A Vila de Gaudila. A toponimia como memoria popular e identidade cultural.
Autoría
J.C.G.P.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)

Data da defensa
16.07.2024 17:15
16.07.2024 17:15
Resumo
Partimos da localización da parroquia de Goiás atendendo aos lindes referenciados no Catastro de Ensenada e mudados no Arranxo Parroquial de 1891. De seguido, e como eixo do traballo, recompilamos microtoponimia (aldeas, fontes, augas, terras e pedras) relacionada con esta parroquia de Lalín (dita recompilación, ao ser moi extensa, achegámola no apéndice por cuestión de espazo). Dela, máis que a súa etimoloxía, interésanos a información que achega a través da tradición oral: uso, calidade e descrición física das terras, e acontecementos do pasado agochados baixo os topónimos. Así teceremos un diálogo coa historia desta parroquia, servindo como exemplo de como a tradición oral non só define e identifica a unha comunidade, senón que tamén fixa a súa memoria. De aí o subtítulo do traballo: A toponimia como memoria popular e identidade cultural. Recentemente a parroquia de Goiás, a Vila de Gaudila, foi considerada pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia coma obxecto de concentración parcelaria (data de aprobación do decreto: 27/10/2022 - DOG 16/11/2022). Predios con distintos nomes nun mesmo agro quedarán aglutinados baixo dous ou tres nomes, dependendo dos novos donos. O minifundismo do antigo réxime, rico en microtoponimia, deixará paso ao latifundismo do novo réxime. A riqueza inmaterial que a toponimia achega quedará reducida a números referentes ao polígono e parcela, perdéndose en parte a rica tradición que cada topónimo traía consigo. Finalmente, como conclusión, elaboramos unha clasificación dos microtopónimos recollidos segundo as motivacións que os orixinaron, e unha reflexión sobre a simbolización lingüística dos espazos e das experiencias da tradición. De xeito virtual, facilitarase un enlace a un mapa de Google Maps no que se atopan xeolocalizados os microtopónimos recompilados.

Dirección
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Titoría)
BALIÑAS PEREZ, JOSE CARLOS (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DOVAL ADAN, ANTONIO (Presidente/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)

Entre o franquismo e os novas dereitas. Unha aproximación aos discursos de odio de VOX arredor da migración, xénero sexualidade e a ruralidade.
Autoría
D.M.W.

16.07.2024 18:30
16.07.2024 18:30
Resumo
Este Traballo Fin de Máster (TFM) ten como obxectivo rastrexar a fisionomía e xenealoxía dos principais discursos de odio do partido político de extrema dereita español VOX, así como responder á pregunta de se se trata dun fenómeno novidoso propio da nova dereita ou é unha reconversión dos legados do franquismo. Farase unha introdución sobre a constitución deste partido, así como das súas transformacións no período 2015 e 2019, no que combinan a oposición á autonomía catalá, a resposta conservadora á afluencia migratoria, ou o auxe doutras ultradereitas europeas, a toma do poder presidencial por parte de Donald Trump e a pandemia da COVID 19. Tres obxectivos impulsaron a investigación: Deconstruír a narrativa sobre os inmigrantes, que atopa unha serie de semellanzas co pensamento conspirador do 'Gran Remprazo', que se revitaliza coa cobertura mediática de movementos de países do norte de África e árabes musulmáns arredor de 2015, a través de vías marítimas do mar Mediterráneo. Problematizar a súa lectura heteropatriarcal, cuxa concepción de xénero e sexualidade foi unha constante pola influencia católica, pero que se achegou a un discurso transnacional de 'ideoloxía de xénero', cuxo núcleo se atopa en grupos antifeministas latinoamericanos como Conmishijosnotemetas. Desentrañar a construción do 'rural' como un disputado significante baleiro, que tomou os discursos do franquismo sobre as cidades e transformouno nunha batalla cultural polos símbolos asociados ao 'tradicional', que ten como contrapartida expulsar dese campo semántico a todo ou que non cae na súa visión nacionalista e heteropatriarcal, que se relaciona cos dous ítems anteriores. Entre as fontes primarias empregadas para este TFM priviléxianse os discursos políticos, programas electorais e a cobertura mediática sobre e dende VOX. Por outra banda, para a necesaria contextualización e comparación con outros movementos, empregarase bibliografía secundaria especializada en inglés, castelán, portugués e francés.

CABANA IGLESIA, ANA (Titoría)

Impacto Económico e Sociocultural dos Festivais de Música Rock: Revisión de Métodos de Avaliación e Estudo do Caso do Caudal Fest
Autoría
M.A.F.G.

