A USC aprobou o primeiro SGIC marco en decembro de 2009, e a Comisión de Calidade e Planificación Delegada do Consello de Goberno, na sesión que celebrou o 31 de maio de 2013, aprobou unha revisión, na que se recolleu unha simplificación e revisión global do sistema.
Os documentos que configuran o SGIC marco revisado da USC son o Manual extenso do SGIC marco, o Manual simplificado do SGIC da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais e o Manual de procesos e procedementos.
O noso centro adaptou o manual simplificado ás nosas particularidades, que foi aprobado na Xunta de Goberno da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais o 12 de maio de 2015 e pola Comisión de Calidade Delegada do Consello de Goberno na sesión do 12 de xuño de 2015.