O TFG estará relacionado cos contidos do Grao en Veterinaria e incluirá como mínimo tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo.
Poderán matricularse para a realización dun TFG aqueles alumnos ou alumnas do Grao que non teñan pendentes mais de 75 créditos do plan de estudos, excluídos os correspondentes ao TFG.
Para que o TFG poida ser defendido e avaliado, son requisitos imprescindibles ter superados todos os restantes créditos da titulación e estar matriculado do TFG.
- Presidente: Luis Ángel Quintela Arias
- Secretario e coordinador do TFG: Alexandre Lamas Freire
- Xestora da Facultade: Ana María Pérez Vázquez
- Coordinadora do Grao en Veterinaria: Natalia Vilariño del Río
- Representantes do profesorado:
- Luciano Espino López
- Ana Isabel Peña Martínez
- Representante do alumnado:
- Martín Portas Bugallo