois da segunda metade do século XX. Estas empresas servíronse das formas de integración vertical, así como dos procesos de concentración empresarial para promover a industrialización da agricultura e acadar unhas cotas de mercado cada vez máis grandes ate facerse dominantes no sector agroalimentario español.

ESPERANTE PARAMOS, BRUNO (Titoría)
ESPERANTE PARAMOS, BRUNO (Titoría)
Tribunal
ESPERANTE PARAMOS, BRUNO (Titor do alumno)

Análise económica-financeira de Conservas Rianxeira, S.A.U.
Autoría
S.V.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.V.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
A empresa obxecto deste estudo é Conservas Rianxeira, S.A.U. Empresa de Boiro dedicada á fabricación de conservas de peixes e mariscos pertencente a Corporación Financeira Jesús Alonso, S.L. O obxectivo deste traballo é estudar a situación económica e financeira de Conservas Rianxeira, S.A.U. para o período de 2018 a 2022, os últimos anos dos que se dispón información na data de elaboración desta tarefa. O traballo consta de catro partes diferenciadas. En primeiro lugar, unha introdución breve da empresa obxecto do estudo. En segundo lugar, unha análise externa e interna do negocio. En terceiro lugar, unha análise económica-financeiro da empresa e do seu grupo de comparación. Por último, as conclusións, limitacións e posibles ampliacións da investigación. As técnicas e métodos utilizados no traballo son porcentaxes verticais e horizontais, varias cocientes (de liquidez, de solvencia e de rendibilidade) e rendibilidades para o período antes mencionado. O traballo consta de 9.985 palabras.

Análise económico-financieiro de Urovesa
Autoría
M.M.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.M.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 16:00
21.02.2024 16:00
Resumo
Este proxecto consiste na elaboración dunha análise económica-financieira da empresa URO Vehículos Especiales S.A., compañía galega adicada á fabricación e deseño de vehículos específicos de defensa, seguridade e industria. O traballo divídese en dúas partes: a primeira contén a presentación da empresa e a análise do seu entorno e sector de compentencia; na segunda realízase o estudo económico-financieiro da emprea a partir das contas anuais dispoñibles en SABI e posicionándoa en relación ao seu grupo de comparación formado polos principais competidores. Este traballo contén un total de 9.520 palabras.

BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titoría)
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titoría)
Tribunal
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titor do alumno)

Tinder baixo a lupa: Análise do comportamento dos usuarios en Tinder
Autoría
C.I.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.I.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
O presente TFG ofrece un análisis do comportamento dos consumidores en Tinder, unha das aplicacións líderes no ámbito das citas en liña, desde unha perspectiva de investigación de mercado. Este estudio e crucial para entender as dinámicas de consumo nas economías dixitales, con un enfoque particular no sector das aplicacións de citas.

Camoiras Rodríguez, Zaira (Titoría)
Camoiras Rodríguez, Zaira (Titoría)
Tribunal
Camoiras Rodríguez, Zaira (Titor do alumno)

Análise económico-financeira de Adolfo Domínguez, S.A.
Autoría
S.P.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.P.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
A finalidade deste traballo é a realización dunha análise económico-financeira da empresa téxtil galega Adolfo Domínguez, S.A. Para iso, o traballo comeza cunha análise externa centrada na evolución do sector téxtil nos últimos anos, para así poñer en contexto á empresa; e continúa cunha análise interna dos principais indicadores que lle afectan, centrándose en particular na análise económico-financeira, comparando a situación da empresa coa do grupo de comparación conformado. A análise realizada amosa que, en termos xerais, Adolfo Domínguez, S.A. presenta unha situación pouco alentadora con respecto ao seu nivel de endebedamento, que ten aumentado de forma considerable no período analizado (2019-2022), posiblemente como consecuencia da crise sanitaria sufrida a nivel mundial e a conseguinte redución do nivel de actividade e reestruturación de puntos de venda e fábricas. Con respecto á análise financeira a longo prazo, a empresa ourensá posúe unha capacidade óptima para cubrir débeda co AT ao mesmo tempo que cos recursos permanentes é capaz de financiar a totalidade do ANC. Por tanto, os datos da empresa ourensá para o ano 2022 amosan unha certa melloría. Por outra banda, faremos especial fincapé na innovación tecnolóxica que está a afrontar a empresa, que inclúe dende prácticas en aras dunha maior sustentabilidade ata a mellora e incorporación de personal shoppers na súa tenda online. Isto amosa unha clara tendencia de preocupación pola mellora dos datos de anos anteriores. O desenvolvemento deste traballo académico permitiranos coñecer a importancia do sector téxtil en Galicia, a través da análise dunha das súas empresas máis notables: Adolfo Domínguez, S.A. O traballo consta de 9.519 palabras.

REY ARES, LUCIA (Titoría)
REY ARES, LUCIA (Titoría)
Tribunal
REY ARES, LUCIA (Titor do alumno)
REY ARES, LUCIA (Titor do alumno)
A evolución do sector apícola español desde o século XX ata a actualidade
Autoría
I.M.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.M.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 16:00
02.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo estudaremos os cambios que sofre o sector apícola español durante o século XX ata a actualidade. É de suma importancia recalcar os cambios que se produciron a mediados do século XIX que revolucionaron este sector para sempre. Neste lapsus temporal é onde pasamos dunha apicultura fijista, coas limitacións derivadas das tradicións de cada pobo para chegar á apicultura máis moderna da man do movilismo. Tamén veremos a importancia no sector dos dous produtos máis importantes que asociamos ás abellas, o mel e a cera, ademais de como afectan estes cambios estruturais a cada un dos produtos. Para finalizar, observaremos a importancia e o peso deste sector en cada comunidade autónoma a nivel nacional, co fin de observar os cambios nas tendencias, así como que zonas teñen unha maior achega ao aglomerado nacional e ver os cambios que se producen ao longo de varios anos. Para a realización deste estudo empregáronse ferramentas didácticas como buscadores académicos, datos estatísticos obtidos de distintas fontes oficiais, buscáronse distintos artigos científicos dos que se obtivo información que conforma o traballo e empregouse ademais un manual de apicultura. O traballo consta de 8654 palabras.

COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN (Titoría)
COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN (Titoría)
Tribunal
COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN (Titor do alumno)

Percepción dos consumidores da sostenibilidade dos bens e servizos
Autoría
A.R.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.R.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 16:00
02.07.2024 16:00
Resumo
Un estudo da percepción dos consumidores sobre a sostenibilidade dos bens e servizos. Por un lado, a presenza cada vez máis clara da sostenibilidade tanto no mundo empresarial como na vida cotidiana. En concreto, sobre o crecente auxe de alimentos ecolóxicos, realizando un análisis sobre os factores aos que máis importancia otorgan os consumidores para la compra de este tipo de produtos.

CARBALLO PENELA, ADOLFO (Titoría)
CARBALLO PENELA, ADOLFO (Titoría)
Tribunal
CARBALLO PENELA, ADOLFO (Titor do alumno)

Información asimétrica e selección adversa e educación universitaria
Autoría
A.R.E.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.R.E.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo pretende analizar como a información asimétrica afecta ao mercado laboral en función do nivel de formación e como esta inflúe nos salarios en función do sexo e da idade. En primeiro lugar, analizáronse diversas lecturas relacionadas cos temas, así como teses de doutoramento dos principais autores neste contexto, revistas, etc. Para posteriormente ampliar as teorías xunto coas nosas ideas para sintetizala nun traballo completo e diverso. Céntrase nas diferenzas entre a competencia perfecta e a imperfecta e os fracasos que provocan no mercado, as diferentes teorías credencialistas e do capital humano e os modelos de Akerlof e Spence aplicados ao mercado laboral.

TRELLES GONZALEZ, RAFAEL (Titoría)
TRELLES GONZALEZ, RAFAEL (Titoría)
Tribunal
TRELLES GONZALEZ, RAFAEL (Titor do alumno)

Deducións en actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica
Autoría
M.A.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.A.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo fin de grao analiza a través do Imposto sobre Sociedades os beneficios asociados ás actividades de Investimento, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. En primeiro lugar, estúdase a base da dedución e despois a porcentaxe a aplicar ás posibles deducións das devanditas actividades. Ademais, tamén se revisan os casos de perda da dedución. Este estudo pretende reflectir a importancia de investir en Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica dado que as empresas necesitan innovar e ser máis competitivas no ámbito nacional e mesmo internacional, confiando nas entidades públicas, principalmente o Goberno español, para o seu crecemento empresarial.

VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titoría)
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)

Impacto económico e medioambiental da pesca recreativa
Autoría
J.C.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.C.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo centrarase na importancia do impacto económico e ambiental da pesca deportiva en Galicia, para o que se investigará co obxectivo de obter diversos datos das persoas que practican a pesca deportiva. Para iso, realizarase unha enquisa que distribuirase a pescadores deportivos de distintas zonas mediante formularios dixitais a través de Google Forms. Unha vez obtidos estes datos, analizaranse os seguintes aspectos (características persoais de cada pescador, aspectos económicos, aspectos ambientais e aspectos institucionais) relativos á pesca deportiva. Por último, unha vez analizados estes datos, tentarase estimar a importancia económica e ambiental que ten a pesca deportiva en Galicia.

RODRIGUEZ RODRIGUEZ, GONZALO (Titoría)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, GONZALO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, GONZALO (Titor do alumno)

Tributación e incentivos fiscais. Estudo comparativo da tributación en función da forma societaria
Autoría
F.C.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
F.C.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao, queremos elixir a forma societaria dunha pequena empresa a constituír na comunidade de Galicia, en concreto, unha ganadeiría adicada principalmente á venda de leite, entre outras actividades, como a venda de tenreiros e millo a minoristas. Para ver cal era a forma societaria que tiña máis beneficios fiscais, comparamos entre sí tres formas legais: un autónomo que tributa polo réxime de estimación obxetiva, unha sociedade civil que tributa a través de atribución de rentas; e finalmente una sociedade limitada que tributa a través do imposto sobre sociedades. A partir do estudo e análise das tres formas, e dunha breve explicación de cada unha, dedicimos cal era o mellor xeito de constitución, ademáis de expoñer os motivos principais polo cal era máis ventaxoso fiscalmente a forma xurídica elixida.

Economía da pesca e acuicultura III: Impacto da desalinización no marisqueo en Galicia por mor das excesivas choivas no ano 2023
Autoría
L.F.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.F.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O marisqueo en Galicia é unha actividade que se remonta a tempos prehistóricos. Esta leva sendo practicada dende fai miles de anos, pois así o demostran os numerosos restos arqueolóxicos atopados ao longo da costa galega. Na actualidade, miles de persoas se dedican a este sector e moitos ingresos de familias dependen desta ocupación. No último trimestre do ano 2023, a desalinización na comunidade galega tivo un impacto significativo provocando a mortalidade de ata o 75% dos bivalvos. Isto debeuse principalmente ás excesivas choivas que caeron nese período, e tras unha resposta ineficiente por parte dalgúns organismos competentes, o malestar dos traballadores incrementouse, dando lugar á esixencia de medidas e solucións. Ao longo deste traballo tratamos de buscar resposta a dito fenómeno, a través da consulta de fontes de información secundaria, dos medios de comunicación e dun estudo de campo, que consistiu na realización de enquisas, conseguindo así información primaria de gran relevancia sobre este fenómeno.

MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO Cotitoría

MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titor do alumno)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, GONZALO (Titor do alumno)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titor do alumno)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, GONZALO (Titor do alumno)
Análise económico-financeira: Mercadona S.A.
Autoría
I.I.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.I.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo consiste en elaborar unha diagnose da situación económico-financeira de Mercadona, a partir da realización de análises verticais e horizontais de dúas das súas contas anuais (Balance e Conta de Pérdidas e Ganancias) e do cálculo e intepretación de diferentes ratios e indicadores, que tras a súa comparación cun grupo conformado por tres das empresas máis relevantes do seu sector, permítenos coñecer a súa situación en términos de solvencia, rentabilidade e risco. O traballo inclúe a presentación da empresa, cunha breve descripción da súa evolución histórica. Posteriormente, a análise do sector no que se atopa Mercadona e unha breve descripción da estratexia e funcionamento da empresa. A análise económico-financeira constitúe o bloque máis relevante e en el inclúense o estudio porcentual e de tendencias, o estudio da situación financeira a curto e longo prazo e a análise económica, ademais da diagnose e as propostas de mellora. O traballo conclúe cas conclusións, limitacións e posibles ampliacións. Tras a análise realizada observamos unha melloría xeral da situación económico-financeira, tanto de Mercadona como do seu grupo de comparación, no período analizado (2019-2022). Destaca o baixo nivel de endeudamento de Mercadona, que fai que a súa rentabilidade financeira sexa inferior á que presenta o grupo de comparación. En términos xerais, e a pesar da alta diferenza en términos de rentabilidade financeira, podemos concluir que Mercadona presenta unha mellor situación económico-financeira. Este traballo consta de 9.692 palabras, excluíndo a portada, o resumo e a bibliografía.

A vulnerabilidade social dos pescadores na Ría de Pontevedra
Autoría
L.M.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.M.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
A actividade pesqueira na Ría de Pontevedra, como en moitas outras rexións costeiras do mundo, é un piar fundamental, tanto económico como cultural. Porén, detrás da aparente estabilidade da súa contorna hai unha complexa rede de desafíos sociais que impactan profundamente na vida dos pescadores e das súas comunidades. Neste traballo, explorarei a vulnerabilidade social dos pescadores na Ría de Pontevedra, situada na rexión costeira de Galicia, España. Comezarei examinando o contexto global do sector pesqueiro, destacando os países con maior produción pesqueira e a súa influencia na dinámica local. Ademais, analizarei a importancia dos portos, das lonxas e das especies máis vendidas na lonxa de Galicia, así como as infraestruturas de buques e caladoiros que sustentan esta actividade. A medida que afonde no ámbito local, abordarei aspectos cruciais como as confrarías, que históricamente representaron os intereses dos pescadores, e a política pesqueira común que regula as súas actividades. Non obstante, tamén me centrarei en aspectos como a pobreza, a exclusión social, a discriminación, a desigualdade e a inestabilidade social que se reflicten en indicadores como o índice AROPE e o índice de Gini. Explorarei o fenómeno do envellecemento da poboación pesqueira e a falta de relevo xeracional, así como os prexuízos de xénero presentes nesta industria. Tamén se analizará a rendibilidade económica e os hábitos de consumo, xunto coa escaseza de man de obra cualificada, o encarecemento da vida e os salarios fluctuantes dos pescadores. En definitiva, este traballo busca dar luz ás complexidades sociais que rodean aos pescadores da Ría de Pontevedra, poñendo de manifesto os retos aos que se enfrontan estas comunidades mariñeiras nun contexto globalizado e en constante cambio.

Análise económico-financiera de Mercadona, S.A.
Autoría
E.S.M.
Grao en Economía
E.S.M.
Grao en Economía
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
En el presente trabajo se realiza un análisis económico-financiero de la empresa Mercadona, S.A. a partir del estudio de sus cuentas individuales, en relación a las de un grupo de comparación conformado por tres de sus principales empresas competidoras. El desarrollo del trabajo se distribuye en tres bloques: un bloque inicial de presentación y contextualización de la empresa; un segundo bloque de contextualización del sector; y un tercer bloque que aglutina el análisis económico-financiero, a partir del cálculo y comentario de porcentajes verticales y horizontales, así como de diferentes ratios, pertenecientes tanto a la empresa en cuestión como a su grupo de comparación. En base a este estudio, se extraen conclusiones y se realiza un diagnóstico de la empresa, con la consiguiente propuesta de mejora. Mercadona se posiciona como líder del sector por facturación y presenta una situación relativamente buena en términos de solvencia, rentabilidad y riesgo. El trabajo consta de 9.617 palabras.

Dinámicas do mercado inmobiliario español dende unha perspectiva de valoración de activos
Autoría
M.C.U.
Grao en Economía
M.C.U.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo aplicamos unha versión dinámica do modelo de crecemento de Gordon ao mercado inmobiliario español para o período comprendido entre o segundo trimestre de 1980 e o terceiro trimestre de 2023. O obxectivo é examinar os determinantes das flutuacións na taxa de rendabilidade da vivenda a través da descomposición de Campbell-Shiller. Para computar os valores esperados das variables que constitúen esa descomposición, estimamos un modelo vectorial autorregresivo para o tipo de interese libre de risco, a prima de risco da vivenda, o crecemento das rendas do aluguer e un conxunto de variables macroeconómicas. Atopamos que o principal determinante da variación na taxa de rendabilidade é a prima de risco, mentres que o tipo de interese e as rendas do aluguer teñen unha importancia cuantitativa menor.

RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Presidente/a)
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Secretario/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Vogal)

Regulación Bancaria e Innovación Financeira: Unha Perspectiva Microeconómica
Autoría
J.C.A.
Grao en Economía
J.C.A.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Este estudo aborda as características esenciais que diferencian a industria bancaria das súas coetáneas dende unha perspectiva microeconómica, expoñendo a situación dos mercados financeiros no contexto da crise financeira de 2008, analizando a súa vez o rol da innovación coma principal motor do sistema bancario. Unha revisión dos achegamentos académicos sobre o estudo do sistema bancario permite amosar as principais debilidades intrínsecas, así como cuestionarse a súa verdadeira utilidade na dinámica económica e súa característica fraxilidade. A análise permite distinguir os camiños a seguir para a correcta regulación e supervisión deste sector, debatendo as principais propostas existentes e as accións tomadas nun contexto dinámico, definido polo cambio e evolución das entidades, produtos e servizos relacionados coa actividade bancaria.

A industrialización na Mariña Lucense e os cambios económicos e demográficos
Autoría
C.L.F.
Grao en Economía
C.L.F.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo indágase sobre o proxecto e evolución de Alúmina Aluminio Español na Mariña Lucense, e algúns cambios que se derivaron na mesma. Dentro deste cambios, préstase especial atención ás modificacións nas estruturas produtivas e na distribución espacial da poboación. Para esta análise, traballamos con datos cuantitativos procedentes do IGE (poboación, estrutura da poboación activa), con censos de poboación do INE para as etapas non cubertas polo IGE, con informes elaborados nos anos iniciais de implantación de Alúmina Aluminio Español na Mariña e con bibliografía diversa. O traballo articúlase, ademais da introdución e as conclusións, en tres capítulos, no primeiro preséntanse os trazos xeográficos, culturais e económicos máis importantes da Mariña. O segundo capítulo entra pleno no cerne do traballo, analizando o proxecto de Alúmina Aluminio dende os seus inicios e o seu desenvolvemento ate a actualidade e prestando atención aos cambios na estrutura produtiva. No terceiro capítulo, facemos unha análise da poboación e os cambios na distribución espacial dentro da Mariña, a partir dos censos de poboación para todo o século XX e comparando a evolución real con estimacións elaboradas nos anos de arranque de Alúmina Aluminio. Nesa comparación, abórdanse os erros de estimación e trátase de explicar os posibles motivos desas desviacións.

ESPIDO BELLO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
ESPIDO BELLO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Presidente/a)
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Secretario/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Vogal)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Presidente/a)
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Secretario/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Vogal)
As redes sociais e os influencers no sector da beleza e a cosmética
Autoría
J.P.G.
Grao en Economía
J.P.G.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo recolle a unión entre as redes sociais e o sector da cosmética, analizando como o nacemento da figura do influencer cambia de forma drástica o marketing dentro do sector. Este desenvolvemento servirá de base para a análise dunha investigación de mercado realizada aos seguidores de influencers ou contenido de cosmética en redes sociais. Este estudo ten como obxectivo analizar a importancia dos influencers do sector da cosmética dentro das redes sociais e o impacto que exercen sobre os consumidores. En primeiro lugar, desenvólvese o concepto de redes sociais, os seus tipos e a súa evolución ata o panorama actual, mostrando as redes máis usadas e as favoritas dos usuarios. Posteriormente, defínese a idea de influencer e as súas características, clasificándoos por número de seguidores. A súa vez, desenvólvese o concepto de marketing de influencer. A continuación, realízase un repaso do sector da cosmética, facendo alusión a cifras relevantes para mostrar a súa evolución, ademais de mencionar as diferentes categorías de produtos e o mercado eBeauty. Seguidamente, recóllese a situación actual dos influencers de cosmética, facendo un repaso de cifras destacadas sobre as plataformas nas que teñen unha maior presencia e os formatos máis populares. Ademais, menciónanse algunhas das maiores influencers de cosmética do país e algunhas das súas campañas. Para finalizar, móstranse os resultados obtidos a partir da investigación de mercado realizada e as principais conclusións que se poden extraer. Ademais, preséntanse as principais limitacións encontradas na realización do traballo e diversas posibilidades de ampliación da investigación.

O pensamento económico español no primeiro terzo do século XX. A ciencia económica en España e a acción estatal.
Autoría
M.A.V.G.
Grao en Economía
M.A.V.G.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo realizarase unha análise do panorama xeral do pensamento económico español no primeiro terzo do século XX. Neste sentido, trataremos os seus principais representantes e a súa relación co contexto social, político e económico no que tiveron que traballar, para coñecer o grao de influencia do contexto histórico no seu pensamento. Para iso, presentarase un marco xeral da situación económica e política da Restauración Borbónica, e da II República, para abordar os enfoques económicos dos principais economistas en cada período, así como a actuación do Estado na orde económica como punto de referencia nos enfoques dos diferentes economistas e movementos sociais que se deron nesta época, caracterizada pola polarización, a conflitividade social e as crises globais.

VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Titoría)
VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Presidente/a)
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Secretario/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Vogal)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Presidente/a)
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Secretario/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Vogal)
Economía Social. Centros Especiais de Emprego con ánimo de lucro.
Autoría
A.C.R.
Grao en Economía
A.C.R.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao, de 9.909 palabras, trátase o tema dos Centros Especiais de Emprego galegos con ánimo de lucro e pertencentes á Economía Social. Faise unha análise da evolución histórica da Economía Social en Europa, España e Galicia dende o século XIX, coa aparición por primeira vez do termo en Francia, ata a actualidade poñendo de manifesto o papel que desempeña na sociedade hoxe en día cos seus obxectivos e principios, así como marco legal no que se enmarca. A Economía Social, xorde como unha alternativa á economía vista ata ese momento e expóñense as diferentes opinións que, diversos autores ao longo da historia, teñen sobre ela. Este termo, amplía o significado da economía ortodoxa e pasa a ter en conta o ámbito social e preocupación polas condicións e benestar dos traballadores. A partir dos datos proporcionados polo Rexistro de CEE da Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social e Consellería de Emprego, Comercio e Emigración sobre os CEE capitalistas, realizouse unha análise para o ano 2023 dos Centros Especiais de Emprego con ánimo de lucro, abordando aspectos como a forma xurídica, evolución do número de centros e distribución provincial, sectores de actividade nos que se desenvolven, o termo de discapacidade neste contexto e un estudo das características das persoas empregadas neste tipo de centros. Estes centros son unha figura importante dentro da Economía Social pola súa labor de inserción laboral e cohesión social das persoas con discapacidade. Mediante os seus principios, logran reducir as diferenzas no emprego entre os dous grupos de persoas e achegarse, na actualidade, a un mercado laboral igualitario.

EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titoría)
EXPOSITO DIAZ, PILAR (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Presidente/a)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Secretario/a)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Vogal)

Toma de decisións no consumo cinematográfico
Autoría
J.P.Z.
Grao en Economía
J.P.Z.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar como as características persoais dos individuos, e os bens a escoller, inflúen na toma de decisións. Para acadar este obxectivo, desenvolveuse un exemplo empírico sobre o consumo cinematográfico, onde o eixo da toma de decisións será a satisfacción que aporte a película consumida. A investigación realizada partirá dunha metodoloxía analítica que utiliza modelos tanto econométricos como de aprendizaxe automática, aplicada a un conxunto de datos de cinco variables cun millón de observacións. Os modelos estudados permitirán comprender as relacións que explican como se asignan as satisfaccións e, polo tanto, como se pode afectar ao patrón xeral de consumo. Finalmente, tras comparar e discutir os achados resultantes da aplicación dos modelos, o traballo conclúe coas principais reflexións extraídas e futuras liñas de investigación. Teña en conta que o conxunto deste traballo está formado por 9.859 palabras.

NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Presidente/a)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Secretario/a)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Vogal)
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Presidente/a)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Secretario/a)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Vogal)
Factores determinantes da inmigración interna nas rexións españolas: Unha análise econométrica
Autoría
M.P.L.
Grao en Economía
M.P.L.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo determinar os factores dos movementos de migración interna en España. Para iso, realízase en primeiro lugar unha revisión das teorías máis relevantes que traten de explicar os factores determinantes da migración. En segundo lugar, estúdiase a dinámica migratoria en España nos últimos 60 anos. Finalmente, realízase unha modelización para o periodo 2014-2021. Os resultados obtidos poñen de manifesto a existencia de factores específicos individuais para cada comunidade autónoma. Adicionalmente, conclúese que a dinámica migratoria interna en España depende do custe de vivenda, dos salarios medios e das taxas de desemprego.

AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Titoría)
AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Presidente/a)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Secretario/a)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Vogal)
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Presidente/a)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Secretario/a)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Vogal)
Análise da corrupción en España e o uso da transparencia como método de prevención
Autoría
A.L.L.
Grao en Economía
A.L.L.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Nos últimos anos, os escándalos de corrupción investigados polos xuíces tiveron unha gran presenza mediática en España. Isto podería ter xerado unha percepción xeneralizada de aumento da corrupción e reforzado a desconfianza institucional. Por iso, e aproveitando a recente creación da máis completa base de datos sobre corrupción (a elaborada polo profesor José Abreu a partir da recollida de noticias de corrupción nos medios entre 2000-2020), analizaremos os trazos cuantitativos e cualitativos da corrupción e se a percepción se correlaciona cos datos obxectivos existentes. Por último, iniciaremos unha breve aproximación á Lei de Transparencia en España e proporemos algunhas iniciativas que axuden a previr a corrupción.

CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Titoría)
CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Titoría)
Tribunal
ESPIDO BELLO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
SANDE VEIGA, DIEGO (Secretario/a)
NOGUEIRA MOURE, EMILIO (Vogal)

Valoración de activos incertos. Unha proba empírica do modelo CAPM.
Autoría
P.P.L.
Grao en Economía
P.P.L.
Grao en Economía
Data da defensa
10.09.2024 16:30
10.09.2024 16:30
Resumo
A importancia que adquiriron ao longo da historia os activos incertos sitúaos hoxe en día como un elemento indispensable da economía financeira. Polo tanto, é necesario dispor de métodos de cálculo que minimicen o erro na predicción do seu comportamento. Este traballo presenta tres modelos de valoración, centrándose nun dos modelos máis utilizados, o Capital Asset Pricing Model (CAPM). Este modelo require o desenvolvemento previo do modelo de valoración da varianza media e dos seus conceptos como a varianza de rendementos e a volatilidade das carteiras de activos. Ao final da primeira parte explicamos un terceiro modelo coñecido como prezo de activos Arrow-Debreu. Este difire dos anteriores e utiliza un novo concepto de activo con pagos dunha unidade monetaria nun estado de natureza específico e 0 en todos os demais para calcular os rendementos desexados do activo. Na segunda parte do traballo realizamos un contraste empírico do modelo CAPM, comprobando a súa aplicabilidade a datos reais e estudamos os problemas que presenta, propoñendo posibles solucións. O noso estudo revela que o método xeral de contraste do modelo CAPM presenta un problema econométrico que se pode resolver mediante o contraste en dúas etapas de Fama e MacBeth. Non obstante, só se exemplifica neste traballo. A pesar dos problemas e limitacións demostradas, o CAPM é un modelo de relevancia na valoración de activos incertos na actualidade.

ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Presidente/a)
Alonso Fernández, Pablo (Secretario/a)
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Vogal)

Avaliación da eficiencia técnica das bibliotecas públicas de Galicia
Autoría
G.R.V.
Grao en Economía
G.R.V.
Grao en Economía
Data da defensa
10.09.2024 16:30
10.09.2024 16:30
Resumo
As bibliotecas públicas son centros dinámicos que deben ofertar servizos atractivos aosusuarios para asegurar a súa permanencia no tempo e non quedar relegadas a simplesespazos de préstamo de libros. En plena revolución dixital, o obxectivo deste traballo consiste en propoñer un modelo para avaliar a eficiencia técnica do sistema bibliotecario público de Galicia, sendo unha investigación nova xa que non conta con estudos previos a nivel local nin similares neste contexto xeográfico. A metodoloxía empregada é a ferramenta non paramétrica de Análise Envolvente de datos,DEA, completada co procedemento Bootstrap, sobre un total de 1368 observacións durante o período 2017-2022. Cabe destacar que a análise DEA é un instrumento moi utilizado na medición do rendemento dos organismos que integran a Administración pública. Os resultados evidencian unha tendencia estable para o lapso temporal de seis anos, aínda que nada alentadora porque a súa media sitúase no 54%, por tanto a marxe de mellora é amplo

Experiencia usuaria do Ingreso Mínimo Vital
Autoría
J.S.J.M.
Grao en Economía
J.S.J.M.
Grao en Economía
Data da defensa
10.09.2024 16:30
10.09.2024 16:30
Resumo
Este estudo analiza a experiencia do Ingreso Mínimo Vital, prestación non contributiva implantada en España en plena pandemia, contextualizando esta política primeiro no sentido teórico e despois nos marcos europeo e da cobertura asistencial española. Realízase unha investigación de tipo cualitativo, dando voz a actores cruciais no funcionamento desta política pública , para conseguir apreciar con maior claridade e profundidade a experiencia da persona usuaria do Ingreso Mínimo Vital. Este traballo permite localizar problemas importantes na prestación e dificultades para a persona usuaria, ao mesmo tempo que resalta os seus puntos positivos e melloras recentes

BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
Tribunal
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Presidente/a)
Alonso Fernández, Pablo (Secretario/a)
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Vogal)
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Presidente/a)
Alonso Fernández, Pablo (Secretario/a)
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Vogal)
Impacto socioeconómico do Camiño de Santiago na cidade de Tui
Autoría
A.N.F.
Grao en Economía
A.N.F.
Grao en Economía
Data da defensa
10.09.2024 16:30
10.09.2024 16:30
Resumo
O turismo converteuse nun dos principais sectores económicos de España, e o Camiño de Santiago nun dos maiores atractivos turísticos de Galicia. O fluxo constante de peregrinos xera impactos económicos, socioculturais e demográficos nas cidades de acollida. Neste contexto, o presente Traballo de Fin de Grao (TFG) analiza a relevancia do impacto do Camiño Portugués nunha das cidades clave do seu percorrido: Tui. Para realizar a análise, seleccionáronse dous municipios con características sociodemográficas similares e que durante o período 1991-2001 mantiveron unha evolución similar, Verín e O Barco de Valdeorras (ós que consideramos veciños próximos desde o punto de vista socioeconómico). A evolución durante o período 2011-2023 dos principais indicadores demográficos e laborais mostra unha dinámica positiva máis intensa en Tui, o que polo menos parcialmente debe estar vinculada á súa localización estratéxica no Camiño de Santiago.

FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Titoría)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Titoría)
Tribunal
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Presidente/a)
Alonso Fernández, Pablo (Secretario/a)
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Vogal)
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Presidente/a)
Alonso Fernández, Pablo (Secretario/a)
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Vogal)
A Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia ao abeiro do seu contexto rexional (2000-2020)
Autoría
F.M.O.C.
Grao en Economía
F.M.O.C.
Grao en Economía
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
O proceso histórico do marisqueo estableceu unhas pautas básicas de explotación do recurso semellantes en toda a comunidade, mais a diversidade propia das confrarías e rías causou impactos económicos e produtivos distintos. No caso da explotación en Noia, o recurso marisqueiro constituíu a práctica totalidade no período analizado (2000-2020), e estivo caracterizado por: a nivel produtivo, pola diferenciación, cunha extracción maioritaria de marisco autóctono, con predominio na extracción de berberecho e un crecemento exponencial do cultivo de ameixa foránea; a nivel económico, polo crecemento do peso da administración pública no financiamento do sector e a perda de poder adquisitivo dos mariscadores, ante a falta de actualización do prezo medio conforme á evolución da inflación.

GIRALDEZ RIVERO, JESUS (Titoría)
GIRALDEZ RIVERO, JESUS (Titoría)
Tribunal
GIRALDEZ RIVERO, JESUS (Titor do alumno)

Evolución e crecemento da enerxía eólica en Dinamarca. Análise comparativa
Autoría
Y.A.E.G.
Grao en Economía
Y.A.E.G.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
O presente traballo estuda o desenvolvemento das enerxías renovables en Dinamarca, cun enfoque destinado á enerxía eólica. A elección deste tema obedece á urxencia de abordar o cambio climático e a crise enerxética global, en parte provocadas polo uso de combustibles fósiles. Tras a crise do petróleo de 1973, Dinamarca diversificou a súa matriz enerxética tratando de reducir a súa dependencia dos combustibles fósiles. Deste xeito, promoveu tecnoloxías limpas e renovables, en especial, a enerxía eólica, converténdose nunha potencia na produción de enerxía eólica. A pesar diso, os combustibles fósiles seguen cubrindo gran parte da demanda enerxética europea. Na actualidade, os conflitos xeopolíticos e a crise sanitaria evidenciaron aínda máis a necesidade dunha transición enerxética cara a fontes máis seguras e sostibles. Dinamarca goza de boas condicións económicas e políticas que facilitan a adopción de enerxías renovables. Así mesmo, a estrutura produtiva do país e o seu compromiso continuo coa innovación foron fundamentais para o desenvolvemento do sector eólico. Para finalizar, comparamos o desenvolvemento da enerxía eólica en Dinamarca, China e España. Revelando os diferentes enfoques e desenvolvementos no sector eólico, destacando o crecemento exponencial de China en menos dunha década. España enfrontou retos económicos e políticos que afectaron o seu crecemento, mentres que Dinamarca mantivo un crecemento constante e sostible. Ademais, analizaremos proxectos piloto destacados e os retos cara a unha transición completa. En conclusión, Dinamarca aínda debe afrontar desafíos para alcanzar a transición enerxética, pero o seu camiño pode ser un exemplo a seguir por outros países.

REGUEIRO FERREIRA, ROSA MARIA (Titoría)
REGUEIRO FERREIRA, ROSA MARIA (Titoría)
Tribunal
REGUEIRO FERREIRA, ROSA MARIA (Titor do alumno)

A Industria cervexeira en España no século XX
Autoría
X.C.F.
Grao en Economía
X.C.F.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
A cervexa é a principal bebida alcohólica consumida en España, feita a base de cebada fermentada, xunto con outras plantas, como lúpulo. Actualmente temos a idea de que esta é parte das nosas tradicións e de ser un símbolo da nosa cultura, mais isto non foi sempre así, como veremos. Neste proxecto tratarei toda a historia de este beberaxe no noso país, comezando có seu orixe na prehistoria e avanzando polas épocas ata o século XIX, cando tras séculos de ser escasamente consumida e practicamente descoñecida na península comeza a volver a producirse de xeito paulatino, grazas á chegada de empresarios capitalistas foráneos que poríana de moda. Unha vez chegados ao século XX, que é propiamente o contido do proxecto, analizarei máis a fondo as tendencias e as chaves que fixeron posible o renacer da cervexa no noso país e como esta industria condenada a un papel insignificante foi gañando terreo aos poucos, e como finalmente acabaría consolidándose como unha industria punteira e superando ao seu maior competidor, o viño. Ademais de que nas distintas fases poderemos ir analizando as grandes dificultades impostas dende as administracións e dende o exterior que terían que enfrontar e como estes empresarios con solucións moi orixinais acabaran acadando seus obxectivos e consolidándose nun panorama complicado como pode ser o século XX en España. Neste paseo pola historia, tamén iremos analizando o contexto socioeconómico do país e como este sector contribuíu a cambiar a situación na que nos encontrabamos e a acadar o nivel de vida que temos actualmente. Así mesmo, dediquei unhas liñas a examinar cales son as perspectivas e obxectivos do sector no futuro nun país con cada vez máis problemas. Isto ira acompañando a unha conclusión, onde reflexionarase todo o dito anteriormente para facernos unha idea da verdadeira importancia que tivo, ten e probablemente terá esta industria no noso país.

VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Titor do alumno)
VARELA VAZQUEZ, PEDRO (Titor do alumno)
Iniciativas do sector primario xeradoras de valor socioeconómico e ambiental no medio rural. Un estudo da comarca do Deza
Autoría
B.F.G.
Grao en Economía
B.F.G.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
O presente traballo busca achegar iniciativas economicamente rendibles e respectuosas coa natureza, que poidan funcionar nun entorno rural, co obxectivo de revitalizalo e crear novas oportunidades. Pártese dende unha contextualización do sector primario que vai dende as axudas europeas da Política Agraria Común, pasando pola situación do sector en España e Galicia ata rematar centrándose na situación específica da comarca do Deza. Amais disto, a partir duns criterios de selección elíxense os seguintes cultivos: souto micorrizado, maceiras de sidra, trigo ecolóxico galego e galiñas poñedoras. Seguidamente, analízase a adaptación á zona, competitividade e comercio exterior, rendibilidade e opcións de comercialización. Para finalizar a análise, resúmense brevemente os puntos a favor e en contra de cada opción tomando como base unha análise DAFO. Por último, establécense dúas opcións de proxectos que poderían funcionar no entorno da Comarca do Deza e superar todos os requisitos propostos anteriormente.

SANCHEZ CARREIRA, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
SANCHEZ CARREIRA, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ CARREIRA, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Análise económica-financeiro de Warner Music Spain, S.L.
Autoría
P.R.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.R.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
O traballo céntrase nunha análise económica-financeiro de Warner Music Spain S.L., unha subsidiaria de Warner Music Group Corp., sendo esta unha das principais empresas na industria musical española. Preséntase unha introdución á empresa e o seu contexto no sector, destacando a súa posición entre as principais discográficas nacionais. A investigación divídese en varias seccións: unha introdución á empresa matriz e a súa filial española, unha contextualización sectorial, unha análise económica-financeiro e conclusións con recomendacións de mellora. A análise económica-financeiro baséase no cálculo de diversos cocientes, porcentaxes e indicadores utilizando os datos dos Estados Financeiros da empresa e os seus competidores principais. O obxectivo é avaliar o desempeño financeiro de Warner Music Spain S.L. e suxerir posibles áreas de mellora. Espérase que esta análise proporcione unha visión clara da saúde financeira da empresa e oriente as decisións estratéxicas futuras para manter ou mellorar a súa posición no mercado musical español. Dentro das conclusións obtidas, destacar a situación económica e financeira favorable pola que atravesa a empresa, tras superar as dificultades producidas pola crise económico-social de 2020. Actualmente, practicamente todos os indicadores a curto e longo prazo da empresa son positivos cunha saúde económico e financeira robusta, en contraposición á situación dos seus competidores. O traballo consta de 9.997 palabras.

Plan de viabilidade dunha empresa do sector hostaleiro
Autoría
L.R.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.R.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
Durante este proxecto analizarase a viabilidade de crear un glamping con habitacións burbulla na zona da ría de Muros e Noia, elixiuse esta localización debido á proximidade deste lugar con Santiago de Compostela, capital turística de Galicia, aparte optouse por este tipo de aloxamento debido a que, tras a pandemia do COVID19, os viaxeiros comezaron a preferir experiencias nunha contorna rural e en contacto coa natureza. Para realizar este traballo de fin de grao, analizaremos en primeiro lugar a viabilidade comercial do proxecto, seguidamente a organizativa e despois a viabilidade técnica, con todos os datos recollidos nestes apartados, analizaremos por último a parte económico-financeira do proxecto, a cal nos dará unha resposta sobre se o noso proxecto é viable e por tanto se podería levar a cabo ou pola contra non é viable e non se podería levar a cabo. Para finalizar comentaranse os pasos a realizar para a súa posta en marcha.

CURTO RODRIGUEZ, EDUARDO (Titoría)
CURTO RODRIGUEZ, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
CURTO RODRIGUEZ, EDUARDO (Titor do alumno)

Plan de Empresa
Autoría
A.B.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.B.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 16:00
21.02.2024 16:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo a elaboración dun plan de empresa de nova creación, neste caso pertencente ao sector turístico, e basado nun establecemento de bed and breakfast na localidade costeira de O Grove. Durante o mesmo, elaborarase un estudo do entorno xeral e competitivo do novo negocio, así como un plan de marketing e unha análise da viabilidade técnica do proxecto (forma xurídica, determinación da capacidade, estructura dos recursos humanos, etc.). Por último, presentarase un estudo da viabilidade económica e financieira do mesmo, mediante o diagnóstico dos principais ratios e contas anuais previsonais. Con esto, servirá o presente texto como unha carta de presentación da empresa de nova creación, dirixida aos axentes pertinentes que poidan mostrar interese no mesmo.

CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Titoría)
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Titoría)
Tribunal
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Titor do alumno)

Estudo de viabilidade financeira dun proxecto de apartamentos Senior
Autoría
I.M.E.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.M.E.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 16:00
21.02.2024 16:00
Resumo
Neste traballo estúdase a viabilidade económica dos apartamentos senior, apartamentos para persoas maiores independentes, que se situarán en Vimianzo. Xunto co aloxamento, ofrécense todo tipo de servizos, incluíndo piscina, ximnasio, terapia... Os apartamentos dispoñen de cociña, dormitorio, baño adaptado e salón con TV. Ofrécese un servizo de cociña que conta cun dietista que se encargará de adaptar os menús a cada cliente. Para analizar a viabilidade do proxecto utilízase o modelo PFC; trátase dunha folla de Excel estruturada do seguinte xeito: as 4 primeiras follas recollen os inputs do proxecto: a primeira os inputs financeiros, do entorno, constitución, inmobilizado, inputs ingresos, inputs de custos (fixos e variables) e inputs de custo persoal; e unha vez introducidos estes datos, o modelo xera directamente as táboas de saída, que nos permiten analizar a rendibilidade e viabilidade do proxecto. Polo tanto as primeiras conclusións. Son estudados mediante a análise de escenarios, os efectos sobre a viabilidade do proxecto das variacións de prezo, investimento, ocupación, aluguer... e polo tanto concluímos coas conclusións finais.

SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titor do alumno)

Software de Xestión de Clientes (CRM) Pipedrive
Autoría
I.N.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.N.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 16:00
21.02.2024 16:00
Resumo
Este traballo tentará presentar o Software de Xestión de Clientes, coñecido como CRM, e servir de guía para comprender o uso e utilidades que este tipo de programas teñen actualmente para as empresas. Presentaranse todas as funcións e compoñentes destes programas, así como as súas tipoloxías, para logo velos todos aplicados nunha análise práctica e visual do CRM Pipedrive, e, como este se utiliza na empresa estradense Martínez Otero Contract S.L. Todos eles a través dunha exposición que consta de 9.994 palabras.

PICON GARCIA, MANUEL FERNANDO (Titoría)
PICON GARCIA, MANUEL FERNANDO (Titoría)
Tribunal
PICON GARCIA, MANUEL FERNANDO (Titor do alumno)

Análise económico-financeira de Aluminios Cortizo S.A.U.
Autoría
A.P.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.P.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 16:00
21.02.2024 16:00
Resumo
Para a elaboración deste traballo decidimos estudar Aluminios Cortizo S.A.U., unha empresa galega líder internacional na produción e distribución de sistemas de aluminio e PVC para a industria e a arquitectura. Analizamos dita empresa mediante unha análise económico-financeira a través de diferentes ratios usando as partidas dos seus estados financeiros y poñendo ditos datos en contexto comparándoa con outras empresas líderes na produción de aluminio a nivel español. O traballo estructurase en duas partes: unha primeira consta de unha introdución da compañía afondando na sua historia e como creceu ao longo do tempo, ademáis nesta parte tamén se contextualiza a situación actual da empresa ao realizar unha análise interna e externa da misma. Na segunda parte xa entramos na propia análise financeira da empresa donde poderemos comprobar como foi a xestión desta nestos anos. Para a análise de Aluminios Cortizo S.A.U. seleccionamos un marco temporal que engloba os exercicios dende el 2018 a 2022, xa que puede ser interesante ver de que forma se encontraba a empresa nos ejercicios previos ao covid-19 e de que maneira xestionou dita pandemia e que situación reflejan os seus estados financeiros no exercicio de 2022.

Xestión de conflitos na empresa: Tipos e resolución
Autoría
A.P.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.P.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
O propósito deste traballo é analizar como inflúe o estilo de xestión de conflictos laborais dos supervisores nos empregados. Para lograr isto o traballo estructúrase da seguinte forma: No primeiro capítulo abórdanse tanto o concepto de conflito como a evolución deste ó largo dos anos. Seguido do tipo de conflitos laborais que poden existir en calquera empresa e as causas e consecuencias destes mesmos. No segundo capítulo, a xestión de conflitos. Aquí atoparemos as ases dun conflito, os principais sistemas de prevención destes e as estratexias que existen para xestionalos e solucionalos. Será neste punto onde vexamos os estilos de xestión na reolución dun conflito. Para rematar, no terceiro capítulo analizarase a través dunha investigación empírica, a influencia dos distintos estilos de xestión de conflitos dos supervisores no compromiso afectivo dos empregados.

ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

Estratexias de internacionalización para Startups
Autoría
A.B.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.B.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) busca investigar o fenómeno das Startups e a sea influencia no entorno empresarial global, enfocándose especificamente na estratexia de Blitzscaling como forma de crecemento. Examínase a evolución das Startups e os retos e oportunidades no seu camiño cara a globalización. Para iso, estúdanse as diferentes estratexias de crecemento e expansión, que servirán de base para explicar os métodos empregados en cada industria e as formas de entrada a mercados externos. Tamén indáganse en profundidade as características, fundamentos e técnicas empregadas no Blitzscaling, así como os posibles riscos e externalidades negativas que conleva. Adicionalmente, realizaranse dúas análisis empíricas a través dun par de cuestionarios en liña, coa intención de situar ás Startups e ao Blitzscaling no ámbito empresarial e na sociedade actual.

DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Titoría)
DOMINGUEZ OJEA, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
AIBAR GUZMAN, CRISTINA (Presidente/a)
CARBALLO PENELA, ADOLFO (Secretario/a)
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)

Análise económico-financeira de Punto Fa, S.L.
Autoría
C.M.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.M.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O obxectivo do presente Traballo de Fin de Grado consiste na realización dunha análise económico-financeira da empresa Punto Fa, S.L., máis coñecida como MANGO, dedicada ao comercio, importación e exportación de prendas de vestir, complementos e produtos de decoración. A análise realizada abarca os tres últimos anos dispoñibles e fundaméntase nunha serie de porcentaxes e ratios, contrastados con un grupo de empresas de comparación formado por Bimba e Lola, S.L. e Adolfo Domínguez, S.A. A comparación cos seus principais competidores revela o impacto da crise sanitaria no sector téxtil e como Punto Fa xestionou dita situación. A súa situación financeira no curto prazo non é das máis alentadoras, non obstante, no longo prazo mostrou un desenvolvemento favorable, sobre todo en termos de rendibilidade e endebedamento.

Fiscalidade na era dixital: desafíos e solucións máis relevantes.
Autoría
N.N.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.N.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Tal e como o seu título nos deixa saber, a través das súas 9.168 palabras, este estudo examina o impacto da instauración da era dixital nos sistemas fiscais internacionais, aínda que ben é certo que outorga unha importancia singular ao caso europeo e, máis concretamente, ao do noso país. Con este fin, partirá da determinación do concepto da economía dixital e dos seus fundamentos para poder determinar con maior exactitude a problemática actual. Paralelamente, este busca indagar nas posibles solucións, así como nas medidas máis relevantes ata agora acatadas. Por iso, co motivo do carácter global destes desafíos, valerémonos da á revisión exhaustiva da literatura pertinente e á recolección de datos proporcionada, en maior medida, por dous organismos internacionais: a OCDE e a UE. Así, os resultados obtidos dannos a coñecer a imprecisión dos sistemas fiscais vixentes debido ao seu escaso condicionamento á dixitalización, especialmente en relación a: a determinación da residencia do contribuínte, os establecementos permanentes, a cualificación das rendas e o IVE. Deste xeito, as iniciativas propostas por parte dos organismos mencionados foron varias, aínda que sen dúbida a máis notable foi a Acción 1 do Plan de Acción BEPS. Non obstante, malia a súa importancia decisiva, podemos afirmar a existencia da falta de implicación e consenso das distintas xurisdicións, concluíndo na necesidade de afianzar a colaboración como clave para poder facer fronte ás rápidas innovacións tecnolóxicas e garantir a equidade nun mundo cada vez máis interconectado.

Fiscalidade empresarial. Réxime fiscal das cooperativas.
Autoría
L.P.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.P.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O presente traballo titulado fiscalidade empresarial réxime fiscal das cooperativas, ten como obxectivo analizar a tributación fiscal das cooperativas en España. Estúdase primeiramente as características xerais deste tipo de sociedades, describindo a súa definición, os distintos tipos que existen e mesmo achegando datos sobre diferentes cuestións que permiten situar a estas empresas no territorio español. Posteriormente, o estudo pasa a centrarse na consideración fiscal especial que teñen as cooperativas, definindo os diferentes tipos que se establecen, así como unha serie de tributos específicos de elevado status en España, nos que gozan de determinadas vantaxes. Todo isto permite concluír coa xustificación do dito réxime especial, así como achegar as características que deben reunir para beneficiarse do mesmo.

Análisis económico-financiero de Almirall, S.A.
Autoría
I.S.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.S.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
En este trabajo se ha realizado un extenso análisis económico-financiero de Almirall. Se han introducido algunos datos básicos sobre su estructura, su historia… para después comenzar un análisis en profundidad de su campo de actividad (sector farmacéutico), su estructura interna y la composición de sus estados contables. Tras el cálculo de diversos indicadores y ratios que muestran la situación financiera tanto a corto como a largo plazo en comparación con una de sus principales competidoras (Rovi), se llega a la conclusión de que nuestra empresa se presenta en desventaja. El problema principal, a pesar de los buenos resultados de la actividad que presentan indicadores como el INCN, es el fuerte endeudamiento y los cuantiosos gastos de explotación y financieros que carcomen todo ese potencial. Este trabajo consta de 9.981 palabras

Informe diagnóstico da Empresa do Grupo Copo
Autoría
S.R.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.R.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é a realización do informe diagnóstico da empresa Grupo Copo, empresa dedicada ao desenvolvemento e fabricación de produtos para o interior do vehículo nas áreas de: asentos e accesorios; alfombras e adornos;insonorización; absorbedores acústicos e térmicos. Polo tanto, primeiro describirase a empresa, comentando a sua historia e algúns datos clave que servirá para comprender a súa evolución. A continuación, farase unha análise interna e externa de a empresa onde se analizarán detalladamente diferentes apartados como a facturación totale por liña de produtos, clientes, prezos e imaxe. Para iso empregaranse ferramentas como DAFO e PEST. En segundo lugar, realizarase unha análise económica financeira na que se analizara os inductores de valor e así como a creación de valor da empresa, todo isto en comparación con os seus principais competidores. Posteriormente, farase unha análise do crecemento, rentabilidade e risco e concluirá cunha matriz estratéxica e unha gráfica de fundamentales. Para levar a cabo isto a análise empregará os modelos MACE e APV. Por último, sacaranse unhas conclusións sobre a empresa, así como as súas posibles limitacións nas que, debido ao acceso limitado a determinada información, non se puido levar a cabo determinadas análises. Este traballo consta de 9947 palabras.

RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Titoría)
RUZO SANMARTIN, EMILIO Cotitoría
RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Titoría)
RUZO SANMARTIN, EMILIO Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO (Titor do alumno)
RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titor do alumno)

Contabilidade: Mercadona
Autoría
N.B.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.B.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo a elaboración dun informe sobre a situación de Mercadona e a comparación desta coas súas principais competidoras, polo que para a súa elaboración optouse por realizar unha análise económica financeira, empregando tanto porcentaxes coma ratios. Deste modo, o traballo divídese principalmente en tres partes, comezando cunha breve introdución sobre a empresa. Seguidamente, elaborouse unha análise externa sobre o seu sector e unha interna para coñecer as estratexias e as inversións da empresa. Finalmente, optouse pola realización da análise económica financeira, onde se empregaron os porcentaxes tanto verticais como horizontais, ademais dunha serie de ratios, os cales permiten comparar a situación da empresa coas súas competidores durante o período 2020-2022. Como conclusión, destacar que Mercadona se encontra en equilibrio financeiro a c/p, a pesares de que algunhas das súas ratios non alcanzan os niveis desexados, como sucede coa de liquidez, posto que a empresa caracterízase por cobros rápidos e pagos dilatados. Finalmente, mencionar a mellora da xestión do seu almacén e a capacidade da empresa para cubrir as súas débedas co AT.

GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Titoría)
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
GARRIDO GONZALEZ, MARIA LUZ (Titor do alumno)

Plan de empresa dunha compañía do sector audiovisual
Autoría
R.C.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
R.C.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Este traballo de fin de grao consiste na elaboración dun plan de empresa de nova creación, neste caso pertencente ao sector audiovisual, baseado nunha produtora audiovisual orientada ao sector empresarial situada na cidade da Coruña. Durante este proxecto estudarase a viabilidade comercial onde levará acabo unha análise do macroentorno e do sector, así como da súa competencia, con esta información definiranse os servizos que ofrecerá esta empresa e ao mercado ao que se dirixirá e elaborarase un plan de márketing efectivo. Ademais, analízase a viabilidade técnica onde se mostrará o proceso de produción dos servizos e os seus custos asociados e a viabilidade organizativa onde se establecerá a forma xurídica da empresa, a súa localización e a organización dos recursos humanos. Finalmente con todos os datos anteriores, elaborarase un estudo da viabilidade económica e financeira do plan co que poderemos determinar se este proxecto é viable e atractivo para os investidores.

Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA)
Autoría
U.D.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
U.D.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Neste traballo vaise a realizar un análise sobre os fondos da Unión Europea, centrandonos no Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura. Para realizar o análise, teremos en contra as diferentes etapas que tivo este fondo ao largo da sua historia, e evaluando os diferentes obxetivos que buca en cada época. A continuación centraremosnos en como actúa no territorio español, tratando de mostrar as diferentes normativas polas que se rixe, os diferentes obxetivos que trata de cumplir, así como a forma na que tratará de completalos. Ademais, Enfocamos ainda mais o plan de acción dos fondos, centrandonos en Galicia. Neste apartado analizaremos en específico as estratexias de desarrollo local participativo que se levan a cabo na zona de A Mariña-Ortegal polos grupos de Desarrollo Local Participativo. Por último, creamos un apartado donde expoñemos as diferentes conclucións e ampliacións que nos deixa o análise realizado. O número de palabras deste documento é de 9878.

Cao Fernández, Manuel (Titoría)
Cao Fernández, Manuel (Titoría)
Tribunal
Cao Fernández, Manuel (Titor do alumno)
Cao Fernández, Manuel (Titor do alumno)
Medición da segregación por xénero no mercado laboral español
Autoría
M.R.F.
Grao en Economía
M.R.F.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O presente estudo aborda a medición da segregación por razón de xénero no mercado laboral español, un fenómeno persistente e complexo que impacta negativamente na igualdade entre homes e mulleres. A través dunha revisión da literatura existente e a análise de datos do ano 2022, explóranse as desigualdades e situacións de discriminación laboral por razón de xénero, con especial énfase nas relativas á segregación, tanto vertical como horizontal. Exporanse as causas e consecuencias que teñen estas circunstancias, cun enfoque centrado nas dificultades que teñen que enfrontar e sufrir as mulleres para acceder, ocupar ou promocionar a determinados postos ou ramas de actividade. Para levar á realidade o exposto anteriormente, empregaranse varios índices destinados á medición da desigualdade ocupacional así como da segregación de xénero. Estas medidas permiten realizar unha comprensión profunda da distribución de homes e mulleres no mercado laboral e revelar patróns significativos de segregación. Finalmente, o traballo conclúe coas principais ideas rescatadas tanto da análise bibliográfica como dos datos, adxuntando tamén un conxunto de propostas para combater as desigualdades e algunhas posibles liñas de investigación que poderían complementar o abordado no traballo.
O presente estudo aborda a medición da segregación por razón de xénero no mercado laboral español, un fenómeno persistente e complexo que impacta negativamente na igualdade entre homes e mulleres. A través dunha revisión da literatura existente e a análise de datos do ano 2022, explóranse as desigualdades e situacións de discriminación laboral por razón de xénero, con especial énfase nas relativas á segregación, tanto vertical como horizontal. Exporanse as causas e consecuencias que teñen estas circunstancias, cun enfoque centrado nas dificultades que teñen que enfrontar e sufrir as mulleres para acceder, ocupar ou promocionar a determinados postos ou ramas de actividade. Para levar á realidade o exposto anteriormente, empregaranse varios índices destinados á medición da desigualdade ocupacional así como da segregación de xénero. Estas medidas permiten realizar unha comprensión profunda da distribución de homes e mulleres no mercado laboral e revelar patróns significativos de segregación. Finalmente, o traballo conclúe coas principais ideas rescatadas tanto da análise bibliográfica como dos datos, adxuntando tamén un conxunto de propostas para combater as desigualdades e algunhas posibles liñas de investigación que poderían complementar o abordado no traballo.
Dirección
AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Titoría)
AGUAYO LORENZO, EVA MARIA (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Presidente/a)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Secretario/a)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Vogal)
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Presidente/a)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Secretario/a)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Vogal)
Introdución aos métodos de proxección de táboas input-output
Autoría
S.V.A.
Grao en Economía
S.V.A.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O modelo input-output foi desenvolvido polo economista ruso Wassily Leontief durante a primeira mitad do século XX. Éste permite estudar as transaccións entre os diversos sectores industriais de una rexión e, por iso, contitúe a base da análise input-output, a rama da economía que se centra no estudo das relacións entre industrias. O modelo de Leontief constrúese a partir da información contida nas táboas input-output. En elas represéntase, por unha parte, a orixe e o destino dos inputs intermedios das industrias de una determinada rexión e, por outra, os diversos usos non relacionados co proceso productivo que se lle da ao output. Para moitos autores, estas táboas son o retrato máis detallado posible de unha economía. Agora ben, o proceso de construcción de unha táboa input-output é extremadamente laborioso debido á gran cantidade de información que abarca. Nos casos máis complexos, con centos de filas e columnas, a súa elaboración pode levar meses o incluso anos. Por esta razón, Leontief apunta que unha táboa input-output sempre será un documento histórico. Sen embargo, existen varias técnicas matemáticas de proxección de matrices que permiten estimar táboas input-output para anos nos que todavía non se conta coas oficiais. Este traballo realiza unha breve introducción ás características principais das táboas input-output e aos métodos para estimalas, prestando particular atención ao RAS, un método iterativo ampliamente utilizado pola súa sencillez e a súa capacidade para realizar boas proxeccións.

