A contorna dixital, riscos e implicacións: estudo cualitativo en adolescentes galegos
Autoría
L.A.P.
Grao en Psicoloxía
L.A.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
As Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación (TRIC) constitúen un espazo cotián de socialización para a poboación adolescente, a cal se atopa nunha etapa do desenvolvemento de especial vulnerabilidade. Dita exposición a riscos agrávase no ámbito dixital con fenómenos psicolóxicos como a desindividuación, onde o anonimato reduce as restricións internas, podendo derivar en manifestacións de violencia dixital como o cyberbullying, o grooming ou o sexting. Polo tanto, o presente estudo pretende explorar o discurso de adolescentes galegos sobre a violencia dixital e a súa percepción sobre as medidas legais propostas no Anteproxecto de Lei Orgánica. Para iso contouse con 48 alumnos de 4º ESO de entre 15 e 18 anos (M = 15.67; SD = 0.71), sendo 27 mulleres (56.25%) e 21 homes (43.75%) dun centro educación secundaria de Santiago de Compostela distribuídos en 6 grupos de discusión. Os resultados revelaron que os adolescentes consideran a madurez, e non a idade cronolóxica, como o criterio fundamental para establecer normas e consentimentos na contorna dixital. Así mesmo, a percepción de gravidade do acto de violencia emerxe como requisito para determinar a medida de reeducación, que varía desde sensibilización ata derivar a un centro de reeducación. Finalmente, aínda que a análise de coocurrencias mostra unha forte relación entre o concepto de violencia dixital e as modificacións legais propostas no Anteproxecto de Lei, os particpantes consideraron sinxelas de eludir estas medidas lexislativas.

Dirección
Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Novo Pérez, Mercedes (Titoría)
Tribunal
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)

O consumo de drogas en adolescentes: análise cualitativa
Autoría
P.A.R.
Grao en Psicoloxía
P.A.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
A iniciación ao consumo de substancias durante a adolescencia constitúe un reto prioritario de saúde pública: as enquisas nacionais mostran un inicio cada vez máis temperán, unha perda progresiva da percepción de risco e a convivencia de discursos de aceptación e advertencia. Partindo deste diagnóstico, preténdese examinar as motivacións, os factores de risco e os recursos preventivos percibidos por adolescentes galegos, en relación co consumo de substancias no seu grupo de referencia. Para iso, desenvolvéronse sete grupos de discusión compostos por 29 alumnos. Os resultados evidencian que alcol, tabaco e cánnabis concíbense como substancias “normais” pese ao recoñecemento do seu poder adictivo; as motivacións principais remiten á evasión do malestar emocional, a procura de sensacións intensas e a presión do grupo de iguais; a accesibilidade, o lecer nocturno e a banalización mediática reforzan estes patróns, mentres que unha oferta limitada de alternativas saudables aumenta a vulnerabilidade. Con todo, os propios adolescentes sinalan espazos de protección: charlas escolares, acompañamento familiar, actividades deportivas e un uso estratéxico e preventivo das redes sociais. Estes achados son transferibles á práctica como forma de prevención, o que convida a futuras investigacións a profundar neste fenómeno de gran relevancia social para a poboación adolescente.

Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Arce Fernández, Ramón (Titoría)
Tribunal
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Arce Fernández, Ramón (Titor do alumno)
Os efectos do alcol sobre a memoria episódica verbal en poboación adolescente e jóven
Autoría
C.A.B.
Grao en Psicoloxía
C.A.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Introdución: O consumo intensivo de alcol, coñecido como binge drinking (BD), adquiriu unha crecente relevancia no ámbito da saúde pública, especialmente pola súa prevalencia entre a poboación jóven e adolescente. Este patrón de consumo coincide con etapas críticas do desenvolvemento cerebral, o que xerou preocupación sobre os seus efectos en funcións cognitivas esenciais, como é a memoria. Obxectivo: Analizar a evidencia científica existente sobre os efectos do consumo de alcol na memoria episódica verbal en poboación jóven e adolescente. Metodoloxía: Realizouse unha revisión bibliográfica sistemática na base de datos PubMed, seleccionando artigos publicados entre 2015 e marzo de 2025. Aplicáronse criterios de inclusión e exclusión para asegurar a relevancia dos artigos respecto ao obxectivo do traballo. Incluíronse un total de 12 estudos empíricos, tanto de deseño lonxitudinal como transversal. Resultados: Os estudos analizados suxiren unha asociación entre o BD e un menor rendiemiento en tarefas de recordo libre inmediato e diferido, así como unha menor eficacia no uso de técnicas mnemotécnicas. Algúns traballos reportan alteracións na actividade cerebral, relacionada coa recuperación de información verbal. A evidencia lonxitudinal suxire que estes déficits pódense persistir se se mantén o patrón de consumo, aínda que existen indicios dunha recuperación cognitiva se esta conduta cesa. Conclusións: O binge drinking durante etapas crave do desenvolvemento cognitivo asóciase con alteracións na memoria episódica verbal, tanto a nivel funcional como estrutural.

Rodríguez Holguín, Socorro (Titoría)
Rodríguez Holguín, Socorro (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)

Relación entre a frecuencia de uso das redes socias e a soidade en adolescentes: unha revisión rápida
Autoría
Z.B.P.
Grao en Psicoloxía
Z.B.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar a posible relación entre a frecuencia de uso das redes sociais e os sentimentos de soidade na adolescencia. Para acadar dito obxectivo levouse a cabo una revision rápida da literatura científica empregando para elo, estratexias de búsqueda específicas para cada base de datos consultada (Scopus, Web of Science (WOS) e Pubmed). Foron seleccionados un total de seis estudos atendendo aos criterios de inclusión e exclusión establecidos. A metade das investigacións revisadas concluíron que hai unha asociación positiva entre ambas variables, o que suxire que unha maior frecuencia de uso das redes sociais pode actuar como factor de risco para a soidade. Con todo, atopáronse outros resultados contradictorios, con dous estudos que non atoparon unha relación estatisticamente significativa e cun que defende unha posible relación negativa entre as variables, é dicir, que o uso das redes sociais pode ser un factor protector da soidade. Os estudos seleccionados tamén exploraron a influencia de variables como o xénero, o nivel socioeconómico ou o contexto cultural. Así mesmo, algún estudo fixo fincapé no posible impacto da pandemia de COVID-19 nesta relación. En definitiva, os achagos deste TFG contribúen a unha visión máis holística, actualizada e crítica sobre o impacto das redes sociais na adolescencia, enfatizan a importancia de intervencións preventivas e destacan a necesidade de futuras investigacións lonxitudinais e culturalmente diversas.

Gómez Salgado, Patricia (Titoría)
Gómez Salgado, Patricia (Titoría)
Tribunal
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
O proceso de perdón aos proxenitores e o benestar psicolóxico en mozos.
Autoría
S.B.R.
Grao en Psicoloxía
S.B.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
O estudo do perdón, como construto psicolóxico, e os seus beneficios terapéuticos foron gañando relevancia nas últimas décadas, deixando atrás a súa conceptualización relixiosa. A literatura científica demostrou o poder curativo do perdón, e a adolescencia tardía tamén foi identificada como un período importante para o seu estudo. Baixo esta premisa, o presente estudo tivo como obxectivo examinar o proceso de perdón cara aos pais dos mozos e a posible relación entre este e o benestar psicoemocional, así como se existen diferenzas mediadas por xénero. Para iso, utilizouse unha mostra de 192 estudantes universitario de diversas universidades gallegas para administrar unha serie de instrumentos de medición. Os resultados mostraron diferenzas significativas entre sexos na maioría das dimensións dos síntomas psicopatolóxicos, pero non se atoparon as mesmas no benestar psicolóxico. Tamén se atoparon diferenzas significativas entre o nivel de perdón (alto/baixo) os síntomas psicopatolóxicos e o benestar psicolóxico. Considerando as limitacións da investigación, estes resultados foron consistentes coa literatura previa, corroborando a idea das propiedades curativas do perdón. Finalmente, tamén se destacou a importancia de fortalecer esta liña de investigación.

