Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Según figura na memoria do título, a materia Audiencias e consumos informativos debe abordar os seguintes aspectos:
1. Estudo e análise da circulación: concepto e escenarios para os produtos comunicativos.
2. Estudo e análise da hibridación desde a perspectiva das audiencias.
3. Análise dos sistemas de recoñecemento, localización e medición para a creación e conquista de novos públicos.
4. Análise das tendencias de usos e consumos informativos.
5. Aplicación de estratexias como fórmulas para o emprazamento dos produtos comunicativos: evolución e
tendencias.
Audiencias e consumos informativos é unha materia incluida nos contidos obrigatorios do máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia. No plano de estudos figura no primeiro semestre e consta de 6 créditos ECTS. O alumnado profundizará na capacitación teórica para comprender a transversalidade do concepto de audiencias, con especial atención aos hábitos de consumo dos produtos informativos. A materia centrarase no estudo da fragmentación dos públicos na sociedade da información e o coñecemento, na análise do papel e perfil dos consumidores e prosumidores, e no estudo do impacto das audiencias nos diferentes produtos comunicativos. Incidirase, tamén, na planificación, con atención ás estratexias e públicos no campo dos produtos informativos. O alumnado adquirirá competencias para entender a planificación estratéxica e o deseño das accións innovadoras no campo da comunicación, especialmente na súa relación cos públicos e coas audiencias.
Ademais, esta materia ten como competencias específicas: que o alumnado coñeza as principais bases de datos precisas para a planificación e o deseño estratéxico, así como o valor de técnicas cualitativas de investigación de audiencias (grupos de discusión, etc); que o alumnado coñeza os novos ámbitos de desenvolvemento profesional para que o xornalista identifique oportunidades laborais no ámbito da planificación estratéxica na procura de novos usuarios e audiencias; que coñeza as accións innovadoras no campo da comunicación, especialmente para a conexión e fidelización dos medios cos públicos e coas audiencias. A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para executar a análise e planificación estratéxica de produtos e a súa extensión entre os usuarios e as audiencias dunha sociedade conectada.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1: Introdución
1.1 Circulación dos produtos comunicativos no escenario actual: confianza, calidade, participación e transparencia
1.2 Alfabetización e audiencias críticas contra a desinformación
1.3 A era das noticias centradas nas audiencias
1.4 Recoñecemento e identificación dos públicos
TEMA 2: A medición de audiencias: métodos e ferramentas de análises para un escenario de circulación multiplataforma
2.1 Circulación impresa: instrumentos, métricas e desafíos. Tendencias nos consumos informativos.
2.2 Circulación audiovisual tradicional: instrumentos, métricas e desafíos. Tendencias nos consumos informativos.
2.3 Circulación dixital: instrumentos, métricas e desafíos. Tendencias nos consumos informativos.
2.4 Circulación en redes sociais: instrumentos, métricas e desafíos. Tendencias nos consumos informativos.
TEMA 3: A medición cualitativa de audiencias
3.1 Introdución: Big Data e Thick Data
3.2 Entrevistas en profundidade
3.3 Grupos focais
TEMA 4: Estratexias para o emprazamento de produtos informativos
4.1 Multichannel, Crosschannel, Omnnichannel e Social Hub Content
4.2 Ferramentas de IA na edición e curación de contido
4.3 Subscrición, vertical sites e newsletters: creación de comunidades exclusivas e especializadas para aumentar a ledaldade
4.4 Diálogo coa audiencia: interacción cos públicos nos espazos online e offline
4.5 Estratexias de vídeo e audio
4.6 Estratexias de redes sociais
4.7 A innovación como desafío permanente
CONTIDOS PRÁCTICOS
O temario teórico compleméntase coas sesións prácticas estuturadas nun laboratorio de "Audiencias e consumos informativos", en consonancia cos contidos teóricos que se imparten. Coa implicación activa de docente e alumnado, traballarase de maneira aplicada coas fontes (bases de datos, informes, artigos científicos) que permitan aproximarse ao coñecemento das tendencias de consumo na contorna converxente por parte dos públicos. Nesta parte aplicada deseñaranse, tamén, instrumentos de análises como enquisas, test, grupos de discusión, etc, tanto sobre unha mostra predefinida, como a partir de propostas abertas, ao redor das ofertas informativas nos distintos soportes. Finalmente, exploraranse as distintas estratexias que se traballan nos medios de comunicación para mellorar a conexión e a fidelización da audiencia.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Kristensen, L.M. (2023). Audience Metrics: Operationalizing News Value for the Digital Newsroom. Journalism Practice, 17(5), 991-1008. DOI: 10.1080/17512786.2021.1954058
Moran, R.E. & Nechushtai, E. (2022). Before reception: Trust in the news as infrastructure. Journalism, 0, 1-18. https://doi.org/10.1177/14648849211048961
Negredo, S.; Amoedo, A.; Vara-Miguel, A.; Moreno, E. & Kaufmann, J. (2021). Digital News Report.ES 2020. Reuters Institute. https://www.digitalnewsreport.es/
Newman, N., Fletcher, R.; Schulz, A., Simge, A. & Kleis, R. (2021). Reuters Institute Digital News Report 2020. https://www.digitalnewsreport.org/
Toff, B.; Badrinathan, S.; Mont’Alverne, C.; Argueda, A.R.; Fletcher, R. & Nielsen, R.K. (2020). What we think we know and what we want to know: perspectives on trust in news in a changing world. Reuters Institute. https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/what-we-think-we-know-and-wh…
Tjaardstra, N. (2017). World Press Trends 2017: Trust is the new currency for success. WAN-IFRA. https://wan-ifra.org/2017/10/world-press-trends-2017-trust-is-the-new-c…
Wan-Ifra (2022). En busca de un conocimiento más profundo de nuestras audiencias. Informe sobre la 2ª Ronda de Table Stakes Europe. https://wan-ifra.org/cases/
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Callejo, J. (2001). El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Ariel.