PEREIRA LOPEZ, XESUS (Titoría)
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Presidente/a)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Secretario/a)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Vogal)
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Presidente/a)
Perez-Nievas Montiel, Miguel (Secretario/a)
MIRANDA TORRADO, FERNANDO MANUEL (Vogal)
Proposta dun indicador sintético para os Objectivos de Desenvolvemento Sostible
Autoría
R.C.F.
Grao en Economía
R.C.F.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 16:30
01.07.2024 16:30
Resumo
Este traballo ten como fin dous obxectivos. O primeiro é a proposta dun indicador sintético para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Este indicador sintético realizouse respecto aos catro obxectivos ubicados dentro do plano económico. Estos son o 8, 9, 10 e 12. Sobre estos, realízase unha redución do número total de indicadores ata acotar o marco de traballo a 16 indicadores parciais. Unha das aportacións que esta investigación realiza é centrar o seu marco de estudo aos países desenvolvidos e, máis concretamente, á Unión Europea. Esto permite analizar cómo se trasladan uns obxectivos máis xenéricos e globais a un contexto xeográfico e económico máis concreto. O indicador utiliza como método de agregación a programación por metas. Ésta, mide o desempeño segundo as desviacións respecto áo nivel de aspiración que, neste caso, fixouse na media da UE. Esto proporciona información relevante para a xestión e mellora do desenvolvemento nos países. O segundo obxectivo principal do traballo é a aplicación deste IS para os 27 países da UE. Os resultados do indicador mostran para España unha posición de debilidade xeralizada respecto á media da Unión Europea. Se se realiza unha comparación por rexións en Europa, o mapa mostra un núcleo máis desenvolvido entorno a países como Bélxica, Países Baixos, ou Alemaña mentres que aqueles países máis periféricos, especialmente do sur e do leste, mostran unha posición relativa máis débil. A análise por indicadores parciais permite ver se se trata dunha situación xeralizada (caso maioritario) ou polo pobre desempeño nalgunha dimensión concreta (caso minoritario). Este traballo ten 9924 palabras

Valcárcel Aguiar, Beatriz (Titoría)
VECINO AGUIRRE, ALEXANDRE Cotitoría
Valcárcel Aguiar, Beatriz (Titoría)
VECINO AGUIRRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Presidente/a)
LADO SESTAYO, RUBEN (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, GONZALO (Vogal)

A imposición patrimonial en España. A introdución do Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas.
Autoría
T.F.D.O.
Grao en Economía
T.F.D.O.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 16:30
01.07.2024 16:30
Resumo
Para a elaboración deste TFG estudouse o sistema de imposición patrimonial en España co obxectivo de entender os motivos polos cales a raíz da última crise se instaura unha nova figura tributaria, o Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas. Se ben nos últimos anos se está a producir un incremento da concentración da riqueza a nivel mundial, en Europa a tendencia seguida é a de suprimir o Imposto sobre o Patrimonio, unha figura que xunto co Imposto sobre as Sucesións e Doazóns conforma o marco de imposición patrimonial persoal en España. Malia as carencias de tipo estrutural que presentan, ambos impostos teñen por obxectivo último o redistributivo e están cedidos ás comunidades autónomas, as cales no emprego das súas competencias normativas semellan ter trasladado a súa ideoloxía á política fiscal abordando decisións tributarias mediante un xogo político que non sempre responde á lóxica tributaria. Neste contexto, e co obxectivo de por fin á diferente recadación interterritorial do IP e a tendencia regresiva que viña a experimentar o sistema motivado polas carencias na normativa dos impostos que o conforman, establécese de xeito temporal o ITSGF que non só engade complexidade ao sistema, senón que tamén xera un enorme descontento social.

A inserción laboral xuvenil no contexto da Unión Europea. Unha aproximación a través da metodoloxía dos indicadores sintéticos.
Autoría
N.F.A.
Grao en Economía
N.F.A.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 16:30
01.07.2024 16:30
Resumo
Neste traballo de fin de grao proporcionase unha análise sobre a inserción laboral nos novos a través da proposta dun indicador sintético. Concretamente, a importancia desta investigación reside en comprender a situación actual dese acceso ao mercado de traballo, por parte dos máis novos, nos distintos países da Unión Europea. Isto co fin de propoñer medidas que faciliten a súa transición cara un sistema máis eficiente e homoxéneo. Na primeira parte realizase unha revisión dos aspectos clave en torno aos que xira o concepto, así como unha investigación da literatura sobre o tema. Nunha segunda parte descríbese a metodoloxía de elaboración dos indicadores sintéticos, profundando nas respectivas vantaxes e desvantaxes da utilización dese tipo de métodos. E, en último lugar, aplicase esa metodoloxía para estudar o concepto de inserción laboral xuvenil no ámbito da Unión Europea.
Neste traballo de fin de grao proporcionase unha análise sobre a inserción laboral nos novos a través da proposta dun indicador sintético. Concretamente, a importancia desta investigación reside en comprender a situación actual dese acceso ao mercado de traballo, por parte dos máis novos, nos distintos países da Unión Europea. Isto co fin de propoñer medidas que faciliten a súa transición cara un sistema máis eficiente e homoxéneo. Na primeira parte realizase unha revisión dos aspectos clave en torno aos que xira o concepto, así como unha investigación da literatura sobre o tema. Nunha segunda parte descríbese a metodoloxía de elaboración dos indicadores sintéticos, profundando nas respectivas vantaxes e desvantaxes da utilización dese tipo de métodos. E, en último lugar, aplicase esa metodoloxía para estudar o concepto de inserción laboral xuvenil no ámbito da Unión Europea.
Dirección
Valcárcel Aguiar, Beatriz (Titoría)
Valcárcel Aguiar, Beatriz (Titoría)
Tribunal
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Presidente/a)
LADO SESTAYO, RUBEN (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, GONZALO (Vogal)
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Presidente/a)
LADO SESTAYO, RUBEN (Secretario/a)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, GONZALO (Vogal)
Unha estimación do benestar económico nas cidades españolas.
Autoría
L.M.R.
Grao en Economía
L.M.R.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 16:30
01.07.2024 16:30
Resumo
Nas últimas décadas as cidades están a experimentar un crecemento exponencial derivado das numerosas vantaxes que supón residir nas zonas urbanas. Sen embargo, o crecente auxe destas está supoñendo un aumento da presión sobre estes territorios, o cal está a repercutir no benestar económico dos seus habitantes. Neste contexto, é importante a aproximación do concepto de benestar económico nas zonas urbanas. Se ben é certo que na literatura urbana abundan os traballos que aproximan conceptos como a habitabilidade, sustentabilidade ou calidade de vida, o benestar económico non recibiu tanta atención. Neste traballo, proponse un indicador sintético de benestar económico para as áreas urbanas, que será aplicado ao contexto español. Así, pártese do marco teórico de Osberg (1985), o cal consta de catro dimensións: capacidade de consumo actual, acumulación de riqueza, desigualdade e inseguridade económica. Dito marco será no que se fundamente o traballo para analizar o benestar económico que, por ser un concepto multidimensional, se tratará de aproximar a través dun índice composto, seguindo o procedemento establecido por Nardo et al. (2008). Este indicador sintético será aplicado para un conxunto de cidades españolas, en particular, aquelas que contan con máis de 50.000 habitantes, sendo así obxecto de estudo deste traballo un total de 152 localidades. O presente traballo está composto por 9.992 palabras (sen contar a portada, o resumo e a bibliografía. De ter en conta estes 3 apartados, o total de palabras ascende a 11.783).

Medidas de Política Monetaria nas Crises Financeiras Internacionais
Autoría
C.M.B.
Grao en Economía
C.M.B.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Dende unha perspectiva histórica trátase de mostrar como as actuacións de política monetaria determinaron o desenvolvemento das crises financeiras. Con este propósito, analízanse as grandes crises de 1929 e 2008, considerando como a ausencia dunha autoridade monetaria influíu no desenvolvemento da crise dos Trusts de 1907 e como a sucesión de crises financeiras internacionais obriga a adoptar medidas de política monetaria non convencionais dende a crise das hipotecas subprime. Con moita menor incidencia, a crise bancaria de 2023 supuxo a primeira gran proba para as autoridades monetarias dende a Gran Recesión.

DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titoría)
Tribunal
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Vogal)

Análise do mercado laboral para as persoas con discapacidade en España: o impacto da crise da covid-19
Autoría
I.O.S.
Grao en Economía
I.O.S.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao (TFG) ten por obxecto a análise da evolución do mercado laboral das persoas con discapacidade (PCD) entre os anos 2017 e 2022 principalmente, co fin de realizar unha comparativa da situación previa e posterior á crise da covid-19. Os puntos de referencia que impulsan este traballo son a análise da problemática experimentada por este colectivo, as PCD, para a súa correcta integración en sociedade e máis concretamente no mercado laboral, así como a medición, tanto cuantitativa como cualitativa, da incidencia que tiveron os efectos da mencionada crise sobre o mercado laboral que forman estas persoas. No referente á metodoloxía realizáronse análises con datos extraídos maioritariamente do Instituto Nacional de Estatística (INE), aínda que cómpre destacar outras bases de datos como o Servizo Público de Emprego (SEPE) ou o Instituto Galego de Estatística (IGE), correspondendo ditos datos esencialmente á poboación en idade laboral con discapacidade, empregando tamén os de persoas sen discapacidade (PSD) para ofrecer comparacións e engadindo ao estudo dos datos distintas disgregacións, ou focalizándoo sobre mostras de poboación máis concretas que permitan un maior afondamento segundo fose preciso. A participación das PCD no mercado laboral será analizada a nivel estatal para comprender a realidade que presenta o conxunto de España no referido a estas cuestións, posteriormente tamén abarcará o nivel rexional e contarase por último cunha focalización particular en Galicia para avistar as diferenzas que existen nas diversas áreas do territorio, así como os factores que as condicionan nese panorama de crise sanitaria e económica. A intención é comprender a situación desta parte da poboación para ao mesmo tempo sensibilizar e promover a construción de novas canles para a correcta integración deste colectivo na sociedade.

VECINO AGUIRRE, ALEXANDRE (Titoría)
VECINO AGUIRRE, ALEXANDRE (Titoría)
Tribunal
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Vogal)
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Vogal)
As causas da inflación: oferta fronte a demanda.
Autoría
D.M.N.
Grao en Economía
D.M.N.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
No presente traballo ofrécese unha análise sobre as causas da inflación diferenciando entre factores de oferta e de demanda. Para iso, comézase destacando a importancia de distinguir entre estes dous tipos de factores debido ás súas diferentes implicacións e efectos na economía. Realízase un percorrido polas principais teorías económicas, proporcionando un contexto histórico e teórico. De entre os varios métodos de identificación de factores, no traballo utilízase o modelo de Vectores Autorregresivos (VAR) para a realización dun estudo do recente caso de inflación en España. Analízanse os resultados das contribucións de cada factor, explicando as causas subxacentes a eles. Ademais, compáranse os resultados cos do traballo utilizado como referencia para este estudo (Shapiro, 2022). Finalmente, extráense as conclusións da análise en canto á súa importancia á hora de identificar de maneira correcta as causas subxacentes da inflación para unha correcta aplicación de políticas económicas que contrarresten devandito fenómeno.

FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ GRELA, MANUEL (Titor do alumno)

O parque eólico de Vilartoxo, A Baña. Descrición do proxecto de implantación.
Autoría
B.R.P.
Grao en Economía
B.R.P.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
Un parque eólico é unha instalación onde se agrupan aeroxeradores para aproveitar a enerxía do vento e transformala en electricidade. Estes parques poden situarse en terra ou no mar e representan unha fonte de enerxía renovable, limpa e sostible, contribuíndo á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e á mitigación do cambio climático. No concello de A Baña, situado na provincia da Coruña, Galicia, propúxose a creación dun novo parque eólico denominado parque eólico de Vilartoxo que promete impulsar o desenvolvemento económico e social da rexión. Este proxecto contempla a instalación de varios aeroxeradores de última xeración, capaces de xerar unha cantidade significativa de electricidade que podería abastecer tanto á comunidade local como ás zonas circundantes. O futuro parque eólico de Vilartoxo non só proporcionará unha fonte de enerxía limpa, senón que tamén traerá beneficios económicos directos á aldea. Espérase a creación de empregos durante as fases de construción e operación, o que axudará a reducir o desemprego local e a fomentar o desenvolvemento de habilidades técnicas na poboación. Ademais, a presenza do parque eólico pode atraer investimentos adicionais e fomentar o turismo sostible, dado o crecente interese polas enerxías renovables e as tecnoloxías verdes. Desde un punto de vista ambiental, o parque eólico contribuirá significativamente á redución da dependencia de combustibles fósiles, diminuíndo así a pegada de carbono da rexión. A implementación deste proxecto tamén implicará a realización de estudos de impacto ambiental para garantir que se minimicen as posibles afectacións á fauna e flora locais. O proxecto do parque eólico na Baña representa unha oportunidade para que a comunidade local participe activamente na transición cara a un modelo enerxético máis sostible, beneficiándose tanto económica como socialmente. Este parque será un exemplo de como as enerxías renovables poden integrarse en pequenas comunidades, achegando vantaxes tanxibles e duradeiras.

Análise económico e financeiro dunha empresa
Autoría
D.R.S.
Grao en Economía
D.R.S.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
O Traballo Fin de Grao consistiu nunha análise económica e financeira detallada dunha empresa: Generación Padel. Para iso, constituíuse un grupo de comparación formado por outras dúas empresas: Aeroclub, e Squash. Os seus rendementos avaliáronse calculando ratios clave como a marxe de beneficio, o ROA, o ROE, a rotación dos activos e o efecto de alavancagem. O estudo identificou a eficiencia operativa, a utilización dos activos e os rendementos para os accionistas, proporcionando unha comparación clara entre as tres empresas e destacando as súas fortalezas e debilidades financeiras.

ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Titoría)
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Titoría)
Tribunal
ROMERO CASTRO, NOELIA MARIA (Titor do alumno)

Teoría Fiscal do Nivel dos Prezos
Autoría
J.S.I.
Grao en Economía
J.S.I.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
Este traballo tratase dun resumo da Teoría Fiscal do Nivel dos Prezos a través da explicación dos seus mecanismos básicos coma as dinámicas da débeda pública e das expectativas dos axentes, así coma súa relación cas políticas fiscais e monetarias. Ademais tamen se aborda unha aproximación do funcionamento da teoría na realidade a través duns casos concretos expostos polo autor John H. Cochrane coma defensa a esta teoría.

LORES INSUA, FRANCISCO XAVIER (Titoría)
LORES INSUA, FRANCISCO XAVIER (Titoría)
Tribunal
LORES INSUA, FRANCISCO XAVIER (Titor do alumno)

Diferenzas salariais entre homes y mulleres debidas a diferentes atributos psicolóxicos. Deseño dun experimento.
Autoría
Y.A.R.F.
Grao en Economía
Y.A.R.F.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
Nesta investigación preténdese analizar se as diferenzas salariais entre xéneros se deben aos diferentes atributos psicolóxicos que caracterizan a homes e mulleres. Para isto, apórtase unha revisión bibliográfica do estado da cuestión, tomando como base o traballo de Niederle e Vesterlund (2007). Esta revisión apóiase co deseño e a explicación detallada dun experimento que poderá ser aplicado entre o alumnado universitario en futuras investigación para a obtención de resultados no contexto da Galicia actual. Os resultados da maioría dos estudos contrastados acerca da competitividade confirman que os atributos psicolóxicos (a confianza en si mesmo, a aversión ao risco e a tolerancia ao erro) perpetúan a fenda salarial, xa que producen que as mulleres eviten ambientes laborais competitivos e prefiran outros máis estables. Porén, en vista dos resultados de estudos comparativos entre diferentes culturas, as investigación actuais afirman que os contextos socioculturais poden facer variar, de forma significativa, os patróns de comportamento de homes e mulleres. Desta forma, apúntase cara a multifactorialidade da fenda salarial por factores como o contexto sociocultural e a educación, a segregación ocupacional e a discriminación de categorías feminizadas, a conciliación familiar tras a maternidade ou, por suposto, as diferenzas na negociación e a aversión ao risco entre ambos os xéneros (Blas Gómez y Estrada López, 2021). Finalmente, propóñense unhas medidas potenciais para abordar a fenda salarial en función dos resultados obtidos nesta investigación, que van na dirección de combater os estereotipos de xénero asociados á competitividade e ao liderado e crear ambientes laborais máis inclusivos.

As migracións internacionais de Galicia: antecedentes históricos e evolución no período 2000-2021
Autoría
D.M.R.
Grao en Economía
D.M.R.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 12:00
11.09.2024 12:00
Resumo
Este traballo analiza as migracións en Galicia dende mediados do século XVIII ata a actualidade. Móstranse as principais etapas de emigración e inmigración, así como a evolución do saldo migratorio, os momentos de cambio de signo e os factores explicativos deses cambios. Ao longo do período analizado Galicia pasou de ser unha rexión de emigración neta a rexistrar retornos e inmigración neta. Así mesmo, tanto nos fluxos de saídas como nos de entradas, emerxen etapas diferenciadas, nunhas ocasións polos cambios fortes nos volumes dos fluxos e noutras por cambios nas orixes, nacionalidades, cohortes de idade e participación de homes e mulleres nas migracións. No período principal obxecto deste traballo, 2000-2021, dentro da inmigración en Galicia detéctanse 3 etapas diferenciadas: 2000-2009, 2009-2014 e 2014-2021; na etapa inicial e final a inmigración adquire volumes relativamente elevados e crecentes e, pola contra, na etapa central, a inmigración redúcese moito. Os diferentes ciclos económicos que experimenta a economía galega están detrás da explicación das tendencias seguidas en cada unha destas etapas.

ESPIDO BELLO, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

A influencia do camino francés
Autoría
P.T.A.
Grao en Economía
P.T.A.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 12:00
11.09.2024 12:00
Resumo
No traballo buscase conseguir unha imaxe completa do camino francés a partir dos sectores de alojamiento e os que ofrecen servicio de comidas e bebidas comenzando pola realización don contexto , con algunas características destacables para entrar en na situación do trabajo.O trabajo segué coa comprobación que ten o peso de estos sectores nos municipios que forman parte do camino francés.A partir de aí estúdase a evolución en series temporais para as afiliacións das empresas e os empregados destes sectores onde destaca o momento da pandemia, cunha profunda caída. Segue o traballo con estudo da estacionalidade, neste caso das empresas afiliadas tanto para 2022 como para 2023, o primeiro ano cos dous sectores conxuntos e no segundo ano cos dous sectores por separado para observar a diferenza do seu comportamento de estacionalidade destes. Ademais, tamén analizamos se o comportamento e peso dos sectores por separado funciona de forma diferente segundo o tamaño do municipio, e sacamos a conclusión de que se teñen diferente peso segundo esta característica.

FERNANDEZ FERNANDEZ, MELCHOR (Titor do alumno)

Dirección de operacións
Autoría
L.D.S.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.D.S.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é profundar nos coñecementos fundamentais da dirección de operacións, como a planificación, programación, control e mellora de procesos produtivos e de servizos. O traballo trata temas clave para a dirección de operacións, como selección e deseño de procesos da cadea de suministro, o control de calidade, a análise da capacidade da organización, lean management, entre outras. Para a realización do traballo débese considerar aspectos estratéxicos e tácticos, avaliando como as decisións operativas afectan o desempeño xeral da empresa e a súa competitividade no mercado. Xa que, nunha contorna empresarial cada vez máis competitiva e globalizada, unha xestión de operacións efectiva é vital para o éxito e a sustentabilidade a longo prazo de calquera empresa. Este traballo ensinaría a aplicar coñecementos teóricos utilizando principios e conceptos aprendidos durante a carreira para entender como funciona realmente unha empresa. Todo o TFG realizouse a partir do Manual de dirección de operacións: decisións estratéxicas, de Alberto García Cerro, Ana María Serrano Bedia e Gema García Piqueres (2021).

GOMEZ DEUS, MARIA TERESA (Titoría)
GOMEZ DEUS, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
AIBAR GUZMAN, CRISTINA (Presidente/a)
CARBALLO PENELA, ADOLFO (Secretario/a)
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
AIBAR GUZMAN, CRISTINA (Presidente/a)
CARBALLO PENELA, ADOLFO (Secretario/a)
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
Automatización de procesos de negocio con RPA (robotic process automation)
Autoría
M.D.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.D.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao proporciona unha introdución teórica e contextualización sobre a automatización de procesos mediante a tecnoloxía Robotic Process Automation (RPA) ou Automatización Robótica de Procesos. Comezando cunha análise do contexto histórico sobre a automatización de procesos e a evolución da RPA, explorando feitos históricos desde os seus inicios ata a actualidade. Seguido dunha análise sobre as diferentes tecnoloxías e as principais plataformas de automatización, analizando as distintas ferramentas que ofrecen e as características de cada unha. Tamén se aborda a importancia nos últimos anos da IA (Intelixencia Artificial) no desenvolvemento e funcionamento da RPA. Doutra banda, trátase a cuestión crucial de que procesos son susceptibles de ser automatizados, identificando os distintos criterios e características que deben ter os procesos para que se poidan automatizar dunha maneira exitosa e permitan maximizar os beneficios da tecnoloxía RPA. O traballo tamén trata de maneira detallada os pasos necesarios para poder levar a cabo a automatización de procesos con RPA, desde a identificación do proceso candidato ata a implementación da tecnoloxía e a vixilancia dos resultados. Tamén se profunda no impacto da RPA na eficiencia operativa, concluíndo con algúns casos prácticos de uso de automatizacións con Microsoft Power Automate que poderían a chegar a ser interesantes para PEMES e estudantes.

Evolución da pobreza e a desigualdade en España e Europa durante a crise do COVID-19
Autoría
C.A.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.A.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é analizar a pobreza e a desigualdade en España, empregando a taxa AROPE e o índice de Gini para comparar e analizar o comportamento destas variables a nivel nacional e europeo, durante a pandemia e os anos posteriores. Estes indicadores permitirannos coñecer que situación presenta España en cada ano da crise e, á súa vez comparala cos países membros da Unión Europea, para así observar diferenzas e similitudes. Unha vez analizada a situación de España, falaremos tamén das solucións achegadas pola Unión Europea e o goberno español para sosegar os efectos negativos da crise no referente á pobreza e a desigualdade na repartición da renda. Para abarcar todo o contido exposto, o traballo conta con 8717 palabras. As observacións e os resultados máis importantes deste traballo teñen que ver coa análise do comportamento da pobreza e a desigualdade en España durante a crise do COVID-19, analizando e comparando os datos das diferentes Comunidades Autónomas entre si para obter unha mellor visión a nivel nacional e, comparando tamén España cos demais países membros da Unión Europea.

TROITIÑO COBAS, ANGELA (Titoría)
TROITIÑO COBAS, ANGELA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)

Aplicación das principais técnicas de análise input-output a diferentes economías
Autoría
A.A.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.A.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Un dos métodos de análise económica máis útiles para comprender a estrutura produtiva dun país nun ano determinado é o marco input-output, que describe, por medio de matrices, as transaccións produtivas que teñen lugar entre os distintos sectores de actividade. Con base en técnicas de álxebra matricial, este modelo permite o cálculo de diversos indicadores, que resumen as características e evolución temporal das diferentes industrias da economía considerada. O presente traballo trata de facer unha aproximación teórica ás principais ferramentas de análise que ofrece o modelo insumo-produto, así como unha aplicación práctica das mesmas ás táboas input-output dunha serie de países ao longo do tempo. Distinguimos neste documento tres estudos clave: a identificación dos coeficientes máis importantes da matriz técnica, a determinación das características estruturais e a valoración do cambio estrutural ao longo do tempo. Máis concretamente, este traballo inclúe o cálculo e a interpretación dos coeficientes técnicos máis importantes, dos multiplicadores de Leontief e dos índices de Rasmussen (características estruturais), e do índice de Gini e de dúas medidas estatísticas máis xerais: a raíz estandarizada do erro cadrado medio e a desviación absoluta ponderada estándar (cambio estrutural). O obxectivo principal será extraer unha serie de conclusións lóxicas destes indicadores, como pode ser a comprobación da estabilidade das matrices nos anos, ou a clasificación de ramas de actividade segundo as súas características estruturais.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, DAVID (Titoría)
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, DAVID (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)
Economía Circular e o dereito á reparación: Oportunidades para novos modelos de negocio
Autoría
G.B.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
G.B.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Nos últimos anos estase a promover un novo modelo de produción e consumo denominado Economía Circular, que busca substituír o modelo económico lineal actual por un circular co fin de que o sistema de produción e consumo sexa máis sostible. Unha das estratexias utilizadas para lograr esta transición é a reparación, técnica mediante a que os bens con defectos se arranxan para que continúen un maior tempo dentro da economía e non xerar residuos polo seu refugallo. A Unión Europea, coa intención de alentar esta actividade, estableceu un novo “dereito á reparación”, para restrinxir as prácticas de obsolescencia programada e apoiar os dereitos dos consumidores. Exporanse no presente traballo distintos modelos de negocio para fomentar a reparación e o mantemento aos que podería beneficiar este dereito a reparar, tanto tradicionais, como innovadores ou de iniciativa social. Este traballo ten unha extensión de 8.663 palabras.

PEREIRA SANCHEZ, MARIA ANGELES (Titoría)
PEREIRA SANCHEZ, MARIA ANGELES (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)
O sector vitivinícola galego
Autoría
I.B.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.B.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O sector do viño revalorizouse nos últimos anos, gañando prestixio non só no noso país, senón en numerosos mercados internacionais. Este sector non se desenvolveu da noite á mañán; é un exemplo de adaptación e resiliencia. O seu camiño ata alcanzar a posición que ten hoxe en día non foi doado e estivo cheo de obstáculos. O presente Traballo de Fin de Grado busca analizar dende unha perspectiva histórica o sector vitivinícola galego. O estudo comeza cunha contextualización a nivel nacional do século XIX, destacando a expansión produtiva do sector vitivinícola, a posterior crise e a transición cara a produción de viños de calidade. A continuación, céntrase no caso galego, abordando a súa situación respeto a España, as diversas plagas que devastaron os viñedos galegos e o seu rexurdimento impulsado polo movemento agrarista de principios do século XX. O análise profundízase a partir da integración de España na CEE, avalíando o impacto das diversas medidas introducidas por organismos oficiais como a PAC e a OMC, que contribuíron no desenvolvemento do sector impulsando denominacións de orixe e abrendo mercados exteriores, o que permitiu non só a súa consolidación, senón o seu posicionamento como unha das ramas máis relevantes no ámbito agrario.

A crise do 2008: Da burbulla ao declive
Autoría
D.C.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.C.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
A crise de 2008 foi orixinada o 21 de xaneiro de 2008 en Estados Unidos como consecuencia da ruptura do sistema financeiro debido aos riscos asumidos pola concesión de créditos hipotecarios por parte das institucións bancarias. Foi a crise máis grave desde a Gran Depresión e, ademais, pódeselle coñecer como crise subprime. Este traballo divídese en dúas partes, unha primeira poñendo en contexto a crise financeira, abordando as diferentes causas, posibles solucións e pensamentos económicos relacionados co tema. E unha segunda parte, analizando as consecuencias mediante un estudo comparativo de diferentes países, utilizando catro indicadores macroeconómicos máis relevantes. A partir desta análise, conclúese que Alemaña e España foron os máis perxudicados, mentres que países menos desenvolvidos como China ou Brasil apenas sufriron graves consecuencias. A extensión do traballo é de 9.954 palabras.

DIOS VICENTE, ADRIAN (Titoría)
DIOS VICENTE, ADRIAN (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)
Impacto e difusión das plataformas de investimento dixital en España: Un enfoque nos Robo-Advisors e Neobrokers a través do Modelo de Bass
Autoría
R.F.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
R.F.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 09:00
02.07.2024 09:00
Resumo
Este traballo analiza o impacto e a difusión das plataformas de investimento dixital en España, centrándose en Robo-Advisors e Neobrokers mediante o Modelo de Bass. Avalíase a adopción e a súa influencia no mercado financeiro español cara a 2030, utilizando datos empíricos de plataformas dixitais de investimento. Os resultados mostran unha adopción significativa de Neobrokers, cunha taxa de penetración proxectada do 24% para 2030, mentres que os Robo-Advisors teñen unha taxa do 0,48%. Os Neobrokers, accesibles e económicos, atraen a un público amplo e menos especializado, mentres que os Robo-Advisors, cunha inversión inicial máis alta e orientados ao longo prazo, diríxense a investidores con maior capacidade de aforro. A análise cualitativa baseada na teoría de Rogers resalta factores internos como a simplicidade e a redución de custos, e externos como a inflación e a influencia de líderes de opinión. Entre 2017 e 2023, o 11,59% do crecemento dos activos totais débese aos Robo-Advisors e o 31,16% aos Neobrokers, indicando unha migración de investidores tradicionais e a entrada de novos investidores, sendo estes últimos os usuarios máis representativos. En conclusión, Robo-Advisors e Neobrokers democratizaron o acceso aos servizos financeiros en España, fomentando unha maior participación de novos investidores e transformando o panorama do investimento dixital.

ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Titoría)
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
ARJONA BEJAR, LUIS ENRIQUE (Titor do alumno)

Análisis Económico-Financiero: CUPA PIZARRAS S.A.
Autoría
A.F.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.F.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
O obxectivo deste estudo é analizar a situación e evolución da empresa galega de lousa e líder no seu sector CUPA PIZARRAS S.A. nun período comprendido entre 2020 e 2022. A empresa forma unha das liñas de negocio do grupo empresarial que dirixe CUPIRE PADESA S.L. e que foi adquirida recentemente polo fondo canadense Brookfield. Neste contexto, CUPA PIZARRAS presenta para o período unha moderada mellora da súa situación financeira con respecto a 2020, grazas á relativa redución da súa débeda e á mellora do coeficiente de garantía que non axuda á empresa a gozar de boa saúde financeira final do período. A análise co grupo de comparación pon de manifesto a gran diferenza de tamaño con respecto á que sería a súa competencia máis directa en termos absolutos de todas as magnitudes, o que deixa claro por que estamos a falar do líder no sector da lousa non só en España. pero no mundo.

Avaliación do benestar económico en España no período 2019-2022
Autoría
S.D.L.F.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.D.L.F.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Este traballo pretende construír un indicador sintético para analizar o benestar económico. Estudaremos se existen ou non diferenzas de benestar entre as comunidades autónomas de España, concretamente, centrámonos nos anos 2019 e 2022 para ver como e se o COVID-19 afectou a estas rexións, e se hai unha maior ou menor diferenza entre o norte e o sur de España. Para iso, ao longo do traballo desenvolverase un índice sintético baseado no marco teórico de Osberg, no que se dividirá o benestar económico en catro dimensións que estudaremos máis adiante.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, DAVID (Titor do alumno)

Planificación fiscal internacional e paraísos fiscais.
Autoría
A.R.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.R.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
As prácticas de planificación fiscal agresiva, así coma o uso e existencia de paraísos fiscais, supoñen un gran problema na actualidade para os países e gobernos que ven como a evasión fiscal avanza a pasos axigantados acrecentando as súas cifras anualmente. Este traballo pretende estudar a problemática e o funcionamento tanto da planificación fiscal internacional como dos paraísos fiscais, desembocando nas prácticas de competencia fiscal entre países para a atracción de inversións. En canto á planificación fiscal internacional expóñense as principais estratexias que seguen as empresas para o traslado de beneficios e a erosión das bases impoñibles e como se aproveitan dos paraísos fiscais e das lagoas existentes nas leis para o seu propio beneficio. A continuación, explícase a orixe dos paraísos fiscais e a súa situación actual, comentando e analizando as cifras da evasión fiscalno mundo e nconcretamente na economía española. Finalmente profundízase no tema da competencia fiscal entre xurisdicións para establecer réximes especiais que atraigan novas empresas e traballadores que tributen no seu territorio, e faise unha detallada comparativa das prácticas de competencia fiscal tomadas por dous países veciños como son Portugal e España, analizando qué país pode resultar máis atractivo para a inversión estranxeira. A metodoloxía do traballo seguiu un enfoque calitativo mediante a investigación de artigos, informes e documentos de institucións como a OCDE ou o Consello da UE, así coma de documentos legais obtidos das axencias tributarias de Portugal e España para a recopilación de datos maiormente secundarios. O número de palabras do documento é de 9.629.

