Comezo da actividade lectiva 2022-2023
Información sobre o comezo da actividade lectiva 2022-2023
A data oficial de comezo da actividade lectiva é o día 5 de setembro. Na primeira semana (do 5 ao 9 de setembro) non haberá actividade lectiva normal, senón que se desenvolverá do seguinte modo:
Estudantado de primeiro curso:
O luns, día 5, non haberá actividades lectivas porque se usará toda a mañá para facer tres sesións de benvida consecutivas no Salón de Actos, segundo o seguinte horario:
- Lingua e Literatura Inglesas: 9:30 horas
- Lingua e Literatura Españolas e Lingua e Literatura Galegas: 11 horas
- Filoloxía Clásica e Lingua e Literatura Modernas: 12:30 horas
Nela comentarémo-las principais cuestións organizativas da Facultade e do curso académico e responderemos tódalas dúbidas.
No resto dos días (días 6, 7 e 8, xa que o día 9 se prevé non ser lectivo polo acto oficial de apertura de ano académico), só haberá clases presenciais nas materias de lingua (Linguas 1) e na materia de Lingüística 1.
O profesorado destas materias informará previamente o estudantado, a través da aula virtual, dos horarios desta(s) sesión(s) presencial(is) que terá(n) lugar nesta semana. Tamén se informará disto na sesión de benvida do luns día 5.
Nas materias de Literatura, Historia de literatura ou Literatura e cultura (do primeiro cuadrimestre) non haberá clases presencias nesta primeira semana pero si na aula virtual o profesorado poñerá información relevante sobre o desenvolvemento da materia.
A partir do día 12 de setembro haberá docencia presencial con normalidade.
Estudantado de segundo, terceiro e cuarto:
Nas materias de segundo, terceiro e cuarto (incluídas as indicadas materias ‑de 1º curso do maior e segundo do mínor‑ de Literatura, Literatura e cultura, Introdución á literatura...) non haberá presencialidade na primeira semana (días 5 a 9). Como mínimo, o profesorado fará a presentación de cada materia mediante a aula virtual e tamén poderá levar a cabo sesións asíncronas (mediante aula virtual) ou síncronas en liña a través de Teams (sempre no horario establecido para a materia) se así llo anuncia previamente ao estudantado. Polo tanto, a partir do día 5 débese consultar a diario a aula virtual de cada materia.
A partir do día 12 de setembro haberá docencia presencial con normalidade.