Unha aproximación á influencia dos medios de comunicación na desafección política
Autoría
J.A.D.S.
Grao en Filosofía
J.A.D.S.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 10:30
26.06.2025 10:30
Resumo
Este traballo analiza como os medios de comunicación contribúen á desafección política, entendida como a progresiva perda de confianza na democracia, nas institucións e na participación cidadá. A través dunha perspectiva crítica, abordarase a relación entre os medios de comunicación e a política actual, explorando as estratexias empregadas para crear ou erosionar a confianza no sistema democrático, como as cámaras de eco, a influencia dos algoritmos ou a manipulación informativa. Finalmente, reflexionarase ó fío dun caso práctico (o tratamento mediático da DINA en Valencia) co obxectivo de ilustrar como estas dinámicas afectan á cidadanía e á súa relación coas institucións, especificar as consecuencias sociais e proporcionar unha análise profunda sobre a interacción entre os medios de comunicación, a política e a poboación, analizando os retos que isto implica para unha democracia participativa.

Dirección
MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA (Titoría)
MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)

Entre o medo e a angustia: Hegel e Kierkegaard fronte ao desespero
Autoría
N.A.N.
Grao en Filosofía
N.A.N.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 16:30
26.06.2025 16:30
Resumo
O presente escrito aborda unha análise comparativa entre Hegel e Kierkegaard a partir dos conceptos de medo, angustia e desespero como elementos estruturais na constitución do suxeito, centrando a lectura na Fenomenoloxía do espírito, O concepto de angustia e A enfermidade para a morte. Explórase como o medo aparece en Hegel como momento imprescindible na formación da conciencia, especialmente no contexto da loita polo recoñecemento, e como a negatividade e a contradición se converten en motores do desenvolvemento do Espírito. En Kierkegaard, a angustia entendida como categoría existencial permite revelar a singularidade do individuo, poñendo a este no vertixe da elección de facerse cargo ou non de si mesmo. O traballo amosa que, malia as súas diferenzas filosóficas e metodolóxicas, ambos pensadores coinciden en comprender o individuo como un proceso dinámico, atravesado polo negativo, pola dor e pola fractura. A análise do desespero permite integrar ambas perspectivas, mostrando que tanto o medo hegeliano como a angustia kierkegaardiana son condicións necesarias para a constitución do si mesmo. A través desta lectura, reflíctese a vital importancia destas categorías no camiño de formación do suxeito para acadar a súa realización, destacando que o desespero, máis que ser superado, debe ser habitado.

PARCERO OUBIÑA, OSCAR (Titoría)
PARCERO OUBIÑA, OSCAR (Titoría)
Tribunal
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)

O eterno retorno nos gregos: da temporalidade á historia
Autoría
A.B.D.
Grao en Filosofía
A.B.D.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
O obxectivo do seguinte traballo consistirá nunha revisión do mito do eterno retorno aplicado ao contexto grego arcaico e clásico. A tal fin, partirase da aclaración de que se entende por gregos en razón da amplitude do termo. Dilucidado isto, presentaranse as principais concepcións do tempo presentes no mundo heleno a partir da súa lingua e da súa cosmovisión. Deste xeito, poderase examinar a aplicabilidade do mito do eterno retorno a este contexto, tomando coma referencia a Eliade, e concluíndo o reducionismo que comportaría esta tese en virtude da pluralidade existente en Grecia de concepcións temporais e históricas. Pola outra banda, desenvolverase o senso que presenta a historia na Grecia clásica na obra de Heródoto, Tucídides e Xenofonte, de xeito que esta se vencelle co desenvolvemento dun tempo linear claramente oposto ao tempo cíclico que se desprende do mito do eterno retorno. A modo de conclusión, recapitularanse os motivos en prol da refutación da tese do eterno retorno coma modelo temporal e histórico en Grecia, defendendo, polo tanto, a pluralidade inherente ao pensamento grego e a necesidade de reconsiderar a súa caracterización canónica no relativo á temporalidade e á historia.