Fiscalidade Empresarial. Imposto sobre o valor engadido. Operacións internacionais. Servizos transfronterizos.
Autoría
P.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.S.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao trata as principais características do tributo indirecto máis relevante do noso país, debido á súa gran capacidade para xerar ingresos significativos: o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Neste traballo preséntase o funcionamento do imposto en relación ca normativa de referencia, a Lei do Imposto sobre o Valor Engadido (LIVE), e a súa importancia mediante a súa evolución histórica, a comparación con outros tributos de gran relevancia en España, e a súa actuación e implicación noutros países europeos, máis concretamente, os pertencentes á Unión Europea (UE). O tema principal de este traballo básase nas operacións internacionais e na operativa do imposto en cada unha delas. O funcionamento do IVE difire da operación transfronteriza que se trate, a cal podería ser unha exportación, unha importación ou unha operación intracomunitaria. Unha vez realizado o estudo do funcionamento do IVE nas principais operacións internacionais, estudianse de forma máis completa, os servizos transfronterizos. Dentro dos mesmos, destacan de maneira significativa os servizos prestados por vía electrónica, a consecuencia do gran avance da tecnoloxía, en concreto, do E-Commerce. Finalmente, preséntase o mecanismo de inversión do suxeito pasivo mediante o cal se transfire a responsabilidade do pago do imposto do vendedor ao comprador. É esencial á hora de falar das operacións comerciais con outros países ao facilitar a transacción e simplificar as obligacións fiscais do vendedor estranxeiro.

Estudio de mercado de froitos secos en España
Autoría
G.J.T.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
G.J.T.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
No traballo que se presenta a continuación, realizouse un estudo do mercado dos froitos secos en España, centrándose nos anos 2022 e 2023. O obxectivo deste estudo é obter unha visión detallada do sector na actualidade. O desenvolvemento do traballo divídese en dous grandes grupos: análise da oferta e análise da demanda. Na primeira parte, a análise da oferta, lévase a cabo unha análise sectorial que recompila información sobre a produción nacional e as vendas netas. Ademais, examínanse as principais macromagnitudes, como o número de persoas empregadas no sector, o número de empresas presentes e o volume de produción. Posteriormente, estúdase a situación actual do comercio exterior dos froitos secos e realízase unha análise microeconómica da oferta, que inclúe aos principais axentes fabricantes e distribuidores. Na segunda parte do traballo, realízase unha análise cuantitativa e cualitativa. A análise cuantitativa aborda o consumo e gasto total, así como o consumo e gasto per cápita, analizados desde distintos niveis: por subprodutos, subsectores e por comunidades autónomas. A análise cualitativa inclúe diversas segmentacións: socioeconómica, baseada no comportamento e baseada no beneficio buscado. Ademais, discútense as novas tendencias de compra e consumo dos froitos secos. Para concluír o traballo, lévase a cabo unha análise DAFO, onde se tratan as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades do sector dos froitos secos en España. Finalmente, preséntase unha conclusión que resume os principais resultados do estudo, así como tamén as limitacións e as futuras ampliacións. O traballo consta de 9113 palabras.

RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titoría)
RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titoría)
Tribunal
RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titor do alumno)
RUZO SANMARTIN, EMILIO (Titor do alumno)
Fiscalidade empresarial. O Imposto sobre Sociedades: Deducións por actividades de I+D+ITec
Autoría
E.Y.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
E.Y.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Este trabajo de fin de grado pretende dar a conocer el Impuesto sobre Sociedades en cuanto a su importancia relativa dentro del sistema tributario español y su funcionamiento en la vida real basándose en la Ley 27/2014, de 27 de noviembre, del Impuesto sobre Sociedades. En segundo lugar, se procura presentar los aspectos más relevantes sobre las deducciones por actividades de investigación y desarrollo e innovación tecnológica. Este es un mecanismo fundamental, con el que la Administración pretende fomentar las actividades que se engloban dentro de esta categoría, cruciales para el aumentar la competitividad de las empresas españolas en el mercado internacional y el consiguiente desarrollo y crecimiento económico y tecnológico. Este trabajo contiene 7206 palabras y 28 páginas.
Este trabajo de fin de grado pretende dar a conocer el Impuesto sobre Sociedades en cuanto a su importancia relativa dentro del sistema tributario español y su funcionamiento en la vida real basándose en la Ley 27/2014, de 27 de noviembre, del Impuesto sobre Sociedades. En segundo lugar, se procura presentar los aspectos más relevantes sobre las deducciones por actividades de investigación y desarrollo e innovación tecnológica. Este es un mecanismo fundamental, con el que la Administración pretende fomentar las actividades que se engloban dentro de esta categoría, cruciales para el aumentar la competitividad de las empresas españolas en el mercado internacional y el consiguiente desarrollo y crecimiento económico y tecnológico. Este trabajo contiene 7206 palabras y 28 páginas.
Dirección
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titoría)
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Titor do alumno)
Avaliación de riscos e oportunidades na adopción de tecnoloxías emerxentes nunha empresa consolidada no sector financeiro
Autoría
A.F.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.F.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
O sector financeiro está inmerso nunha etapa de cambio impulsada pola cuarta transformación tecnolóxica, composta por tecnoloxías como a Intelixencia Artificial (IA), o Blockchain e o Big Data, entre outras. Este traballo de fin de grao (TFG) ten como obxectivo analizar como estas innovacións tecnolóxicas están a revolucionar as operacións financeiras e como as organizacións están a adaptarse a estes cambios mediante un enfoque máis áxil, onde os datos se converten no eixo central que guía a toma de decisións. Ao longo deste traballo, exploraremos como está sendo esta evolución, analizando tres elementos que evolucionaron radicalmente como consecuencia desta revolución: a cultura, os datos e a tecnoloxía. En cada unha destas seccións, examinaranse os cambios e enfoques adoptados polas empresas, así como as oportunidades e os riscos que poden xurdir se non se xestionan adecuadamente os procesos de transformación. A análise estrutúrase da seguinte maneira:Cultura: Investigarase como as organizacións están a modificar a súa cultura corporativa para fomentar a innovación e a adaptabilidade necesarias nun entorno dixitalizado. Destacarase a importancia de promover unha mentalidade aberta ao cambio e a colaboración interdisciplinaria.Datos: Analizarase o papel central dos datos na toma de decisións estratéxicas, incluíndo como se xestionan e protexen estes datos nun contexto de crecente preocupación pola ciberseguridade e a privacidade.Tecnoloxía: Avaliarase a integración de tecnoloxías como o Big Data, Intelixencia Artificial, Blockchain, APIs e smartphones nos procesos financeiros, destacando tanto os beneficios potenciais como os desafíos técnicos e operativos.Finalmente, recompilaranse as principais oportunidades e riscos asociados á dixitalización e abordaranse os riscos éticos, en particular os asociados á toma de decisións autónoma baseada en datos.

VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Secretario/a)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Vogal)

Responsabilidade Social Corporativa: Papel das atribucións no atractivo da empresa. Perspectiva da Xeración Z
Autoría
S.L.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.L.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Nun mundo no que o compromiso coas causas sociais e medioambientais toma cada vez máis forza, a Responsabilidade Social Corporativa (RSC) convértese na principal resposta das empresas para sobrevivir ante a crecente complexidade da contorna competitiva. Trátase de adquirir un compromiso voluntario co benestar da comunidade en xeral, adoptando para iso un conxunto de accións en diversos ámbitos. Neste sentido, os obxectivos do presente traballo son afondar no concepto de RSC e, especialmente, investigar dende a perspectiva da Xeración Z como as atribucións que realizan sobre os motivos da RSC da empresa (substantivas ou simbólicas) se relacionan co atractivo da mesma, así como o posible efecto moderador da paixón social ou medioambiental nestas relacións. Con este fin, enquisouse a 122 persoas. Os resultados obtidos evidencian unha clara influencia positiva das atribucións substantivas no atractivo da empresa, mentres que non se atopou ningún efecto significativo das atribucións simbólicas. Aínda que tampouco se observa que a paixón, como constructo global, modere a relación, achouse que a paixón social reforza o efecto positivo das atribucións substantivas no atractivo.

CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Secretario/a)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Vogal)
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Secretario/a)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Vogal)
O gasto non obrigatorio dos municipios españois e a súa financiación. Unha análise a través de Galicia.
Autoría
M.T.C.
Grao en Economía
M.T.C.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo estuda o gasto non obrigatorio do nivel municipal de goberno. A súa importancia deriva do feito de que os municipios prestan cada vez máis servizos que a lei no lles esixe, co fin de cubrir as necesidades da súa cidadanía. Ademais, para financiar ese gasto derivado da prestación de servizos non esixidos formalmente, demandan unha maior cantidade de recursos. Non obstante, tópanse cun sistema de financiación local que non está acorde ás súas esixencias. O estudo consiste nunha revisión da lexislación vixente que permite delimitar o gasto non obrigatorio, para posteriormente analizar a súa dimensión, tipoloxía e financiación. Ademais, estúdanse diversas solucións que beben da literatura especializada. O ámbito espacial inicial contextualízase en España, mentres que o estudo de caso concreto fai referencia a Galicia, cuxas entidades locais xestionan un territorio coa singularidade dunha gran dispersión territorial. Ademais, o ámbito temporal abarca nun primeiro momento o período entre 2005 e 2021, para despois reducirse ao decenio 2012-2021, co obxectivo de analizar a evolución das variables consideradas tras os cambios introducidos pola LRSAL.

Proposta dun indicador sintético de ruralidade: unha aplicación ao caso de Galicia
Autoría
C.R.R.
Grao en Economía
C.R.R.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
A ruralidade, como moitos outros termos empregados polas ciencias sociais, trátase dun concepto multidimensional sobre o cal non existe un criterio de definición xeralmente aceptado. Esta falta de consenso, xunto coa multitude de disciplinas científicas implicadas na súa análise, fan do rural un termo difícil de aproximar. Así, o presente traballo ten como obxectivo facer unha proposta para medir o grao de ruralidade dun territorio a través da metodoloxía dos indicadores sintéticos, co obxectivo último de aplicala sobre as comarcas galegas. Para acadar este obxectivo, comézase repasando as diferentes acepcións que se lle confiren ao medio rural, facendo fincapé no enfoque pragmático e operativo baseado en variables demográfica empregado polas institucións cara este fin. Preséntanse, ademais, algúns traballos previamente elaborados que tiñan por obxecto medir a ruralidade de diferentes territorios, facendo posteriormente un repaso da metodoloxía dos indicadores sintéticos, punto no que se idenfitican as fases a seguir na construción dos mesmos e as posibles metodoloxías a empregar en cada unha delas. Finalmente, en base ao marco teórico previamente elaborado, defínese un índice sintético que permita medir a ruralidade tendo en conta o seu carácter multidimensional. Dito índice é posteriormente aplicado sobre as comarcas galegas, comparando os resultados obtidos cos dos outros traballos que buscaban definir este concepto para Galicia. Conclúese así que o emprego do índice sintético de ruralidade proposto permite unha maior diferenciación entre rexións que os outros estudos realizados para este fin, ao tempo se que coincide con eles na heteroxeneidade que presentan as rexións galegas no relativo á súa ruralidade, observable ao comparar o leste das provincias de Ourense e Lugo, caracterizadas por un maior nivel de ruralidade, coas comarcas do Eixo Atlántico, que, xunto coas das principais cidades do interior de Galicia, son as zonas nas que se constata un menor grao de ruralidade.

Valcárcel Aguiar, Beatriz Cotitoría
VECINO AGUIRRE, ALEXANDRE (Titoría)
Valcárcel Aguiar, Beatriz Cotitoría
Tribunal
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Vogal)
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Presidente/a)
BARRAL BUCETA, BRAN (Secretario/a)
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Vogal)
Modelos predictivos no ámbito do turismo: modelos ARIMA aplicados ao Camiño de Santiago.
Autoría
L.G.A.
Grao en Economía
L.G.A.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grado aplica a metodoloxía de predicción Box-Jenkins para construir un modelo ARIMA capaz de estimar a demanda de aloxamento turístico nas diferentes etapas do Camiño Francés en Galicia para o año 2023. Para realizar a estimación do modelo, traballase con datos históricos do número de chegadas diarias de peregrinos a Sarria, dende xaneiro do 2003 ate o mes de marzo do 2023. A través das prediccións obtidas co modelo e da disponibilidades de aloxamento turístico nas diferentes etapas do Camiño Francés en Galicia, realizase unha análise de oferta e demanda de aloxamentos turísticos nestas etapas do camiño para detectar posibles desequilibrios que poderían aparecer ao longo do ano 2023. Este estudio permite ás empresas turísticas e institucións das distintas localidades polas que pasa o Camiño Francés en Galicia coñecer a evolución futura da chegada de peregrinos diarios, facendo posible a mellora da planificación e da xestión das súas actividades.

NEIRA GOMEZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

Utilización da intelixencia artificial nas empresas da Unión Europea
Autoría
J.P.R.L.
Grao en Economía
J.P.R.L.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Neste traballo trátase de coñecer cómo está a introducirse a intelixencia artificial nas empresas da Unión Europea, xa que esta tecnoloxía parece estar encamiñada a cambiar o mundo laboral tal e como o coñecemos. Para poder levar a cabo este obxectivo necesitamos coñecer o que é a intelixencia artificial, cales son os seus posibles usos, e qué tipos existen. Con esta primeira aproximación podrase coñecer o potencial revolucionario da mesma. Unha vez coñecido o que é a intelixencia artificial, farase un análise do uso en empresas da Unión Europea, que trata de impulsar o seu uso e colocarse coma unha potencia mundial neste ámbito. Para ello, farase un análise xeográfico, vendo cales son os países con maior uso da tecnoloxía. Desta maneira, poderemos ver onde poñer o foco para tratar de levar o desenvolvemento da tecnoloxía uniformemente na rexión e non crear unha brecha no seu uso. Tamén se analizarán os tipos de empresas que antes están implementando a tecnoloxía nos seus procesos, vendo por qué poden ser favorecidas e cal pode ser a razón dos maiores usos. Por último, estudiaranse os sectores máis proclives a introducir a tecnoloxía, para así poder ver cales son os sectores que antes foron capaces de encontrar usos que favorezan a inclusión da tecnoloxía nas súas actividades.

Análise do comercio de valor engadido e repercusións ambientais
Autoría
J.A.P.
Grao en Economía
J.A.P.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O que se investigará e dará a coñecer neste traballo é o impacto e a influencia das cadeas de valor engadido en distintos sectores e subsectores dalgúns países, así como, interpretar e analizar os datos derivados da contaminación destas cadeas nestes países. Un dos principais obxectivos deste traballo é atopar aqueles países nos que a evolución das cadeas de valor globais contribuíu a unha mellora significativa dos niveis comerciais do país e se esta mellora tamén provocou un aumento dos niveis de contaminación para estas nacións. En primeiro lugar, darase unha ampla explicación de que son as cadeas de valor globais, que importancia teñen na actualidade, como funcionan e quen participa máis nelas. A continuación relacionaremos o que obtivemos cos distintos niveis de produción dos países seleccionados, cos distintos niveis de contaminación e así poder promover unha boa investigación neste sentido e poder dar resposta ás nosas preguntas nestes traballos de investigación. Durante a realización deste traballo, a base de datos EUROSTAT foi a miña principal ferramenta xa que desta recollín toda a información sobre as emisións emitidas e puiden analizar a tendencia actual dos países da OCDE. As miñas outras fontes de información foron libros ou informes que abarcaban como funcionaban as cadeas de valor globais e que me axudaron a comprender un pouco máis este proceso. Por último, pecharemos cun último apartado no que incluiremos diferentes recomendacións políticas para estes países e algunhas obxeccións para o futuro próximo.

CAMPOS ROMERO, HUGO (Titoría)
CAMPOS ROMERO, HUGO (Titoría)
Tribunal
CAMPOS ROMERO, HUGO (Titor do alumno)
CAMPOS ROMERO, HUGO (Titor do alumno)
Análisis econométrico do turismo intracomunitario en España
Autoría
C.C.V.
Grao en Economía
C.C.V.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Neste traballo, preséntase unha análise detallada do sector turístico entre as comunidades autónomas de España, centrándonos nas pernoctacións hoteleras intracomunitarias como indicador principal da actividade turística. Mediante a utilización específica da estimación por datos de panel, examinamos un conxunto de datos que abarca dúas décadas, desde 2002 ata 2022, para identificar os factores económicos e socio-políticos que inflúen significativamente nas decisións deste tipo de turismo. Co obxectivo de comprender o comportamento turístico e as particularidades de cada comunidade, o noso modelo incorpora variables como a capacidade hoteleira, representada polo número de prazas dispoñibles, o PIB per cápita, como indicador da prosperidade económica, e outros factores como a inflación sectorial e os prezos do combustible. Ademais, prestouse especial atención ao impacto das crises, como a pandemia da COVID-19 e a crise da débeda, que representaron desafíos para o sector.

RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)

O impacto das redes sociais nas decisións de compra do consumidor
Autoría
M.D.C.D.C.
Grao en Economía
M.D.C.D.C.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) inclúe estudos de mercado realizados sobre o impacto das redes sociais nas decisións de compra dos consumidores. O obxectivo principal é estudar e comprender os efectos do marketing dixital das redes sociais nas preferencias das persoas. Na actualidade, medios como Instagram, YouTube ou TikTok influíron nos distintos comportamentos da poboación debido ao acceso e exhibición de produtos e servizos que en moitos casos non precisan adquirir. Para o estudo utilízase un método cuantitativo, baseado en enquisas cuxo obxectivo é analizar a elección dos individuos. Os resultados revelan a transición que se segue producindo polas diferentes idades observadas na enquisa e o coñecemento sobre as redes sociais. Ademais do mencionado, identifícanse as diferentes preferencias entre xénero e outras características como a zona de residencia. Esta investigación contribúe a unha primeira visión dos aspectos básicos que hai que comprender se se quere afondar no tema elixido, incluíndo algúns resultados interesantes para comprender os cambios que se están a atravesar na actualidade, os factores que modifican os nosos gustos e a disparidade existente entre a poboación de diferentes idades.

Análise econométrica dos determinantes do consumo de cervexa en España
Autoría
L.F.V.
Grao en Economía
L.F.V.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
A cervexa é un produto de recoñecida importancia no noso país, tanto desde a perspectiva do consumo interno como das exportacións. Debido aos poucos estudos que abordan a cuestión da cuantificación dos factores que inflúen na demanda desta bebida, neste traballo propoñemos establecer estes factores e estimar unha función de demanda interna que determine o consumo de cervexa. Segundo a teoría económica, coñecer a función de demanda facilita a avaliación do comportamento dos consumidores e da súa reacción ante os cambios no prezo do ben, o prezo doutros bens relacionados e o tamaño do mercado. O plan de traballo consistiu en establecer un primeiro modelo xeral que recollese como variables explicativas todos os posibles factores que puidesen influír na súa demanda e, mediante un proceso de análise econométrica, modificalo, eliminando as variables non significativas. Finalmente, unha vez elixido o modelo, propuxéronse unha serie de limitacións e ampliacións para continuar co estudo proposto.

GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON Cotitoría

GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)
Responsabilidade Social Corporativa Grupo Volkswagen España
Autoría
A.G.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.G.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
A responsabilidade social corporativa (RSC) adquiriu unha alta relevancia no mundo empresarial debido á presión exercida pola sociedade para coas empresas, para que estas adopten políticas máis éticas e sostibles. Neste documento examínase a evolución da RSC en Volkswagen, centrandoo foco nos anos posteriores ao escándalo do Dieselgate. Este análisis afonda nas medidas que a empresa levou a cabo para recuperarse, centrándose na reducción do impacto ambiental e a promoción da movilidad sostible, realizando inversións en electrificación. Ademáis, a compañía a nivel internacional, lanzou proxectos ambientais como Audi Environmental Foundation e GreenFuture de Skoda. Pero non só se centraron nas políticas externas, senón que reestructuron a alta dirección e adoptaron políticas máis estrictas de transparencia. O Dieselgate provocou unha redefinición do enfoque que Volkswagen lle estaba dando á su política de RSC. Dende entón, demostrou un compromiso coa sostenibilidade e a ética, o que mellorou a su reputación e desempeño financeiro. A pesar das piedras no camiño, a compañía realizou avances na recuperación da confianza dos seus stakeholders e no posicionamento de marca a nivel de prácticas responsables. O estudo conclúe que Volkswagen fixo progresos importantes dende a crise do Dieselgate. É probable que, de continuar con esta tendencia, Volkswagen supere o seu nivel de confianza e sostenibilidade pre-Dieselgate. A empresa mostrou que, a través de políticas robustas de RSC e un compromiso claro coa sociedad que a rodea, é posible superar incluso as crises máis graves e emerxer cunha imaxe renovada e máis forte. Este trabajo está formado por un total de 9.789 palabras, excluyendo tal y como se establecen en las bases, la portada, el resumen y la bibliografía.

ANTELO SUAREZ, MANEL (Titoría)
ANTELO SUAREZ, MANEL (Titoría)
Tribunal
ANTELO SUAREZ, MANEL (Titor do alumno)
ANTELO SUAREZ, MANEL (Titor do alumno)
Estudo da influencia do gasto público no desarrollo da innovación nos países do European Innovation Scoreboard
Autoría
M.M.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.M.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Nun mundo cada vez máis disruptivo, a innovación cobra protagonismo como útil estratéxico para as empresas e os gobernos mundiais. Neste traballo tratarase de relacionar como o investimento en I+D pública e/o privada pode afectar o desenvolvemento da innovación nestes, centrándose nos países que conforman a Zona Euro. Para o cumprimento deste propósito, revisaranse reportes oficiais publicados por organismos europeos que inclúen información sobre distintos mecanismos de financiamento vixentes, así como de proxectos de apoio á innovación. Ademais, xa desde un prisma eminentemente analítico, indagarase en distintas métricas recollidas do European Innovaton Scoreborad (EIS) e de indicadores de esforzo investidor a nivel gobernamental e empresarial. Para concluír o traballo, fixéronse estimacións a través de 3 modelos econométricos co fin de corroborar de forma empírica a influencia dos citados indicadores de gasto no desenvolvemento da innovación na Zona Euro. O traballo consta de 8106 palabras.

GUNTIN ARAUJO, XULIA (Titoría)
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Titoría)
Tribunal
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Titor do alumno)
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Titor do alumno)
Determinantes da marca do empregador dende a perspectiva dos candidatos potenciais
Autoría
B.M.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
B.M.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Nos anos sesenta xa estaba empezando a xurdir a idea do que se considera un bo empregador, aínda que non foi ata a década dos noventa cando se impulsou en Europa. Dende un punto de vista teórico, con este traballo preténdese realizar unha aproximación á marca do empregador, a súa importancia entre os candidatos potenciais na procura de traballo, así como entender en detalle os principais factores que contribúen á súa axeitada xestión. Dende o punto de vista empírico, plantexouse un modelo que incluíu a familiaridade coa empresa e os atributos funcionais e simbólicos como determinantes do atractivo dunha empresa. O modelo contrastouse nunha mostra de 100 estudantes de último ano de grao e mestrado, quen están próximos a ingresar no mercado laboral. A mostra distribúese proporcionalmente entre ambos xéneros e a idade promedio dos enquisados é de 25 anos. Os resultados do estudo atoparon que os atributos funcionais (como o salario, a ubicación e a estabilidade laboral) desempeñan un papel crucial na percepción do atractivo dunha empresa. Contrariamente ao plantexado, os atributos de carácter simbólico non afectaron de forma significativa ao atractivo da empresa.

CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Análise comparativo da participación laboral feminina en Arxentina e Brasil, 2012-2022
Autoría
A.M.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.M.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo céntrase no estudo da participación laboral feminina mediante o análise comparativo de dous países de América Latina: Arxentina e Brasil. O período seleccionado para a investigación abarca dende 2012 a 2022. Ambos países, aínda que teñen taxas participativas próximas, presentan un comportamento distinto respecto á media latina, xa que, en Arxentina obsérvanse taxas inferiores á media, mentres que as de Brasil son superiores. Nun inicio, preséntase a importancia da presenza feminina no ámbito laboral. Posteriormente, explícanse as posibles causas desta distinta evolución, analizando algúns dos factores que inflúen na participación feminina, tales como a fecundidade, o estado civil, o nivel de estudos e a dedicación a traballos non remunerados, entre outros. A maiores inclúese tanto as medidas existentes como as políticas do goberno que favorecen o indicador central do traballo en ambos países. Como principais resultados, obsérvase que algún dos factores que poden explicar as taxas participativas superiores de Brasil son o menor número de fillos por muller e a menor influencia do matrimonio, xa que as diferenzas entre casadas e solteiras son menores que en Arxentina. A isto pódese engadir a menor dedicación exclusiva a traballos non remunerados, a maior participación das mulleres con niveis intermedios e superiores de estudos, xunto coa maior PLF nos rangos de menor idade.

LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Titoría)
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Titoría)
Tribunal
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Titor do alumno)

Análise do proceso de dirección estratéxica de Inditex
Autoría
P.R.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.R.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao consiste na análise do proceso de dirección estratéxica de Inditex. En primeiro lugar, realízase un diagnóstico estratéxico examinando tanto o entorno xeral do país no cal se ubica a súa sede, como do entorno específico da industria da moda en España. Así coma un posterior análise interno co fin de identificar e ponderar as fortalezas e debilidades da organización. Para, en segundo lugar, analizar as decisións estratéxicas valorando a súa adecuación aos obxectivos do grupo, ás oportunidades e ameazas que podemos esperar e ás fortalezas e debilidades coas que conta esta empresa líder da industria da moda a nivel global. Contén 9913 palabras.

Panorámica de indicadores sociopolíticos dende unha perspectiva de xénero en Honduras, 2009-2023.
Autoría
S.V.I.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.V.I.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ofrece unha panorámica dos indicadores sociopolíticos en Honduras desde unha perspectiva de xénero, cubrindo o período 2009 a 2023. Analízanse aspectos clave como as mortes por homicidios, feminicidios, desconfianza cara ao Estado, participación política das mulleres e a súa inclusión no mercado laboral. A través dun enfoque comparativo, avalíanse as medidas adoptadas en cada período para abordar a situación da muller. Para iso, utilízanse datos estatísticos para ilustrar como estas medidas puideron impactar no comportamento dos indicadores estudados. Tras realizar a análise respectiva durante o período analizado, estableceranse as correspondentes conclusións. Este traballo consta de 9610 palabras.
Este traballo de fin de grao ofrece unha panorámica dos indicadores sociopolíticos en Honduras desde unha perspectiva de xénero, cubrindo o período 2009 a 2023. Analízanse aspectos clave como as mortes por homicidios, feminicidios, desconfianza cara ao Estado, participación política das mulleres e a súa inclusión no mercado laboral. A través dun enfoque comparativo, avalíanse as medidas adoptadas en cada período para abordar a situación da muller. Para iso, utilízanse datos estatísticos para ilustrar como estas medidas puideron impactar no comportamento dos indicadores estudados. Tras realizar a análise respectiva durante o período analizado, estableceranse as correspondentes conclusións. Este traballo consta de 9610 palabras.
Dirección
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Titoría)
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Titoría)
Tribunal
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Titor do alumno)
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA (Titor do alumno)
Criterios ESG e aplicación de políticas sostibles das empresas. Análise de caso Inditex
Autoría
P.A.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.A.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
No contexto actual, a sostebilidade é un eixo fundamental para o desenvolvemento empresarial. Para iso téñense en conta os denominados criterios ESG, que avalían o impacto ambiental, social e de goberno das empresas, claves para medir o impacto das empresas nestes ámbitos, influíndo na súa percepción e valor no mercado global. Ao longo do traballo estudarase o impacto nas empresas tras a aplicación destes criterios, incorporando tamén información sobre a economía circular. Contextualizarase o caso Inditex, destacando as súas principais políticas sostibles e, finalmente, concluirase cunha análise estatística para avaliar a percepción da marca por parte dos consumidores e como se ve afectada pola adopción de políticas sostibles nas empresas.
No contexto actual, a sostebilidade é un eixo fundamental para o desenvolvemento empresarial. Para iso téñense en conta os denominados criterios ESG, que avalían o impacto ambiental, social e de goberno das empresas, claves para medir o impacto das empresas nestes ámbitos, influíndo na súa percepción e valor no mercado global. Ao longo do traballo estudarase o impacto nas empresas tras a aplicación destes criterios, incorporando tamén información sobre a economía circular. Contextualizarase o caso Inditex, destacando as súas principais políticas sostibles e, finalmente, concluirase cunha análise estatística para avaliar a percepción da marca por parte dos consumidores e como se ve afectada pola adopción de políticas sostibles nas empresas.
Dirección
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titoría)
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titoría)
Tribunal
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titor do alumno)
BARCIA DOMÍNGUEZ, MARÍA JOSÉ (Titor do alumno)
Evolución da política monetaria do Banco Central Europeo frente ás crises
Autoría
A.B.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.B.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
A política monetaria é fundamental para o desenvolvemento e a estabilidade económica da zona euro, influíndo en variables como a inflación, o desemprego e o crecemento económico. Este traballo céntrase no papel do Banco Central Europeo (BCE) na xestión das políticas monetarias durante diversas crises económicas, destacando a importancia de comprender estas ferramentas para mitigar os efectos de futuras crises. O obxectivo principal deste traballo é analizar as ferramentas de política monetaria utilizadas polo BCE nas diferentes crises económicas europeas e avaliar a súa eficacia. Búscase formular estratexias óptimas para afrontar futuras crises mediante un estudo detallado das actuacións do BCE en cada unha destas situacións. Emprégase unha metodoloxía descritiva e analítica, baseada en casos prácticos das principais crises económicas en Europa. Os documentos oficiais do BCE, os estudos académicos e os artigos de expertos económicos son revisados para ofrecer unha visión completa das ferramentas de política monetaria e as súas aplicacións nas diferentes crises que afectaron a Europa desde a creación do euro. En concreto, estúdanse os seguintes: 1) Crise financeira global de 2008-2009; 2) Crise da débeda soberana (2010-2013); 3) Risco de deflación (2014-2019); 4) Crise pandémica COVID-19 (2020-2021); e 5) Inflación agravada pola invasión de Ucraína (2022-actualidade). O principal resultado do noso estudo é destacar como a evolución da política monetaria do BCE ante diversas crises económicas foi fundamental para a estabilidade e recuperación da Eurozona e, máis recentemente, observamos como a coordinación e integración desta política monetaria Coa política fiscal xera efectos sinérxicos positivos, esenciais para manter a estabilidade económica nas distintas rexións europeas.

DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Titor do alumno)

Liderazgo e xénero nas universidades públicas españolas. Un estudo sobre o teito de cristal e a evolución da muller na xestión universitaria.
Autoría
A.M.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.M.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Este estudo analiza a situación actual das mulleres na xestión das universidades públicas de España no ano 2024 e a súa evolución dende o ano 2015. Nesta análise empregáronse os datos das páxinas web das 50 universidades públicas españolas centrándonos nos diferentes cargos directivos a tres niveis: universidades, centros e departamentos. No estudo obsérvase un desequilibrio entre homes e mulleres canto maior é a responsabilidade e esixencia do posto estudado. Ademais, tamén se observou a desigualdade existente nas diferentes ramas de coñecemento, concluindo que nas de maior matriculación e docencia feminina as mulleres teñen unha maior porcentaxe de presenza nos cargos de xestión. Total de palabras do traballo 8441.

PIÑEIRO GARCIA, MARIA DEL PILAR (Titoría)
PIÑEIRO GARCIA, MARIA DEL PILAR (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Secretario/a)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Vogal)
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Secretario/a)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Vogal)
Evolución da inmigración en España dende principios do século XXI.
Autoría
L.P.W.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.P.W.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizal os fluxos de imigrantes que tiveron lugar en España dende pricipios do século XXI, realizando unha revisión bibliográfica exhaustiva e empregando datos provenientes de diversas fondes de informacion como o APDHA u o INE, o que nos leva a concluir que os fluxos migratorios sucederon sempre na histora e a realidade que e unha necedade negalos ou opoñerse a eles. O control da emigración na actualidade pasa por un programa sólido en colaboración ente o goberno da UE e o goberno de España. Este traballo compónse de 7764 palabras.

VERDUGO MATES, ROSA MARIA (Titoría)
VERDUGO MATES, ROSA MARIA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Secretario/a)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Vogal)
VAZQUEZ TAIN, MIGUEL ANGEL (Presidente/a)
CAMPOS VAZQUEZ, ADOLFO (Secretario/a)
ALVAREZ PEREZ, MARIA DOLORES (Vogal)
Business Intelligence con Power B.I. Na vangarda da estratexia empresarial
Autoría
H.R.I.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
H.R.I.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Este traballo pretende ofrecer unha visión ampla e clara sobre conceptos clave no desenvolvemento actual e futuro das estratexias de negocio, así como do tratamento e presentación da información para calquera dos seus usos. Para iso, centrarémonos nunha análise do marco conceptual no que se desenvolven estas actividades, así como das principais ferramentas utilizadas. Unha vez asentadas as bases, pasaremos a unha metodoloxía máis práctica, presentando o servizo de análise Power B.I. e recreando desde cero os nosos propios paneis interactivos, para demostrar as aplicacións reais de todo o explicado.

Os gastos non obrigatorios nos concellos de Pontevedra
Autoría
P.B.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.B.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
Este traballo aborda a xestión da administración local, comezando coa explicación do funcionamento da mesma e destacando as diferentes clases de entidades locais. Ademais, repasarase a súa importancia nos Estatutos de Autonomía e na Constitución Española, facendo especial fincapé na Lei Reguladora de Bases de Réxime Local para explicar as distintas competencias que posúen. As entidades locais son unidades administrativas básicas dentro da organización territorial do Estado español. Estas inclúen concellos, provincias, comarcas, áreas metropolitanas e outras entidades recollidas na lexislación autonómica. A súa importancia é resaltada tanto nos Estatutos de Autonomía das comunidades autónomas como na Constitución, que recoñece e garante a autonomía local. A Lei Reguladora de Bases de Réxime Local (LRBRL) é a norma fundamental que regula as competencias e o funcionamento das entidades locais. Esta lei establece as bases para a organización, as competencias e os recursos destas entidades, asegurando unha distribución clara e efectiva das responsabilidades entre o Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais. O estudo céntrase especificamente nos concellos, analizando en detalle os seus orzamentos. Explícase a natureza dos diferentes tipos de gastos, diferenciando entre os obrigatorios e os non obrigatorios. Para realizar esta análise, selecciónase un número determinado de concellos na provincia de Pontevedra, Galicia. Estes concellos dividiranse en rangos de poboación para obter unha visión máis precisa e representativa. Ademais, estudarase a evolución dos gastos non obrigatorios ao longo dun período de tempo que abarca dende 2019 ata 2022, permitindo así observar como varían estes gastos dun ano a outro. Esta investigación proporcionará unha comprensión profunda sobre como se distribúen e varían os gastos non obrigatorios, proporcionando información valiosa para mellorar a eficiencia e a transparencia na xestión local.

CADAVAL SAMPEDRO, MARIA (Titor do alumno)

Selección de persoal en base a competencias
Autoría
E.G.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
E.G.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
Nun mercado tan dinámico como o actual, a experiencia e a cualificación xa non son características suficientes para garantir o éxito empresarial, polo que se empezan a valorar e esixir outras cualidades máis específicas dentro da selección de persoal. Así xorden as competencias laborais, como ferramenta que permite mellorar a produtividade e a rendibilidade das empresas. A administración de recursos humanos evolucionou moito ao longo do tempo e, hoxe en día, converteuse nunha parte fundamental para a consecución dos obxectivos da empresa. Neste estudo abórdase o proceso de selección, un tema correspondente á área de recursos humanos. En concreto, centrarémonos no proceso de selección por competencias, un modelo impulsado polas organizacións como estratexia que vai máis aló da avaliación das capacidades e coñecementos actuais, considerando tamén o potencial de adaptación e desenvolvemento dos candidatos no futuro. Para iso analízase a evolución da selección de persoal, establécense os modelos propostos por diversos autores e establécense os pasos necesarios para realizar unha selección en función das competencias, facendo referencia ás súas diferentes formas de clasificación. Ademais de definicións e conceptos principais vinculados ás competencias. Unha segunda variable de estudo pasa por analizar a autoavaliación que os universitarios dan en determinadas competencias en función da titulación que cursan. Destacando as principais diferenzas existentes dun grupo a outro, en función do tipo de formación e do xénero ao que pertencen. Para iso recorreuse á realización dunha enquisa, dividindo a mostra entre estudantes de Ciencias Económicas e Empresariais e Filoloxía e Xornalismo.

García Chas, Romina (Titoría)
García Chas, Romina (Titoría)
Tribunal
García Chas, Romina (Titor do alumno)
García Chas, Romina (Titor do alumno)
Matemáticas aplicadas á empresa
Autoría
D.M.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.M.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo principal realizar unha aproximación, tanto teórica como práctica, ao concepto das matemáticas aplicadas á economía. Por un lado, comezaremos introducindo un marco histórico no que se recorrerán as diferentes escolas económicas, por orde cronolóxico, e as súas aplicacións matemáticas para o ámbito empresarial. Estas aportacións poden estar definidas mediante fórmulas, imaxes ou gráficos. Unha vez establecidas as bases históricas, continúase amosando os principais fundamentos matemáticos, onde se abordan os conceptos máis importantes e utilizados no mundo empresarial. Entre estes conceptos podemos atopar a elasticidade, a optimización ou o cálculo diferencial e integral na economía. O traballo conclúe analizando as aplicacións prácticas no ámbito da política, avaliando a política monetaria e fiscal e o impacto destas políticas, con diferentes modelos representativos en cada un dos casos. En cumprimento coa normativa vixente, a extensión deste traballo é de 9868 palabras.

PEREIRA LOPEZ, XESUS (Titor do alumno)
PEREIRA LOPEZ, XESUS (Titor do alumno)
Bancarización e endebedamento familiar mundial. Indicadores.
Autoría
D.F.C.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.F.C.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
A evolución dos niveis de bancarización e endebedamento pode explicar o momento que atravesa unha economía a nivel macroeconómico. Ligada a esta situación económica, a inclusión financeira da poboación podería explicar a nivel microeconómico, o acceso e dispoñibilidade de recursos financeiros por parte dos fogares. Para estudar estes conceptos, utilizouse como fonte principal de información a base de datos Global Findex proporcionada polo Banco Mundial. Presenta os datos referidos ao período 2011-2021. A medición do uso bancario utiliza indicadores principais como as contas correntes, os pagamentos dixitais e o aforro, mentres que, para tratar os datos referidos ao endebedamento, o principal indicador existente adoita ser o crédito. Ademais destes indicadores, para procesar os datos, realizouse unha comparación de países en función do seu nivel de renda, clasificándoos en países de renda alta, media e baixa. A inclusión financeira bancaria, tanto nos titulares de contas correntes como nos pagos dixitais, medrou ao longo do período analizado, o que fai pensar que seguirá aumentando no futuro e que a diferenza entre países con maior e menor nivel de renda. Unha das razóns polas que se está a reducir esta fenda é a existencia dunha maior accesibilidade ás entidades financeiras online, facilitada polas melloras tecnolóxicas. En canto ao endebedamento, cómpre sinalar que os préstamos tradicionais seguen a ser o método máis empregado, mostrando unha gran disparidade no que respecta ao prestamista. As entidades financeiras son o principal prestamista nos países de ingresos máis altos, mentres que os círculos familiares e as amizades son predominantes nos outros grupos de países.

ORO SAEZ, CARLOS PIO DEL (Titoría)
ORO SAEZ, CARLOS PIO DEL (Titoría)
Tribunal
ORO SAEZ, CARLOS PIO DEL (Titor do alumno)

Integración dos inmigrantes no mercado laboral español.
Autoría
M.C.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.C.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
En este Trabajo de Fin de Grado (TFG) se presenta un análisis sobre la inmigración que reside en España en el Siglo XXI, teniendo en cuenta su lugar de procedencia, el perfil de los inmigrantes y como éstos se integran en el mercado laboral español. Debido a la posición geográfica, a la economía y a lazos culturales, España se ha convertido en los últimos años en un destino muy atractivo para los inmigrantes, aunque se observan fluctuaciones en el número de inmigrantes que están viviendo en nuestro territorio debido a factores económicos, sociales o políticos que tienen lugar tanto en España como en los países de origen. Para realizar el análisis se emplean estadísticas del Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones que muestran una gran diversidad de nacionalidades entre los inmigrantes que residen en España. Los principales países de origen son Rumanía, Marruecos e Italia. Además de la procedencia, también se analiza el perfil de los inmigrantes considerando el sexo y la edad relacionando directamente estas variables con el continente y los países de procedencia de los inmigrantes. El análisis revela diferencias significativas dependiendo del origen de los inmigrantes. Un ejemplo es la diferencia en la composición por sexo entre los inmigrantes procedentes de América, en los que el número de mujeres es superior al de hombres y África, dónde ocurre la situación opuesta. En la última parte del análisis se estudia el volumen de inmigrantes afiliados a la Seguridad Social por sexo, grupos de edad, y origen de los inmigrantes. Para realizar un análisis más profundo se estudian los diferentes regímenes de afiliación que existen en España. En la realización del análisis anterior se emplean un gran número de gráficas para facilitar su comprensión y exponer los datos de la forma más clara posible.

VERDUGO MATES, ROSA MARIA (Titor do alumno)

Estudo do desempeño innovador das rexions europeas a través dos paneis de indicadores (EIS, RIS)
Autoría
J.L.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.L.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
A innovación preséntase no panorama actual como un proceso fundamental no desenvolvemento das empresas e dos países. A continua chegada de novas tecnoloxías, o acceso á información e a globalización converten a innovación nun punto importante no avance da sociedade, tanto así como nun factor crítico para a supervivencia das entidades, as economías dos países e, en resumo, o éxito. No seguinte traballo comezaremos abordando a conceptualización do termo innovación, e así, o estudo das implicacións das que dispuxo este concepto co paso dos anos. Ademais, realizaremos unha análise a través do informe European Innovation Scoreboard, elaborado anualmente pola Comisión Europea, que proporciona unha avaliación comparativa do rendemento en innovación dos Estados membros da Unión Europea e outros países asociados, para así comprender como se desenvolve este informe e cales son os compoñentes que se teñen en consideración para a súa elaboración. A continuación, centrarémonos na comparación dos países no ámbito nacional, cunha comparativa entre os países denominados polo informe EIS, como innovadores moderados. Entre este conxunto de países atópase España, país do cal se reflectirá conseguinte e a través da análise dos distintos indicadores do informe, cales foron os indicadores nos que presentou unha mellor actuación e en cales o seu rendemento foi deficitario en relación con este grupo. Para rematar, centrarémonos no obxectivo principal do traballo, a comparativa entre as rexións do Norte de Portugal e de Galicia, comezando cun pequeno estudo de distintos indicadores socioeconómicos e culturais, e a continuación poñer en balance as diferenzas existentes en materia de innovación entre ambas rexións a través do informe Regional Innovation Scoreboard, tratando así de examinar os factores que contribúen á diferenza entre o rendemento entre ambas rexións veciñas.

O comercio hispano-británico e os efectos do Brexit
Autoría
D.F.V.
Grao en Economía
D.F.V.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a evolución do comercio hispano-británico entre 1995 e 2022 e explicar como este se viu afectado polo Brexit en canto a volume, composición e distribución xeográfica. Tras a entrada de España na Unión Europea en 1986, a ausencia de barreras ao comercio favoreceu en gran medida os fluxos comerciais entre España e o Reino Unido, facilitando que estos aumentasen tanto en volume como en peso relativo sobre o conxunto do comercio exterior español. Entre 1995 e 2022, a posta en marcha do euro como moeda única, o estancamento da economía británica e o gran dinamismo que mostraban algunhas economías emerxentes como China provocaron unha pérdida do peso relativo do Reino Unido dentro dos fluxos comerciais españois. Por outra parte, o traballo mostra que nas últimas tres décadas se produciu un importante cambio de tendencia na balanza comercial española co Reino Unido, que pasou de presentar un importante déficit na década de 1990 a rexistrar un crecente superávit. Este cambio produciuse fundamentalmente a partir da crisis de 2007, dende cando as exportacións españolas ao Reino Unido mantiveron unha dinámica tendencia á alza mentres as importacións de ese país tenderon a estancarse e, incluso nalgúns anos, decrecer. Os efectos do Brexit sobre o comercio hispano-británico foron variados. En todo caso, a entrada en vigor do Acordo de comercio tivo maior impacto nas exportacións británicas cara España, que se resintiron enormemente e sufriron cambios na súa composición interna, que nas exportacións españolas ao Reino Unido, que mantiveron a senda de crecemento. En cuanto á súa estrutura, o traballo consta de una introdución, catro capítulos e conclusións. No primeiro capítulo analízase a evolución do comercio exterior español no seu conxunto e a do comercio entre España e o Reino Unido. No segundo capítulo estúdianse os cambios na distribución xeográfica do comercio exterior español e do peso relativo do Reino Unido dentro de este. No terceiro capítulo explícase a composición interna do comercio hispano-británico e os cambios que se produciron nela como consecuencia do Brexit. No cuarto capítulo analízase o Acordo de comercio e cooperación entre a Unión Europea e o Reino Unido.

Determinantes do emprego en Europa
Autoría
S.G.S.
Grao en Economía
S.G.S.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo analizar os determinantes do emprego nos países da Unión Europea (UE) durante o período comprendido entre os anos 2000 e o 2022. Para iso, utilízase un enfoque de datos de panel, que permite combinar series atemporais e temporais, combinando os datos das variables que inflúen no emprego para cada país e para cada ano. Os resultados do modelo confirman as variables influentes no crecemento do emprego, mediante unha análise econométrica dun modelo de efectos fixos coa necesidade de corrixir a autocorrelación e cunha forma funcional Log-Log. Inclúense as variables ficticias sobre a crisis financeira de 2008 e a crisis pandémica de 2020. Conclúe que o crecemento económico, analizado pola variable PIB, é a máis influente no emprego.
Este traballo ten como obxectivo analizar os determinantes do emprego nos países da Unión Europea (UE) durante o período comprendido entre os anos 2000 e o 2022. Para iso, utilízase un enfoque de datos de panel, que permite combinar series atemporais e temporais, combinando os datos das variables que inflúen no emprego para cada país e para cada ano. Os resultados do modelo confirman as variables influentes no crecemento do emprego, mediante unha análise econométrica dun modelo de efectos fixos coa necesidade de corrixir a autocorrelación e cunha forma funcional Log-Log. Inclúense as variables ficticias sobre a crisis financeira de 2008 e a crisis pandémica de 2020. Conclúe que o crecemento económico, analizado pola variable PIB, é a máis influente no emprego.
Dirección
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON Cotitoría
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)
GONZALEZ MURIAS, PILAR (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON (Titor do alumno)
Efectos medioambientais do comercio exterior en América Latina no contexto da crise do 2008.
Autoría
J.I.G.
Grao en Economía
J.I.G.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Neste traballo analizamos os efectos medioambientais do comercio exterior para América Latina no contexto da crise do 2008. En primeiro lugar recollemos a literatura existente sobre a relación entre comercio e impacto ambiental, a importancia das cadeas globais de valor en América Latina e como foi o impacto da crise do 2008 nesta rexión. Co obxectivo de estudar a repercusión que tivo a crise para o medio ambiente, lévase a cabo unha análise dos principais indicadores das emisións de CO2 para sete países de América Latina e para o período comprendido entre os anos 2000 e 2014 para estudar as tendencias anteriores á crise, durante a crise e posteriores á crise. Os indicadores foron obtidos da base de datos TiVA (Trade in Value Added) da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico). Posteriormente, sintetízanse as conclusións que se obteñen despois da análise, a principal é que de forma xeral, as emisións de CO2 aumentaron no período estudado e que este crecemento só se ve interrompido no ano 2009 pola menor demanda mundial como consecuencia da crise. Por último, preséntanse as limitacións do traballo, as posibles ampliacións e a bibliografía utilizada para a súa realización. O número de palabras de este documento é de 6.469 palabras.

Brecha de xénero nas Cadeas Globais de valor agrícolas
Autoría
C.L.C.
Grao en Economía
C.L.C.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
A aparición das Cadeas Globais de Valor marcou un antes e un despois na concepción do comercion internacional. Asemade, de este fenómeno subxacen unha serie de relacións de xénero vencelladas co emprego, o aumento da segregación ocupacional e a falta de recursosque profundizan a brecha entre homes e mulleres nos sectores nos que mencionadas cadeas propáganse. Ao longo deste traballo preséntase un análise de como as CGV dentro da agricultura de América Latina abriron ou non a brecha de xénro para os países de Arxentina, Uruguai e Chile.

O traballo de coidados non remunerado
Autoría
M.P.R.
Grao en Economía
M.P.R.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao dedicarase a abordar unha parte esencial do mercado e do Estado de benestar para o conxunto da sociedade, como é o sector dos traballos de coidado non remunerados. Trátase dun sector que se pasou por alto durante unha gran parte da historia, en parte pola figura que adoita encargarse deste tipo de tarefas: a muller. O traballo comezará definindo unha serie de conceptos chave para o total entendemento da situación, para logo enumerar diferentes figuras históricas relacionadas con este ámbito. Logo abordaremos as dúas caras da mesma moeda: analizando a situación dos dous grandes grupos de receptores de coidados, como son os nenos e nenas e as persoas maiores, así como o cambio demográfico, o cal está a afectar a súa situación actual e futura, ao mesmo tempo que se falará máis polo miúdo das persoas coidadoras, en especial das mulleres e da súa situación. Asemade, tamén estudaremos o impacto que tivo a pandemia da COVID-19 en ambos colectivos, para logo pasar a propor unha serie de políticas públicas en diversas materias que poderían facer que estes grupos de xente acaden un maior benestar. En definitiva, ten por obxectivo destacar a necesidade de recoñecer e valorar o traballo non remunerado de coidados, dende un enfoque que inclúa reformas para lograr unha sociedade máis equitativa e xusta. O traballo ten 8.351 palabras.

O acceso á vivenda.
Autoría
M.R.M.
Grao en Economía
M.R.M.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo realizar unha análise da accesibilidade á vivenda. Nunha primeira parte realízase un estudo do concepto socio-político e lexislativo da vivenda e da súa accesibilidade no seu contexto histórico. Nunha segunda parte considéranse diversos índices do acceso á vivenda e aplícanse para o caso de Galicia. Froito da primeira parte do análise, os índices de acceso son seleccionados tendo en consideración o carácter transversal da vivenda e a súa ligazón cunha extensa variedade de eidos socioeconómicos. Ademais, nun intento de focalizar o estudo nun ámbito xeográfico definido e de considerar en particular algún dos factores que inflúen no acceso á vivenda, analízase o impacto do turismo na cidade de Santiago de Compostela en relación ca vivenda. As principais conclusións son que pese a ser o dereito á vivenda un dereito social primordial, este está limitado por un oportunismo político que leva a dificultades no acceso á vivenda persistan de maneira sistémica. O aumento dos prezos e das inversións estranxeiras en vivenda, xunto ca mingua da capacidade adquisitiva dos fogares reforzan os problemas estructurais de asequibilidade de vivenda. Necesítase dun cambio de paradigma da Administración para reducir a existencia de diversidade de mercados a nivel estatal en ligazón co sector turístico, instar a unha toma de responsabilidade dos fondos de inversión que provocan exclusión da poboación, especialmente en aquelas con maior vulnerabilidade.

RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Titoría)
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

Unha análise das principais centrais hidráulicas galegas
Autoría
L.S.L.
Grao en Economía
L.S.L.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O propósito desta investigación será analizar as principais centrais hidráulicas galegas e as súas características máis relevantes: potencia, entradas, caudal, superficie da conca, reserva media e capacidade, entre outras. Se pretenderá establecer correlación entre ditas variables, a parte de analizar a situación na que se atopan devanditas centrais. Ademais, proporcionarase un contexto histórico, para poder contextualizar a situación da enerxía hidráulica galega ao longo do tempo estudado. Tamén se exporá a situación do balance enerxético galego, apreciándose así a relevancia da hidráulica en contraposición con outras fontes de enerxía, xunto coa súa relevancia na comunidade. Será de destacar tamén o impacto do cambio climático no medio ambiente, finalizando cunha conclusión sobre o panorama hidráulico galego actual e as previsións a futuro. O traballo 9013 contén palabras.

LOUREIRO GARCIA, MARIA LUZ (Titoría)
LOUREIRO GARCIA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
LOUREIRO GARCIA, MARIA LUZ (Titor do alumno)

Estudo sobre os efectos das altas temperaturas en España
Autoría
A.S.V.
Grao en Economía
A.S.V.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
En España o cambio climático é un dos problemas ambientais máis presentes. A súa causa débese ao incremento dos GEI, gases de efecto invernadoiro, provocado pola o uso intensivo de combustibles fósiles. Entre os efectos apareceu o quecemento global, que ocasiona repercusións sobre o medio ambiente e os ecosistemas, pero tamén ten implicacións negativas noutros escenarios. No da saúde humana, obsérvase un progresivo aumento da mortalidade, que afecta a todos os grupos xeracionais. Mentres que, no ámbito económico, incide no seu crecemento cunha perda do PIB e uns custos sanitarios desorbitados. Neste traballo lévase a cabo unha panorámica sobre a interacción entre o quecemento global, a mortalidade e o impacto económico, apostando por un cambio no modelo económico actual que nos leve a unha transición enerxética.

Análise do mercado de turismos de Galicia: Evolución de mercado, factores que inflúen e perspectiva do comportamento de compra dos consumidores
Autoría
J.C.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.C.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O traballo que se vai a presentar a continuación é unha investigación de mercado que ten como obxectivo principal identificar a influencia dos factores determinantes ao comprar un turismo na poboación da comunidade autónoma de Galicia. Esta investigación de mercado dividiuse nunha investigación documental e unha investigación comercial, das cales foron extraídas unhas conclusións. Na parte de investigación documental definiuse o concepto de turismo e clasificouse os diferentes tipos que existen. Analizouse a evolución do mercado de compra de turismos novos e de segunda man en Galicia e España nos últimos 7 anos, así como as problemáticas do sector. Por último, identificáronse os factores que poden afectar á decisión de compra dun turismo. En canto á investigación comercial, fíxose unha recollida de datos a través dunha mostra da poboación galega representativa, cun tamaño de 229 persoas, que achegou a información necesaria e relevante para analizar o comportamento, actitude e perfil dun comprador dun turismo. Para finalizar, estas investigacións derivaron nunhas conclusións as cales expoñen os resultados obtidos e nas que se explican as distintas influencias dos factores á hora de comprar un turismo. Por último, preséntanse opinións e valoracións persoais cara ás empresas que se dedican á venda de turismos e tamén as dificultades atopadas na realización desta investigación de mercado, así como algunhas recomendacións de futuras investigacións. Número de palabras: 9.846

A sustentabilidade e rendibilidade empresarial.
Autoría
M.E.C.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
M.E.C.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
A sustentabilidade toma cada vez máis importancia no contexto empresarial actual, os investidores valoran máis os resultados das prácticas sostibles que os resultados financeiros. Esta investigación analiza a relación entre as prácticas sostibles e o desempeño financeiro das empresas que cotizan no Ibex35. Para medir as prácticas sostibles utilizáronse puntuacións ESG estimadas pola plataforma Eikon que son relacionadas cos desempeños financeiros das empresas mediante a utilización de modelos de estimación de datos de panel con efectos aleatorios. Fixéronse análise coa mostra total e separando aquelas empresas que pertencen ao sector da construción e eléctrico. Os resultados para as 31 empresas para as que contamos con información completa de todas as variables de interese non foron significativos. Mais, para o sector eléctrico a relación é significativa pero negativa. Para o sector da construción comprobouse a existencia dunha relación positiva e significativa para as puntuacións ESG totais, o piar ambiental e o piar social. Con respecto ao piar de goberno corporativo, a relación entre as variables é significativa e negativa.

Análise da situación enerxética galega a partir dos Balances Enerxéticos. Durante o período 2000-2022.
Autoría
P.F.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.F.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
En este traballo tratamos de coñecer a situación enerxética en Galiza, afondando nunha análise da evolución da enerxía, desglosándoa por tecnoloxías, fontes de enerxía, potencia instalada…, ademáis da contribución enerxética de Galiza a outros territorios, dende o ano 2000 ata o 2022. As técnicas empregadas para levar a cabo dita investigación, foron principalmente a recolección de datos a partires dos distintos Balances enerxéticos de Galiza (elaborados polo INEGA), facendo especial fincapé, nos fluxos enerxéticos dos anos mencionados, para poder levar a cabo a elaboración de diferentes gráficos, así como, a súa posterior análise. A isto tamén hai que sumarlle a revisión doutros documentos susceptibles de ter datos relevantes como os traballos feitos por profesores da Universidade así como de páxinas web, informes e noticias rleacionadas de gran relevancia. O obxetivo principal deste traballo, é saber cal é a nósa realidade enerxética descompoñéndoa en enerxía primaria, a súa posterior transformación e finalmente cal é o seu destiño. Ademais de, poder coñecer o papel que ocupa Galiza nun contexto tan importante como é, o mercado enerxético. Como resultado, atopámonos co descubremento de varios datos relevantes neste ámbito, que lle proporcionarán ao lector gran interese sobre o caso galego-enerxético. A extensión deste traballo é de 9.010 palabras.

DIOS VICENTE, ADRIAN (Titor do alumno)
DIOS VICENTE, ADRIAN (Titor do alumno)
Factores determinantes da producción de vehículos a motor en España
Autoría
C.F.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.F.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O sector do automobilismo presenta un gran peso na economía e na xeración de emprego no país. O que se pretende é avaliar e coñecer a importancia do sector do automobilismo na economía española. Este estudo presenta 3 partes: unha contextualización sobre o sector, o desenvolvemento dun modelo econométrico e finalmente as conclusións ás que se chegarán despois de realizar a análise. Na primeira parte do traballo, coméntase a evolución ao longo da historia do sector do automobilismo en España. Ademais, exponse mediante datos da importancia que ten o sector para a nosa economía e para o emprego. Na segunda parte do traballo, realízase o modelo econométrico analizando que variables inflúen na produción de automóbiles en España para así incorporalas ao noso modelo. Para poder realizalo correctamente, estimaremos mediante o software Eviews e recolleremos datos do INE, Datosmacro e BP Statistical Review of World Energy. Finalmente, o traballo concluirá cunha reflexión sobre o futuro do sector e da importancia dos factores que inflúen na produción. Este traballo non só pretende buscar cales son os factores da produción, senón tamén outorgar ferramentas que resulten útiles á hora de tomar unha decisión estratéxica nesta industria. En cumprimento da normativa, o traballo consta de 6629 palabras.

Historia económica contemporánea de Galicia
Autoría
J.H.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.H.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a evolución económica de Galicia entre 2000 e 2021 para comprender as súas fortalezas, debilidades e tendencias actuais. A metodoloxía usada foi un análisis descritivo utilizando datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). Entre as principais conclusións que sacamos son: o estancamento da inversión, o aumento da desigualdade, a dependencia do sector servizo e a perda de importancia económica dos principais sectores históricos de Galicia. En xeral, a economía galega mostra un panorama preocupante debido a falta de dinamismo, o aumento da desigualdade e a perda continúa de postos de traballo. Requírense políticas que incentiven a inversión, fortalezan o sector productivo e reduzan a brecha salarial.

Análisis Económico-Financiero das SOCIMI en España
Autoría
A.P.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.P.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a evolución das SOCIMI en España entre 2020 e 2022, mediante unha análise económico-financeira. Isto inclúe análise de porcentaxes verticais e horizontais, liquidez a curto e longo prazo, rendibilidade e apancamento financeiro. Escolléronse as principais empresas de catro sectores nos que máis invisten estas sociedades: Merlín Properties e Trajano Iberia (sector mixto), Testa Residencial e Fidiere Patrimonio (sector vivendas), Inmobiliaria Colonial e GMP Property (sector oficinas), e Lar España e Castellana Properties (sector retail). As SOCIMI teñen un réxime especial con beneficios fiscais, e poden valorar as súas propiedades mediante o valor razoable ou o modelo de custo. A pesar dos desafíos, as SOCIMI demostraron ser instrumentos efectivos para o investimento no mercado inmobiliario español, ofrecendo beneficios e oportunidades de crecemento futuro.

