XXXV Xornadas Luis Asorey
Alimentación, Medio Ambiente e Saúde
A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, celebran as “XXXV Xornadas Luis Asorey”, centradas nesta edición na importancia da alimentación, o medio ambiente e a saúde.
Desenvolveranse do 18 ao 27 de novembro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19.00 a 21.00 horas.
Solicitouse a homologación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional como actividade de formación permanente do profesorado.
Inscrición gratuíta na seguinte ligazón: https://forms.gle/rh7xero5GFyBJDsY9