Dó maternal en fillas adultas: Vínculo afectivo, tipos de dó e propostas de intervención psicoterapéutica
Autoría
S.B.T.
Grao en Psicoloxía
S.B.T.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 12:00
15.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo explora o dó en fillas adultas tras o falecemento da nai, dende unha perspectiva psicolóxica. Analízanse os tipos de apego, formas de dó e a súa expresión segundo o vínculo afectivo nai-filla. Mediante unha revisión bibliográfica, descríbense modelos explicativos diversos e propóñense abordaxes psicoterapéuticas eficaces adaptadas ao tipo de dó e á relación previa.

FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
FERRACES OTERO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

Os efectos da regulación emocional no consumo de alcohol en poboación adolescente e adulta emerxente
Autoría
A.B.S.
Grao en Psicoloxía
A.B.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A adolescencia e a adultez emerxente son períodos caracterizados por unha maior vulnerabilidade eemocional e un incremento do risco de consumo de substancias, especialmente do alcohol. Entre os factores implicados, a regulación emocional (RE) foi sinalada como posible preditor do uso problemático. Neste traballo analízase a relación entre a RE e o consumo de alcohol en poboación adolescente e adulta emerxente, mediante unha revisión da literatura científica recente. Para iso, seguíronse as recomendacións da guía PRISMA e consultáronse as bases de datos PsycINFO e PubMed, seleccionando 17 estudos cuantitativos publicados entre 2019 e 2025 que abordasen esta relación en persoas de entre 10 e 29 anos. Os resultados suxiren que as dificultades na RE poderían estar asociadas cun uso máis frecuente, rápido e problemático do alcohol. En particular, estratexias como a reavaliación cognitiva parecen exercer un efecto protector, mentres que outras como a supresión emocional vincúlanse cun maior risco. Así mesmo, variables como a impulsividade, o afecto e a sintomatoloxía subclínica relacionáronse individualmente co consumo. Observáronse diferenzas relevantes segundo o sexo e a idade: os homes tenden a consumir con máis frecuencia e en maior cantidade, mentres que as mulleres reportan máis consecuencias negativas. Pola súa banda, os adolescentes presentan maiores dificultades emocionais e condutuais ca os adultos emerxentes, o que suxire unha maior vulnerabilidade nas etapas temperás do desenvolvemento. Estes achados reforzan a necesidade de deseñar estratexias preventivas adaptadas ao momento evolutivo e ao contexto psicosocial xuvenil.

MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)

Ansiedade en pacientes renais en Tratamento Renal Substitutivo: diferenzas entre pacientes en Diálise e con Transplante Renal.
Autoría
M.C.L.
Grao en Psicoloxía
M.C.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A Enfermidade Renal Crónica (ERC) está caracterizada por unha alteración estrutural ou funcional do ril que conleva implicacións para a saúde e constitúe un problema de saúde pública, afectando a aproximadamente un 10% da poboación mundial. Adoita ir acompañada de elevados niveis de ansiedade, especialmente en estadios avanzados, onde se requiere un Tratamento Renal Substitutivo (TRS); que pode ser a Hemodiálise (HD), a Diálise Peritoneal (DP) ou o Transplante Renal (TR); que supoñen grandes cambios na vida dos pacientes. O obxectivo desta revisión bibliográfica é determinar as diferenzas na sintomatoloxía ansiosa ou nos trastornos de ansiedade entre pacientes con ERC en función do tipo de TRS que reciben. Para iso, realizouse unha búsqueda sistemática nas bases de datos PsycInfo, PubMed, Scopus e Web of Science; cun límite temporal de entre 01/01/2015 y 01/01/2025, e seleccionáronse 9 estudios que analizan as diferenzas en ansiedade entre pacientes con ERC sometidos a diferentes TRS. Trala revisión dos artículos, os resultados apuntan a que os pacientes renais transplantados presentan, en xeral, menor sintomatoloxía e trastornos de ansiedade que os que están en diálise; especialmente en HD. Sen embargo, a evidencia é limitada, nalgúns casos contraditoria, e con escaso control de variables sociodemográficas e clínicas.

Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Vazquez Rodriguez, Maria Isabel (Titoría)
Tribunal
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
Tabaquismo e cancro: Intervencións psicolóxicas para deixar de fumar durante o proceso de cribado do cancro de pulmón
Autoría
C.F.B.
Grao en Psicoloxía
C.F.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O cancro de pulmón é unha das principais causas de mortalidade a nivel mundial e está estreitamente vencellado ao consumo de tabaco. Neste contexto, a súa detección precoz mediante probas de cribado representa unha oportunidade clave para promover o abandono do tabaco. A presente revisión ten como obxectivo coñecer que intervencións para deixar de fumar que inclúen compoñentes psicolóxicos foron implementadas no contexto de programas de cribado do cancro de pulmón. A busca realizouse nas bases de datos Web of Science, Pubmed e PsycINFO e atopáronse 14 artigos que cumprían cos criterios de inclusión. Os estudos foron divididos en dous grupos: intervencións que combinan compoñentes psicolóxicos e compoñentes farmacolóxicos (n = 10) e intervencións psicolóxicas (n = 4). O rango da taxa de abstinencia das intervencións eficaces combinadas oscila entre o 17,4% e o 37,1% e o das psicolóxicas oscila entre o 18,8% e o 19,2%. Os resultados permiten concluír que existen intervencións eficaces para deixar de fumar nese contexto, tanto combinadas (n = 7) como psicolóxicas (n = 2). A súa eficacia é independente da súa modalidade de aplicación (presencial ou a distancia). Estas intervencións deben presentar entre catro e seis sesións, dunha duración de entre dez e 30 minutos e frecuencia semanal. Ademáis, estas sesións compóñense de consello psicolóxico (abordando aspectos como a planificación da data de abandono do tabaco, a autoeficacia, a adquisición de competencias relacionadas coa xestión do desexo de fumar ou a prevención de recaídas), entrevista motivacional e psicoeducación.

Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
POSSE CEPEDA, CRISTINA MARIA Cotitoría
Míguez Varela, María del Carmen (Titoría)
POSSE CEPEDA, CRISTINA MARIA Cotitoría
Tribunal
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
Abolición da prostitución. Factores predictores da intención de participar en acción colectiva
Autoría
A.G.P.
Grao en Psicoloxía
A.G.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
A prostitución é alegal no noso país o que abre o debate na sociedade sobre o enfoque lexislativo que se debería adoptar. Neste sentido, pódese identificar unha clara brecha de xénero en dita actividade, sendo a maioría dos clientes homes e de ofertantes mulleres, o que plantexa a necesidade de adoptar unha perspectiva de xénero para o seu análise. Neste estudio, enfocarémonos na postura abolicionista que plantexa o castigo a proxenetas e clientes e o apoio ás prostitutas. Polo tanto, o obxectivo é analizar diferentes variables psicosociais que impulsan ás persoas a participar en mobilizacións a favor da abolición da prostitución. Máis concretamente, estudouse a relación das actitudes cara a prostitución, a identidade, a inxustiza, a eficacia e a ideoloxía ca intención de participar en accións colectivas normativas (ACN) e en accións colectivas non normativas (ACNN), nunha mostra de 213 participantes. Para iso, realizáronse análises de regresión lineal múltiple con todas as variables e probas t de Student para comprobar as diferenzas en intención de participar entre as persoas con actitudes e identidades abolicionistas con respecto aos non abolicionistas. Os resultados han mostrado que a actitude negativa cara a despenalización, a identidade, a eficacia e a inxustiza son os mellores predictores da ACN, sendo a actitude eliminada da lista de predictores da ACNN.

