Fracaso empresarial e análise contable en empresas hoteleiras.
Autoría
R.Q.C.
Máster Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira

Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo de fin de máster ten como obxectivo a análise do fracaso empresarial en empresas turísticas españolas do sector hoteleiros cun enfoque descritivo. O traballo organízase en tres bloques. Un primeiro bloque presenta unha revisión da literatura académica sobre o fracaso empresarial, co obxectivo de definilo e identificar as principais variables e metodoloxías que se utilizaron para o estudo. O segundo bloque do traballo presenta un estudo descritivo do fracaso empresarial en hoteis españois utilizando o Z de Altman (1968) e o Z-Score durante o período 2018-2022. Para elo, analízase unha mostra deste tipo de empresas españolas obtida través da base de datos SABI. Ao mesmo tempo, realízase un estudo separado do fracaso nas tres principais empresas hoteleiras españolas, a saber, Hoteles Turísticos Unidos, S.A., Minor Hotels Europe and América, S.A. y Meliá Hotels International, S.A. O terceiro e último bloque de traballo, presenta unha análise de información contable de natureza tanto financeira como non financeira, co obxectivo de completar a análise do fracaso empresarial abordado nos dous bloques anteriores. A modo de síntese, este traballo conclúe que, no período analizado, o fracaso empresarial é un fenómeno presente e importante que convén analizar, máxime ao considerar a gran relevancia deste sector na economía española. Ademais, os resultados obtidos trala análise do fracaso indican que unha porcentaxe importante das empresas españolas do sector hoteleiro analizadas se encontra en situación de elevado risco de quebra ou de posibles problemas financeiros. Non obstante, este resultado está en liña co forte período de crise que tiveron estas empresas durante a pandemia por COVID-19 e que é considerado dentro do horizonte temporal avaliado neste traballo (2018-2022).

Dirección
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS (Titoría)
Tribunal
CANTORNA AGRA, SARA (Presidente/a)
GARRIDO RUSO, MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Vogal)
CANTORNA AGRA, SARA (Presidente/a)
GARRIDO RUSO, MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ GULIAS, MARIA JESUS (Vogal)
A negociación colectiva no sector dos aloxamentos turísticos en Galicia: análise da estrutura e propostas de mellora
Autoría
B.P.A.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
B.P.A.
Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas (2ªed)
Data da defensa
19.02.2025 12:00
19.02.2025 12:00
Resumo
O estudo aborda a negociación colectiva no sector dos aloxamentos turísticos en Galicia, analizando a estrutura e aplicación dos convenios colectivos dentro do marco normativo vixente. O estudo analiza a dinámica laboral, o impacto das reformas lexislativas e os retos da representación sindical. Tamén se identifican as desigualdades nas condicións de traballo e avalíase o impacto da regulación na estabilidade e protección dos traballadores. A partir da análise comparativa, preséntanse propostas para reforzar a negociación colectiva, promover a equidade no sector e garantir un marco normativo máis eficiente e harmonizado.

GIL OTERO, LIDIA (Titoría)
GIL OTERO, LIDIA (Titoría)
Tribunal
BENITO TORRES, JOSE LEANDRO (Presidente/a)
SALGADO BARANDELA, JESYCA MARIA (Secretario/a)
GARCIA GARAZO, MARIA TERESA (Vogal)

Análise económica financeira de Televés S.A.
Autoría
S.M.G.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
S.M.G.
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed) [S]
Data da defensa
17.02.2025 12:00
17.02.2025 12:00
Resumo
O propósito deste traballo de fin de máster é realizar unha análise económico-financeira de Televés S.A. co obxectivo de avaliar o seu rendemento e a súa posición competitiva fronte a algúns dos seus competidores. Examínase a súa situación actual, identificando as súas principais fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades, para propoñer medidas que permitan optimizar a súa xestión e os seus resultados competitivos, económicos e financeiros. O traballo estruturouse en distintas fases. Primeiro, preséntase a empresa, a súa traxectoria e a súa estrutura organizativa. A continuación, lévase a cabo unha análise externa e interna, considerando os factores que inflúen na súa competitividade. Despois, realízase unha análise económico-financeira fundamentada no cálculo de porcentaxes verticais e horizontais, ratios e indicadores en relación cos estados financeiros de Televés e os do grupo de comparación seleccionado. Ao final, recapitúlanse os factores identificados nas fases principais da análise para destacar a situación financeira actual da empresa e suxírense algunhas estratexias que poderían reforzar o seu posicionamento no mercado. O traballo consta de 14.319 palabras.

DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
DURAN SANTOMIL, PABLO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA (Secretario/a)
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
FERNANDEZ LOPEZ, SARA (Presidente/a)
BASTIDA DOMINGUEZ, MARIA (Secretario/a)
CASTRO CASAL, MARIA DEL CARMEN (Vogal)