16.07.2024 16:00
16.07.2024 16:00
Resumo
O presente traballo fin de máster estuda distintos métodos de avaliación de impacto de festivais de música. Céntrase no estudo de metodoloxías que analicen de maneira global a realidade dos festivais de música. Despois da revisión bibliográfica e a análise teórica das tres metodoloxías destas características, procédese ao estudo do caso do Caudal Fest, no que se analiza a aplicación da metodoloxía 360º (unha das metodoloxías analizadas) no informe realizado por FEST Galicia no ano 2019 e realízanse entrevistas para coñecer como os distintos grupos de interese empregan os informes de avaliación de impacto para coñecer o retorno do seu patrocinio ou inversión. Nos resultados obsérvanse distintas particularidades de cada metodoloxía analizada ou que o impacto máis medido por parte dos grupos de interese é o impacto comunicativo, xa que a principal forma de colaboración é o patrocinio publicitario.

BANDE RAMUDO, ROBERTO (Titoría)

A saga das gaitas Represas: contextualización histórica, análise musical e proxecto cultural.
Autoría
B.R.A.

19.02.2024 16:30
19.02.2024 16:30
Resumo
Os constructores de gaitas Represas, da parroquia de Xinzo de Ponteareas (Pontevedra), eran catro irmáns: Antonio , Jesús , José e Jesumino. Estes catro persoeiros naceron nunha familia moi humilde pero fixeron historia porque conseguiron ser un taller de artesáns distinguidos no eido da gaita de fol galega. Esta distinción foi gañada grazas ao seu bo facer. Ademais, segundo varias testemuñas, eran capaces de crear instrumentos con recursos de baixo custe pero con gran calidade tímbrica. Cómpre salientar que os catro irmáns, carecían de moitos coñecementos musicais académicos aínda que formaban parte dos músicos da primeira Banda de Música de Xinzo (parroquia de Ponteareas). O primoxénito, Antonio, chegou a ser subdirector de dita agrupación e compuxo as súas propias pezas de gaita. Actualmente, algunhas destas composicións de Antonio, O Marreco forman parte da programación do Conservatorio Superior de Música de Vigo na especialidade de música tradicional. E finalmente, o enfoque do meu TFM será en torno a tres pilares: contextualización histórica da vida e obra destes artesáns, estudo e análise das composicións musicais atopadas de O Marreco e descrición dun proxecto cultural en homenaxe a eles catro.

Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
Blanco Garcia, Carmen (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
ALONSO PEREZ, SILVIA (Vogal)

Análise e comparativa dos catro festivais de música clásica organizados na Galiza do século XXI.
Autoría
M.D.L.O.G.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
M.D.L.O.G.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
16.02.2024 12:30
16.02.2024 12:30
Resumo
Os festivais son eventos que se organizan co propósito de celebrar unha actividade cultural, artística, relixiosa ou social específica. Os festivais reflicten unha diversidade de características que os fan únicos e atractivos. Son ocasións de celebración, onde as persoas se reúnen para desfrutar, divertirse e compartir experiencias. Existe unha ampla gama de actividades e expresións artísticas, que van desde a música e o teatro ata a gastronomía e as tradicións folclóricas. Este Traballo Fin de Máster céntrase nos festivais de música clásica que se celebran en lugares de Galiza afastados das cidades. O obxectivo principal deste traballo é analizar cal é o impacto, cultural, económico, artístico e social que proxectan estas manifestacións artísticas nas contornas onde se celebran e indagar na preferencia destes lugares e non as cidades para a súa organización. A investigación céntrase en catro festivais galegos que se celebran en diferentes provincias da comunidade. As entrevistas son o medio para levar a cabo esta investigación e con estas fontes orais farase unha análise dos datos recollidos para valorar a pegada que deixan este tipo de festivais na sociedade galega.

O escenario fronte á vida. Cultura pop e realidade histórica a partir da teoría crítica
Autoría
A.B.V.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
A.B.V.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
12.07.2024 10:00
12.07.2024 10:00
Resumo
O suicidio de Kurt Cobain -lamentado aínda por moitos hoxe en día- conmovía ao mundo enteiro o 5 de abril de 1994; tan só dous días despois comezaba en Ruanda o peor xenocidio da historia recente do continente africano. En 2017, a cantante Beyoncé conquistaba as redes tras a súa abraiante aparición nos Grammys e o anuncio do seu embarazo; ese mesmo ano, as autoridades birmanas decretaron a limpeza étnica dos rohinyás. O mundo enteiro comentou a puñada que Will Smith lle propinou a Chris Rock na gala dos Oscar de 2022, e nese ano o Tribunal Supremo dos Estados Unidos derrogaba o dereito ao aborto universal que levaba vixente case medio século. Estes son só algúns dos exemplos que destacan a vitoria da cultura pop mediática fronte á realidade social no imaxinario colectivo. O escenario fronte á vida. Cultura pop e realidade histórica consiste nunha crítica á industria cultural da que falan Adorno e Horkheimer, e pretende estudar e analizar que saberes son publicitados e con que fin. O proxecto práctico consiste nunha exposición fotográfica de momentos da cultura pop que se volveron virais (con cadansúa explicación), cada un deles acompañado dun suceso histórico de carácter social que se produciu no mesmo ano.

ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
ROCHA ALVAREZ, DELMIRO (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)

Comparativa de técnicas de escaneado 3D de obxectos patrimoniais: fotogrametría vs escáner láser 3D
Autoría
M.F.N.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
M.F.N.R.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
Este estudo analiza e compara as técnicas de fotogrametría e escaneo láser 3D no modelado 3D de obxectos patrimoniais escultóricos, avaliando a súa facilidade de uso, eficiencia, calidade dos modelos xerados e limitacións. Lévase a cabo o contraste mediante o modelado 3D, con ambas técnicas, da Ara da Domus do Mitreo en Lugo (España). Os resultados demostran que ambas técnicas son precisas e fiables, coa fotogrametría destacándose pola súa accesibilidade e flexibilidade en custos, e o escaneo láser pola súa alta precisión e inmediatez. Ademais, contribúese ao estudo da viabilidade de utilización destas técnicas nas actividades cotiás de museos e outras institucións culturais, tendo en conta que nestas institucións non atopemos persoal especializado na dixitalización ou deseño gráfico; proporcionando aos xestores culturais información útil para tomar decisións informadas sobre a implementación destas tecnoloxías, mellorando a preservación e difusión do patrimonio cultural de maneira sostible e efectiva.

Ortiz Sanz, Juan Pedro (Titoría)
Ortiz Sanz, Juan Pedro (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DOVAL ADAN, ANTONIO (Presidente/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DOVAL ADAN, ANTONIO (Presidente/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)
Proposta de Reforma do Espazo Expositivo Museo da Auga de Mondariz-Balneario
Autoría
B.P.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
B.P.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
12.07.2024 12:30
12.07.2024 12:30
Resumo
Este proxecto consiste na redefinición do actual Museo da Auga de Mondariz-Balneario onde se pretende achegar unha proposta renovada, sostible e con perspectiva de xénero, dos contidos, das infraestruturas e dos materiais para que sexa un museo atractivo, inclusivo e integrador. Unha exposición que amose a historia da creación e desenvolvemento desta vila termal, grazas ao redescubrimento das fontes mineromedicinais de Gándara e Troncoso, e da creación do Balneario de Mondariz dos irmáns Peinador.

CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
Materiais lingüísticos en formato físico xerados en dous espazos galegos: canles para a participación xuvenil.
Autoría
A.R.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
A.R.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
15.07.2024 12:30
15.07.2024 12:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar o papel dos materiais lingüísticos non electrónicos en programacións culturais orientadas á mocidade. Para tal finalidade levouse a cabo o estudo do caso de Noites Abertas e Nocturnia, iniciativas ambas que, como se indicará, corresponden á programación de dous concellos galegos urbanos. Realizouse unha recollida e análise destes instrumentos de difusión, comparouse a última programación dispoñible de cada un deles e entrevistouse aos xestores e xestoras de ambas iniciativas institucionais. Con posterioridade elaborouse un manual que busca servir como guía para incrementar a participación da xente nova en programas deste tipo e que procura ser útil en diferentes concellos galegos.
O obxectivo deste traballo é analizar o papel dos materiais lingüísticos non electrónicos en programacións culturais orientadas á mocidade. Para tal finalidade levouse a cabo o estudo do caso de Noites Abertas e Nocturnia, iniciativas ambas que, como se indicará, corresponden á programación de dous concellos galegos urbanos. Realizouse unha recollida e análise destes instrumentos de difusión, comparouse a última programación dispoñible de cada un deles e entrevistouse aos xestores e xestoras de ambas iniciativas institucionais. Con posterioridade elaborouse un manual que busca servir como guía para incrementar a participación da xente nova en programas deste tipo e que procura ser útil en diferentes concellos galegos.
Dirección
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
Blanco Garcia, Carmen (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
ALONSO PEREZ, SILVIA (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
Blanco Garcia, Carmen (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
ALONSO PEREZ, SILVIA (Vogal)
As Marondas. (A)terrar no rural dende o movemento queer.
Autoría
A.C.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
A.C.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
15.02.2024 13:30
15.02.2024 13:30
Resumo
Neste traballo ofrécese un mapeado sobre a realidade da disidencia sexual no rural galego, así como aos seus estudos, cuestionando as tendencias metronormativas dos estudos queer. Ofrecendo un dialogo entre teoría e práctica acercámonos ao colectivo rural As Marondas, situado no Concello de As Neves, Pontevedra, como caso práctico dende o cal ofrecer unha aproximación á construción de novas ruralidades dende o movemento queer. O colectivo enmárcase nunha tendencia de cambio que se está a desenvolver en algúns espazos rurais de Galicia dende iniciativas comunitarias que aterran no territorio, avogando pola reconstrución e reconfiguración dos nosos imaxinarios e futuros dende posicións máis integradoras, diversas e ecolóxicas. O arte e a cultura teñen aquí un papel fundamental sendo utilizadas como ferramentas de difusión e transformación, como formas de desobediencia fronte a orde. Neste marco ofrécese un acercamento as bases teóricas fundamentais que sosteñen As Marondas, ao seu nacemento, a súa breve vida como colectivo e ao seu desenvolvemento práctico pasado, presente e futuro.

