Ir o contido principal

Prácticas

As prácticas académicas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada pola USC que ten por obxectivo permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica de Grao ou Máster.

Ao tempo, as prácticas permiten a adquisición de competencias que preparan o alumnado para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a súa empregabilidade e fomentan a súa capacidade de emprendemento.

Tras os últimos cambios normativos, o alumnado que cursa a materia de prácticas, tanto no grao coma nos másteres, ten a obriga de facilitar o Número Único da Seguridade Social (NUSS) para poder realizalas. A Universidade será a responsable da alta dos e das estudantes na Seguridade Social.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.02.2024.