Alzate García, Mónica (Titoría)
FERNANDEZ CORES, TAMARA Cotitoría
Alzate García, Mónica (Titoría)
FERNANDEZ CORES, TAMARA Cotitoría
Tribunal
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)

Mellora da memoria episódica inducida por TACS en persoas con deterioración cognitiva: Efectos diferenciais segundo a idade.
Autoría
P.G.B.
Grao en Psicoloxía
P.G.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
A memoria episódica (ME) é unha das funcións cognitivas máis afectadas nas fases iniciais da deterioración cognitiva, especialmente na deterioración cognitiva subxectiva (DCS) e a deterioración cognitiva leve (DCL). Diversos estudos sinalaron que as oscilacións cerebrais nas bandas theta e gamma desempeñan un papel fundamental nos procesos de codificación e recuperación da ME, e que a estimulación transcraneal por corrente alterna (tACS) podería modular estas oscilacións. Este traballo enmárcase no proxecto cf tES CI, cuxo obxectivo é avaliar os efectos da tACS con axuste theta gamma sobre o rendemento nunha tarefa visual de recoñecemento de ME, en persoas con DCS ou DCL. A mostra estivo composta por 30 participantes de entre 57 e 83 anos, que completaron dúas condicións de estimulación (real vs placebo) nun deseño cruzado contrabalanceado. A estimulación aplicouse sobre a cortiza prefrontal dorsolateral esquerda durante oito sesións consecutivas, e o rendemento avaliouse a través do índice d e os tempos de reacción. Os resultados mostraron un efecto diferencial segundo a idade: os participantes de 68 anos ou menos melloraron significativamente no índice d tras a estimulación real, mentres que non se observaron cambios significativos no grupo de maior idade. Non se acharon efectos nos tempos de reacción. Estes resultados suxiren que a tACS theta gamma pode facilitar a ME en etapas temperás do envellecemento, cando a plasticidade cerebral aínda se atopa preservada.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
Tribunal
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
PEREIRO ROZAS, ARTURO JOSE (Presidente/a)
BRAÑA TOBIO, MARIA TERESA (Secretario/a)
Seijo Martínez, María Dolores (Vogal)
Uso do eye tracking en neuromarketing: Unha comparación entre bases de datos.
Autoría
L.G.M.
Grao en Psicoloxía
L.G.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Actualmente, o uso do eye tracking medrou en áreas como o neuromarketing, onde se considera unha ferramenta fundamental para analizar e comprender o comportamento do consumidor, xa que facilita o estudo de factores psicolóxicos que inflúen nos procesos de compra. O obxectivo do traballo é comparar as bases de datos PsycInfo, Web of Science, Scopus e PubMed, a partir dunha busca específica sobre o “eye tracking” e“consumer behavior”, analizando a cantidade e características dos documentos proporcionados, co fin de identificar cal das plataformas resulta máis axeitada para este campo. Ademais, queremos coñecer as principais aplicacións do eye tracking no ámbito do neuromarketing e determinar cales son os aspectos psicolóxicos máis estudados nesta disciplina. Os resultados amosaron que Scopus ofrece a maior cantidade de documentos e un maior número de filtros. WoS resultóu ser similar a Scopus nalgúns aspectos, pero pouco útil no campo psicolóxico. PubMed foi a menos productiva dado o seu contexto médico. Por último, PsycInfo permitiu realizar unha búsqueda precisa no ámbito psicolóxico, aínda que para abordar buscas relacionadas coa psicoloxía dentro do ámbito do neuromarketing, Scopus resulta ser a máis axeitada. Nesta disciplina, as principais aplicacións do eye tracking desenvólvense na área empresarial, destacando seu uso no estudo do comportamento do consumidor, a publicidade e o deseño de producto. A nivel psicolóxico, os aspectos máis estudados foron a toma de decisións, emoción, atención e cognición.

Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Tribunal
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titor do alumno)

A impulsividade e a súa relación co consumo intensivo de alcol no estudantado universitario
Autoría
R.G.M.
Grao en Psicoloxía
R.G.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
O consumo intensivo de alcol (CIA) constitúe unha conduta de risco frecuente entre o estudantado universitario, con múltiples consecuencias negativas para a saúde e o benestar. A impulsividade foi sinalada como un dos factores psicolóxicos máis relevantes asociados a este patrón de consumo. O presente traballo tivo como obxectivo analizar a relación entre as distintas dimensións da impulsividade e o consumo intensivo de alcol, así como explorar posibles diferenzas en función do sexo. A mostra estivo composta por 160 estudantes de primeiro curso da Universidade de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 18 e os 19 anos (87 mulleres e 73 homes). Empregáronse a versión española da Barratt Impulsiveness Scale (BIS-11) e a adaptación galega do Alcohol Use Disorders Identification Test (AUDIT). Realizáronse análises descritivas, correlacionais, regresións múltiples e probas t de Student para mostras independentes. Os resultados mostraron que a impulsividade total e as súas dimensións específicas se correlacionaron de maneira significativa e positiva co consumo intensivo de alcol. A regresión múltiple indicou que a impulsividade cognitiva e a non planificada foron predictores significativos da puntuación no AUDIT. Non se atoparon diferenzas significativas entre homes e mulleres nin nos niveis de impulsividade nin no consumo de alcol. Estes achados reforzan a relevancia da impulsividade como factor asociado ao CIA no ámbito universitario e suxiren a utilidade de intervencións preventivas centradas no adestramento en habilidades de autorregulación.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titor do alumno)

A adición ás redes sociais en adolescentes: factores de risco e impacto no axuste psicolóxico.
Autoría
X.G.J.
Grao en Psicoloxía
X.G.J.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizar o impacto do uso problemático de redes sociais no axuste psicolóxico de adolescentes. A través da análise de estudos empíricos publicados entre 2020 e 2025, se identifican tanto os factores de risco como as consecuencias emocionais e redes sociais desde fenómeno. A adolescencia é unha etapa especialmente sensible ao uso de tecnoloxías dixitais, e o uso desregulado destas plataformas pode xerar consecuencias negativas para a saúde mental. Os resultdos mostran unha relación bidireccional entre o uso excesivo de redes sociais e a sintomatoloxía depresiva, ansiosa, baixa autoestima e dificultades na regulación emocional. Factores predispoñentes como o neuroticismo, a desinhibición, o FOMO, a intolerancia ao malestar e a dificultade para xestionar o aburrimento aparecen como predictores relevantes que facilitan patróns de uso compulsivo. Ademais, confírmase que o uso pasivo e o deseño algorítmico das plataformas intensifican os efectos negativos, especialmente en adolescentes mulleres, máis vulnerables á comparación social e á búsqueda de validación. Tamén se evidencian consecuencias importantes a nivel psicosocial, como alteracións do sono, dificultades atencionais, conflictos interpersoais e baixo rendemento académico. O traballo conclúe subrayando a necesidade de intervencións preventivas con enfoque de xénero e de programas de alfabetización dixital e emocional no contexto educativo.

CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Villar García, Eva Cotitoría
CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Villar García, Eva Cotitoría
Tribunal
CASTRO BALSA, MARIA JOSEFA (Titor do alumno)
Villar García, Eva (Titor do alumno)

Factores psicosociais impllcados na actitude cara o desenvolvemento turístico e a intención de participación no movemento antituristificación en Galiza
Autoría
C.G.L.
Grao en Psicoloxía
C.G.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
Nos últimos dous veráns ven dándose un aumento da chegada de turistas en diversos lugares de España, rexistrando récord tras récord e xerando debate sobre os efectos dos procesos de turistificación. Transformacións no territorio, proliferación de pisos turísticos frente vivendas de uso habitual, incremento do custo de vida, así como o deterioro de ecosistemas fráxiles son algunhas das consecuencias negativas deste fenómeno. O presente traballo ten o obxectivo de identificar factores implicados na intención de participar en accións colectivas de protesta contra o modelo turístico actual, empregando unha mostra de poboación universitaria galega. Para aproximarnos á configuración das actitudes e disposicións individuais fronte o turismo enmarcámonos na perspectiva da Teoría do Intercambio Social, a Teoría da Identidade Social e a Teoría da Acción Razoada. Plantexámonos a seguinte pregunta: que factores psicosociais explican a intención de mobilización antituristificación? Posteriormente, realizamos unha investigación cuantitativa de carácter correlacional na que contamos ca participación de 266 estudantes de universidades galegas. Nela, recollimos información sobre a intención de mobilización así como das VIs contempladas apego ao lugar, identidade de lugar, sentimento de comunidade, conciencia medioambiental, ideoloxía, dependencia económica do turismo, percepción dos impactos do turismo, actitude cara o desenvolvemento turístico (DT) e coñemento de protestas previas. Os resultados da regresión loxística binaria revelaron un total de 6 predictores signficativos: conciencia medioambiental, coñecemento de mobilizacións previas, ideoloxía, dependencia económica do turismo, percepción dos impactos e actitude cara o DT. Pola contra, non atopamos efecto algún das variables de apego ao lugar, identidade de lugar e sentimento de comunidade. Podemos concluír a importancia dos valores ecolóxicos, ideoloxía política, dependencia económica do turismo e a exposición a información sobre protestas como variables fundamentais para comprender a actitude e a intención de participar nunha protesta fronte a turistificación.