Carlson, M. (2018). Confronting Measurable Journalism. Digital Journalism, 6, 406-417. https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/21670811.2018.1445003
Casero-Ripollés, A. (2020). Impact of Covid-19 on the media system. Communicative and democratic consequences of news consumption during the outbreak. El profesional de la Información 29(2), e290223. https://doi.org/10.3145/epi.2020.mar.23
Cherubini, F. & Nielsen, R.K. (2016). Editorial Analytics: How News Media are Developing and Using Audience Data and Metrics. Digital News Project 2016.
Coleman, S. (2012). Believing the news: From sinking trust to atrophied efficacy. European Journal of Communication, 27(1), 35–45. doi:10.1177/0267323112438806
Cooper-Blank, R. (2020, 19 marzo). In Uncertain Times, People Turn to Local News. Comscore Blog. https://www.comscore.com/Insights/Blog/In-Uncertain-Times-People-Turn-t…
Costera-Meijer, I. (2016). Practicing Audience-centred Journalism Research. In Witschge, T., Anderson, C.W., Domingo, D. & Hermida, A. Digital Journalism. Sabiio.
Covid0bs (2021). Observatorio de Infodemics Covid19. https://covid19obs.fbk.eu/#/
Dhanani, L.Y. & Franz, B. (2020). The Role of News Consumption and Trust in Public Health Leadership in Shaping COVID-19 Knowledge and Prejudice. Frontiers in Psychology, 11. doi: 10.3389/fpsyg.2020.560828
Ferrer-Conill, R. & Tandoc Jr., E.C. (2018). The Audience-Oriented Editor. Digital Journalism, 6(4), 436-453. https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/21670811.2018.1445003
Fletcher, R. & Park, S. (2017). The impact of trust in the news media on online news consumption and participation. Digital Journalism, 10(5), 1281-1299. doi: https://doi.org/10.1080/21670811.2017.1279979
Kalogeropoulos, A., Suiter, J., Udris, L., & Eisenegger, M. (2019). News media trust and news consumption: Factors related to trust in news in 35 countries. International Journal of Communication, 13, 3672–3693. https://ijoc.org/index.php/ijoc/article/view/10141/2745
Krueger, R. (1991). El grupo de discusión. Guía práctica para la investigación aplicada. Pirámide.
Lamot, K. & Paulussen, S. (2020). Six Uses of Analytics: Digital Editor's Perceptions of Audience Analytics in the Newsroom. Journalism Practice, 14(3), 358-373. https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/17512786.2019.1617043?scro…
Lunt, P. & Livingtone, S. (1996). Rethinking the Focus Group in Media and Communications Research. En Journal of Communication, 46(2).
Masip, P. (2016). Investigar el periodismo desde la perspectiva de las audiencias. El Profesional de la Información, 25(3), 323-330
Meso, K., Agirreazkuenaga, I. & Larrondo, A. (eds.) (2015). Active audiences and Journalism. Analysis of the quality and regulation of the user generated contents. UPV-EHU.
https://drive.google.com/file/d/0B2eyawMqcpTyLVpGR0NLQzAtcmc/view
Metzger, M. J., Flanagin, A. J., Eyal, K., Lemus, D. R. & McCann, R. (2003). Credibility for the 21st century: Integrating perspectives on source, message and media credibility in the contemporary media environment. Communication Yearbook, 27, 293–335.
