Ir o contido principal

Prácticas

As prácticas académicas son unha actividade formativa que ten por obxectivo permitir que os alumnos e alumnas apliquen e complementen os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

Na Facultade de Veterinaria desenvólvense tres tipos de prácticas: Prácticas Tuteladas (Estancias Clínicas, Estancias Non Clínicas e Rotatorio Clínico Hospitalario); Prácticas Externas e Prácticas de Campo.

 

O programa do Grao en Veterinaria contempla un total de 24 créditos en prácticas tuteladas obrigatorias, cunha presencialidade do/a estudante do 85%, distribuídas en 3 disciplinas:

  • Rotatorio clínico hospitalario: 7 créditos en rotatorio clínico polos diferentes servizos do Hospital Veterinario Universitario Rof-Codina, cunha avaliación final de competencias.
  • Estancias clínicas: 9 créditos de estancia en clínicas externas ou desenvolvendo actividade investigadora clínica en veterinaria, cunha avaliación final de competencias.
  • Estancias non clínicas e na administración: 8 créditos de estancia en granxas de produción de animais de consumo, plantas piloto, matadoiros, laboratorios de ámbito veterinario, industrias agroalimentarias e con profesionais dos Servizos Veterinarios Oficiais, ou desenvolvendo actividade investigadora en veterinaria cunha avaliación final de competencias.

Ademais, os alumnos e alumnas poderán ver recoñecidos un máximo de 6 créditos realizando prácticas externas optativas.

O Máster contempla a realización de 9 ECTS obrigatorios de Prácticas Externas que se desenvolverán no segundo semestre.

Esta materia ten por obxectivos:

  • Adquirir a capacidade de integrarse nun equipo de traballo.
  • Promover a análise crítica mediante a inmersión no mundo laboral.
  • Coñecer os problemas cotidiás que xorden nas empresas e laboratorios que traballan en diferentes aspectos da xenética e xenómica.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2024.