Dono Martín, Marcos (Titoría)
DOCAMPO LOPEZ, LAURA Cotitoría
Dono Martín, Marcos (Titoría)
DOCAMPO LOPEZ, LAURA Cotitoría
Tribunal
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)
Traballo fin de grao
Autoría
C.G.S.
Grao en Psicoloxía
C.G.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao estúdase a relación existente entre a satisfacción de necesidades psicolóxicas básicas (autonomía, relación e competencia) dos/as estudantes (NPBs) e a súa aprendizaxe autorregulada (AAR). Resulta fundamental entender a aprendizaxe autorregulada como un proceso activo no que os alumnos e as alumnas son capaces de guiar as súas emocións, seleccionar estratexias ou lograr os obxectivos propostos. Tamén se inclúe o uso das habilidades metacognitivas no transcurso de dita aprendizaxe, así como a consideración da repercusión das NPBs. Por iso, se revisaron un total de 12 artigos, a través dun proceso de busca sistematizada, nos que se explora a relación entre a AAR e a satisfacción das NPBs nos/as estudantes. Deste xeito, atopouse unha asociación positiva entre os tipos de motivación autónomos, os resultados académicos positivos ou o aumento do uso de estratexias autorreguladoras, coa satisfacción das tres NPBs. É por isto que se conclúe coa necesidade de adaptar os contornos educativos e o ambiente de ensino para promover a satisfacción de ditas NPBs e para fomentar un estudo máis autónomo e autodirixido. Tamén se avoga por unha consideración do papel emocional, motivacional e do contexto social do alumnado á hora de deseñar o seu contorno de aprendizaxe.

Tinajero Vacas, Carolina (Titoría)
Tinajero Vacas, Carolina (Titoría)
Tribunal
Tinajero Vacas, Carolina (Titor do alumno)

Actividades de ocio e reserva cognitiva: principais indicadores e análise do impacto no rendemento cognitivo
Autoría
I.H.R.
Grao en Psicoloxía
I.H.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 11:30
16.07.2025 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado (TFG) realiza unha revisión bibliográfica sistemática de literatura científica máis recente en bases de datos sobre as actividades de ocio que se relacionan coa reserva cognitiva (RC), analizando como impactan esas actividades no rendemento cognitivo. Dado que a poboación mundial está cada vez máis envellecida e que a relación entre o envellecemento e o funcionamento cognitivo é negativa, é de gran interese identificar que actividades poden promover un envellecemento cognitivo saudable, en especial ás actividades de ocio practicadas durante o envellecemento, pola súa gran modificabilidade e adaptabilidade. Realizouse unha busca sistemática en Dialnet, PsycInfo e WOS, entre os artigos atopados seleccionáronse 11 por cumprir os criterios desta revisión. Os resultados amosaron que as actividades de ocio na vellez tales como, actividades artesanais (coser, tecer, manualidades, etc.), mentalmente estimulantes (ler, escribir, etc.), artísticas e físicas, producen melloras no rendemento da RC, e na saúde cognitiva xeral, producindo melloras no desempeño de tarefas de memoria, función executiva, dominio visoespacial, funcionamento motor, visomotor, auditivo-motor, razoamento verbal, aprendizaxe e fluidez verbal. Cabe destacar que as actividades de ocio pasivas (TV, radio, ir ao cine...) foron as únicas que non mostraron unha relación positiva coa RC, aínda que que sexan beneficiosas noutros ámbitos. Tendo en conta estes resultados non podemos esquecernos das limitacións destes estudos (maioría transversais, mostras non equitativas, clasificación autoinformada, etc.) promovendo a necesidade de máis estudos que solventen eses sesgos co fin de promover un envellecemento máis activo, autónomo e saudable. O ocio na vellez é un indicador tan relevante como unha boa alimentación ou exercicio físico en canto á reserva cognitiva e rendemento cognitivo e debe comezar a terse en conta nos plans de estilo de vida saudables no envellecemento.

Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Lojo Seoane, Cristina (Titoría)
Tribunal
Lojo Seoane, Cristina (Titor do alumno)
Lojo Seoane, Cristina (Titor do alumno)
Menstruación e saúde integral: impacto emocional, educativo e social desde unha perspectiva crítica.
Autoría
P.H.P.
Grao en Psicoloxía
P.H.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 11:30
15.07.2025 11:30
Resumo
A menstruación é un proceso fisiolóxico natural que afecta á metade da poboación mundial durante 40 anos. A pesares diso e da súa universalidade, segue a ser un tema tabú en moitas culturas, e a miúdo vincúlase coa vergoña, o estigma e a desinformación. Como consecuencia, as repercusións reais do ciclo menstrual na vida cotiá, especialmente das persoas novas, fixéronse invisíbeis. Este traballo ten como obxectivo coñecer o estado actual das investigacións que abordan o impacto da menstruación na saúde mental, no ámbito académico e social das persoas que menstrúan, centrado en adolescentes e mulleres novas, a través dunha revisión bibliográfica de 14 artigos publicados entre 2018 e a actualidade. Os resultados mostran como os síntomas menstruais afectan ao benestar emocional (ansiedade, depresión, irritabilidade, insomnio), ao rendemento escolar (ausencias, cualificacións baixas, falta de concentración) e ao ámbito social (illamento, estigma, limitacións nas relacións). Aínda que algúns estudos abordan estas dimensións de xeito integral, a maioría preséntanse de forma fragmentada, dificultando unha comprensión total da saúde menstrual. Ademais, identificouse unha forte carencia de educación menstrual temperá, centrada case exclusivamente en aspectos biolóxicos, sen tratar os sociais, académicos ou emocionais. Recoméndase desenvolver programas educativos inclusivos, onde se poidan crear espazos seguros para tratar a menstruación sen tabús. Denúnciase tamén a escaseza de investigacións interdisciplinarias e a falta de políticas públicas específicas, a pesar de tratarse dunha realidade que afecta a máis da metade da poboación. Conclúese que é imprescindible recoñecer a menstruación como unha cuestión central de saúde pública, equidade e dereitos.

A relación entre a masculinidade tradicional e a violencia contra as mulleres
Autoría
M.L.D.
Grao en Psicoloxía
M.L.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
Este artigo explora a relación entre a adherencia á masculinidade tradicional e a violencia de parella perpetrada por homes contra mulleres. Analiza como certos ideais masculinos, como o control, a fortaleza emocional e a autosuficiencia, funcionan como factores de risco para o uso da violencia, especialmente cando se combinan con variables como o estrés do rol de xénero masculino (MGRS), a baixa autoestima ou a competencia emocional limitada. A evidencia indica que estes factores non actúan illadamente, senón que interactúan e aumentan a probabilidade de comportamento agresivo, especialmente cando os homes perciben a súa masculinidade como ameazada. Tras analizar os resultados, conclúese que esta relación é forte e identifícase unha serie de factores mediadores. A investigación neste campo continúa avanzando e aínda é necesario seguir traballando para probar máis a fondo as hipóteses explicativas. Non obstante, o estudo da violencia contra as mulleres continúa a proporcionar evidencias valiosas.