BASANTA LLANES, NOEMI (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DOVAL ADAN, ANTONIO (Presidente/a)
BASANTA LLANES, NOEMI (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)
As relacións interxeracionais no ámbito rural a través da lingua e da música. Un proxecto cultural na escola de música de Visantoña
Autoría
U.G.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
U.G.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
15.07.2024 11:15
15.07.2024 11:15
Resumo
A sociedade galega mudou nos últimos tempos e con ela as relacións interxeracionais. Aínda con fondas fendas, o ámbito rural mantense, a través da xente vella, dos avós e das avoas, como o principal conservador da tradición e da identidade, fundamentalmente a través da lingua e da música. Este traballo ten por obxectivo deseñar e desenvolver un proxecto cultural multidisciplinar, no contexto da escola de música de Visantoña. O proxecto asenta nunha investigación previa sobre as relacións entre xeracións e o seu papel na transmisión cultural. A través do mesmo, preténdese contribuír á comprensión, mantemento e reforzamento dos vínculos entre xeracións. Desta maneira, o traballo constará de dúas partes fundamentais: a investigadora, mediante a que se realizará unha revisión bibliográfica dos temas a abordar; e o desenvolvemento do proxecto cultural na escola de música, que consistirá nun proceso asentado na recollida de datos ás persoas maiores por parte do alumnado. A través dese traballo de recollida obteranse materiais que se readaptarán para seren usados polo alumnado a través de pequenas obras de teatro e músicas sinxelas. Desa maneira, reforzaranse as relacións interxeracionais e as dúas partes, persoas maiores e pequenas, terán un papel activo no proceso.

DIAZ GEADA, ALBA (Titoría)
DIAZ GEADA, ALBA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
Blanco Garcia, Carmen (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
ALONSO PEREZ, SILVIA (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
Blanco Garcia, Carmen (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
ALONSO PEREZ, SILVIA (Vogal)
As redes sociais como ferramenta para a promoción da música clásica
Autoría
A.C.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
A.C.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
12.09.2024 17:15
12.09.2024 17:15
Resumo
A música clásica segue sendo relevante no mundo contemporáneo, a pesar da evolución da industria musical e dos gustos actuais do público. Este xénero representa unha parte relevante da herdanza cultural e musical de diversas sociedades. Aínda que pode que non ocupe o mesmo espazo na cultura popular que outros estilos, a música clásica resistiu a proba do tempo e segue sendo apreciada e desfrutada por persoas de todas as idades en todo o mundo. Coa evolución da tecnoloxía e a forma en que as persoas consumen contido, as redes sociais ofrecen novas oportunidades para chegar a audiencias máis amplas e diversificadas. Esta nova forma de comunicación cambiou a maneira en que se promociona e consome a cultura. Diferentes entidades utilizan plataformas en liña para aumentar a súa visibilidade, compartir contido visual atractivo que poida atraer a público máis novo e conectarse directamente coa audiencia. A transmisión de concertos en vivo e a interacción cos seguidores a través de enquisas e preguntas fomentan a participación. Ademais, as redes sociais facilitan a educación musical, a colaboración con outros artistas, a promoción de eventos e a preservación do legado musical, permitindo que o alcance sexa global e rompendo así as barreiras xeográficas tradicionais.