CONDE SOTO, FRANCISCO (Titoría)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)

Carne e poder: unha análise interseccional da carne como elemento vertebral de múltiples sistemas de opresión.
Autoría
Y.B.C.
Grao en Filosofía
Y.B.C.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 17:00
26.06.2025 17:00
Resumo
Este traballo propón unha análise crítica do concepto de carne dende unha perspectiva ecofeminista, concibíndoa non só como materia biolóxica, senón como ferramenta crítica que desvela múltiples lóxicas de dominación. A carne funciona como un límite ontolóxico e político que define quen pode ser recoñecido como suxeito, quen é excluído do espazo político e quen queda reducido a obxecto consumible. A través da análise das propostas de autoras como Val Plumwood, Alicia Puleo e Isabel Balza, explorarei os mecanismos que sustentan os chamados dualismos opresivos (corpo/mente, natureza/cultura, Humano/animal) como estruturas xerárquicas que invisibilizan a dependencia e lexitiman a desigualdade. Neste marco, o traballo aborda a carne como categoría crítica que permite desvelar como se constrúe a exclusión, ao tempo que se exploran vías alternativas de pensar a nosa relación co mundo e a alteridade en termos de vulnerabilidade e interdependencia. A carne, abre a posibilidade dunha nova comprensión da humanidade, non como o centro do mundo, senón como parte dun todo vivo, común e interdependente.

PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)

Byung-Chul Han e a crítica marxista á sociedade capitalista contemporánea.
Autoría
H.B.C.
Grao en Filosofía
H.B.C.
Grao en Filosofía
Data da defensa
14.02.2025 10:00
14.02.2025 10:00
Resumo
Byung-Chul Han é un dos filósofos máis famosos dos inicios do século XXI, un autor vivo e aínda en activo de profunda orixinalidade e contemporaneidade. A súa filosofía céntrase principalmente na análese do individuo e a sociedade no contexto da sociedade no actual capitalismo. En este ensaio examinarase o pensamento de Byung-Chul Han vendo se os seus conceptos e análeses mostran e amplían as preocupacións de Karl Marx acerca da explotación e alienación na era neoliberal. Byung-Chul Han, a través da súa exploración da psicopolítica, a sociedade do cansancio e a autoexplotación, ofrece unha visión ampla das novas modalidades de control e dominación que caracterizan o capitalismo do século XXI. Así, mentres que pola súa parte Marx centrouse na explotación de clase e a alienación do traballador, Han destaca o xeito no capitalismo neoliberal asume estas mecánicas, transformando os individuos en autoexplotadores ca ilusión da libertade do individuo. Analizando a evolución do poder dende as técnicas máis disciplinarias cara a manipulación psicolóxica e emocional, veremos con este ensaio se a crítica de Han complementa e moderniza a proposta marxista e se se pode entender esta crítica que fai do capitalismo contemporáneo como marxista ou se non é o caso.

POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Titoría)
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Titoría)
Tribunal
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Tratamento de datos, privacidade e implicacións filosóficas
Autoría
C.B.P.
Grao en Filosofía
C.B.P.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo analiza como se exerce o poder na era dixital, centrándose nos mecanismos de control, vixilancia e extracción de datos que configuran a sociedade contemporánea. Por medio dun percorrido conceptual que parte dos modelos disciplinares clásicos e se estende até as formas actuais de vixilancia algorítmica, examínase como as estruturas de poder evolucionaron para operar de forma máis difusa, personalizada e continua. Este traballo pretende problematizar as condicións que impón a era tecnolóxica e cuestionar as promesas de liberdade nun entorno onde a autonomía é cada vez máis fráxil.

SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Titoría)
SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Titor do alumno)

Filosofía do amor no Colar da pomba en Ibn Hazm de Córdoba
Autoría
A.C.C.
Grao en Filosofía
A.C.C.
Grao en Filosofía
Data da defensa
14.02.2025 10:00
14.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo é froito da lectura e o estudo da obra O colar da pomba de Ibn Hazm. En primeira instancia farase un repaso polas circunstancias filosóficas e históricas que deron lugar ó nacemento da filosofía árabe occidental e as particularidades dunha rama diferenciada da mesma, a filosofía andalusí. Posteriormente, se procederá a apuntar os fenómenos que envolven a complexa figura do autor cordobés, o que permitirá botar luz sobre a virtualidade desta obra súa en específico. Seguidamente explicaranse as particularidades do amor udrí, os efectos da súa transmisión no al-Andalus e a coroación literaria do mesmo a través do escrito que aquí nos ocupa. Finalmente, vaise salientar e explicar a metodoloxía seguida por Ibn Hazm para ver realizada a súa principal pretensión: explicar a esencia mesma do amor.

AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Titoría)
AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
BARCIA GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

De Freud a Marcuse: unha lectura da insatisfacción do suxeito contemporáneo no capitalismo.
Autoría
U.F.D.S.
Grao en Filosofía
U.F.D.S.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 17:00
26.06.2025 17:00
Resumo
O presente traballo propón unha lectura da insatisfacción do suxeito contemporáneo no capitalismo avanzado a partir do diálogo entre a teoría psicanalítica de Sigmund Freud e a súa reinterpretación crítica por parte de Herbert Marcuse. A hipótese central sostén que o malestar non debe entenderse como un destino inescusábel da vida en sociedade, senón como un efecto histórico da organización represiva do desexo, especialmente na súa forma excedente e normativizada nas sociedades industriais avanzadas.
O presente traballo propón unha lectura da insatisfacción do suxeito contemporáneo no capitalismo avanzado a partir do diálogo entre a teoría psicanalítica de Sigmund Freud e a súa reinterpretación crítica por parte de Herbert Marcuse. A hipótese central sostén que o malestar non debe entenderse como un destino inescusábel da vida en sociedade, senón como un efecto histórico da organización represiva do desexo, especialmente na súa forma excedente e normativizada nas sociedades industriais avanzadas.
Dirección
CONDE SOTO, FRANCISCO (Titoría)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)
Habitar a traxedia. Proposta dunha ética para a
Autoría
A.X.G.G.
Grao en Filosofía
A.X.G.G.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 17:30
26.06.2025 17:30
Resumo
No presente traballo, preténdese, a partir da noción de «traxedia da cultura» de Georg Simmel, elaborar: en primeiro lugar, a investigación do alcance filosófico deste concepto, coa axuda da tese de Ortega y Gasset sobre a «idade da técnica» e a «inquietude de si» proposta por Foucault en A hermenéutica do suxeito; e, en segundo lugar, explorar a relación e o alcance disto na cultura contemporánea, para o cal se analizará o contexto actual da man, principalmente, de Paul B. Preciado e Foucault. A partir desta exposición, establecerase a relación entre a «traxedia da cultura» e a contemporaneidade, así como unha posible resposta aos problemas xurdidos, baseada na proposta ética de Simmel para o individuo. A preocupación esencial que guiará a investigación será, pois, a relación que o individuo establece coa cultura e en que lugar se sitúa na actualidade.

ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
O papel da astucia de Odiseo na Dialéctica da Ilustración de Adorno e Horkheimer
Autoría
P.L.B.
Grao en Filosofía
P.L.B.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 12:00
26.06.2025 12:00
Resumo
Na Dialéctica de la Ilustración, Adorno e Horkheimer evidencian as contradiccións internas da racionalidade occidental. A razón sempre foi concebida como unha ferramenta para o coñecemento e para a emancipación do ser humano. Porén, o seu uso como razón instrumental deu lugar a unha lóxica de dominio que controla a natureza e a subordina ós intereses humanos. Paradóxicamente, para poder dominar a natureza o ser humano debe dominar tamén a súa propia natureza. Adorno e Horkheimer atopan en A Odisea de Homero unha representación paradigmática desta tensión dialéctica entre emancipación e dominio: O protagonista Odiseo enfréntase á natureza imponderable gracias a súa astucia, pero ó facelo debe sacrificarse e dominarse a si mesmo. No presente traballo analizaremos primeiro a evolución, os elementos centrais e o fundamento paradóxico da Ilustración tal e como a entenden Adorno e Horkheimer. Partindo desta base analizaremos en que sentido a astucia de Odiseo ilustra o concepto de razón instrumental e evidencia de xeito paradigmático a dialéctica da Ilustración.

RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)
A crise da reprodución social dentro do modo de produción capitalista
Autoría
M.M.D.P.
Grao en Filosofía
M.M.D.P.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 18:00
26.06.2025 18:00
Resumo
A reprodución social é o conxunto de toda actividade que contribúe ao crecemento, aprendizaxe, creación e mantemento de relacións sociais e lazos comunitarios. Neste traballo partiremos da tese de que o modo de produción capitalista provoca crises recurrentes sobre a reprodución social. Para demostrar isto, exporemos primeiro aquelas características do capitalismo que entran en conflicto coa reprodución e os coidados. Despois, tomando o traballo de Nancy Fraser, entre outras autoras, proporemos unha liña do tempo das diferentes formas concretas que o capital tomou na súa historia, para observar as especificidades en cada época en relación coa reprodución social. Poremos especial énfase na crise actual dos coidados, a problemática contemporánea que o neoliberalismo provoca na reprodución social. Por último, exploraremos propostas feministas de afrontamento da crise, poñendo en valor a folga feminista e a acción colectiva coma potencialidades emancipatorias a ter en conta ao desenvolver unha teoría e praxe que pretenda verdadeiramente ter un impacto real nas condicións de vida das persoas.
A reprodución social é o conxunto de toda actividade que contribúe ao crecemento, aprendizaxe, creación e mantemento de relacións sociais e lazos comunitarios. Neste traballo partiremos da tese de que o modo de produción capitalista provoca crises recurrentes sobre a reprodución social. Para demostrar isto, exporemos primeiro aquelas características do capitalismo que entran en conflicto coa reprodución e os coidados. Despois, tomando o traballo de Nancy Fraser, entre outras autoras, proporemos unha liña do tempo das diferentes formas concretas que o capital tomou na súa historia, para observar as especificidades en cada época en relación coa reprodución social. Poremos especial énfase na crise actual dos coidados, a problemática contemporánea que o neoliberalismo provoca na reprodución social. Por último, exploraremos propostas feministas de afrontamento da crise, poñendo en valor a folga feminista e a acción colectiva coma potencialidades emancipatorias a ter en conta ao desenvolver unha teoría e praxe que pretenda verdadeiramente ter un impacto real nas condicións de vida das persoas.
Dirección
MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA (Titoría)
MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
O budismo Zen na cultura xaponesa
Autoría
N.M.P.
Grao en Filosofía
N.M.P.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 10:00
26.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten como propósito dar a coñecer de que forma se manifesta o budismo Zen na cultura e pensamento do Xapón. Para isto, primeiramente explicarase que é o budismo Zen, atendendo á súa orixe, historia e contido, e, ademais, verase como chega a Xapón e se instala. A continuación, pasarase a analizar a influencia do Zen na conformación da cultura e o carácter xaponeses, poñendo o foco sobre dous eidos, a saber: a arte, entendida como camiño espiritual, e a vida cotiá da sociedade nipona.

AGIS VILLAVERDE, MARCELINO (Titor do alumno)

Querer querer, pero doutras formas: unha análise crítica do amor na contemporaneidade
Autoría
L.M.V.
Grao en Filosofía
L.M.V.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 11:30
26.06.2025 11:30
Resumo
O amor foi un obxecto de estudo desatendido no ámbito político ata hai poucas décadas. Os estudos feministas puxeron de manifesto os problemas do imaxinario do amor romántico como estratexia de dominación e sometemento das mulleres. Non obstante, o capitalismo emocional deu lugar a outro marco cultural desde o que comprender o amor, baseado no consumo de emocional e de corpos, a cousificación e a procura do beneficio propio: as relacións negativas. Fronte ás derivas relacionais hiperindividualistas das sociedades do capitalismo tardío, reivindicamos o potencial subversivo do amor e dos vínculos para tecer novas redes relacionais centradas na interdependencia, os coidados e a solidariedade.

GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
Tribunal
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Presidente/a)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
Universalidade contra diferenza: unha crítica contra a racionalidade e o individualismo da filosofía política liberal
Autoría
S.N.S.
Grao en Filosofía
S.N.S.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 12:30
26.06.2025 12:30
Resumo
O termo universal é unha categoría fundamental na filosofía política contemporánea. Nas últimas décadas, distintos movementos sociais (como o feminismo ou o poscolonialismo) teñen sinalado as limitacións do liberalismo, poñendo así en tela de xuízo a presunta universalidade dos seus presupostos. Nesta liña, o obxectivo deste traballo é poñer de manifesto como o universal utilízase ideolóxicamente en favor do status quo. En primeiro lugar, expoñerase brevemente en que consiste o problema da universalidade, é dicir, a súa xenealoxía e trazos fundamentais. A segunda sección aproxímase á cuestión da diferenza para desenmascarar a especificidade cultural do universal. Para isto, examinaranse os ideais de imparcialidade e neutralidade. Durante a terceira sección, problematizarase a dimensión individualista do universal. Contra a herdanza contractualista, defenderase a importancia dos grupos sociais para poder comprender as inxustizas estructurais. Igualmente, reivindicarase a dimensión relacional do ser humano como alternativa ás ontoloxías atomistas. Na cuarta sección, cuestionarei a xerarquización da racionalidade sobre a emoción e o corpo mostrando como se empregou para devaluar certos tipos de discurso. Por último, presentaranse as conclusións, nas cales formularanse algúns interrogantes acerca da posibilidade de compatibilizar a universalidade coa diferenza.

Prostitución, traballo sexual e neoliberalismo: algunhas aproximacións dende o feminismo.
Autoría
A.R.R.
Grao en Filosofía
A.R.R.
Grao en Filosofía
Data da defensa
25.06.2025 18:00
25.06.2025 18:00
Resumo
Actualmente, segundo o ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, España é o país con maior consumo de prostitución de Europa e ocupa o terceiro posto a nivel mundial. Segundo o INE, a industria do sexo supón un 0.35% do PIB e se estima que 45.000 mulleres exercen a prostitución (EITB, 2014). Sin embargo, o intercambio de sexo por diñeiro non está regulado no noso país, e existen serias dificultades para protexer os dereitos humanos das traballadoras sexuais. Dende os anos sesenta, a análise da prostitución/traballo sexual no feminismo foi o centro de certos consensos, pero tamén de disensos e enfrontamentos ate a actualidade. Que debe facerse ante as cifras presentadas? é per se a existencia do traballo sexual/prostitución una manifestación máis do patriarcado estrutural vixente? O obxectivo deste traballo é analizar as distintas posturas existentes dentro do feminismo en torno á prostitución/traballo sexual. A través dunha análise bibliográfica, propóñome, en primeiro lugar, dar conta das diversas posturas que existen dentro deste debate e, nun segundo lugar, abordar outroa conceptos como a tensión entre pracer e perigo ou a liberdade sexual. Por último, pondrei o foco no contexto neoliberal actual e as súas consecuencias nos ámbitos da subxectivación e da sexualidade.

Jiménez Esquinas, Guadalupe (Titoría)
Jiménez Esquinas, Guadalupe (Titoría)
Tribunal
Jiménez Esquinas, Guadalupe (Titor do alumno)

Filosofía na fronteira entre Oriente e Occidente: os encontros esquecidos de Bactria.
Autoría
R.M.R.B.
Grao en Filosofía
R.M.R.B.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 11:00
26.06.2025 11:00
Resumo
Este traballo pon a mirada nas interaccións directas entre o canon filosófico heleno e o pensamento oriental. Especificamente, procédese a examinar en detalle as narracións conservadas sobre os gimnosofistas, ascetas de orixe india cos que Pirrón de Elis tería contacto. Para sustentar esta tese, xustapóñense os contidos filosóficos das tradicións Ajñana e budista ás ideas de Pirrón. Compárase a tripla caracterización pirrónica de todos os pragmata co Trilaksana budista; a epoché como momento de suspensión do xuízo coa amarakathananilambana; a formulación dunha lóxica catripartita en ambas as escolas; ou as semellanzas entre o nirvana e a ataraxia como obxectivos ulteriores. Como resultado, extráense similitudes notorias coas que se fai posible expor unha crítica á visión eurocéntrica da filosofía durante a Antigüidade clásica. A existencia na India dunha rica tradición escéptica anterior e a súa influencia na nada en Grecia, xunto a súa correspondente práctica ética, probaría a necesidade de prestar maior atención a este vínculo que, en certa maneira, caeu no esquecemento ou, canto menos, foi relegado a un lugar marxinal nas investigacións académicas.