Mirón Redondo, María Lourdes (Titoría)
Mirón Redondo, María Lourdes (Titoría)
Tribunal
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
Montes Piñeiro, Carlos (Vogal)
Riscos psicosociais no traballo policial: Impacto na saúde mental e propostas de actuación
Autoría
L.L.S.
Grao en Psicoloxía
L.L.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O presente estudo analiza a relación entre os estresores laborais e a saúde mental nunha mostra de axentes da Garda Civil (GC) en España. Aínda que existe unha ampla evidencia sobre a elevada carga psicolóxica en corpos policiais, a investigación centrada especificamente na GC continúa sendo escasa. Participaron 809 axentes, membros de distintas asociacións profesionais da GC, quenes completaron un formulario en liña que incluía medidas estandarizadas sobre condicións de traballo (PSQ), calidade do sono (B-PSQI), síntomas de ansiedade (GAD-7), depresión (PHQ-9) e malestar psicolóxico xeral (GHQ-12). Realizáronse análises descriptivos, correlacións e unha regresión xerárquica por pasos. Os resultados indicaron que, se ben os estresores laborais explican parte do malestar psicolóxico, o seu efecto diminúe significativamente ao incorporar indicadores de saúde mental no modelo, sendo os síntomas depresivos o preditor máis forte. Estes achados suxiren un posible efecto mediador dos factores de saúde na relación entre estresores e malestar, en consonancia coa Teoría de Demandas e Recursos Laborais, e subliñan a necesidade de implementar intervencións integrais que combinen a redución de demandas organizacionais con estratexias de promoción do benestar psicolóxico. Nas conclusións preséntanse propostas de actuación derivadas destes resultados.

Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
Intervencións psicolóxicas na Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA): unha revisión sistemática.
Autoría
Y.M.G.
Grao en Psicoloxía
Y.M.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade neurodexenerativa devastadora que causa síntomas graves de debilidade muscular e atrofia. Como consecuencia da súa natureza crónica e terminal, a ELA causa un importante malestar psicolóxico tanto para os pacientes como para os seus coidadores. Non obstante, no ámbito sanitario, os esforzos dirixíronse principalmente a aliviar os síntomas físicos da enfermidade e a aplicar terapias físicas destinadas a frear a progresión desta enfermidade. Polo tanto, existe unha escaseza significativa de literatura científica que destaque a necesidade e a aplicación de intervencións psicolóxicas destinadas a axudar aos pacientes a afrontar os desafíos que implica esta enfermidade. Este proxecto final ten como obxectivo revisar a investigación destinada a analizar o nivel de eficacia de diferentes tipos de intervencións psicolóxicas en pacientes con ELA. Realizouse unha revisión dos estudos publicados desde 2013 ata a actualidade nas bases de datos PubMed e PsycInfo, seleccionando finalmente un total de 14 estudos. En xeral, as intervencións psicolóxicas foron de tipos moi diferentes. Por exemplo, cognitivo-conductual, baseada na atención plena; Terapia da Dignidade; Terapia baseada na Empatía; e terapia centrada na compaixón. Non obstante, os resultados obtidos confirman os efectos positivos de todos eles. Finalmente, destácase a necesidade de seguir avanzando en novas propostas de intervención psicolóxica para proporcionar o maior alivio posible ao sufrimento causado por esta enfermidade.

Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Titoría)
Tribunal
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
ROMERO TRIÑANES, ESTRELLA (Presidente/a)
FERNÁNDEZ REY, JOSÉ (Secretario/a)
Gómez Salgado, Patricia (Vogal)
Heurísticos e sesgos en inferencia humana: o ámbito clínico
Autoría
N.M.M.
Grao en Psicoloxía
N.M.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Os profesionais sanitarios toman decisións clínicas a diario en contextos de incerteza, alta presión asistencial ou información incompleta. Nestas condicións, é habitual o uso de heurísticos, posto que axilizan o razoamento, aínda que tamén poden derivar en sesgos cognitivos. O obxectivo deste traballo foi analizar, mediante unha revisión bibliográfica sistematizada, cómo os heurísticos e sesgos cognitivos afectan ó razoamento clínico, qué tipo de razoamento predomina na práctica asistencial, en qué contextos se utilizan con mais frecuencia e cál é o grado de conciencia dos profesionais sobre seus propios sesgos. Para iso, seleccionáronse doce estudos publicados entre 2014 e 2024 tras unha búsqueda en cinco bases de datos académicas. Os resultados mostran que os heurísticos constitúen un compoñente estrutural do razoamento clínico e que tenden a empregarse con máis frecuencia en escearios familiares, alta presión asistencial o información incompleta. Aínda que o seu uso non sempre xera erros, certos factores como a falta de reflexión deliberada ou un coñecemento clínico limitado aumentan o seu impacto negativo. Tamén observouse unha escasa conciencia sobre o propio uso de heurísticos, así como unha ausencia xeneralizada de estudos que exploren a influencia das emocións no proceso diagnóstico. En conxunto, os achados apuntan á necesidade de seguir investigando estes mecanismos dende enfoques integradores e en entornos clínicos reais, promovendo a súa vez habilidades metacognitivas que permitan supervisar o razoamento clínico.

MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Titoría)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Titoría)
Tribunal
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Titor do alumno)

O sistema de neuronas espello no trastorno do espectro autista
Autoría
S.M.R.
Grao en Psicoloxía
S.M.R.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo presenta unha revisión bibliográfica da literatura publicada nos últimos quince anos sobre o funcionamento do sistema de neuronas espello (SNE) en persoas con trastorno do espectro autista (TEA), a partir de estudos realizados mediante resonancia magnética funcional (fMRI). O obxectivo principal é analizar en que medida as alteracións no SNE poden contribuír ás dificultades na cognición social características do TEA. Para iso, realizouse unha busca bibliográfica sistematizada nas bases de datos PubMed e PsycInfo, seleccionando estudos que comparasen a activación e conectividade do SNE en individuos con TEA e en controis con desenvolvemento típico (TD), durante tarefas relacionadas coa imitación, a empatía ou a atribución de intencións. Tras aplicar criterios específicos de inclusión e exclusión, incluíronse 12 estudos na revisión final. Os resultados amosan patróns consistentes de hipoactivación en rexións clave do SNE, como o xiro frontal inferior e o lóbulo parietal inferior, así como unha conectividade funcional reducida entre esta rede e outras implicadas na cognición social, como a rede da teoría da mente. Estes achados suxiren unha integración atípica entre os mecanismos de simulación corporal e os procesos máis deliberativos de comprensión social. Ademais, identificáronse diferenzas entre perfís dentro do espectro autista, especialmente relacionadas co nivel lingüístico. En conclusión, os estudos revisados apoian a hipótese de que a disfunción funcional do SNE e a súa escasa integración con outras redes sociais poderían constituír unha base neurobiolóxica das dificultades sociais presentes no TEA.

DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
DOALLO PESADO, SONIA (Titoría)
Tribunal
DOALLO PESADO, SONIA (Titor do alumno)
DOALLO PESADO, SONIA (Titor do alumno)
O papel protector do apoio social percibido no malestar pscolóxico da poboación universitaria
Autoría
G.N.F.
Grao en Psicoloxía
G.N.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
Nos últimos anos observouse un incremento dos problemas de saúde mental na poboación universitaria, polo que se considera importante coñecer os factores que poden resultar protectores. O obxectivo principal do traballo foi estudar o papel protector do apoio social percibido da familia e os amigos dos estudantes universitarios sobre a saúde mental, tendo en conta as diferenzas entre mulleres e homes. Para iso analizouse unha mostra de 150 estudantes da USC nas variables apoio social percibido de amigos e familia, e malestar psicolóxico, avaliando sintomatoloxía ansiosa, depresiva e somática, medidas coas escalas PAS e BSI18. Os resultados das análises de regresión mostran que o apoio social que perciben os estudantes é capaz de explicar boa parte da sintomatoloxía da saúde mental. En concreto, o soporte social percibido da familia e amigos predí o 33 por cento da sintomatoloxía depresiva, cun peso maior dos amigos que da familia. Doutra banda, o soporte percibido dos amigos foi o único predictor da dimensión de ansiedade. En canto ás diferenzas por sexo, as mulleres presentan maior severidade na sintomatoloxía de saúde mental ca os homes. Polo tanto, o apoio social percibido debe ser unha prioridade para abordar os problemas de saúde mental dos estudantes universitarios, prestando especial atención ás mulleres, xa que son as máis afectadas por este tipo de problemas.

