Ir o contido principal

Calidade

A Facultade de Veterinaria é consciente da importancia que ten a calidade no ensino superior para garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia da súa contorna social, económica e cultural.

Tomando como referencia a política de calidade da USC, enmarcada dentro do despregamento do seu plan estratéxico, a Facultade de Veterinaria elabora a súa política subliñando como principal obxectivo o desenvolvemento de programas formativos avalados por unha xestión de calidade como elemento clave para establecer un compromiso de máxima eficacia cos nosos grupos de interese.