Ir o contido principal
  • USC

Convocatoria da VIII Edición do Proxecto Mentoring, Desenvolvemento profesional da USC, organizado pola Área de Orientación Laboral

O Proxecto Mentoring da USC é un programa que ten como obxectivo iniciar ao estudantado universitario, e titulados e tituladas recentes, nun programa de apoio individual para a toma de decisións e a planificación do seu futuro profesional.

Prácenos informala/o da apertura da VIII Edición do Proxecto Mentoring, Desenvolvemento profesional da USC, organizado pola Área de Orientación Laboral e Emprego a iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura.

Como seguramente coñecerán, o Proxecto Mentoring da USC é un programa que ten como obxectivo iniciar ao estudantado universitario, e titulados e tituladas recentes, nun programa de apoio individual para a toma de decisións e a planificación do seu futuro profesional.

Ao alumnado participante proporcionáselle o contacto cun profesional experimentado da mesma área profesional, que lle ofrece asesoramento, información e apoio para identificar mellor as súas fortalezas coa finalidade de mellorar as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral.

Trátase dun programa cunha ampla traxectoria, e cunha gran acollida entre o alumnado da USC.

A de este ano é a octava edición, que na pasada convocatoria contou con 97 mentores de moi diversos sectores do tecido empresarial galego https://www.usc.es/gl/proxectos/mentoring/mentores2022.html.

A quen vai dirixido este proxecto:

  • Estudantado de último curso de Grao ou Máster
  • Titulados/as de Máster no curso 2021/2022
  • Graduados/as no curso 2021/2022

O prazo de inscrición para que os alumnos/as se poidan inscribir permanecerá aberto ata o 27 de outubro.

Pódese formalizar a inscrición a través do seguinte enlace:  Inscrición

Enlace da convocatoria publicado na sede electrónica:

https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/117726/carga.htm

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2022.