Esclerose múltiple e cognición social: revisión dos déficits en ToM, recoñecemento emocional e empatía
Autoría
P.P.D.
Grao en Psicoloxía
P.P.D.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A esclerose múltiple (EM) é unha enfermidade autoinmune crónica que afecta ao sistema nervioso central e representa unha das enfermidades de orixe non traumática máis frecuentes do sistema nervioso. Ademais de provocar alteracións cognitivas e físicas, ten un impacto sobre a cognición social, entendida como o conxunto de procesos que permiten interpretar, comprender e responder de forma axeitada en distintas situacións sociais. Este dominio inclúe a teoría da mente (ToM), o recoñecemento facial das emocións e a empatía. O presente traballo consiste nunha revisión sistemática da literatura científica recente que analiza o impacto da EM sobre a cognición social. A busca realizouse nas bases de datos PubMed e PsycInfo, e seleccionáronse 15 estudos segundo os criterios de inclusión e exclusión establecidos. Na súa maioría, os resultados apuntan a un deterioro significativo nos pacientes con EM en comparación co grupo control na ToM e na percepción social de emocións faciais, aínda que os achados relacionados coa empatía son menos consistentes. Así mesmo, algún estudos atopan unha relación entre o deterioro da cognición social e o deterioro noutros dominios neurocognitivos, aínda que esta asociación non é concluínte. Existe un amplo consenso sobre o impacto negativo dos déficits en cognición social na calidade de vida dos pacientes. Conclúese, así, que a cognición social se atopa comprometida na EM, con graves consecuencias na vida diaria das persoas afectadas, salientando a necesidade de novas investigacións e intervencións específicas.

Trastorno de xogo e depresión: o seu tratamento psicolóxico.
Autoría
S.P.S.
Grao en Psicoloxía
S.P.S.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O trastorno do xogo, recentemente clasificado como un trastorno adictivo, presenta comorbilidade con diversas patoloxías, sendo a depresión unha das máis frecuentes. Diversos estudos sinalaron unha elevada prevalencia de síntomas depresivos en persoas con trastorno do xogo ou problemas de xogo. Esta revisión bibliográfica ten como obxectivo analizar a relación entre ambos trastornos e explorar os tratamentos psicolóxicos máis eficaces cando se presentan de forma conxunta. Para iso, realizouse unha busca nas bases de datos PsycInfo e PubMed, seleccionándose finalmente 14 estudos que cumprían os criterios establecidos. Os resultados amosan que, tanto en contextos clínicos como subclínicos, existe unha asociación significativa entre o trastorno do xogo e a depresión, aínda que non hai consenso sobre se a depresión actúa como causa ou consecuencia. En canto ao abordaxe terapéutico, a terapia cognitivo-conductual destaca como a intervención con maior respaldo, especialmente cando se aplica de forma integrada para tratar ambos trastornos. Tamén se identificaron beneficios en intervencións en liña, aínda que con limitacións na adhesión e no mantemento dos resultados a longo prazo. Ademais, obsérvase que os síntomas depresivos poden dificultar a adhesión ao tratamento, aumentando as taxas de abandono. Esta revisión destaca a importancia de abordar o trastorno do xogo e a depresión desde un enfoque clínico conxunto, que permita unha intervención máis eficaz e adaptada a cada caso.

BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
BECOÑA IGLESIAS, ELISARDO (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
A eficacia da Terapia Dialéctico Conductual en persoas con Trastorno Límite da Personalidade. Unha revisión sistemática.
Autoría
J.P.G.
Grao en Psicoloxía
J.P.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo principal evaluar a eficacia da Terapia Dialéctico Conductual (TDC) en persoas con Trastorno Límite da Personalidade (TLP). Para iso, realizouse unha revisión sistemática da literatura científica publicada nos últimos dez anos, utilizando como fontes principais as bases de datos Scopus e PsycINFO. Establecéronse criterios de inclusión e exclusión que permitiron identificar un total de once estudos relevantes. Estes traballos abranguen diferentes metodoloxías e contextos clínicos, e inclúen tanto intervencións ambulatorias como hospitalarias, así como comparacións con outras terapias activas. Así mesmo, analizáronse intervencións de diferentes duracións, desde tratamentos máis curtos ata programas prolongados. Na revisión consideráronse variables como a redución da sintomatoloxía do TLP, a mellora da regulación emocional e da impulsividade, así como outros aspectos relacionados co benestar psicolóxico dos e das pacientes. Tamén se exploraron os efectos da TDC na autocompaixón e no autocoñecemento, aspectos de gran relevancia no abordaxe deste trastorno. A análise dos estudos incluídos ofrece unha visión actualizada sobre a aplicación da TDC en persoas con TLP, así como unha síntese dos resultados máis relevantes, contribuíndo a ampliar a comprensión do seu potencial terapéutico e das súas implicacións clínicas.

OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
Avaliación do consentimento sexual en relacións consensuadas e non consensuadas en poboación universitaria: unha revisión sistemática
Autoría
N.R.C.
Grao en Psicoloxía
N.R.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 12:00
15.07.2025 12:00
Resumo
O consentimento sexual, entendido como a expresión libre e voluntaria do desexo de manter relacións sexuais, é un proceso complexo influido por fatores relacionais e contextuais. No ámbito universitario, onde converxen vulnerabilidade e exploración sexual, a súa comprensión e medición presenta abigüedades. Este traballo examina como foi conceptualizado e avaliado en experiencias desexadas e non desexadas. O presente traballo pretende analizar como se mide en poboación universitaria, abarcando tanto relacións consensuadas como non consensuadas. A través dunha revisión sistemática de 35 estudos publicados entre 2020 e 2025, exploráronse as distintas metodoloxías, definicións e instrumentos utilizados para avaliar este constructo complexo e multidimensional. Os resultados revelan unha gran heteroxeneidade metodolóxica, con escasa estandarización de instrumentos. Moitos estudos non definen explicitamente o consentimento, e as formas de comunicalo varían entre o verbal, non verbal e señais implícitas. Fatores como o alcohol, a presión social, o xénero ou as relacións previas influen notablemente na súa expresión. Ademais, evidenciouse a coexistencia de consentimento sen desexo (cumplimento sexual), o que cuestiona a validez do consentimiento entendido unicamente como afirmación. Conclúese que é urxente avanzar cara a definicións máis claras e ferramentas de medición máis sensibles, que capten a complexidade do consentimiento en contextos universitarios e permitan deseñar instervencións educativas máis éticas, inclusivas e realistas.

Descritores léxicos da personalidade en galego.
Autoría
E.R.G.
Grao en Psicoloxía
E.R.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo fin de grao ten como obxectivo explorar os descritores léxicos da personalidade en galego a partir das achegas espontáneas dos seus propios falantes, cun enfoque emic, no que son os propios falantes os que achegan os termos atendendo ao seu propio contexto lingüístico.. O modelo dos Cinco Grandes da Personalidade serve como marco teórico de referencia, o cal propón cinco dimensións fundamentais: extraversión, amabilidade, responsabilidade, neuroticismo e apertura á experiencia (cf. Goldberg, 1981). Identificáronse os adxectivos máis frecuentemente evocados polos falantes de galego ao describir trazos de personalidade, e levouse a cabo a análise da súa carga afectiva e categorización psicolóxica. Empregouse unha metodoloxía de evocación libre, e os datos foron analizados co programa JASP. Para obter información adicional sobre valencia e arousal, empregouse a base de datos emoFinder, e para consultar a frecuencia dos termos no uso escrito da lingua, recorreuse ao corpus do Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). Os resultados mostran unha prevalencia de termos con valencia positiva, coincidindo con estudos previos noutras linguas romances. A clasificación segundo o modelo dos Cinco Grandes revela unha maior representación das dimensións de extraversión e amabilidade. Esta investigación constitúe unha primeira aproximación empírica ao léxico da personalidade en lingua galega, e subliña a necesidade de desenvolver recursos específicos adaptados á realidade lingüística propia.

FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
FRAGA CAROU, ISABEL (Titoría)
Tribunal
FRAGA CAROU, ISABEL (Titor do alumno)
FRAGA CAROU, ISABEL (Titor do alumno)
Factores psicosociais de risco e de protección do consumo intensivo de alcohol en poboación nova.
Autoría
A.R.J.
Grao en Psicoloxía
A.R.J.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O consumo de alcohol en adolescentes e novos, cunha prevalencia do 62,7% que o consumiron nos últimos 30 días (véxase Figura 2), constitúe unha práctica na que interveñen variables de diversa índole que poden actuar tanto como factores de risco ou de protección. No presente traballo revisaranse os principais factores de risco e protección que inflúen nos patróns de consumo de alcohol nesta poboación, facendo especial énfase nas dimensións psicosociais. Ademais, tendo en conta a complexa relación entre os factores psicosociais e o consumo de alcohol, e como estas relacións maniféstanse de distintas formas en función de variables como a idade e o sexo, planteouse unha revisión bibliográfica centrada en analizar como variables como o entorno familiar, as influenciais sociais, os estilos cognitivos e os rasgos emocionais e de personalidade contribúen tanto ao inicio como ao mantemento do consumo. Asi mesmo, examinaranse aqueles factores protectores como os estilos de afrontamento adaptativos, o apoio familiar e a autoestima que poden mitigar ou moderar a probabilidade de consumo neste grupo etario. Para iso, realizouse unha busca sistemática empregando as bases de datos Web of Science, PsycINFO e PubMed, filtrando a selección de artigos a publicacións comprendidas entre o 2020 e a actualidade. Finalmente, incluíronse un total de 17 artigos que cumprían cos criterios de elexibilidade e calidade metodolóxica.

Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
Isto non é un xogo: Efectos da gamificación no rendemento laboral
Autoría
A.G.R.G.
Grao en Psicoloxía
A.G.R.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Na última década emerxeu, a través dos avances tecnolóxicos, o campo da gamificación: A aplicación de elementos propios do deseño de xogos a ámbitos non relacionados. A súa implementación en contextos educativos, deportivos e formativos contou cunha atención e desenvolvemento considerables; con todo, no ámbito laboral os seus efectos e mecanismos son en gran parte descoñecidos. A través dunha revisión bibliográfica da literatura dispoñible, este Traballo de Fin de Grao indaga nos efectos do redeseño laboral gamificado no rendemento dos traballadores, así como noutras variables asociadas conceptual e empíricamente como poden ser o engagement, a motivación ou a satisfacción laboral. A partir da síntese de 22 artigos de investigación empírica, atopáronse efectos maioritariamente positivos no rendemento e no engagement, sen descoidar a interdependencia dos resultados coas variables externas ou contextuais, como o contexto laboral ou a modalidade de gamificación aplicada. Discútense as implicacións dos resultados para a investigación en este campo e dase conta, coa evidencia dispoñible, das posibles explicacións para os resultados negativos atopados, nas que futuras investigacións teñen a oportunidade de afondar.

Impacto dos influencers non ambientais na promoción de conductas pro-ambientais na mocidade galega.
Autoría
C.S.R.P.
Grao en Psicoloxía
C.S.R.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O cambio climático e a crise ambiental actual fan necesaria a promoción de hábitos de consumo máis sostibles, como a redución da utilización de plásticos dun só uso. Neste contexto, as redes sociais constitúen unha ferramenta clave para fomentar condutas pro-ambientais, especialmente entre a poboación máis nova. O presente estudo analiza o efecto de distintas estratexias comunicativas en publicacións de Instagram realizadas por influencers non ambientais. O obxectivo é avaliar se a autenticidade percibida e a opinión experta, así como a presenza de normas sociais dinámicas, inflúen na credibilidade da mensaxe, na súa persuasividade e na intención de comportamento pro-ambiental. Para isto, deseñouse un experimento cun deseño 2x2 entre grupos, no que participaron 272 mozos e mozas de Galicia. Cada participante visualizou unha única publicación ficticia que combinaba as condicións experimentais, e posteriormente cubriu un cuestionario sobre as variables dependentes. Os resultados non amosaron efectos significativos da autenticidade ou da opinión experta por separado. Porén, a presenza de normas dinámicas incrementou a intención de adoptar condutas sostibles, especialmente cando se combinaba coa autenticidade. Este traballo ofrece achegas relevantes sobre como deseñar mensaxes ambientais eficaces a través de influencers non especializados, nun contexto de urxencia ecolóxica onde é fundamental involucrar a cidadanía no cambio de hábitos de consumo para reducir o impacto ambiental do plástico.

Gómez Roman, Cristina (Titoría)
VILA TOJO, SERGIO Cotitoría
Gómez Roman, Cristina (Titoría)
VILA TOJO, SERGIO Cotitoría
Tribunal
Gómez Roman, Cristina (Titor do alumno)
VILA TOJO, SERGIO (Titor do alumno)
Gómez Roman, Cristina (Titor do alumno)
VILA TOJO, SERGIO (Titor do alumno)
Potenciais evocados na imaxinación motora
Autoría
U.S.P.
Grao en Psicoloxía
U.S.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Introducción: a imaxinación motora (IM), representación mental dun movemento sen acción física, é unha ferramenta de gran interese nas últimas décadas debido a súa aplicación e bo resultado en áreas de importancia como o deporte e a rehabilitación. Para comprender mellor o proceso e os seus correlatos cerebrais, entre as técnicas máis empregadas está a encefalografía (EEG), especialmente, debido ás súas vantaxes, a través da análise de potenciais evocados (ERPs), variacións na voltaxe do EEG debido a procesos sensoriais, motores ou cognitivos. Obxectivo: analizar, mediante unha revisión de estudos que utilizan potenciais evocados, os principais correlatos cerebrais vinculados a imaxinación motora, identificar as variables que median na actividade cerebral, e poder valorar as posibilidades de aplicación deste proceso. Método: realización de busca sistemática nas bases de datos Web of Science, Scopus e busca manual, seguindo as recomendacións do modelo PRISMA, mediante a implantación de criterios de inclusión e exclusión para ter unha busca o máis exacta posible. Resultados: os 12 traballos amosan a aparición de compoñentes ERP como N1, P1, N2, P3 ou LRP, e que en varios deles non se aprecian diferencias de amplitude e/ou latencia das condicións de execución manifesta e imaxinación de movemento. Conclusións: confírmase que a actividade cerebral xera imaxinación motora, que hai equivalencia ou similitude entre a actividade cerebral da imaxinación motora e a da execución manifesta, e ten unha potencial aplicación en campos variados como o deporte, a clínica ou determinadas tecnoloxías, como as Interfaces Cerebro Computadora (BCI).

GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Titor do alumno)

