O SGC impulsa un proceso de mellora continua dos programas formativos para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese:
- Estudantes e egresados
- Persoal da USC
- Sociedade, terceiro sector e provedores
- Empresas e institucións
- Centros de ensinanza, universidades e institucións
- Administracións públicas
Para garantir un compromiso e atención sistemática, estruturada e continua á calidade, en termos de mantemento e mellora continua das titulacións que se imparten no centro:
- Identifica as necesidades e expectativas dos seus grupos de interese
- Identifica os procesos necesarios para o sistema de xestión de calidade e a súa aplicación para dar resposta ás necesidades dos grupos de interese.
- Determina a secuencia e interacción destes procesos.
- Determina os criterios e métodos necesarios para asegurar que tanto a operatividades coma o seguimento destes procesos sexan eficaces e satisfagan as necesidades dos grupos de interese.
- Asegura a dispoñibilidade de recursos e información necesarios para apoiar a operatividade e o seguimento destes procesos.
- Realiza o seguimento, a medición e a análise destes procesos.
- Implanta as accións necesarias para alcanzar os obxectivos planificados e mellorar continuamente os seus procesos para satisfacer as necesidades dos grupos de interese.