A Facultade de Veterinaria inicia o seu programa de acollida mediante a celebración dunha Sesión de benvida ao alumnado de 1.º curso do Grao o a primeira xornada do curso. A ela asisten o equipo decanal, a coordinadora do Grao, a coordinadora do 1.º semestre, que xestiona os grupos de prácticas e resolve as dificultades nos primeiros días do curso, e os alumnos titores.
A Facultade desenvolve un conxunto de accións para guiar, orientar e acompañar ao alumnado durante os seus estudos.