Alimenta a mente
Gustaríache aprender a preparar o teu menú semanal equilibrado, doado e económico? O próximo venres 8 de novembro de 2024, de 18.00 a 20.30 horas, realizarase o Obradoiro de cociña saudable no Recuncho, no vestíbulo do Pavillón Central da Facultade de Veterinaria. Para iso, contaremos coa axuda de Gloria Reinoso, nutricionista graduada pola USC.
Trátase dunha actividade sociocultural de balde e aberta a toda a comunidade universitaria da USC, na que se tratarán diferentes temas, como desmontar mitos relacionados coa alimentación, así como consellos para aforrar na cesta da compra ao mesmo tempo que elaboramos un menú semanal planificado. Ao remate, prepararemos entre todos e todas diferentes receitas e, ao finalizar a actividade, degustaremos as nosas creacións en grupo!
Anímate e inscríbete neste obradoiro de cociña. As prazas son limitadas, polo que se terá en conta a orde de inscrición, e comunicarase (a través do correo electrónico indicado no formulario) a admisión e participación no obradoiro.
Para realizar a inscrición escanea o código QR da imaxe.