González Pereira, Miguel (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
ALONSO PEREZ, SILVIA (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
González Pereira, Miguel (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
ALONSO PEREZ, SILVIA (Vogal)
Manuel Dávila: a pegada do oficio na vida. Proposta expositiva
Autoría
A.D.F.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
A.D.F.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
16.09.2024 12:30
16.09.2024 12:30
Resumo
O traballo de Manuel Dávila García (Santiago de Compostela, 1934) conta unha historia persoal, cicelada a través da ourivaría. Este proxecto presenta unha proposta expositiva, arredor de súa obra, formación, relacións laborais e contexto, que recrea un relato de vida inscrito no marco da evolución de Santiago de Compostela e analiza o oficio como forma de identidade individual e colectiva. Baixo esta premisa, recollemos o proceso de deseño, produción e avaliación desta proposta, construída co enfoque de que a xestión cultural pode ser unha forma de servizo para á comunidade local, que defenda súa identidade, potencie o seu desenvolvemento e dinamice cambios que proxecten melloras no presente e no futuro
O traballo de Manuel Dávila García (Santiago de Compostela, 1934) conta unha historia persoal, cicelada a través da ourivaría. Este proxecto presenta unha proposta expositiva, arredor de súa obra, formación, relacións laborais e contexto, que recrea un relato de vida inscrito no marco da evolución de Santiago de Compostela e analiza o oficio como forma de identidade individual e colectiva. Baixo esta premisa, recollemos o proceso de deseño, produción e avaliación desta proposta, construída co enfoque de que a xestión cultural pode ser unha forma de servizo para á comunidade local, que defenda súa identidade, potencie o seu desenvolvemento e dinamice cambios que proxecten melloras no presente e no futuro
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
Bailarinas de pés descalzos. Proxecto expositivo sobre as pioneiras da danza moderna en España.
Autoría
A.B.F.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
A.B.F.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
12.09.2024 18:30
12.09.2024 18:30
Resumo
Bailarinas de pés descalzos, cuxo título fai referencia ao sobrenome co que Rubén Darío bautizou a Tórtola Valencia, é unha proposta de exposición itinerante que promove o papel das mulleres pioneiras da danza moderna en España. A danza moderna é un xénero que encarnou os ideais modernistas a finais do século XIX e principios do XX, cuxas artistas desafiaron a artificialidade do ballet clásico, que dominaba a escena occidental nese tempo. Contrariamente, buscaban un movemento “natural” e “libre” co que alcanzar a liberdade da mente a través da liberdade do corpo. Así, as representantes deste xénero de danza convertéronse en símbolos estéticos e sociais de cambio, en consonancia cos movementos feministas da época. A exposición ofrecerá diferentes escenarios combinando elementos tradicionais (fotografías, carteis, vestiario, etc) e recursos audiovisuais, para dar a coñecer as achegas de personalidades como Tórtola Valencia, Àurea de Sarrà ou Charito Delhor. Conxuntamente, ofertará visitas guiadas e actividades complementarias nas que os visitantes poderán experimentar a danza mediante diferentes propostas dancísticas e musicais. O obxectivo principal do proxecto reside en reivindicar o papel destas mulleres que foron pioneiras no cambio de concepción da danza en España. Outros obxectivos son: divulgar a historia de bailarinas e coreógrafas; promover a danza contemporánea; achegar as artes escénicas como alternativa cultural e de lecer; dar a coñecer a vida da muller no cambio de século e loitar contra o estereotipo da muller na danza como obxecto de entretemento.

Eu nacín nesta casa. Relatos sobre o parto durante a segunda metade do século XX no rural galego
Autoría
L.G.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
L.G.G.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
18.09.2024 12:30
18.09.2024 12:30
Resumo
A maneira en que as meniñas e meniños viñan ao mundo hai medio século era substancialmente distinta daquela que é habitual hoxe. Os nacementos ocorrían con frecuencia no lar familiar e eran eventos de rigorosa intimidade feminina. Por unha banda, o seguro médico gratuíto non era accesible a boa parte da poboación galega, co cal a asistencia sanitaria se demandaba exclusivamente en ocasións de elevado risco. Por outra, o parto estaba naturalizado como proceso fisiolóxico e a sororidade existente entre mulleres dunha mesma comunidade bastaba para resolver calquera continxencia que non presentara gravidade. Asemade, había no seo destas comunidades unha figura especialmente destacada, a das partureiras, que eran mulleres que carecendo dunha formación obstétrica oficial, semellaban posuidoras dunha sabedoría ancestral. Estas mulleres, que realizaban un labor xeralmente altruísta, tiñan unha posición significativa no núcleo das pequenas sociedades rurais. A realidade que aquí describimos alongouse no tempo, sobre todo no rural galego, onde as crianzas nacían na casa de xeito cotián ata ben entrada a década dos anos setenta. O traballo que presentamos neste documento pretende rescatar este pequeno retallo da historia das mulleres que con frecuencia está relegada a un segundo plano e que polo tanto precisa dunha maior visibilización. Socavamos na memoria das mulleres do rural, concretamente da Limia, no interior da provincia de Ourense, para recuperar un acervo cultural único do mundo feminino, a piques de perderse, pois xa non atopamos partureiras vivas que puidesen aportar o seu relato en primeira persoa. Fiamos, entón, a nosa historia a partir das voces das mulleres nacidas na década de 1950 ou anteriores, que viviron ou testemuñaron nacementos ocorridos na casa. Para dar continuidade a esta pescuda, achegámonos ás asociacións de nais existentes na actualidade, que se conformaron na súa maioría non só para servir de rede de apoio entre mulleres, replicando, dalgún xeito, a solidariedade que existía entre as nosas maiores, senón tamén para erguer focos de loita activa contra a violencia obstétrica perpetrada sistematicamente no servizo sanitario galego. Establecemos, xa que logo, unha conexión entre pasado e presente reparando en que o material recollido no rural pode constituír unha valiosa achega para as novas nais, que viven a súa maternidade baixo o asedio do capitalismo e a sombra dunha forma de violencia machista que aínda é aceptada publicamente.

