Enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia
Enquisa de satisfacción do alumnado sobre a docencia recibida no 1º semestre do curso 2024/25.
Esta enquisa é moi importante nos procesos de avaliación da calidade docente. Os seus resultados utilízanse para elaborar plans de mellora e son fundamentais para as acreditacións dos títulos e a valoración do profesorado.
Se o número de alumnos/as non é suficientemente representativo, estas enquisas non poderán usarse para os fins que se perseguen.
A enquisa é totalmente anónima.
Prazo: do 20 novembro ao 10 de decembro de 2024.