As prácticas favorecen a adquisición de competencias que preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a empregabilidade e fomentan a capacidade de emprendemento.
As prácticas realizadas en entidades externas (empresas, institucións) no Grao en en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural constitúen unha materia de 4.5 ECTs de carácter optativo.
Para iso, a Facultade de Humanidades realiza anualmente unha convocatoria pública da oferta existente para realizar prácticas externas en institucións públicas ou empresas privadas que acollen ámbitos profesionais nos que se pon en práctica a converxencia entre a cultura e a comunicación, a organización de manifestacións culturais e a difusión do patrimonio.
Para poder realizar prácticas externas, o alumnado debe ter superados polo menos 132 créditos de formación básica e obrigatoria, incluídos todos os créditos de 1.º e 2.º curso do Grao.