BASANTA LLANES, NOEMI (Titoría)
BASANTA LLANES, NOEMI (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
Memorias ultramar: proposta de valorización do patrimonio arquitectónico en Viveiro
Autoría
I.L.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
I.L.B.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
18.09.2024 16:30
18.09.2024 16:30
Resumo
O presente traballo céntrase na arquitectura doméstica indiana da cidade de Viveiro e a súa importancia como testemuña da emigración galega. As travesías transoceánicas trouxeron consigo novas experiencias e culturas, permitindo que os galegos retornados construísen casas con características únicas que se converteron en símbolos da arquitectura moderna local. Reflexiónase sobre propostas culturais de valorización deste patrimonio para garantir a súa lonxevidade e fortalecer os compromisos da recuperación da memoria.
O presente traballo céntrase na arquitectura doméstica indiana da cidade de Viveiro e a súa importancia como testemuña da emigración galega. As travesías transoceánicas trouxeron consigo novas experiencias e culturas, permitindo que os galegos retornados construísen casas con características únicas que se converteron en símbolos da arquitectura moderna local. Reflexiónase sobre propostas culturais de valorización deste patrimonio para garantir a súa lonxevidade e fortalecer os compromisos da recuperación da memoria.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DOVAL ADAN, ANTONIO (Presidente/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DOVAL ADAN, ANTONIO (Presidente/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)
Lugo: Unha proposta cultural a través dos carteis de San Froilán
Autoría
S.D.B.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
S.D.B.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
18.09.2024 11:15
18.09.2024 11:15
Resumo
Este traballo é unha proposta de intervención cultural para ser desenvuelto n acidade de Lugo e vencellada á historia e á tradición das Festas de San Froilán. A proposta de intervención cultural consiste no deseño de dúas actividades baseadas no cartelismo das festas. Por unha banda atopamos unha mostra, que terá os diferentes carteis das festas e centrará o seu discurso na divulgación da psicoloxía da cor a través do estudo do seu uso nos mesmos. Esta exposición terá un Obradoiro que permitirá aos asistentes pintar os carteis expostos coas cores que consideren máis oportunas. Por outra banda temos unha actividade que se desenvolverá no exterior e require a participación dos asistentes ás festas e que ten como fin a divulgación das Festas de San Froilán a través das redes sociais, de dirixir aos participantes a través das diferentes zonas da cidade de Lugo e de potenciar o comercio local desas mesmas zonas.

Proxecto de divulgación de Cabo Blanco (Valdepares, Asturias)
Autoría
R.G.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
R.G.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
16.09.2024 11:15
16.09.2024 11:15
Resumo
O Castro de Cabo Blanco constitúe un dos espazos singulares da costa occidental asturiana. Destaca polo seu valor arqueolóxico como poboado fortificado da Idade de Ferro sendo un dos castros marítimos de maior extensión de Asturias. Ademais no seu emprazamento pódense apreciar rastros da historia xeolóxica da zona, con mostras de lousas e areniscas, así como a sua integración na rasa costeira. É tamén un excepcional punto de observación ornitolóxica xa que aves mariñas e da campiña danse cita neste espazo que combina os dous hábitats. Todo iso pódese descubrir na visita autoguiada que se propón. Historia, xeoloxía e ornitoloxía reunidas nunha soa ferramenta: o noso teléfono móbil. Un percorrido estruturado en doce paradas xeorreferenciadas nas que doce vídeos curtos permiten ao visitante coñecer os segredos de Cabo Blanco.