Relación entre autoestima e sintomatoloxía alimentaria desordenada en poboación adolescente, unha revisión bibliográfica
Autoría
F.S.F.
Grao en Psicoloxía
F.S.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Este traballo ten como finalidade analizar a relación entre a autoestima e a sintomatoloxía alimentaria desordenada en adolescentes, a partir dunha revisión sistemática de estudos recentes. Para iso, seleccionáronse doce investigacións publicadas entre 2020 e 2024 que avalían dita asociación en poboación adolescente. Os estudos revisados coinciden en sinalar unha asociación negativa entre a autoestima e a sintomatoloxía alimentaria, é dicir, canto máis baixa e a autoestima, maior tende a ser a presencia de conductas alimentarias desadaptativas. Esta relación faise especialmente evidente cando se analiza a autoestima corporal, que mostra unha vinculación máis forte con este tipo de sintomatoloxía que a autoestima global. Ademáis, identifícanse outros factores que inflúen nesta relación, como a insatisfacción co propio corpo, as dificultades para xestionar as emocións ou a presión do entorno, incluídos os efectos derivados do uso de redes sociais. En conxunto, os estudos revisados permiten comprender mellor o papel que desempeña a autoestima no desenvolvemento e mantemento deste tipo de problemátocas na adolescencia, o tempo que evidencian a necesidade de seguir investigando esta relación desde un enfoque máis amplo e con metodoloxías que permitan estudar a súa evolución o longo do tempo.
Este traballo ten como finalidade analizar a relación entre a autoestima e a sintomatoloxía alimentaria desordenada en adolescentes, a partir dunha revisión sistemática de estudos recentes. Para iso, seleccionáronse doce investigacións publicadas entre 2020 e 2024 que avalían dita asociación en poboación adolescente. Os estudos revisados coinciden en sinalar unha asociación negativa entre a autoestima e a sintomatoloxía alimentaria, é dicir, canto máis baixa e a autoestima, maior tende a ser a presencia de conductas alimentarias desadaptativas. Esta relación faise especialmente evidente cando se analiza a autoestima corporal, que mostra unha vinculación máis forte con este tipo de sintomatoloxía que a autoestima global. Ademáis, identifícanse outros factores que inflúen nesta relación, como a insatisfacción co propio corpo, as dificultades para xestionar as emocións ou a presión do entorno, incluídos os efectos derivados do uso de redes sociais. En conxunto, os estudos revisados permiten comprender mellor o papel que desempeña a autoestima no desenvolvemento e mantemento deste tipo de problemátocas na adolescencia, o tempo que evidencian a necesidade de seguir investigando esta relación desde un enfoque máis amplo e con metodoloxías que permitan estudar a súa evolución o longo do tempo.
Dirección
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
MARTINEZ VISPO, CARMELA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
VAZQUEZ GONZALEZ, FERNANDO LINO (Presidente/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Secretario/a)
GALDO ALVAREZ, SANTIAGO (Vogal)
Prexuízos de xénero na camuflaxe social
Autoría
T.S.M.
Grao en Psicoloxía
T.S.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo analiza o fenómeno da camuflaxe socian no Trastorno do Espectro Autista (tea),centrándose na diferencia de xénero. A partir dunha revisión bibliografica de literatura recente, na cal se recopilan diversos estudos cuantitativos, analizaronse os diferentes factores que interveñen na infradetección do trastorno no xénero femenino centrándose na camuflaxe social como posible factor de dita problematica. Nos diferentes estudos mostrase que as mulleres presentan un maior camuflaxe social que os homes, relacionando co diagnostico tardío, ou incluso con non ser detectadas. O uso desta estratexia, parece estar modulado por factores sociais e culturais, nos cales obsérvase un prexuízo de xénero, que conduce a que as mulleres aprendan mellor e usen con mais frecuencia dita estratexia. Asi mesmo, obsérvanse diferencias a nivel neuroanatomico, especialmente nas areas que estan vinculadas a cognición social. Estos resultados reforzan a necesidade de incorporar unha perspectiva de xénero na evaluación diagnostica, para así evitar o infradiagnóstico e as súas repercursións na saúde mental das mulleres.

A Intelixencia Artificial e o seu impacto na Psicoloxía do Testemuño
Autoría
M.T.M.
Grao en Psicoloxía
M.T.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
A Intelixencia Artificial comeza a ter un grande impacto na sociedade actual, podendo supoñer unha serie de desvantaxes para a psicoloxía do testemuño debido á súa capacidade para humanizar as respostas e acceder a todo tipo de bases de datos co fin de xerar narrativas coherentes. O presente traballo realizouse co obxectivo de estudar a credibilidade de testemuños de vítimas de agresión sexual creados mediante IA e mediante simulación, que se presentaron xunto con testemuños reais (todos ao azar) a unha mostra de suxeitos con coñecementos en psicoloxía e poboación xeral. O propósito foi analizar se as valoracións de credibilidade variaban en función do nivel de coñecementos en psicoloxía. Os resultados amosaron que non houbo diferenzas estatisticamente significativas entre ambos grupos na maioría dos casos, e que as taxas de acerto na identificación de testemuños simulados ou xerados por IA foron baixas. Estes achados evidencian as dificultades para detectar testemuños falsos mesmo dende un enfoque racional, e plantexan interrogantes sobre a fiabilidade do xuízo humano fronte a relatos xerados artificialmente. A nivel teórico e aplicado, o estudo destaca a necesidade de seguir investigando nesta liña, con mostras máis amplas e melloras no deseño, para comprender os riscos e límites que a intelixencia artificial pode representar en contextos sensibles como a avaliación do testemuño.

VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
Pazo Álvarez, Paula (Coordinador)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titor do alumno)

Estudo dos Factores Psicosociais Facilitadores na Acción Colectiva contra o Negocio da Vivenda en España. Análise desde o Modelo AICAM
Autoría
C.T.C.
Grao en Psicoloxía
C.T.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
A presente investigación parte do interese por comprender e afondar nos factores psicosociais que impulsan a participación en accións colectivas fronte á crecente mercantilización da vivenda en España. Baseándose no modelo SIMCA (van Zomeren et al., 2008) e na súa ampliación no modelo AICAM (Sabucedo et al., 2018), analízanse variables como a identidade colectiva politizada, a percepción de eficacia e inxustiza, a ideoloxía política e a obriga moral, integradas con factores sociodemográficos. Formuláronse catro hipóteses (H1) as persoas máis novas teñen unha maior predisposición á acción colectiva. A percepción de eficacia ten unha capacidade predictiva limitada (H2), mentres que a identidade colectiva politizada e a percepción de inxustiza son factores psicosociais relevantes (H3), e que a obriga moral é o predictor máis robusto (H4). A partir dunha mostra (113 participantes), aplicáronse análises de correlación e regresión linear múltiple. Os resultados confirman a primeira e a cuarta hipótese (H1, H4), o que significa que a xente nova, e especialmente a obriga moral, predí de maneira significativa a intención de participación. A identidade tamén se amosa como un factor clave (H3), mentres que a percepción de eficacia e inxustiza presentan menor relevancia da esperada (H2). Así mesmo, a ideoloxía política (progresista de esquerdas) emerxe como un elemento explicativo relevante. Estes achados reforzan a utilidade do modelo AICAM e abren novas vías de investigación arredor da mobilización social na actual crise habitacional.

Síndrome de burnout en docentes
Autoría
J.V.F.
Grao en Psicoloxía
J.V.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O burnout é, na actualidade, un problema moi común na poboación traballadora. Trátase dun síndrome que se caracteriza por esgotamento emocional, despersonalización e unha baixa realización profesional. A pesar de que os seus efectos adoitan ser infravalorados, o estrés laboral crónico e o burnout poden ter consecuencias físicas, psicolóxicas e emocionais prexudiciais para a saúde das persoas traballadoras. Estes efectos negativos tamén reducen o rendemento laboral do persoal, o que repercute no funcionamento xeral das organizacións e das empresas. O burnout pode producirse nunha ampla variedade de profesións, pero dous dos ámbitos que presentan maior prevalencia deste síndrome son o sanitario e o educativo, sendo este último o foco de análise do presente traballo. O obxectivo desta revisión bibliográfica é analizar os principais achados dun conxunto de investigacións publicadas a partir do ano 2020 sobre o síndrome de burnout en docentes. Máis concretamente, examináronse as relacións existentes entre o síndrome de burnout (e as súas tres dimensións), o estrés laboral, a satisfacción laboral e unha serie de variables demográficas, persoais e contextuais. Os datos reflectiron a existencia dunha forte asociación entre as tres dimensións do burnout, e entre estas e o burnout global con distintos tipos de estrés ocupacional e coa satisfacción laboral. Tamén se constatou a existencia de múltiples relacións estatisticamente significativas entre o burnout e distintas variables demográficas (xénero, anos de experiencia, estado civil, etc.), persoais (autoeficacia, regulación emocional, ansiedade, etc.) e contextuais (número de alumnado, curso impartido, relacións sociais, etc.). En conxunto, estes resultados poñen de relevo a complexidade do concepto de burnout e o impacto de variables de diversa natureza nos niveis do síndrome.

SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
SANTIAGO MARIÑO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)
Dono Martín, Marcos (Presidente/a)
OTERO LOPEZ, JOSE MANUEL (Secretario/a)
DIAZ LAGO, MARCOS (Vogal)