MASIDE SANFIZ, JOSE MANUEL (Titoría)
MASIDE SANFIZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
MASIDE SANFIZ, JOSE MANUEL (Titor do alumno)

Avaliación do impacto ambiental dos Bonos Verdes: ¿Sustentabilidade Real ou Green-washing?
Autoría
B.R.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
B.R.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Os bonos verdes son un método de financiamento que proliferou nas últimas décadas. Teñen o mesmo funcionamento que o bono tradicional pero co matiz de que estes se destinan a financiar proxectos verdes. Estes xurdiron no ano 2007, e desde entón a súa relevancia foi incrementándose ano a ano e, con iso, varios problemas foron xurdindo. A literatura sinala principalmente dous, coñecidos como Greenium e Green-washing. O primeiro fai referencia ao prezo extra que pagan os investidores por que o bono sexa verde. O segundo termo emprégase para designar aqueles bonos que se venden como verdes cando non o son realmente. Este último pon en risco a credibilidade dos bonos verdes, xa que se estaría pagando un prezo extra por unhas externalidades inexistentes. O obxectivo do traballo consiste en analizar se os bonos verdes son efectivos e poden producir melloras ambientais ou se, pola contra, se catalogan como green-washing. Para levar a cabo o estudo, plantexáronse unha serie de análises de correlación entre a cantidade ou volume de bonos verdes e un conxunto de indicadores ambientais. Os resultados indicaron que os bonos verdes están a producir beneficios ambientais tanxibles. Entre os indicadores que máis relación cos bonos verdes presentaron están as enerxías renovables, a extracción de cru de petróleo e a produción de bens e servizos ambientais. Aqueles que presentaron unha menor relación foron os residuos catalogados como perigosos reciclados e vertidos.

BLANCO VARELA, BRUNO (Titoría)
BLANCO VARELA, BRUNO (Titoría)
Tribunal
BLANCO VARELA, BRUNO (Titor do alumno)
BLANCO VARELA, BRUNO (Titor do alumno)
A burbulla inmobiliaria e as súas consecuencias macroeconómicas
Autoría
J.M.M.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.M.M.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
O presente traballo analiza en profundidade o fenómeno do Boom Inmobiliario en España, incluíndo a súa orixe, causas e as consecuencias macroeconómicas que derivaron del, enfocándose especificamente en variables como a inflación, o desemprego e o PIB. Examínanse os factores previos ao auxe inmobiliario que sentaron as bases para o incremento desmesurado nos prezos e na demanda de vivenda. Ata o ano 2007, España brillaba no seu esplendor económico grazas a sectores que medraron exponencialmente, como o da construción. A partir deste ano, estalou a burbulla dando pé a unha das maiores crises mundiais tras a Gran Depresión.
O presente traballo analiza en profundidade o fenómeno do Boom Inmobiliario en España, incluíndo a súa orixe, causas e as consecuencias macroeconómicas que derivaron del, enfocándose especificamente en variables como a inflación, o desemprego e o PIB. Examínanse os factores previos ao auxe inmobiliario que sentaron as bases para o incremento desmesurado nos prezos e na demanda de vivenda. Ata o ano 2007, España brillaba no seu esplendor económico grazas a sectores que medraron exponencialmente, como o da construción. A partir deste ano, estalou a burbulla dando pé a unha das maiores crises mundiais tras a Gran Depresión.
Dirección
Díaz Vázquez, María del Pilar (Titoría)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Titoría)
Tribunal
Díaz Vázquez, María del Pilar (Titor do alumno)
Díaz Vázquez, María del Pilar (Titor do alumno)
Plan de empresa: Cafetería TAKE
Autoría
C.L.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.L.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é presentar un plan de empresa para TAKESCQ S.C., unha cafetería que só leva uns meses en funcionamento e que está situada en Santiago de Compostela, nas inmediacións da biblioteca estudantil máis popular da cidade.

LOPEZ PENABAD, MARIA CELIA (Titoría)
LOPEZ PENABAD, MARIA CELIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENABAD, MARIA CELIA (Titor do alumno)

Decisións con incerteza
Autoría
L.O.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.O.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
Este estudo, ao longo das súas 7404 palabras, examina as diferentes teorías da toma de decisións nun marco de incerteza. Onde pasamos da asunción do individuo como un axente racional capaz de manexar información perfecta, a desentrañar unha realidade moito máis complexa na que o individuo carece de completa racionalidade e a información que existe é incompleta e sesgada. Estas limitacións impiden que o individuo o coñeza, entenda e procese completamente para tomar decisións óptimas. A toma de decisións baixo a incerteza explorase desde dúas perspectivas complementarias: a individual e a empresarial. Este enfoque integral permitirá unha comprensión máis profunda de como se aplican os principios teóricos en diferentes contextos e como as decisións individuais poden influír nas decisións organizativas. Analiza como é o proceso de toma de decisións, as súas fases e as condicións ás que se enfronta a empresa á hora de decidir nun marco de incerteza. Considéranse tanto as condicións sobre as que a empresa pode exercer un control directo (factores internos) como aquelas sobre as que non pode influír directamente e que configuran o seu contorno (factores externos).

FERNANDEZ CASTRO, María Belén (Titoría)
FERNANDEZ CASTRO, María Belén (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ CASTRO, María Belén (Titor do alumno)

EventWear: Plan comercial
Autoría
C.Q.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.Q.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
Durante este traballo analizarase o plan de negocio dunha plataforma de aluguer de roupa e complementos para eventos en España. O obxectivo desta plataforma é apoiar unha moda máis responsable e sostible co medio ambiente, contribuíndo a reducir a fast fashion e tratando de evitar que as pezas se utilicen unha soa ocasión. Ademais, este proxecto axudará aos clientes a escoller entre unha gran variedade de artigos de gama ou prezo máis elevados, sen ter que gastar tanto diñeiro para un só evento.

GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Titoría)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Titor do alumno)

Dixitalización da economía e o uso das tecnoloxías dixitais nas empresas: o teletraballo no 2023
Autoría
D.R.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.R.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é en primeiro lugar analizar a dixitalización da economía e o uso de tecnoloxías dixitais nas empresas, enfocándoo especialmente no fenómeno do teletraballo en España. A pandemia do Covid-10 actuou como catalizador dun cambio significativo nas prácticas laborais, impulsando a numerosas empresas a adoptar o teletraballo como veremos neste traballo. O estudo analiza datos empíricos proporcionados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). A través desta investigación, indentifícanse patróns e tendencia na frecuencia, distribución xeográfica e característica demográficas dos teletraballadores no 2023. Ademáis, explóranse os beneficios e desafíos do teletraballo tanto para empregados como para empregadores. O análise revela como o teletraballo adoptouse de maneira diversa nas diferentes comunidades autónomas e sectores de actividade económica.

Innovación empresarial para a mitigación do cambio climático en Europa: Análise comparativa sobre a construción dun futuro sostible.
Autoría
V.L.S.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
V.L.S.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
Este traballo céntrase no cambio climático e en como as innovacións empresariais contribúen á súa mitigación. O obxectivo principal é entender que é unha innovación e cales son as políticas europeas levadas a cabo para combater este problema, ao mesmo tempo que se realiza unha análise comparativa entre países europeos. En primeiro lugar, preséntase un marco teórico con definicións e explicacións sobre as distintas formas de innovación e as leis que estableceron as autoridades para frear o cambio climático. Posteriormente realízase un estudo práctico de como distintos factores coas súas respectivas variables afectan nos sectores de innovación, fabricación e almacenamento e transporte en canto ao cambio climático. E, por último, o traballo conclúe cos aspectos máis relevantes do traballo e como os distintos países promoven a innovación e sustentabilidade de distinta maneira dependendo das súas capacidades e costumes.

Relación dieta, economía, saúde. Variación de tendencias e compromisos necesarios
Autoría
P.V.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.V.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
Este TFG desenvolve a importancia que presenta, a moitos niveis, a composición da dieta das poboacións humanas actuáis, destacando de maneira especial a súa repercusión no eido da saúde e expoñendo como ámbalas dúas están vencelladas co nivel e o contexto socioeconómico individual. As tendencias nutricionais predominantes actualmente levan consigo un risco evidente a nivel de saúde e sostibilidade a longo prazo. A introdución de alimentos procesados durante as últimas décadas de forma cada vez máis estendida deixóu comprometido o nivel de saúde poboacional. Ademais, o incremento da malnutrición, non por unha alimentación escasa, senón pola inxestión desmedida de alimentos de baixa calidade nutricional, ten favorecido a proliferación de enfermedades cardiovasculares e da obesidade, entre outras. Aínda que as dietas de maior calidade adoitan implicar un maior coste monetario, a elección dunha dieta saudable e equilibrada e factible e alcanzable economicamente. A variedade de alimentos é extensa, pero seleccionar aqueles que aportan un beneficio á saúde esixe unha educación nutricional permanente, o que convirte ao entorno do individuo nun factor diferencial á hora de conformar a súa nutrición. O modelo de Transición Nutricional, formulado ao final do século XX, o cal relaciona ingresos económicos, dieta e nivel de saúde, foi revisado recentemente, facendo fincapé en que é posible reverter os hábitos alimenticios prexudiciais que constitúen a norma en moitas poboacións humanas na actualidade. Para iso é necesario un cambio de comportamento a nivel individual, potenciado pola educación e a concienciación. Tamén é preciso que se acaden compromisos gobernamentais para promover pautas que potencien o consumo de alimentos saudables, que repercutirá non só na calidade da saúde humana, senón tamén na redución do gasto e na preservación ambiental a escala global. Este TFG consta de 8961 palabras.

O Fondo Social Europeo Plus: Pobreza, desemprego e educación.
Autoría
P.L.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
P.L.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao conta con 9.907 palabras e o seu obxectivo principal basease no análise da pobreza e exclusión social nos diferentes países da Unión Europea, atendendo á evolución de diferentes variables, así como dunha das políticas máis relevantes neste aspecto como é o FSE e o recente FSE+ o cal tivo un papel moi importante na período da crise. O FSE+ é un programa creado para o período entre 2021-2027 cunha financiación de 142.762 millóns de euros (tendo en conta os 762 millóns procedentes do EaSi) e co obxectivo de reforzar e asegurar as mesmas oportunidades de emprego así como favorecer a unha educación sólida competindo co abandono escolar (Comisión Europea, 2020). Ademais, este fondo ten un gran papel na disipación da recente pandemia. Para levalo a cabo botaremos man, principalmente datos ofrecidos polo Eurostat para o nivel europeo e tamén analizaremos a situación de España no contexto citado utilizando o INE. A través das súas bases de datos realizaremos unha análise da situación de ambos territorios atendendo á taxa AROPE, o desemprego, a porcentaxe de abandono escolar atendendo a outras variables como a idade, xénero. Estudaremos a evolución destes indicadores comparando entre os diferentes países para obter tamén conclusións nos anos da pandemia. Nos resultados, observaremos unha evolución diferente entre a taxa AROPE,a cal non acada resultados moi positivos nos anos de existencia do fondo, e os indicadores estudados no ámbito da educación na UE. Por outro lado, como xa se citou, observaremos o caso español arredor deste contexto analizando as correspondentes variables e axudas do FSE+, as cales presentan unha evolución moi parecida a UE pero, en casos como o abandono escolar, superior á media europea

TROITIÑO COBAS, ANGELA (Titor do alumno)

O branqueo de capitais. Unha visión estatística.
Autoría
A.B.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.B.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
Neste traballo estudaremos o fenómeno do branqueo de capitais. Trátase dun problema mundial que está en continua innovación, e a pesar da introdución de novas leis e normativas para tentar erradicalo, como veremos na análise realizada, o número de informes de actividade sospeitosa crece anualmente. Este fenómeno pódese dar en calquera ámbito, pero coa innovación tecnolóxica agravouse, e os branqueadores, que están en continuo desenvolvemento, atoparon novas técnicas para evadir a xustiza e incorporar ese diñeiro ilícito ao tránsito legal. Faremos unha análise do proceso que debe seguir ese diñeiro ilícito para finalmente introducirse na economía do país; e citaremos quenes son os distintos organismos nacionais e internacionais que loitan para erradicar o branqueo e que suxeitos contempla cada país que están obrigados a reportar información sobre as actividades sospeitosas. O obxectivo fundamental do traballo é a realización dunha análise dos datos que recollen os organismos encargados da loita contra este fenómeno nos distintos países estudados e analizalos estatisticamente. Este traballo contén un número total de 8820 palabras.

TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titoría)
TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titoría)
Tribunal
TATO RODRIGUEZ, MARIA MERCEDES (Titor do alumno)

A Empresa Familiar dende o punto de vista da Socioloxía.
Autoría
A.M.S.C.
Grao en Economía
A.M.S.C.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
O presente traballo aborda a importancia das empresas familiares na economía e os desafíos aos que estas deben facer fronte ao longo da súa vida, especialmente no tema da sucesión, con un total de 9707 palabras (excluíndo portada, resumo e bibliografía). A análise teórica xunto co estudo de caso da empresa escollida permitiron identificar numerosas estratexias para a xestión e continuidade deste tipo de negocios. Comezamos, destacando a relevancia da transparencia e comunicación, elementos fundamentais para a confianza e cohesión dentro da empresa, segundo Ernesto Poza e Domènec Biosca. Ademais, a planificación paralela proposta por Randel S. Carlock e John L. Ward servirá de axuda para aliñar os obxectivos empresariais. Recordaremos que a capacitación da próxima xeración é esencial. A través do exemplo vemos como por en práctica estratexias de sucesión logra equilibrar a conservación dos valores familiares coa adaptación aos novos mercados. Este enfoque asegura a prosperidade e o crecemento continuo da empresa. Dende unha perspectiva xa máis sociolóxica, logramos ver como as empresas familiares representan a intersección entre o patriarcado tradicional e o capitalismo moderno, como argumenta Allones. Esta perspectiva axuda a entender as diferenzas entre as empresas familiares e as sociedades anónimas, resaltado a importancia de integrar valores familiar xunto a dinámicas dos mercados contemporáneos. Con todo debemos de recoñecer a existencia de certas limitacións ao longo do desenvolvemento o estudo como a falta de información transparente a hora de realizar o estudo de caso. Aínda así, logramos identificar como as empresas familiares enfrontan desafíos únicos que poden ser superados mediante a xestión efectiva, planificación estratéxica e preparación dos sucesores. As leccións aprendidas ao longo do desenvolvemento do traballo presentan unha orientación para asegurar o legado próspero e un futuro competitivo.

ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titoría)
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titoría)
Tribunal
ALLONES PEREZ, CARLOS ANTONIO J (Titor do alumno)

Análise Económico Financeira de Actividades de Construcción y Servicios, S.A. (ACS)
Autoría
A.C.C.
Grao en Economía
A.C.C.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
No presente traballo levarase a cabo unha análise económico financeira do grupo empresarial Actividades de Construcción y Servicios, S.A. (Grupo ACS). Dito grupo ACS é unha das principais construtoras a nivel europeo, destacando a súa orientación cara o sector da construción de obra pública e enxeñaría civil, aínda que tamén está presente noutros sectores como o dos servizos e concesións. Para esta análise empregaranse diferentes ratios obtidas a partir das partidas dos estados financeiros, contextualizando estes datos para realizar unha comparación axustada co seu principal competidor no sector. Esta análise estrutúrase en dúas partes: unha primeira na que se introducirá o grupo empresarial explicando brevemente a súa historia, constitución e estrutura, seguido dun análise do sector en España e as perspectivas de futuro do mesmo. Na segunda etapa centrareime na análise financeira para estudar o procedemento de xestión de ACS nos diferentes anos, así como as principais diferenciacións respecto da competencia, para rematar cunhas recomendacións e diagnóstico final da situación deste grupo empresarial. Esta análise abarca un período temporal de 5 anos, dende o 2018 ata o 2022, onde se observará o punto dende o que partía a sociedade nos anos previos á pandemia, así como a influencia que tivo esta nos seus estados financeiros, e posterior recuperación.

VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titoría)
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titoría)
Tribunal
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titor do alumno)

Evolución da Agricultura en Galicia e os Sistemas de Cultivo.
Autoría
A.R.F.C.
Grao en Economía
A.R.F.C.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
No presente proxecto bibliográfico, intentamos defender a idea de que a agricultura galega non se caracterizou por un profundo atraso senón que, máis ben, estivo inmersa nun proceso prolongado de especialización produtiva que se foi conformando ata a actualidade. Neste traballo ofrécese unha visión sobre a evolución da agricultura en Galicia dende o século XIX ata o XXI. Para iso, resaltamos algúns dos acontecementos máis importantes que tiveron lugar ao longo do período analizado como poden ser a crise agraria finisecular, o franquismo ou a adhesión á CEE, sen esquecernos das principais transformacións que experimentaron dous dos piares fundamentais da agricultura: os cultivos e o monte. Por último, expóñense as conclusións máis importantes do traballo nas que se proxecta unha visión xeral das etapas máis significativas que deron paso ao proceso de especialización da agricultura en Galicia.

SOTO FERNANDEZ, DAVID (Titoría)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Titoría)
Tribunal
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Titor do alumno)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Titor do alumno)
Evolución do Pacto de Estabilidade e Crecemento: Impacto e reformas
Autoría
D.G.C.
Grao en Economía
D.G.C.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo trata sobre o Pacto de Estabilidade e Crecemento (PEC) da Unión Europea, o mecanismo da UE para a prevención e corrección de desequilibrios económicos. Avaliaremos o seu impacto na estabilidade económica e fiscal dos estados membros e os problemas e desafíos aos que tivo que enfrontarse. Revisaremos o seu funcionamento desde que se implantou por primeira vez, a importancia das súas sucesivas reformas do 2005, 2011, 2013 e 2024; e as razóns que levaron ás institucións europeas a realizalas. O Pacto de Estabilidade e Crecemento foi e segue sendo unha ferramenta esencial para garantir a estabilidade económica e fiscal da Unión Europea. Sen embargo, a súa efectividade e relevancia dependen en gran medida da súa capacidade para adaptarse ós distintos escenarios económicos.

Análise Económico-Financieira de Industria de Diseño Téxtil, S.A.
Autoría
P.G.R.
Grao en Economía
P.G.R.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é a realización dunha análise conómico-financeira de Industria de Diseño Textil, S.A. En primeiro lugar, farase unha introdución da empresa, despois diso contextualizarase o entorno no que opera para chegar á parte principal do traballo, é dicir, a análise económico-financeira para medir a liquidez, solvencia, endebedamento e rendibilidade. Cos resultados obtidos, faise un diagnóstico e unhas propostas para a mellora da empresa. A análise económico-financeira realízase a partir das porcentaxes verticais e horizontais, diferentes ratios, rotacións, prazos e indicadores, todo isto calculado a partir das contas anuais da empresa. Por último, obteranse diversas conclusións, xunto coas diversas limitacións e necesidades de ampliación atopadas.

Decadencia do turismo de sol e praia en España, mito ou realidade?. Evidencias empíricas para o período 2013-2023.
Autoría
L.M.S.S.
Grao en Economía
L.M.S.S.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Nos últimos anos evidenciouse un importante debate en relación coa perda de protagonismo ou mesmo, o declive, do denominado turismo de sol e praia. A este debate contribuíron, por unha banda, os impactos negativos desta tipoloxía de turismo derivados, sobre todo, da masificación turística e por outro, os cambios nas preferencias dos visitantes, buscando lugares menos concorridos, aspecto que se acentuou coa recente pandemia asociada á COVID-19. Neste traballo preténdese contrastar a hipótese de que o turismo de litoral perdeu peso no conxunto do turismo español. Para iso, analízase, de forma comparativa con outras modalidades de turismo, e utilizando un amplo conxunto de indicadores, tanto de demanda como de oferta, a evolución do turismo de sol e praia en España no período 2013-2023. Os resultados do estudo evidencian que, efectivamente, produciuse unha perda de protagonismo do turismo de litoral se se compara con outras modalidades de turismo como pode ser o turismo cultural.

MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titoría)
MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titor do alumno)
MARTINEZ ROGET, FIDEL (Titor do alumno)
Crecemento económico e contaminación mineira
Autoría
N.T.G.
Grao en Economía
N.T.G.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase en explorar a relación entre a contaminación mineira e o crecemento económico en España. Ao longo do século XX, España experimentou unha importante actividade mineira que contribuíu ao desenvolvemento económico do país, pero tamén deixou un legado de contaminación ambiental. Este estudo investiga como a extracción de minerais impactou no medio ambiente e en que medida esta influíu no crecemento económico nacional e no desenrolo social. Examínanse as políticas e regulacións relacionadas coa industria mineira, así como as estratexias utilizadas para mitigar a contaminación e reducir os seus efectos sobre o medio. Finalmente co fin de entender mellor os impactos que pode ter esta actividade, na parte final analizanse dous casos relevantes da historia da contaminación mineira en España.

Proxecto de viabilidade financieira hostelera
Autoría
L.G.A.
Grao en Economía
L.G.A.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
Ao longo deste traballo de fin de grao plantexarase un estudo de viabilidade financieira para un negocio hosteleiro que, se ben é hipotético, todos os datos e estimaciós que o rodean son auténticos. O negocio real que se plantexa ubicariase na cidade turística de Sanxenxo en Galicia e as conclusiós obtidas probarán que é factible obter unhas rentabilidades por riba da media levando a cabo o proxecto de inversión descrito neste informe.
Ao longo deste traballo de fin de grao plantexarase un estudo de viabilidade financieira para un negocio hosteleiro que, se ben é hipotético, todos os datos e estimaciós que o rodean son auténticos. O negocio real que se plantexa ubicariase na cidade turística de Sanxenxo en Galicia e as conclusiós obtidas probarán que é factible obter unhas rentabilidades por riba da media levando a cabo o proxecto de inversión descrito neste informe.
Dirección
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titor do alumno)
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titor do alumno)
Análise económica-financeira de Obradoiro Clube de Amigos Baloncesto, S.A.D.
Autoría
A.S.B.
Grao en Economía
A.S.B.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
A análise económica-financeira do Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto S.A.D. ten por obxectivo entender como un club de baloncesto utiliza os seus recursos para competir, e cal foi a evolución destes os últimos anos, incluíndo a crise provocada pola pandemia. Esta información axúdanos a realizar un diagnóstico sobre a situación económica-financeira do club, en comparación aos seus principais competidores. O sector do baloncesto é altamente competitivo en España, sendo a liga ACB unha das mellores do mundo. No conxunto da liga, existen máis gastos que ingresos, o que nos dá a entender que hai equipos dispostos a obter perdas só con tal de ter o mellor persoal. Dentro deste contexto, un club pequeno dunha cidade pequena como é o Obradoiro púidose manter trece anos na máxima categoría. A parte do deportivo, a economía do club, e sobre todo o gasto en persoal, foron partes fundamentais para conseguir esta fazaña. Como conclusión da análise, o Obradoiro demostra unha falta de recursos propios, activos e ingresos en comparación aos clubs de comparación. O pasivo supera ao activo, deixando un patrimonio neto negativo, debido ás perdas acumuladas do club. Polo que depende en gran medida da dotación que acheguen os accionistas para manter o club a salvo. A situación é un risco de insolvencia e quebra, o que provoca círculo vicioso onde ninguén quere achegar recursos ao club. Aínda nesta situación, os accionistas non deixaron de apostar por un maior investimento en persoal para o club, e a procura de mellores resultados deportivos. Ademais, esperan que, xa superada a pandemia, o Obradoiro poida empezar a obter beneficios cos que minorar as súas perdas. O traballo consta de 9999 palabras (sen incluír anexo).

Dirección Estratéxica Empresarial na Industria da moda
Autoría
B.M.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
B.M.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
O Traballo Fin de Grao (TFG) titulado “Xestión estratéxica de empresas na industria da moda” aborda a importancia da xestión estratéxica no ámbito empresarial, con foco no sector da moda. Analiza os retos e oportunidades aos que se enfrontan as empresas de moda e as estratexias empregadas para seguir sendo competitivas nun mercado global e dinámico. O obxectivo principal é analizar os distintos aspectos da xestión estratéxica deste sector, examinando como as empresas deseñan e executan estratexias para adaptarse ás tendencias do mercado, innovar en produtos e procesos, e aproveitar as oportunidades de crecemento e expansión. O TFG estrutúrase en varias seccións, comezando pola contextualización e definición da dirección estratéxica na moda. Detállanse aspectos fundamentais como a misión, visión e valores, así como os obxectivos da empresa. A análise do ambiente, tanto externo como interno, é unha parte crucial do traballo. Utilízase unha análise PESTEL para avaliar os diferentes factores que afectan á industria e aplícase o modelo de cinco forzas de Porter para comprender a competencia no sector. O traballo tamén examina a cadea de valor, avaliando os recursos e as capacidades das empresas, e realiza unha análise de fortalezas e debilidades. Destácase a importancia da responsabilidade social e da sustentabilidade como elementos fundamentais na estratexia das empresas de moda. A investigación conclúe coa formulación de estratexias, incluíndo a expansión do mercado, estratexias de mercadotecnia internacional e presenza global no comercio polo miúdo. En definitiva, este traballo amosa unha visión integral de como a xestión estratéxica pode contribuír ao éxito das empresas, ofrecendo ferramentas e enfoques prácticos para afrontar un mercado en constante evolución.

GOMEZ DEUS, MARIA TERESA (Titor do alumno)

Loxística inversa e sostenibilidade
Autoría
A.P.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.P.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
A loxística envolve moitas das accións cotiás da empresa e foi evolucionando de forma alarmante debido ás necesidades e tendencias hiperconsumidoras que se xeraron na sociedade. Por iso, xurdiu a necesidade de darlle maior importancia a todas as actuacións relacionadas coa loxística inversa, un tipo de loxística centrada na reutilización dos residuos e a súa reciclaxe. Neste traballo de 9.888 palabras, trataremos de concienciar sobre estas necesidades no sector téxtil e alimentario concretamente para tratar de que a sociedade reduza as súas novas tendencias ou, cando menos, sexa consciente das consecuencias destas. Para iso, recompilouse información sobre algunhas das consecuencias que a produción de roupa e de alimentación ten nos ecosistemas e no planeta en xeral, tamén se estudou unha empresa do sector para coñecer que actuacións segue e as posibles solucións para poñer en marcha para poder mellorar a situación actual.

Análise interno da empresa Vicio.
Autoría
L.P.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
L.P.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo realízase unha análise interna de Vice. Durante o mesmo estúdanse diferentes factores da empresa que propiciaron o éxito que a marca ten na actualidade, como a súa imaxe de marca ou a súa forma de promocionarse e promocionar os seus produtos. Ademais disto, inclúense dentro de cada análise unhas pequenas conclusións con propostas para mellorar a empresa ou a súa relación cos clientes. Esta obra ten 8.626 palabras.

PORTO PEDRIDO, JOSE RAMON (Titoría)
PORTO PEDRIDO, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
PORTO PEDRIDO, JOSE RAMON (Titor do alumno)

Analise económico-financeiro de Gadisa Retail.
Autoría
A.P.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.P.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo analiza a situación financeira de Gadisa tomando como período de análise os exercicios 2018 a 2022. Estúdase a situación do seu sector de actividade co fin de posicionar a empresa obxecto de estudo respecto o sector, No período temporal seleccionado (entre 2018 e 2022), preséntanse tres situacións diferentes: a era pre-pandémica, a era pandémica e a era pospandémica. A análise analiza a situación anterior á pandemia (2018-2019), a incidencia da pandemia de Covid-19 (2020-2021) e comproba se en 2022 se recuperaron as cifras previas á pandemia ou se, pola contra, continúan os efectos da pamdemia.
Este traballo analiza a situación financeira de Gadisa tomando como período de análise os exercicios 2018 a 2022. Estúdase a situación do seu sector de actividade co fin de posicionar a empresa obxecto de estudo respecto o sector, No período temporal seleccionado (entre 2018 e 2022), preséntanse tres situacións diferentes: a era pre-pandémica, a era pandémica e a era pospandémica. A análise analiza a situación anterior á pandemia (2018-2019), a incidencia da pandemia de Covid-19 (2020-2021) e comproba se en 2022 se recuperaron as cifras previas á pandemia ou se, pola contra, continúan os efectos da pamdemia.
Dirección
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titoría)
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titoría)
Tribunal
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titor do alumno)
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titor do alumno)
O impacto do marketing de influencers no comportamento do consumidor
Autoría
R.R.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
R.R.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
O presente traballo de investigación céntrase no impacto do marketing de influencers, unha estratexia en ascenso no mercado actual, no comportamento do consumidor. Exploraremos como esta forma de marketing afecta aos consumidores, analizando as tácticas e estratexias utilizadas polos influencers para dirixir o interese cara aos produtos específicos. A investigación divídese en varias partes: primeiro, estudamos o nacemento desta estratexia, a súa evolución e tendencias ao longo dos anos. Despois, realízase unha análise dos distintos tipos de influencers examinando como varía á segmentación da audiencia entre eles e unha análise do comportamento dos consumidores, estudando como reaccionan os consumidores ás diversas estratexias empleadas por estos influencers. Finalmente, formulamos hipóteses para estudar temas como a confianza, a afinidade e o impacto das campañas de promoción na percepción e decisión de compra do consumidor. A través desta investigación, búscase proporcionar unha maior comprensión do marketing de influencers e a súa influencia no comportamento do consumidor, co fin de identificar conclusións e posibles ampliacións.

Análise económico-financeira: Vego Supermercados, S.A.
Autoría
J.M.S.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.M.S.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao ten como finalidade realizar unha análise económico-financeira de Vego Supermercados, S.A., empresa líder na venda polo miúdo de produtos alimentos, bebidas e tabaco en establecementos permanentes. A investigación é céntrase en examinar a evolución financeira da empresa nos últimos dous anos, sí como comparar o seu desempeño cun grupo de referencia do sector. Para este. Por último, empregarase a análise de porcentaxes verticais e horizontais, xunto co cálculo de diversos índices económicos e financeiros.