DOPICO CAINZOS, MARIA DOLORES (Titoría)
DOPICO CAINZOS, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
Águillas bronceadas, leóns desfachatados e serpes ambivalentes: os discursos das “novas dereitas” radicais de Donald Trump nos Estados Unidos e Javier Milei na Arxentina
Autoría
C.B.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
C.B.M.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
Propoñémonos realizar unha investigación lingüística do discurso das dereitas emerxentes na última década, centrándonos en dous personaxes en particular: Donald Trump nos Estados Unidos e Javier Milei na Arxentina. Apuntaremos a concretar, en primeiro lugar, unha análise semiótica baseada no simbolismo, iconografía e cores ás que recorren estes grupos e como contribúen á súa narrativa. Ao mesmo tempo, realizaremos unha análise de actores e audiencia a fin de identificar tanto como se constrúe e presenta a dereita neoliberal como tamén examinar como se dirixen ás súas audiencias e que tipo de respostas esperan obter. Na mesma liña e de carácter central, tentaremos unha análise das súas narrativas e o traballo coas metáforas na construción de significado: como delinean discursivamente aos seus inimigos políticos a partir dun imaxinario previo (que foi e é caldo de cultivo para frustracións, medos e resentimentos) mediante o uso de hipérboles e metáforas relacionadas, en gran parte, ao mundo animal. Estableceremos as diferenzas en torno a como se cooptan os respectivos e diferentes públicos de acordo aos seus contextos: a xenófoba dereita estadounidense preséntase talvez como consecuencia extrema pero natural da propia ideoloxía reinante (do país meritocrático do do it yourself e os self made men), mentres que na Arxentina a ultradereita renace como consecuencia dun fin de ciclo dun movemento populista que derivou nunha poboación exhausta polo hostigamento económico das hiperinflacións. A estes efectos, apostaremos por debuxar unha breve contextualización histórica e social para comprender o marco de medo global no que emerxen estes discursos. Propoñémonos analizar tamén os debuxos da masculinidade de ambos os candidatos: ortodoxa, branca, americana e incluso kitsch no caso de Trump, quen detenta un poder tranquilo por encima do ben e do mal, fronte á esaxeración case performativa do candidato arxentino que combina o traxe formal cunha exaltación de tintes punk que admira e eloxia a ausencia de políticas sociais estadounidenses. Así mesmo, tentaremos abarcar como a prensa foi evolucionando na presentación destes personaxes, sendo o tipo de fontes a utilizar artigos xornalísticos, sitios web dos partidos políticos cos seus respectivos programas electorais, propostas e postulados, vídeos de entrevistas aos candidatos, entre outros.