Heteronormatividade e sexualidade obrigatoria: unha aproximación histórica á crítica lesbofeminista
Autoría
Y.R.A.
Grao en Filosofía
Y.R.A.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 13:00
26.06.2025 13:00
Resumo
Este traballo explora o lesbofeminismo como corrente histórica e política que, desde as décadas de 1960 e 1970, cuestionou a heterosexualidade como réxime imposto e as categorías de xénero como construcións sociais. O estudo céntrase especialmente en dúas autoras clave: Monique Wittig e Adrienne Rich, cuxas obras foron fundamentais para desnaturalizar a heterosexualidade e propoñer novas formas de comprender o desexo, a identidade e a subordinación das mulleres. Así mesmo, abórdanse as proxeccións contemporáneas das súas ideas, a súa influencia no marco das teorías queer e os debates actuais arredor do feminismo lésbico.

Herrero Pérez, Maria Nieves (Titoría)
Herrero Pérez, Maria Nieves (Titoría)
Tribunal
PARCERO OUBIÑA, OSCAR (Presidente/a)
RIVERO JIMENEZ, BORJA (Secretario/a)
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Vogal)
PARCERO OUBIÑA, OSCAR (Presidente/a)
RIVERO JIMENEZ, BORJA (Secretario/a)
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Vogal)
La consideración moral de los seres sintientes
Autoría
V.R.O.
Grao en Filosofía
V.R.O.
Grao en Filosofía
Data da defensa
14.02.2025 10:00
14.02.2025 10:00
Resumo
Aínda que nas últimas décadas avanzouse considerablemente na cuestión da ética animal, esta segue sen resolver e non hai vista de que se resolva nun futuro próximo. Os filósofos activistas polos dereitos dos animais defenden a sintiencia como único requisito para poder ser suxeito de consideración moral. A sintiencia é a capacidade que teñen certos seres vivos de ter experiencias, de sentir emocións e de percibir o seu entorno de maneira subxectiva, e neste traballo defenderei esta idea da sintiencia como criterio de consideración moral. Para iso, primeiro darei unha explicación detallada sobre este termo; no punto seguinte tratarei a cuestión do sufrimento e por que o sufrimento dos seres humanos non é máis relevante que o dos animais non humanos; e para finalizar, expoñerei o tipo de discriminación que perpetúa esta idea de que certas especies son máis merecedoras de consideración que outras, o especismo, e máis concretamente a idea de que os humanos son superiores ao resto de especies, o especismo antropocéntrico.

HORTA ALVAREZ, Óscar (Titoría)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Titoría)
Tribunal
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
Migración, unha ollada política: o caso particular do Uruguai
Autoría
M.B.S.G.
Grao en Filosofía
M.B.S.G.
Grao en Filosofía
Data da defensa
26.06.2025 13:30
26.06.2025 13:30
Resumo
Este traballo explora a construción do nacionalismo uruguaio baseándose nas súas raíces históricas, sociais e culturais, poñendo especial énfase no papel da inmigración e as diversas alteridades presentes no país. Desafía a idea dominante dun Uruguai exclusivamente branco e europeo, destacando as contribucións dos pobos indíxenas, afrodescendentes e inmigrantes (como os italianos) á formación dunha identidade colectiva. A través da análise de procesos como a educación, a fusión cultural e as tensións entre inclusión e exclusión, propón unha lectura crítica da narrativa nacional. Finalmente, reflexiona sobre como estas dinámicas históricas inflúen na recepción das novas migracións na actualidade e na forma en que o país se entende a si mesmo.

FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Titoría)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Titoría)
Tribunal
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
Afectividade e relixión: o amor como elemento vertebrador da Ética de Spinoza
Autoría
A.U.C.
Grao en Filosofía
A.U.C.
Grao en Filosofía
Data da defensa
14.02.2025 11:00
14.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo parte da tese de que o amor é o elemento central da Ética de Spinoza. Nel analízase como a procura da felicidade é indisolúbel da investigación acerca do obxecto de amor perfecto e de que xeito este proceso parte da afectividade do individuo, que vai descubrindo dende a súa singularidade, grazas á razón, a comunidade de tódalas cousas e atopa a súa perfección no amor Dei intellectualis. Ademais, mantense que as súas onoloxía, epistemoloxía e ética cobran verdadeiro sentido na medida en que se entenden en relación co amor.

VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Titoría)