TOUCEDA TABOADA, LEONCIO (Titoría)
TOUCEDA TABOADA, LEONCIO (Titoría)
Tribunal
TOUCEDA TABOADA, LEONCIO (Titor do alumno)

Análise de Economía Social en Galicia. Confrarías de Pescadores.
Autoría
J.L.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.L.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
A Economía Social é un concepto que gañou relevancia a nivel mundial nos últimos anos. Neste traballo analizarase o devandito concepto, centrándonos nas confrarías de pescadores, entidades incluídas dentro da Economía Social. O obxectivo deste traballo é analizar a importancia das confrarías de pescadores sobre a pesca galega e o seu papel na consecución dun desenvolvemento socioeconómico sostible, para iso traballaremos cos datos dispoñibles. O traballo divídese en 3 partes, sendo a primeira unha introdución a Economía Social. O segundo capítulo comprende unha descrición das confrarías de pescadores e a súa influencia social e económica. Na terceira e última parte lévase a cabo unha análise da evolución das confrarías galegas nos últimos anos. No desenvolvemento do traballo vemos a importancia que as confrarías de pescadores teñen sobre a pesca galega.

VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titoría)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA Cotitoría
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titoría)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA Cotitoría
Tribunal
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)
CANCELO MARQUEZ, MARIA TERESA (Titor do alumno)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA EMILIA (Titor do alumno)
Análise económico financeira de JEALSA FOOD, S.A.
Autoría
A.M.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.M.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo realizouse co obxectivo de analizar un sector moi importante para Galicia e que non atravesa un bo momento, como é o sector das conservas de peixe e marisco e, máis concretamente, a súa empresa líder JEALSA FOOD S.A. O traballo estrutúrase en tres partes. Na primeira parte farase unha breve presentación da empresa e da súa historia. Na segunda parte, realizarase unha análise externa e interna, onde se analizará tanto o sector no que actúa como a empresa. Finalmente, na terceira parte, realizarase unha análise económico-financeira de JEALSA e un grupo de comparación que se creou para esta análise, que será o eixo principal do traballo. A través de diversos ratios e análise das contas anuais, tentarase facer un diagnóstico da empresa e facer propostas de mellora. Os resultados demostran que a empresa non atravesa un bo momento e que debe afrontar con firmeza os próximos anos se quere seguir á fronte do sector. Este traballo ofrecerá unha visión xeral da situación actual da empresa e da súa evolución recente. A obra consta de 9755 palabras.

Unha valoración da incorporación da cooperativa Os Irmandiños en CLUN
Autoría
S.V.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.V.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) é un exemplo de implantación da economía social nunha comunidade líder en produción láctea como é Galicia. O noso obxectivo neste traballo é valorar se a unión de tres cooperativas, Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto, foi beneficiosa para todas elas e no seu conxunto. Desta forma, compararemos datos do 2015, nos que Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto aínda operaban de forma individual, con información dos anos 2020, 2021 e 2022, onde as tres empresas xa se fusionaron. Ademais, comentaremos a forma de organización da empresa e analizaremos se actualmente CLUN se atopa en equilibrio financeiro tanto a curto como a longo prazo. Por outra banda, comentaremos como influíu a cooperativa no ámbito socioeconómico da Mariña Lucense, concretamente en Ribadeo e por último falaremos de retos futuros aos que se enfronta CLUN.

MILLAN CALENTI, RAFAEL ALVARO (Titoría)
MONTERO VILAR, JOSE ANTONIO Cotitoría
MILLAN CALENTI, RAFAEL ALVARO (Titoría)
MONTERO VILAR, JOSE ANTONIO Cotitoría
Tribunal
MILLAN CALENTI, RAFAEL ALVARO (Titor do alumno)
MONTERO VILAR, JOSE ANTONIO (Titor do alumno)

Análise económico-financeira de Mahou, SA
Autoría
S.S.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.S.B.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo realizar unha análise económico-financeira da compañía Mahou S.A., dedicada á fabricación e comercialización de cervexa. Foi fundada en Madrid en 1890, e desde entón tivo unha brillante traxectoria, ata converterse hoxe en día na empresa líder do sector en España e contando cunha gran presenza internacional. A análise realizouse a través do estudo de porcentaxes verticais, horizontais, e dunha serie de indicadores durante os últimos tres exercicios económicos da empresa, realizando tamén unha comparación coas dúas principais competidoras de Mahou S.A. A análise realizada ratifica a Mahou S.A. como empresa líder do sector, destacando a súa boa dinámica e poñendo de manifesto a súa excelente posición no mercado.
O presente traballo ten como obxectivo realizar unha análise económico-financeira da compañía Mahou S.A., dedicada á fabricación e comercialización de cervexa. Foi fundada en Madrid en 1890, e desde entón tivo unha brillante traxectoria, ata converterse hoxe en día na empresa líder do sector en España e contando cunha gran presenza internacional. A análise realizouse a través do estudo de porcentaxes verticais, horizontais, e dunha serie de indicadores durante os últimos tres exercicios económicos da empresa, realizando tamén unha comparación coas dúas principais competidoras de Mahou S.A. A análise realizada ratifica a Mahou S.A. como empresa líder do sector, destacando a súa boa dinámica e poñendo de manifesto a súa excelente posición no mercado.
Dirección
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titor do alumno)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Titor do alumno)
Análise da relación entre o engagement no traballo co apoio dos compañeiros e o liderado transformador
Autoría
F.V.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
F.V.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 12:00
10.09.2024 12:00
Resumo
O presente traballo céntrase no estudo da relación existente entre o engagement no traballo e as dúas variables consideradas, o apoio dos compañeiros e o liderado transformador, ademais da idade e o sexo. O engagement preséntase como un factor de gran importancia na actualidade das empresas, nun mundo cada vez máis competitivo e dinámico, situándose como un factor crucial. O apoio dos compañeiros e o liderado transformador introdúcense como variables de interese para coñecer a súa repercusión e comprobar, de ser o caso, de que maneira actúan sobre o engagement. Nun inicio, preséntase a importancia das tres variables cunha introdución teórica onde se contextualizan e se expoñen certos termos relacionados facendo referencia a autores e publicacións. Todo isto, para logo dar paso ao estudo empírico onde se realizarán análises a partir dunha enquisa elaborada coa meta de dar resposta ao obxectivo do traballo. Como principais resultados, obsérvase que tanto a variable apoio dos compañeiros como o liderado transformador, afectan de xeito positivo ao engagement no traballo. A isto pódese engadir o feito de que, a pesar de estar presentes como variables, a idade e o sexo non gardan relación co nivel de engagament. No traballo empregáronse 7.676 palabras.

Estudo do mercado de froitas frescas en España: situación actual e perspectivas
Autoría
A.F.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.F.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 12:00
10.09.2024 12:00
Resumo
Neste estudo examínase o mercado de froitas frescas en España. O propósito principal é identificar oportunidades e tendencias, así como comprender o estado actual do sector. Para iso, levouse a cabo unha análise exhaustiva desde as perspectivas da oferta e a demanda, baseándose en datos obtidos de diversas fontes secundarias. Primeiro, desde a perspectiva da oferta, analízase o sector, incluíndo as vendas netas, a produción nacional e as principais estatísticas macroeconómicas e microeconómicas. Ademais, avalíase a balanza comercial, a súa evolución e os fluxos comerciais con Europa. Tamén se realiza un estudo dos principais produtores e unha análise da formación de prezos, así como un estudo de novas tendencias de fabricación e distribución. Logo, desde a perspectiva da demanda, iníciase cunha análise cuantitativa do consumo e o gasto, tanto a nivel agregado como desagregado. Posteriormente, leva a cabo unha análise cualitativa que inclúe unha segmentación baseada no comportamento do consumidor, explorando diversas subcategorías. Tamén se realiza unha segmentación socioeconómica para identificar diferentes perfís de mercado e unha segmentación segundo os beneficios buscados, examinando os criterios de compra dos consumidores. Identifícanse ademais as novas tendencias do sector e os factores que inflúen nas decisións de compra dos consumidores españois. A continuación, efectúase unha análise DAFO co obxectivo de avaliar de maneira comprensiva e sistemática a situación actual do sector das froitas frescas. Esta análise permite obter unha visión máis completa das condicións, tanto internas, como externas do devandito sector. Por último, finalízase cunha análise das limitacións e futuras ampliacións.

A evolución do consumo de alimentos ecolóxicos en España
Autoría
A.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 12:00
10.09.2024 12:00
Resumo
O mercado e consumo de produtos ecolóxicos experimentou un crecemento exponenicial nas últimas décadas, tanto a nivel mundial como en España. Con todo, existe un gran descoñecemento por parte do público xeral sobre o produto ecolóxico e sobre as propiedades que converte un produto tradicional nun ecolóxico. No presente traballo levará a cabo unha exhaustiva revisión da bibliografía existente, introducindo o concepto de alimento ecolóxico así como as súas características, describindo o perfil dos consumidores ecolóxicos no ámbito da alimentación así como outros trazos destes usuarios noutras categorías diferentes á nutrición . Explicarase como recoñecer os alimentos ecolóxicos no proceso de compra e cales son as etiquetas obrigatorias que garanten a autenticidade da súa orixe. Así mesmo, para unha mellor comprensión do significado destes produtos,detallarase as lesgilaciones e normativas europeas que teñen que cumprir as empresas que queiran comercializar estes produtos. Tras isto, realizarase unha análise da evolución do consumo e gasto dos produtos ecolóxicos ao longo dos pasados anos ata a actualidade, a partir dos principais datos do mercado español de alimentos ecolóxicos facendo unha comparación con outros países a nivel mundial. Por último, examinaranse os resultados dunha investigación de mercado levada a cabo a partir dunha enquisa anónima realizada sobre o consumo deste tipo de produtos. Así mesmo, ofreceranse unhas conclusións e unhas recomendacións finais para o futuro da alimentación ecolóxica.

Fast Fashion e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: afrontar os retos da industria da moda no contexto español
Autoría
J.G.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.G.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
10.09.2024 12:00
10.09.2024 12:00
Resumo
A moda rápida caracterízase por ciclos de produción acelerados e consumo masivo, o que suscita preocupación pola súa sustentabilidade ambiental, as condicións laborais precarias e os efectos na economía local. Este estudo examina como estas prácticas da industria da moda afectan directa e indirectamente á consecución de varios ODS en España, como o ODS 12 (Produción e consumo responsable), o ODS 8 (Traballo decente e crecemento económico), o ODS 13 (Acción por el Clima) e outras relacionadas coa conservación do medio ambiente e a redución das desigualdades. Centrámonos nestes tres ODS: 8, 12 e 13, posto que buscamos investigar o impacto na economía española directamente con datos oficiais. Investiga como o fomento de prácticas de produción e consumo máis responsables, a mellora das condicións laborais na cadea de subministración e a adopción de enfoques máis sostibles poden contribuír a afrontar estes retos no contexto específico de España. A importancia da colaboración entre os diferentes actores, entre eles goberno, empresas e sociedade, para promover un modelo de moda máis ético, equitativo e respectuoso co medio ambiente no país.

NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Titoría)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Titoría)
Tribunal
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Titor do alumno)

Responsabilidade Social Corporativa: Navantia
Autoría
A.F.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.F.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 12:00
11.09.2024 12:00
Resumo
A finalidade deste traballo fin de grao é explicar en qué consiste a Responsabilidade Social Corporativa (RSC) e analizar todos os procesos e actividades que teñen lugar nunha empresa. Por iso, escollimos a Navantia, empresa do sector naval. Desta forma, analizaremos o grao de cumprimento da empresa con respecto á RSC. Este traballo consta de tres partes; En primeiro lugar, definiremos e analizaremos o concepto de Responsabilidade Social Corporativa (RSC). Desta forma, coñeceremos os aspectos máis relevantes. A continuación, falaremos sobre Navantia e a súa actividade laboral. Unha pequena introducción á empresa para coñecer a sua actividade, as liñas de negocio, localización, empregados e aspectos significativos. En terceiro lugar, aplicaremos o termo de RSC a Navantia e analizaremos as actividades que se realizan na empresa para lograr ser eficientes en termos de RSC. Por último, unha pequena conclusión de todo o traballo realizado.

Análise Económico-Financieira de British American Tobacco
Autoría
A.L.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.L.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 12:00
11.09.2024 12:00
Resumo
A pesar das perdas que presentou en 2023, British American Tobacco segue sendo unha das maiores empresas do seu sector. Os seus malos resultados no último exercicio suscitan dúbidas sobre a súa capacidade para avanzar na súa situación financeira actual. O seu posicionamento óptimo e a súa xestión estratéxica fan que destaque nunha industria madura en vías de transición nos próximos anos. Neste traballo de 9.995 palabras, o obxectivo foi analizar a situación económica e financeira da empresa mediante unha análise exhaustiva, para avaliar o seu estado e rendemento.
A pesar das perdas que presentou en 2023, British American Tobacco segue sendo unha das maiores empresas do seu sector. Os seus malos resultados no último exercicio suscitan dúbidas sobre a súa capacidade para avanzar na súa situación financeira actual. O seu posicionamento óptimo e a súa xestión estratéxica fan que destaque nunha industria madura en vías de transición nos próximos anos. Neste traballo de 9.995 palabras, o obxectivo foi analizar a situación económica e financeira da empresa mediante unha análise exhaustiva, para avaliar o seu estado e rendemento.
Dirección
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titoría)
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titoría)
Tribunal
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titor do alumno)
VITTORI ROMERO, VALENTIN (Titor do alumno)
A sostenibilidade na industria da beleza. Análise do ecoetiquetado na cosmética natural e orgánica.
Autoría
S.N.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
S.N.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 12:00
11.09.2024 12:00
Resumo
A actual corrente de responsabilidade social e ambiental, sumada á mellora nos niveis educativos e as novas tecnoloxías existentes, fomentan un sector da poboación cada vez máis documentado e informado. A industria da beleza é consciente dos problemas que xera. Ao longo dos anos os diferentes grupos de interese foron transformando ao sector. Este desenvolvemento sostible e consumo responsable require de certificacións que acrediten certos aspectos ecolóxicos nos cosméticos. Neste contexto, o Traballo Fin de Grao analiza a conexión da industria da beleza co desenvolvemento sostible, facendo fincapé nas diferentes etapas da cadea de subministracións dun cosmético e nas súas repercusións ambientais e sociais, ademais de en os estándares máis importantes da Unión Europea neste sector. Os dous obxectivos principais do traballo serán estudar a importancia das certificacións ecolóxicas e analizar as dúas máis relevantes dentro da cosmética natural e/ou orgánica na Unión Europea. Algunhas das principais conclusións que se extraen deste estudo son o aumento exponencial do interese da poboación na cosmética natural e orgánica, ademais da necesidade das certificacións ecolóxicas independentes na Unión Europea pola falta de regulación existente para poder informar a este novo consumidor responsable dos produtos que van en consonancia cos seus ideais.

PIÑEIRO GARCIA, MARIA DEL PILAR (Titor do alumno)

Relación entre a desigualdade de ingresos e a innovación medioambiental nos países da OCDE
Autoría
C.B.G.
Grao en Economía
C.B.G.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
A complicada relación entre a desigualdade e a innovación foi protagonista de diferentes estudos, tanto teóricos como empíricos, co obxectivo de esclarecer este vínculo. Sen embargo, diferentes autores concordan que os resultados non son moi concluíntes. É por elo, que o principal obxectivo deste traballo é analizar a relación entre a desigualdade de ingresos e a innovación medioambiental nos países membros da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) dende unha perspectiva teórica e empírica. Durante os anos 2010 e 2019, as patentes verdes concentráronse nos países cun maior desenvolvemento tecnolóxico, ademais dun nivel baixo de desigualdade de ingresos. Debido a diversos factores que poden afectar á propensión a patentar, a innovación verde sofre un descenso neste período a pesar de que o gasto en I+D como porcentaxe do PIB aumentou. Para a estimación dos modelos, empregamos datos de panel tomando a porcentaxe de tecnoloxías ambientais respecto ó total nacional, as invencións medioambientais por millóns de habitantes e a porcentaxe de invencións verdes respecto ó total mundial como medidas de innovación, mentres que o Coeficiente de Gini cuantifica a desigualdade de ingresos. Con elo examinouse que existe un efecto aleatorio da capacidade innovadora sobre a desigualdade de ingresos, controlado polas características propias dos países membros da rexión. Así mesmo, os resultados indican que existe unha correlación negativa significativa entre estes desafíos globais.

TROITIÑO COBAS, ANGELA Cotitoría
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Titoría)
TROITIÑO COBAS, ANGELA Cotitoría
Tribunal
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Titor do alumno)
TROITIÑO COBAS, ANGELA (Titor do alumno)
GUNTIN ARAUJO, XULIA (Titor do alumno)
TROITIÑO COBAS, ANGELA (Titor do alumno)
Análise económico-financeira de Decathlon España, S.A.U
Autoría
D.D.I.
Grao en Economía
D.D.I.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Este estudo céntrase na análise económico-financeira da empresa Decathlon España, SAU. O obxectivo principal é avaliar a súa situación interna e realizar unha comparación cos cinco competidores principais do sector. O traballo divídese en tres bloques. O primeiro é a presentación da empresa, proporcionándonos a súa información esencial. No seguinte bloque desenvólvese a análise interna e externa, obtendo unha visión detallada e completa da súa posición no mercado, ademáis de examinar o impacto do auxe do sector do deporte e da pandemia. No último realízase o núcleo, a análise económica e financeira do decathlon en base ao grupo de comparación. Este apartado faise mediante as porcentaxes verticais e horizontais e o cálculo dos ratios dos estados contables, para posteriormente incorporar un diagnóstico e unhas propostas de mellora. A investigación permítenos definir a Decathlon como o líder indiscutible do sector, cuns valores de innovación e sustentabilidade ben definidos. Considérase unha empresa moi sólida a longo prazo, ademáis de obter un alto grao de eficiencia da xestión dos recursos e mellores valores de rendibilidade económica e financeira fronte aos seus competidores. Por outro lado, observamos maior debilidade en termos de liquidez máis inmediata e endebedamento a c/p.

Análise do sector da automoción en Galicia nas dúas primeiras décadas do século XXI
Autoría
P.A.R.D.R.
Grao en Economía
P.A.R.D.R.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Neste traballo vaise presentar unha análise do sector da automoción en Galicia, contextualizado a nivel internacional e da UE, nas dúas primeiras décadas do século XXI. Para lograr os obxectivos do traballo, empregáronse fontes bibliográficas, así como outros documentos, informes e artigos de diferentes entidades e datos de organismos estatísticos oficiais. Con estas fontes púidose comprobar a evolución do sector e as súas características. Logo de analizar a situación nestes últimos anos dáse conta das tendencias seguidas polo sector da automoción e o seu peso na economía galega. O traballo complétase cunha referencia aos retos futuros do sector. A extensión deste documento é de 9983 palabras.

LÓPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titoría)
LÓPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titoría)
Tribunal
LÓPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titor do alumno)

A Industria do Perfume e o desenvolvemento da Sociedade de Consumo española do século XX
Autoría
N.L.P.
Grao en Economía
N.L.P.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
En gran parte de Europa occidental, a instauración do modelo económico fordista despois da Segunda Guerra Mundial foi fundamentalmente para a aparición da sociedade de consumo moderna. A pesar disco, os procesos de modernización, aínda que compartan características similares, mostraron notables variacións a nivel nacional, as veces vinculadas ás distintas formas de capitalismo. O caso español é especialmente destacado debido ás condicións económicas, políticas, e sociais nas que se creou a sociedade de consumo, marcadas pola presenza dun réxime autoritario nun país semiperiférico, onde a industrialización e o modelo fordista non alcanzaron o seu pleno desenvolvemento. Na primeira parte deste traballo, propoñémonos analizar este modelo de consumo español, resaltando as súas particularidades e a súa evolución ao longo das últimas décadas do século XX. Na segunda parte, imos afondar no estudo da industria do perfume nacional e das empresas máis destacadas da época. En total, o trabajo consta de unha extensión de 9.802 palabras.

Estudo de caso CDR Portas Abertas, importancia de actividades do Terceiro Sector
Autoría
Y.S.N.
Grao en Economía
Y.S.N.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O obxectivo deste Traballo de Fin de Grado é ter un coñecemento máis profundo das entidades do Terceiro Sector, indagando en aspectos como o ámbito de actuación destas entidades, a súa financiación, o papel da muller dentro do sector, os ingresos e gastos entre outros ámbitos de interese para a investigación. Para a súa realización, non soamente se realizou unha revisión bibliográfica, senón que se realizou unha entrevista a través da plataforma Microsoft Teams coa presidenta dunha entidade deste sector, que nos permitiu obter información moi valiosa para responder aos nosos intereses. Os resultados obtidos foron unha necesidade de diversificación da financiación, un sector onde predominan as pequenas entidades pero manexan os orzamentos unha minoría de grandes entidades. A resposta a pregunta de investigación onde os resultados apuntan a unha falta de apoio da Administración Pública e unha burocracia excesiva que dificulta a actividade normal sobre todo das pequenas entidades.

MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titoría)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titor do alumno)
MARTINEZ BALLESTEROS, VICTOR HUGO (Titor do alumno)
A industria textil en Galicia
Autoría
M.T.O.
Grao en Economía
M.T.O.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
No presente traballo levarase a cabo unha análise da industria téxtil-confección de Galicia e das 4 empresas máis importantes do devandito sector. As empresas máis relentes son: Industria de Deseño Textil, Bimba e Lola, Adolfo Domínguez e Sociedade Téxtil Lonia. Ditas empresas operan no mercado rexional, nacional e internacional. En primeiro lugar, realizarase un estudo sobre a tradición téxtil en Galicia desde o século XVIII, que é cando se considera que empeza devandito legado, ata o século XX. Posteriormente para analizar de maneira máis detallada o sector, desenvolverase un estudo sobre o peso da industria textil en Galicia a través do PIB, VAB, traballadores, exportacións… ao longo do século XXI para poder ter unha mellor visión da significancia do sector na actualidade. Por último, tras realizar o contexto industrial, centrareime nas empresas seleccionadas analizando o seu comezo, evolución e cifras principais,

A distribución desigual do impacto da inflación
Autoría
S.C.M.
Grao en Economía
S.C.M.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Neste traballo realízase un estudo da desigualdade polo impacto da inflación. Desenvolveranse as causas que orixinaron este problema socioeconómico nos últimos anos, así como as variables máis influintes da nosa economía que contribuíron a desenvolver dita desigualdade. Baseádo en experiencias recentes da estabilidade económica, estableceuse a idea de que aínda que a estabilidade provocou aumentos nas taxas de crecemento, os beneficios non chegaron a toda a poboación, especialmente ás clases baixas. Esta preocupación agrávase cando se observa que os custos iniciais da estabilización recaen máis sobre a poboación máis pobre. Esta preocupación xunto ca falta de evidencia empírica neste ámbito, motivou o presente traballo, que analizará a relación entre inflación e desigualdade. Deste xeito, realizarase unha avaliación do impacto da inflación na desigualdade.

O papel estratéxico da xestión de RRHH na competitividade empresarial
Autoría
A.F.P.
Grao en Economía
A.F.P.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
A xestión de recursos humanos na empresa é unha práctica moi complexa, pero ao mesmo tempo fundamental para cultivar un entorno de traballo saudable, motivador e produtivo, o que é crucial para o éxito, a competitividade e o crecemento da empresa. Polo tanto, neste Traballo de Fin de Grao (TFG) vanse a analizar as funcións levadas a cabo para a xestión de recursos humanos na empresa e, unha vez realizado este análise teórico, realizarase un análise empírico tomando como mostra tres empresas: unha pequena empresa, unha mediana empresa e unha gran empresa. Sendo a finalidade de realizar este análise empírico ver como se comporta na práctica unha empresa, mostrando así as súas discrepancias coa teoría e ver as diferenzas que existen na xestión de recursos humanos nos tres tamaños de empresa. Para iso extraerase información de blogs, páxinas web, textos académicos, libros, etc., o que nos axudará a concluír que unha xestión de recursos humanos ben estruturada non só se centra na selección de persoal, senón que abarca outras funcións como manter un clima de traballo agradable, desenvolver as competencias dos traballadores e xestionar o rendemento dos mesmos, entre outras.

ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titoría)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titor do alumno)

Análise económico-financeira de BMW Ibérica, S.A.U.
Autoría
E.C.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
E.C.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
BMW IBÉRICA, S.A.U., filial do fabricante de automóbiles alemán BMW, é unha empresa española dedicada á venda de automóbiles e vehículos de motor lixeiros. Esta empresa opera nun sector especialmente afectado polas circunstancias derivadas da pandemia da COVID-19 e demais conflitos xeopolíticos, así como pola crise de subministracións, e máis concretamente, de microchips. O obxectivo do presente traballo é analizar a situación económico-financeira de BMW IBÉRICA, S.A.U. e a súa evolución no período 2018-2022, a través do estudo da súa capacidade de pago no curto e longo prazo e da análise dos seus niveis de rendibilidade e risco. Con iso realizarase un diagnóstico da empresa a fin de coñecer a súa evolución histórica e a súa situación actual, e con iso expor posibles propostas de mellora. Ademais, o período temporal analizado permitirá investigar, aínda que de forma tentativa, o posible impacto da crise derivada da pandemia da COVID-19 nos resultados contables desta empresa. Os resultados derivados do estudo mostran un claro efecto da pandemia no sector automobilístico no ano 2020, cun especial impacto negativo nos resultados de BMW Ibérica en relación cos dos seus principais competidores. Con todo, a empresa soubo recuperarse con rapidez para volver a niveis prepandemia e continuar sendo unha das empresas referentes do sector. Este traballo consta de 9.864 palabras.

CURTO RODRIGUEZ, EDUARDO (Presidente/a)
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ PENABAD, MARIA CELIA (Vogal)

Análisis económico financiero de Aceites Abril, S.L.
Autoría
D.G.D.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
D.G.D.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo realizar un diagnóstico da empresa oleícola Aceites Abril S.L., baseado nunha análise económico-financeira realizada a partir de análises verticais e horizontais dos seus estados contables e do cálculo dunha serie de ratios, así como a súa comparación cun grupo de empresas do sector. Para logralo, estruturarase o traballo en catro bloques principais. O primeiro realizará unha introdución da empresa, destacando a súa historia e algúns dos datos máis relevantes. O segundo realizará unha breve contextualización do sector no que opera e da estratexia da empresa e o terceiro abordará a análise económico-financeira, na que se afondará no estudo da solvencia, a rendibilidade e o risco. Finalmente, presentaranse as conclusións e recomendacións baseadas na análise, sendo transparentes sobre as limitacións do estudo e suxerindo posibles áreas de investigación futura. Dentro das conclusións, destaca a maior rendibilidade económica e financeira que posúe a compañía sobre o grupo de comparación analizado. Ademais, pódese apreciar un problema estrutural do sector relacionado cun alto nivel de endebedamento, sobre todo a curto prazo, pero que se ve compensado no caso de Aceites Abril cun paulatino crecemento da tesouraría e liquidez. O traballo consta de 9.904 palabras.

Análise económico-financeiro de Financiera Maderera, S.A.
Autoría
O.I.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
O.I.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Financiera Maderera, S.A. é unha empresa multinacional galega de carácter familiar, actualmente líder no sector de Fabricación de chapas e taboleiros de madeira. O presente traballo ten como obxectivo realizar unha análise económico-financeira da compañía no período 2017-2022. Para iso, realizáronse análises verticais e de tendencias sobre dúas das súas contas anuais (a saber: Balance e Conta de Pérdidas e Ganancias) e calculáronse os diferentes indicadores e cocientes que posteriormente foron comparados cos dun grupo de comparación conformado polas súas principais empresas competidoras. Desta forma, realizouse un diagnóstico sobre a súa situación actual e formuláronse propostas para mellorar a súa xestión e rendementos futuros. O informe estrutúrase en catro partes principais. Nunha primeira parte preséntase a empresa e as súas principais características e nunha segunda parte inclúese unha análise interna e externa, a fin de coñecer mellor a estratexia da empresa e as características do sector no que opera. A terceira parte resérvase para a análise económico-financeira e a cuarta e última sintetiza as principais conclusións. A análise realizada destaca a consolidada posición de liderado da compañía santiaguesa no sector, baseada na súa dilatada experiencia e unha sólida presenza tanto a nivel nacional como internacional. Este liderado susténtase tamén nunha notable estabilidade financeira, evidenciada por unha alta liquidez e unha sólida posición financeira a largo prazo. Ademais, unha variada carteira de produtos, unha avanzada capacidade tecnolóxica e innovadora e unha eficaz xestión empresarial son claves para o seu éxito. O informe consta de 9.933 palabras.

Análise económica-financeira de Atresmedia Corporación de Medios de Comunicación, S.A.
Autoría
I.S.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
I.S.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Atresmedia Corporación de medios de Comunicación, S.A., é unha compañía española, cabeceira do Grupo Atresmedia, que ten como actividade principal a produción e difusión de contidos audiovisuais e radiofónicos. A súa actividade enmárcase no sector de medios de comunicación e publicidade, inmerso nun constante proceso de transformación asociado á dixitalización e aos cambios no comportamento dos consumidores. O obxectivo deste traballo é elaborar unha análise económica-financeiro da compañía que, tras a súa comparación co seu principal competidora (Mediaset España Comunicación, S.A.) permítanos realizar un diagnóstico da súa situación no período 2020-2022, así como expor posibles propostas de mellora. En base aos resultados obtidos na análise, podemos concluír que, en liñas xerais, Atresmedia atópase nunha posición favorable e, nos últimos anos, conseguiu crecer e progresivamente recuperarse dos danos causados pola recente pandemia. Isto evidénciase na súa estabilidade financeira a curto prazo, a mellora no seu resultado de explotación e o aumento dos seus niveis de rendibilidade, entre outros aspectos. Ademais, a empresa demostrou un continuo avance na súa xestión e o seu compromiso por establecer unha sólida base para garantir tanto a súa estabilidade actual como a súa expansión e afianzamento futuro no mercado. Por último, tendo en conta a situación de Mediaset, obsérvanse certas diferenzas nos resultados e a xestión das empresas. A análise evidencia que a principal competidora de Atresmedia presenta unha maior capacidade de pago a curto prazo, á conta dun exceso de tesourería, e a longo prazo. Atresmedia, pola súa banda, presenta maiores niveis de rendibilidade, especialmente financeira, grazas ao mellor aproveitamento do efecto panca positivo do endebedamento. Este traballo consta de 9.932 palabras.

RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS Cotitoría
REY ARES, LUCIA (Titoría)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS Cotitoría
Tribunal
CURTO RODRIGUEZ, EDUARDO (Presidente/a)
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ PENABAD, MARIA CELIA (Vogal)
CURTO RODRIGUEZ, EDUARDO (Presidente/a)
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LOPEZ PENABAD, MARIA CELIA (Vogal)
Informe de valoración da empresa Martínez Otero Contract S.L.
Autoría
J.V.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
J.V.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo a realización do informe de valoración da empresa Martínez Otero Contract S.L., dedicada á elaboración de mobiliario en proxectos Contract. A modo de introdución do informe preséntase a empresa, describindo brevemente a súa historia e cifras relevantes. En segundo lugar, explicarase de forma concisa a metodoloxía seguida para calcular o valor da empresa. A continuación, realizarase un análise máis profundo da empresa, levando a cabo un estudo do sector, analizando o entorno que rodea á empresa con ferramentas como o PESTEL ou o DAFO. Deste análise concluímos que o contract é un sector prometedor, afectado pola Covid no ano 2020, pero que aparentemente se recuperou con gran velocidade. Seguindo co informe, levaremos a cabo un análise económico financeiro da empresa e do seu sector, estudando os inductores de valor e factores fundamentais. Para xerar as cifras do sector tomaremos datos dos principais competidores de Martínez Otero. Neste análise veremos como a empresa presenta un maior crecemento respecto ao sector, pero á vez unha menor rendibilidade, en parte debido á maior diversificación da empresa e ás grandes investimentos en inmobilizado. En base a toda a información recollida, trazaremos unha estratexia para a empresa co fin de elaborar os estados financeiros proforma que nos permitan valorar a empresa. Esta estratexia estará enfocada en aumentar o marxe operativo e aproveitar o crecemento da firma. Finalmente, realizarase a valoración da empresa a través de dous métodos de valoración fundamental. Como resultado valoramos os recursos propios en máis de 28 millóns de euros ao inicio do ano 2023. Para concluir o informe de valoración analizaremos o risco da valoración a través do impacto de posibles desviacións nos inputs utilizados. O presente traballo consta de 9.997 palabras.

A xestión de Recursos Humanos e a diversidade xeracional
Autoría
N.B.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
N.B.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 16:00
02.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase na diversidade xeracional que existe no contexto laboral e como afecta este tipo de diversidade á xestión de recursos humanos. O seu principal obxectivo é comprobar se existen diferenzas na percepción dos valores no traballo entre os Centennials (ou Xeración Z, os nacidos a partir de 1997) e as outras xeracións que conviven hoxe en día (os BabyBoomers, a Xeración X e a Xeración Y). Concretamente, examínanse aspectos como a satisfacción laboral, a preferencia pola estabilidade ou temporalidade, o tempo de ocio, a conciliación e as recompensas intrínsecas do traballo. Preténdese proporcionar tanto resultados empíricos como un marco teórico para destacar a relevancia da coexistencia de múltiples xeracións no entorno laboral e como as súas diferentes perspectivas poden afectar ao rendemento das empresas. Isto é particularmente relevante nun mundo cada vez máis globalizado e competitivo, onde a xestión adecuada da diversidade xeracional pode converterse nun activo estratéxico para as empresas. Para levar a cabo esta investigación, deseñouse e aplicouse un cuestionario que recolleu as respostas de 112 participantes de diferentes xeracións. Os resultados do cuestionario revelaron diferenzas significativas entre os Centennials e o resto de xeracións para temas relacionados co tempo de ocio, preferencias e temas de actualidade. Por exemplo, encontrouse que os Centennials teñen unha visión máis a longo prazo en comparación coas xeracións maiores e prefiren un trato máis humano que profesional no entorno laboral. En cambio, o resto de xeracións enfócanse máis no nivel salarial, na autonomía no traballo, no esforzo profesional e na estabilidade laboral dentro dunha mesma empresa.

Moda Sostible e Alugueiro de Roupa: Novos Modelos de Consumo
Autoría
A.C.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.C.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 16:00
02.07.2024 16:00
Resumo
A moda existe desde hai moitos anos pero o consumo de roupa aumentou rapidamente nos últimos tempos, convertendo a súa industria nun sector importante da economía actual no que predomina o modelo Fast Fashion. Esta tendencia xera un gran impacto, tanto na sociedade como no planeta, dando lugar así a diferentes alternativas de moda sostible como Slow Fashion ou Rental Fashion. Este traballo analiza a situación actual da moda a través das súas novas tendencias e cales son os plans propostos para reducir o impacto que cada unha delas xera no mundo. A través dunha enquisa recolléronse datos relacionados co consumo de roupa sostible no ámbito xeográfico galego e o compromiso dos consumidores con esta tendencia.

Pan Regueiro, Alejandro Manuel (Titoría)
Pan Regueiro, Alejandro Manuel (Titoría)
Tribunal
Pan Regueiro, Alejandro Manuel (Titor do alumno)

Xestión de recursos humanos e responsabilidade/sustentabilidade social
Autoría
C.G.D.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.G.D.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
02.07.2024 16:00
02.07.2024 16:00
Resumo
O obxectivo do presente traballo de fin de grao é definir a responsabilidade social nas empresas e analizar a diversidade dos recursos humanos, examinando qué é, dimensións da diversidade, tipos, beneficios e inconvenientes asociados á diversidade. O segundo obxectivo deste estudo é analizar as diferenzas xeracionais entre os Centennials e as demais xeracións (Millennials, Xeración X e Baby Boomers) en diversas prácticas de recursos humanos relacionadas co cumprimento da normativa laboral, a responsabilidade social empresarial, a conciliación familiar-laboral, a igualdade salarial, os valores e sucesos no traballo e as políticas medioambientais. Para analizar estas diferenzas realizouse unha enquisa na que os enquisados valoraban a importancia das distintas prácticas propostas. O ítem onde os Centennials e as demais xeracións teñen máis diferenzas é o relacionado con que as persoas se ven obrigadas a traballar aínda que non lles sexa necesario. Son os Centennials os que máis de acordo están con esta afirmación en comparación coas demais xeracións (os Centennials teñen unha puntuación media de 2,57 sobre 5, e as demais xeracións 1,94). Que as empresas non teñan traballo infantil nin forzoso e que se eviten prexuízos sexistas á hora de promocionar a un traballador son os ítems aos que os enquisados lle dan maior importancia (4,76 a ambos).

Análise da incorporación das habilidades verdes nos plans de estudo dos graos de contido económico-empresarial das universidades españolas
Autoría
C.M.P.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.M.P.T.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 12:00
11.09.2024 12:00
Resumo
Os empregos verdes son aqueles que contribúen a preservar e restaurar o medio, sendo empregos creados para tal fin ou empregos tradicionais xa existentes que incorporan estes novos obxectivos. Estes non só requiren de coñecementos específicos senón que engloban tamén un conxunto de habilidades denominadas habilidades verdes, que inclúen competencias propias en xestión de sustentabilidade, eficiencia enerxética ou responsabilidade social corporativa. Os postos de traballo denominados empregos verdes obrigan a contar con habilidades, que han de ser adquiridas. Neste traballo preténdese analizar se a oferta educativa das universidades españolas en contidos relacionados coas ciencias económicas e empresarias está ligada e cumpre coas necesidades do mercado laboral actual. Para alcanzar este obxectivo, realizarase unha busca nas páxinas web de cada universidade española (públicas e privadas), para identificar os títulos que se ofertan no curso académico 2023-2024 de contido económico empresarial e as materias que conteñen habilidades verdes dentro dos mesmos. O traballo estruturase en 3 capítulos, introdución e as conclusións. No primeiro capítulo analízanse os empregos verdes e a súa evolución. No segundo, preséntanse as habilidades verdes, diferenciándoas das denominadas habilidades tradicionais. No terceiro capítulo, preséntanse os resultados do traballo, analizadas as materias ofertadas relacionados coa ensinanza de habilidades verdes. Número de palabras do traballo: 6344 palabras.

Empresas e responsabilidade social corporativa
Autoría
C.R.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
C.R.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 12:00
11.09.2024 12:00
Resumo
Ao longo dos anos, a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) espertou un crecente interese pola sociedade, pola educación e pola política. Porén, hai un gran descoñecemento por parte das empresas e dos consumidores sobre como incorporalo á estratexia e o que realmente implica. A través deste traballo realízase unha análise detallada da literatura dispoñible en materia de RSE, tratando de explicar os seus aspectos máis relevantes e analizando a súa inserción nas empresas. Ademais, debido ao papel crucial que desempeña o sector enerxético na RSE polo alto impacto que ten no noso planeta, lévase a cabo un enfoque específico nun dos principais comercializadores de enerxía, o grupo Iberdrola. Por todo isto realízase inicialmente unha breve definición do concepto e un repaso da súa historia. A continuación, descríbese en detalle cada un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que se integran nas estratexias empresariais para afrontar retos globais como a pobreza e o cambio climático. Finalmente, reflíctese con carácter xeral os efectos internos e externos que produce a implantación de políticas socialmente responsables nas empresas, continuando posteriormente cunha atención específica ao grupo Iberdrola, revisando fundamentalmente os seus informes de goberno e sustentabilidade.

Análise económico-financiero Corporación Hijos de Rivera
Autoría
A.P.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
A.P.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [S]
Data da defensa
11.09.2024 17:00
11.09.2024 17:00
Resumo
La cerveza es la bebida alcohólica más consumida en todo o mundo y España es un de los países con mayor producción cervecera de la UE. El objetivo de este análisis es analizar la situación de la empresa Corporación Hijos de Rivera, una de las empresas líderes del sector, en el cuál analizaremos la situación financiera estudiando las principales ratios de los años 2018,2019,2020,2021,2022 y realizaremos un estudio comparativo con un grupo formado por cuatro empresas con el fin de posicionar la empresa y realizar un diagnóstico de su situación
La cerveza es la bebida alcohólica más consumida en todo o mundo y España es un de los países con mayor producción cervecera de la UE. El objetivo de este análisis es analizar la situación de la empresa Corporación Hijos de Rivera, una de las empresas líderes del sector, en el cuál analizaremos la situación financiera estudiando las principales ratios de los años 2018,2019,2020,2021,2022 y realizaremos un estudio comparativo con un grupo formado por cuatro empresas con el fin de posicionar la empresa y realizar un diagnóstico de su situación
Dirección
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titoría)
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titoría)
Tribunal
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titor do alumno)
BARROS FORNOS, JOSE FERNANDO (Titor do alumno)
Racionalidade neoliberal, nova economía e desigualdades: dereitos de cidadanía e ferramentas de abordaxe
Autoría
R.C.G.
Grao en Economía
R.C.G.
Grao en Economía
Data da defensa
21.02.2024 12:30
21.02.2024 12:30
Resumo
O presente traballo aborda un estado da cuestión de corte descritivo e interpretativo da sociedade actual baixo o contexto do neoliberalismo e da nova economía. No que a coordenadas espazo-temporais se refire, esta análise enmárcase dentro do denominado Norte Global e especialmente europeo, abarcando un abano temporal desde o 1º terzo do século XX. Dito proceso realízase a través dunha óptica interdisciplinaria, co auxilio de literatura específica e autores de referencia nos diversos eidos que adopta esta diagnose. A súa finalidade reside en profundar no xerme e deriva histórica do neoliberalismo, así como nas súas implicacións económicas e sociais co fin de acadar unha mellor comprensión do marco que cingue a desigualdade socioeconómica na actualidade, así como o esmorecemento do Estado do Benestar e dos dereitos de cidadanía. Finalmente, esta exposición compleméntase abordando as posibles vías de cambio a través dunha caixa de ferramentas de política económica, sendo as principais as Rendas Mínimas de Inserción e o Ingreso Mínimo Vital para o caso español, a Renda Básica Universal e o Traballo Garantido que, se ben non constitúen solucións de raíz, bosquexan interrogantes, debates e contribucións de consolidada actualidade na investigación académica. As Ciencias Sociais poden e deben ser unha punta de lanza no devir cara un mundo economicamente viable, politicamente democrático e socialmente máis xusto. En síntese, o presente traballo súmase á proposta dunhas Ciencias Sociais críticas e plurais que conecten cos problemas da sociedade contemporánea. Extensión: 10.000.

Camoiras Rodríguez, Zaira (Secretario/a)
Cao Fernández, Manuel (Vogal)

O Proceso de Constitución dunha Sociedade de Responsabilidade Limitada
Autoría
B.P.C.
Grao en Economía
B.P.C.
Grao en Economía
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao nace co obxectivo de explicar o complexo escenario legal e operativo que rodea ao proceso de constitución e posta en marcha da Sociedade de Responsabilidade Limitada en España. Unha figura, que polas súas características e relevancia, preséntase coma un elemento clave para o desenvolvemento do tecido empresarial do noso país. Para abordar o tema, adoptamos un enfoque mixto, dotando ao traballo dunha perspectiva práctica e actualizada do proceso de constitución e posta en marcha deste tipo de sociedade co obxectivo de que sirva como un itinerario de referencia a futuros emprendedores e empresarios na hora da súa creación, e á súa vez, de marco sobre os posibles problemas cos que se poden atopar. Para estes fins, a parte dunha revisión dos trámites e as ferramentas electrónicas necesarias para a súa creación, levouse a cabo, un estudo detallado da normativa e das reformas recentes relativas á axilización e dixitalización da súa constitución. E deste xeito, unha descripción das principais características desta forma xurídica co fin de dar unha visión completa das vantaxes e inconvenientes á hora da súa elección. O traballo conclúe describindo o proceso de constitución por vía telemática e a súa adaptación ás novas ferramentas co fin fomentar e axilizar os trámites para a súa constitución. O que servirá como perspectiva da carga burocrática pola que se caracteriza este procedemento e das reformas necesarias para o seu futuro desenvolvemento.

O lavado de cartos
Autoría
D.R.B.
Grao en Economía
D.R.B.
Grao en Economía
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
Este traballo afonda no fenómeno do branqueo de capitais abordando aspectos clave desde a súa definición ata as fases e métodos fundamentais aplicados en España. Examínase a lexislación, tanto a nivel administrativo como penal, destacando a normativa española e europea e as directivas pertinentes. Exploráronse as distintas etapas do branqueo de capitais, incluíndo a colocación, a ocultación e a integración, proporcionando unha visión completa das tácticas empregadas. A análise céntrase en métodos específicos empregados no contexto español, ofrecendo unha comprensión detallada. O estudo tamén aborda os riscos e consecuencias do branqueo de capitais, identificando os factores de risco e destacando as implicacións da inacción na prevención deste delito financeiro. O apartado dedicado á prevención e detección examina as obrigas das entidades e os procesos adecuados para mitigar o risco financeiro. O traballo conclúe con reflexións que resumen as principais conclusións e subliñan a importancia da prevención e detección na loita contra o branqueo de capitais.

O Consumidor Míope, unha Alternativa ás Preferencias Racionais do Consumidor.
Autoría
A.V.G.
Grao en Economía
A.V.G.
Grao en Economía
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
Este traballo explora dúas perspectivas do comportamento do consumidor: a Teoría Clásica das Preferencias do Consumidor, que se centra na racionalidade e maximización da utilidade, e unha nova proposta, a Teoría do Consumidor Miope, que introduce un enfoque alternativo considerando limitacións cognitivas e decisións baseadas no curto prazo. Analízanse as implicacións da limitación cognitiva na toma de decisións de consumo, incluíndo a tendencia a priorizar a gratificación inmediata e a falta de consideración de futuros impactos. Este enfoque alternativo ofrece unha perspectiva máis realista e axustada ás dinámicas reais de consumo, desafiando a premisa da racionalidade absoluta. O obxectivo principal do traballo é presentar a Teoría do Consumidor Miope e contrastar a súa viabilidade mediante o estudo dun caso de elección discreta. O interese do caso de estudo atópase na súa semellanza cunha situación de limitación cognitiva. Realizarase un análise baseado nas ecuacións derivadas da investigación de Dalalah, Hayajneh e Sanajleh (2015), utilizando o data set de Wu e Gonzalez (1996), que presenta resultados experimentais sobre a toma de decisións en situacións de risco. A metodoloxía centrarase en examinar a consistencia nas eleccións individuais e determinar se existe unha preferencia clara por un tipo específico de opción, xa sexa amante do risco, neutro ao risco ou averso ao risco. Realízase unha interpretación dos resultados e unha comparativa coa elección óptima seguindo o principio da racionalidade. Por último, recóllense as conclusións máis importantes extraídas deste estudo, así como posibles ampliacións que se deixan abertas para futuros traballos.

O índice de prezos de consumo. Metodoloxia e cambios.
Autoría
N.P.P.
Grao en Economía
N.P.P.
Grao en Economía
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
No presente traballo comezase explicando as diferenzas principais entre os indicadores de prezos máis comúns (inflación, deflación e IPC), para despois centrarse na metodoloxía actual do IPC, que é un dos principais indicadores de prezos a nivel español polas súas aplicacións en diversos ámbitos importantes. No seguinte paso, analizase a evolución histórica do IPC dende a súa orixe ao final da Guerra Civil ata a actualidade e obteñense os principais cambios que experimentou ao longo da súa historia. Por último, establecense conclusións sobre a metodoloxía actual do IPC e dos principais cambios que tivo ao longo do tempo para facer un indicador que cada vez se aproxime máis a realidade con mayor dinamismo e actualidade. O traballo consta de 7.466 palabras

Os graduados e a súa relación co mercado laboral
Autoría
M.P.P.
Grao en Economía
M.P.P.
Grao en Economía
Data da defensa
21.02.2024 12:00
21.02.2024 12:00
Resumo
Neste traballo, exploraremos a relación dos recentemente licenciados co mercado laboral, vendo, por unha banda, que habilidades e que competencias son necesarias para a súa inclusión ao mercado laboral, aspectos do mercado mesmo, e características desta xeración respecto a o seu anterior. Por outra banda, trataremos co talento estudantil do panorama español, tanto da súa atracción como da súa retención.
Neste traballo, exploraremos a relación dos recentemente licenciados co mercado laboral, vendo, por unha banda, que habilidades e que competencias son necesarias para a súa inclusión ao mercado laboral, aspectos do mercado mesmo, e características desta xeración respecto a o seu anterior. Por outra banda, trataremos co talento estudantil do panorama español, tanto da súa atracción como da súa retención.
Dirección
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titoría)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titor do alumno)
ALVAREZ GONZALEZ, PAULA (Titor do alumno)
Xestión Verde dos Recursos Humanos
Autoría
A.I.V.C.
Grao en Economía
A.I.V.C.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
A Xestión Verde dos Recursos Humanos (en inglés Green Human Resource Management e en consecuencia identificada polas siglas GHRM) é un concepto que se empezou a estudar fai relativamente poucos anos, polo que a súa investigación está en constante evolución. De modo que este traballo pretende afondar mais na súa definición así como nas súas escalas de medida. Para elo, divídese en dúas partes, a primeira, unha moito mais teórica que afonda no concepto dos recursos humanos e o seu encadre histórico, a sostibilidade coa teoría das tres esferas e os obxectivos de desenvolvemento sostible que poden estar relacionados cos recursos humanos e ca sostibilidade. Na segunda parte, centrada principalmente nunha revisión da literatura do concepto do GHRM, abórdanse as definicións que deron diferentes autores para este concepto así como as principais escalas empregadas por diversos investigadores. Despois, tendo en conta as escalas de medición e o traballo de Shah (2019) distínguense os factores mais empregados polos principais autores. E para finalizar, extráense as conclusións das dúas partes así como a identificación das limitacións do estudo e suxestións de áreas para futuras investigacións.

Proxecto de viabilidade financeira dun establecemento hoteleiro
Autoría
G.V.B.
Grao en Economía
G.V.B.
Grao en Economía
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
No presente traballo procúrase analizar a rendibilidade económica a dez anos dun proxecto de investimento hoteleiro no concello pontevedrés de Portas, sempre baixo o paraugas do analista externo. Realizaremos un plan estratéxico e detallaremos todos os compoñentes necesarios para a súa posta en funcionamento. Recolleranse datos de diversas fontes para estimar da mellor maneira o investimento inicial, os gastos e os ingresos. Ademais, utilizaremos un modelo de valoración de investimentos hostaleiros para realizar a valoración económico-financeira. Finalmente, conclúese que o investimento presenta un nivel de risco medio e é rendible. O proxecto pódese materializar.
No presente traballo procúrase analizar a rendibilidade económica a dez anos dun proxecto de investimento hoteleiro no concello pontevedrés de Portas, sempre baixo o paraugas do analista externo. Realizaremos un plan estratéxico e detallaremos todos os compoñentes necesarios para a súa posta en funcionamento. Recolleranse datos de diversas fontes para estimar da mellor maneira o investimento inicial, os gastos e os ingresos. Ademais, utilizaremos un modelo de valoración de investimentos hostaleiros para realizar a valoración económico-financeira. Finalmente, conclúese que o investimento presenta un nivel de risco medio e é rendible. O proxecto pódese materializar.
Dirección
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titor do alumno)
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS (Titor do alumno)
¿É necesaria a coordinación fiscal nunha unión monetaria?
Autoría
E.G.R.
Grao en Economía
E.G.R.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O obxectivo do noso estudo consiste na análise das condicións baixo as cales unha unión monetaria é óptima, centrando a nosa atención en si é necesario, ou al menos convinte, o establecemento dunha unión fiscal. Tras un breve análise teórico sobre os problemas inherentes a unha unión monetaria concluimos que, para evitar ineficiencias nunha unión monetaria, e determinar a necesidade de que as autoridades fiscales se coordinen, analizar a tipoloxía dos shocks é imprescindible, concretamente a súa asimetría e temporalidade. Por unha parte, que as perturbacións provocadas polos estados membros se relacionen de forma simétrica fará que os gobernos actúen de forma excesivamente contracíclica. Por outra, ante shocks asimétricos a resposta das autoridades fiscales sobreestimará o seu efecto na política monetaria. En relación coa temporalidade, interesará coordinarse fiscalmente só no caso de que os shocks sexan de carácter temporal. Tras a obtención destas conclusións, analizamos mediante un modelo autorregresivo qué tipo de shocks teñen lugar en cinco países, catro deles pertencentes á Unión Monetaria Europea. Os resultados obtidos permitennos afirmar que a coordinación fiscal ante shocks de demanda será beneficiosa. Os shocks de oferta, sen embargo, non verán unha mellora na súa estabilización por contar cunha unión fiscal.

RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO (Titor do alumno)

Detonantes da innovación no sector pesqueiro. Identificación e evaluacion dos determinantes clave
Autoría
F.J.B.M.
Grao en Economía
F.J.B.M.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 16:00
02.07.2024 16:00
Resumo
A innovación é a pedra angular sobre a que se deposita o crecemento económico da sociedade occidental. Desde a irrupción da revolución industrial, o modelo económico-social foi abandonando o patrón da economía de subsistencia e foi desenvolvendo un ecosistema no que é de vital importancia o constante crecemento e desenvolvemento empresarial para o correcto funcionamento da economía, tanto a nivel micro como macro. Dito crecemento constante non se alcanza de forma automática, posto que as empresas de todos os sectores produtivos non operan de forma plenamente independente cos seus propios mercados asegurados, tendo que competir entre elas tanto polos recursos produtivos como pola súa influencia e impacto nos mercados de consumo. Este ecosistema desembocou nunha especie de lei de selección natural, na cal para sobrevivir hai que saber innovar fronte aos teus competidores para evitar que estes te superen, desembocando no auxe daqueles que innovaron de forma correcta e no declive daqueles que interpretaron mal o mercado ou directamente non souberon reinventarse. De forma xeralizada, asóciase como principal sector da innovación o sector tecnolóxico e o sector servizos; e na súa contrapartida, asóciase aos sectores primarios como aqueles máis estáticos e reacios á innovación. Por iso, este traballo indagará sobre as fontes de innovación xurdidas dentro dun sector primario moi relevante, como é o da pesca. Para iso, recollerase unha definición acerca dos distintos métodos de innovación que pode atopar unha empresa, así como unha breve análise dos posibles detonantes que se poden atopar para que se incentiven ditos cambios. Posteriormente, seleccionaranse tres empresas de distinto tamaño ás cales se lles elaborará un breve estudo acerca da aplicación de ditos modelos e que factores son máis relevantes á hora de potenciar a innovación no sector da pesca.

SIXTO SANJOSE, VICTOR MANUEL (Titoría)
SIXTO SANJOSE, VICTOR MANUEL (Titoría)
Tribunal
SIXTO SANJOSE, VICTOR MANUEL (Titor do alumno)

Metabolismo socieoconómico da UE: Análise do Metabolismo de Bulgaria, Romanía, Croacia, Suecia, Dinamarca e Irlanda.
Autoría
U.L.R.
Grao en Economía
U.L.R.
Grao en Economía
Data da defensa
02.07.2024 16:00
02.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo estúdase a evolución e os cambios do metabolismo socioeconómico en seis países: Bulgaria, Romanía, Croacia, Suecia, Dinamarca e Irlanda. A análise vai dende o ano 2013 ata o 2022, deste xeito, comprende as dúas crises vividas na Unión Europea neste periodo. Estes países foron seleccionados polas súas diferenzas na renda per cápita. Por unha parte, temos a Bulgaria, Romanía e Croacia como os países con menor renda e pola outra, a Suecia, Dinamarca e Irlanda como os países con maior renda. Trátase de comprender como as sociedades extraen, consumen e transforman os recursos que o medio lles proporciona. Se este proceso depende dos niveis de PIB per cápita ou pola contra, este indicador non inflúe no metabolismo. Ademais, analizar se as crisis que se produciron nestes anos afectaron ao metabolismo ou non o alteraron. O estudo do metabolismo socioeconómico é importante porque permite establecer unha relación entre o medio e o uso que as sociedades fan del. Proporciona información relevante para deseñar as políticas ambientais que fagan posible un desenvolvemento económico sostible. O traballo divídese en dúas partes: unha teórica e outra de anñalise. Na teórica inclúense conceptos relevantes como o de metabolismo socioeconómico, as pegadas ambientais e a teoría da desmaterialización. Na parte de análise, inclúense datos relevantes para o metabolismo como a extracción doméstica, a dependencia das importacións, o consumo de combustibles, etc. Os datos foron extraídos da base de datos de Eurostat.

DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Titoría)
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Titoría)
Tribunal
DOLDAN GARCIA, XOAN RAMON (Titor do alumno)

Mudanzas demográficas e socioeconómicas nas áreas rurais de Galicia derivadas da COVID-19. Comparativa con Estremadura
Autoría
J.M.C.G.
Grao en Economía
J.M.C.G.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
O presente traballo trata de abordar as mudanzas, tanto no plano demográfico coma no socioeconómico, que a recente pandemia da COVID-19 trouxo consigo no mundo rural galego. Para iso, pártese de resumir as tendencias das áreas rurais galegas nas décadas previas. Sobre esa base, empregando unha serie de indicadores seleccionados, analízase a súa evolución nos anos recentes, para contrastar en que medida a COVID-19 supuxo un punto de inflexión. Como complemento desa análise empírica, apórtanse unha serie de reflexións, a partir dunha revisión da literatura, sobre en que medida a pandemia abriu novas oportunidades para a revitalización das áreas rurais. Por último, realízase unha análise comparativa da evolución galega coa constatada no medio rural da Comunidade Autónoma de Estremadura, para detectar as diferenzas e similitudes entre ambos territorios.
O presente traballo trata de abordar as mudanzas, tanto no plano demográfico coma no socioeconómico, que a recente pandemia da COVID-19 trouxo consigo no mundo rural galego. Para iso, pártese de resumir as tendencias das áreas rurais galegas nas décadas previas. Sobre esa base, empregando unha serie de indicadores seleccionados, analízase a súa evolución nos anos recentes, para contrastar en que medida a COVID-19 supuxo un punto de inflexión. Como complemento desa análise empírica, apórtanse unha serie de reflexións, a partir dunha revisión da literatura, sobre en que medida a pandemia abriu novas oportunidades para a revitalización das áreas rurais. Por último, realízase unha análise comparativa da evolución galega coa constatada no medio rural da Comunidade Autónoma de Estremadura, para detectar as diferenzas e similitudes entre ambos territorios.
Dirección
LÓPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titoría)
LÓPEZ IGLESIAS, EDELMIRO (Titoría)
Tribunal
ESPIDO BELLO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
SANDE VEIGA, DIEGO (Secretario/a)
NOGUEIRA MOURE, EMILIO (Vogal)
ESPIDO BELLO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
SANDE VEIGA, DIEGO (Secretario/a)
NOGUEIRA MOURE, EMILIO (Vogal)
Análise do consumo e da comercialización de produtos ecolóxicos en Galicia.
Autoría
I.C.D.
Grao en Economía
I.C.D.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
O aumento do consumo e da produción de produtos ecolóxicos durante os últimos anos fai posible cada vez máis a substitución deste sector polo convencional da agricultura. Ditos aumentos son a consecuencia en gran medida do novo estilo de vida activa e saudable, aínda que, nos últimos anos, comeza a coller importante relevancia o factor socioeconómico, a sostibilidade do medio ambiente e a protección deste posibilitando o desenvolvemento dunha agricultura e gandería sostible que non abusa dos recursos naturais e que non implica esgotamento do medio nin arrisca a vida das futuras xeracións como acontece co método convencional. Con isto, este estudio, que consta de 9787 palabras, pretende dar unha imaxe de como foi evolucionando e como está actualmente o consumo de alimentos ecolóxicos, a súa comercialización e a distribución sen deixar de lado a visión que reflicte a produción neste e que permite darnos a imaxe dos apartados mencionados anteriormente.

Pobreza e desigualdade en perspectiva de xénero. Unha análise para Galicia no período 2010-2022.
Autoría
T.G.A.
Grao en Economía
T.G.A.
Grao en Economía
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Este traballo aborda principalmente os temas relativos á pobreza, así como tamén á desigualdade, focalizándose sempre que é posible en atopar as diferenzas salientables con respecto ao xénero que se poidan dar nas situacións de pobreza e desigualdade vividas pola poboación. Asemade, trata de pescudar cales son as causas destas compoñentes que permanecen de maneira estrutural na nosa sociedade, para logo intentar atopar as solucións a estas problemáticas. É importante resaltar o obxectivo de dar visibilidade á gravidade do problema social que desata a pobreza e a desigualdade e a intención de poñer o foco en ámbalas dúas variables á hora de realizar calquera análise, ben sexa económica ou de calquera tipo, para comprender mellor a realidade e poder erradicar os problemas dende a raíz. Con todo isto, centraremos o noso estudo na mostra da poboación galega para o período 2010-2022.