O camiño do tempo en Cancelo
Autoría
L.M.S.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
L.M.S.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
16.07.2024 11:15
16.07.2024 11:15
Resumo
Este traballo focalízase nunha tarefa de recuperación do patrimonio cultural, material e inmaterial. A través do recordo xeracional dunha familia, estudarase a evolución e cambios que experimenta a toponimia a través das casas da aldea de Cancelo (Triacastela). Tras esta reflexión, presentarase unha proposta de actividade dinamizadora do territorio, coa que se busca recuperar esa memoria do pasado, manténdoa no presente e proxectándoa para o futuro.
Este traballo focalízase nunha tarefa de recuperación do patrimonio cultural, material e inmaterial. A través do recordo xeracional dunha familia, estudarase a evolución e cambios que experimenta a toponimia a través das casas da aldea de Cancelo (Triacastela). Tras esta reflexión, presentarase unha proposta de actividade dinamizadora do territorio, coa que se busca recuperar esa memoria do pasado, manténdoa no presente e proxectándoa para o futuro.
Dirección
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DOVAL ADAN, ANTONIO (Presidente/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
DOVAL ADAN, ANTONIO (Presidente/a)
FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO (Secretario/a)
DIAZ GEADA, ALBA (Vogal)
¿Cantas versións de Xulieta coñecemos? Corpos en escena e reprodución de estereotipos de xénero no teatro
Autoría
C.S.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
C.S.C.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
12.07.2024 11:15
12.07.2024 11:15
Resumo
O corpo como parte constitutiva da engrenaxe de elementos que constitúen a posta en escena é esencial no feito teatral, por ese motivo, as condicións físicas vólvense elementos determinantes. Entendemos que existe unha tendencia á elección de actrices que poidan interpretar calquera tipo de rol, para isto, puidese ser necesario que os seus corpos non se afastasen da norma hexemónica. Neste sentido, o corpo é concibido como unha tabula rasa sobre a que se poden escribir sentidos, anulando así a posibilidade de que a diversidade corporal poida ser tamén portadora de sentidos e punto de partida para a creación. Neste traballo proponse analizar canto segue influíndo a hexemonía dos corpos na representación de roles femininos dentro da produción escénica montevideana contemporánea. Preténdese así, xerar un corpus para repensar as artes escénicas dende as novas perspectivas de identidade de xénero.
O corpo como parte constitutiva da engrenaxe de elementos que constitúen a posta en escena é esencial no feito teatral, por ese motivo, as condicións físicas vólvense elementos determinantes. Entendemos que existe unha tendencia á elección de actrices que poidan interpretar calquera tipo de rol, para isto, puidese ser necesario que os seus corpos non se afastasen da norma hexemónica. Neste sentido, o corpo é concibido como unha tabula rasa sobre a que se poden escribir sentidos, anulando así a posibilidade de que a diversidade corporal poida ser tamén portadora de sentidos e punto de partida para a creación. Neste traballo proponse analizar canto segue influíndo a hexemonía dos corpos na representación de roles femininos dentro da produción escénica montevideana contemporánea. Preténdese así, xerar un corpus para repensar as artes escénicas dende as novas perspectivas de identidade de xénero.
Dirección
BASANTA LLANES, NOEMI (Titoría)
BASANTA LLANES, NOEMI (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
Silva Dominguez, M Carme (Vogal)
Análise e comparativa dos catro festivais de música clásica organizados na Galiza do século XXI.
Autoría
M.D.L.O.G.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
M.D.L.O.G.L.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
16.02.2024 12:30
16.02.2024 12:30
Resumo
Os festivais son eventos que se organizan co propósito de celebrar unha actividade cultural, artística, relixiosa ou social específica. Os festivais reflicten unha diversidade de características que os fan únicos e atractivos. Son ocasións de celebración, onde as persoas se reúnen para desfrutar, divertirse e compartir experiencias. Existe unha ampla gama de actividades e expresións artísticas, que van desde a música e o teatro ata a gastronomía e as tradicións folclóricas. Este Traballo Fin de Máster céntrase nos Festivais de Música Clásica que se celebran en lugares de Galiza afastados das cidades. O Obxectivo principal deste traballo é analizar cal é o impacto, cultural, económico, artístico e social que proxectan estas manifestacións artísticas nas contornas onde se celebran e indagar na preferencia destes lugares e non as cidades para a súa organización. A investigación céntrase en catro festivais galegos que se celebran en diferentes provincias da comunidade. As entrevistas son o medio para levar a cabo esta investigación e con estas fontes orais farase unha análise dos datos recollidos para valorar a pegada que deixan este tipo de festivais na sociedade galega.
Os festivais son eventos que se organizan co propósito de celebrar unha actividade cultural, artística, relixiosa ou social específica. Os festivais reflicten unha diversidade de características que os fan únicos e atractivos. Son ocasións de celebración, onde as persoas se reúnen para desfrutar, divertirse e compartir experiencias. Existe unha ampla gama de actividades e expresións artísticas, que van desde a música e o teatro ata a gastronomía e as tradicións folclóricas. Este Traballo Fin de Máster céntrase nos Festivais de Música Clásica que se celebran en lugares de Galiza afastados das cidades. O Obxectivo principal deste traballo é analizar cal é o impacto, cultural, económico, artístico e social que proxectan estas manifestacións artísticas nas contornas onde se celebran e indagar na preferencia destes lugares e non as cidades para a súa organización. A investigación céntrase en catro festivais galegos que se celebran en diferentes provincias da comunidade. As entrevistas son o medio para levar a cabo esta investigación e con estas fontes orais farase unha análise dos datos recollidos para valorar a pegada que deixan este tipo de festivais na sociedade galega.
Dirección
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Silva Dominguez, M Carme (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
Blanco Garcia, Carmen (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
ALONSO PEREZ, SILVIA (Vogal)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Coordinador)
Blanco Garcia, Carmen (Presidente/a)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Secretario/a)
ALONSO PEREZ, SILVIA (Vogal)
A saga das gaitas Represas: contextualización histórica, análise musical e proxecto cultural.
Autoría
B.R.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
B.R.A.
Máster Universitario en Servizos Culturais (3ªed)
Data da defensa
19.02.2024 16:30
19.02.2024 16:30
Resumo
Os constructores de gaitas Represas, da parroquia de Xinzo de Ponteareas (Pontevedra), eran catro irmáns: Antonio , Jesús , José e Jesumino. Estes catro persoeiros naceron nunha familia moi humilde pero fixeron historia porque conseguiron ser un taller de artesáns distinguidos no eido da gaita de fol galega. Esta distinción foi gañada grazas ao seu bo facer. Ademais, segundo varias testemuñas, eran capaces de crear instrumentos con recursos de baixo custe pero con gran calidade tímbrica. Cómpre salientar que os catro irmáns, carecían de moitos coñecementos musicais académicos aínda que formaban parte dos músicos da primeira Banda de Música de Xinzo (parroquia de Ponteareas). O primoxénito, Antonio, chegou a ser subdirector de dita agrupación e compuxo as súas propias pezas de gaita. Actualmente, algunhas destas composicións de Antonio O Marreco forman parte da programación do Conservatorio Superior de Música de Vigo na especialidade de música tradicional. E finalmente, o enfoque do meu TFM será en torno a tres pilares: contextualización histórica da vida e obra destes artesáns, estudo e análise das composicións musicais atopadas de O Marreco e descrición dun proxecto cultural en homenaxe a eles catro.