Moreno-Moreno, E. & Sanjurjo-San-Martín, E. L. (2020). Consumo selectivo de las marcas periodísticas en España: confianza, orientación política y grado de consumo digital. Profesional De La Información, 29(5), 1699-2407. doi: https://doi.org/10.3145/epi.2020.sep.24
Nelson, J. (2016). Audience Currencies in the Age of Big Data. International Journal on Media Management, 18(1), 9-24. https://www.tandfonline.com/doi/full/10.1080/14241277.2016.1166430
Pew Research Center (2021). News Use Across Social Media Platforms in 2020. Pew Research Center. https://pewrsr.ch/3aJrUf7
Rodríguez-Vázquez, A-I, Negreira-Rey, M.C. & López-García, X. (2024). El desafío de las audiencias como motor (re)activo del cambio Periodístico. The Challenge of Audiences as (re)Active Drivers of Journalistic Change. Comunicar, 32(78), 132-143. DOI: https://doi.org/10.58262/V32I78.11
Rodríguez-Vázquez AI.; Sixto-García, J. & Ordóñez, Kruzkaya. (2023) Social audience and media. En: B. García-Orosa, S. Pérez-Seijo & A. Vizoso (eds) Emerging practices in the age of automated digital journalism. Models, languages and storytelling. Routledge/Taylor & Francis Group), 78-92. DOI: 10.4324/9781003260813-9
Rodríguez-Vázquez, A.I.; Dragomir, M. & Francisco-Lens, N. (2022). Audiences First: Professional Profiles, Tools and Strategies of Digital Newsrooms to Connect with the Public. En Jorge Vázquez, Alba Silva, María-Cruz Negreira, Carlos Toural & Xosé López: Total Journalism. Models, Techniques and Challenges. Studies in Big Data, vol. 97. Springer. https://doi.org/10.1007/978-3-030-88028-6_16
Russmann, U. & Hess, A. (2020). News Consumption and Trust in Online and Social Media: An In-depth Qualitative Study of Young Adults in Austria. International Journal of Communication, 14, 3184-3201. https://ijoc.org/index.php/ijoc/article/view/13774/3115
Vara-Miguel, Alfonso (2018). Confianza en noticias y fragmentación de mercado: el caso español. Comunicació: Revista de recerca i d’anàlisi, 35(1), 95-113. doi: https://doi.org/10.2436/20.3008.01.168
Vázquez-Herrero, J. Negreira-Rey, M.C.; Silva-Rodríguez, A. & Rodríguez-Vázquez, A-I (2022). Los medios bajo el prisma de la audiencia española: cuestión de confianza. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 28(2), 447-459. https://dx.doi. org/10.5209/esmp.77807
CON.2 - Coñecer os principios e as técnicas de análises e de elaboración de produtos xornalísticos multimedia.
CON.3 - Identificar estratexias e modelos de innovación aplicados ao xornalismo e a comunicación.
HAB.4 - Utilizar técnicas de investigación aplicadas á comunicación e ao xornalismo multimedia.
HAB.5 - Analizar produtos, estratexias e proxectos xornalísticos do ecosistema comunicativo dixital.
COM.1 - Seleccionar, jerarquizar e aplicar os coñecementos sobre xornalismo multimedia e as súas innovacións no
ámbito profesional para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.5 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da
Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
A metodoloxía docente combina:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo/a docente
- Resolución de problemas: realización de actividades dirixidas, xeralmente dirixidas a obter un resultado concreto (solución ou análise)
- Presentación en aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada
- Estudos de casos: análises e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia
- Aula invertida: modalidade que combina a aprendizaxe autónoma a través de materiais e actividades que permiten a preparación previa co ensino presencial na aula, como espazo destinado para a discusión, a resolución de dúbidas e a profundización
- Estudo previo: revisión e análise de materiais docentes antes da sesión presencial co/a docente
- Design thinking: metodoloxía para xerar solucións innovadoras
- Foros de discusión - traballo en grupo: dinámicas interactivas de argumentación e/ou elaboración cooperativa coa intervención dun grupo de persoas
Traballarase tamén con titorías en grupo nas que se desenvolverán traballos individuais e grupais cun plantexamento xeral baseado nos estudos de caso. Implicarase ao estudante en todas as etapas do proceso formativo desta materia, tanto nos debates que se sosteñan, como nos exercicios teórico-prácticos que se propoñan.
A metodoloxía docente reforzarase co apoio do Campus Virtual e de ferramentas de aprendizaxe como MSTeams e outras.
A materia atende ao sistema de avaliación continua, polo que haberá un seguemento permanente dos conceptos que adquira o alumnado, valorándose tamén as actitudes de aprendizaxe que manifeste o estudante que deberá cumprir todos os requisitos de avaliación que se fixan a continuación para poder aprobar a materia:
a) actividades de avaliación continua (25% - esta porcentaxe inclúe asistencia e participación activa na aula)
b) proba de coñecementos básicos sobre os contidos da materia (25%)
c) prácticas experimentais (50%)
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. Para poder examinarse é preciso ter entregados os exercicios prácticos e superar cada un dos apartados anteriores.
No caso de dispensa de asistencia a clase, o alumnado deberá realizar igualmente as actividades prácticas que se propoñan ao longo do curso. Con todo, aquelas que sexan grupais adaptaranse para que o alumnado con dispensa pódaas realizar de forma individual. O sistema de avaliación será: elaboración e presentación dos exercicios prácticos que se propoñan, adaptados á situación de dispensa (50%) + proba de coñecementos básicos sobre os contidos da materia (50%).
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC, para xs estudantes de grao e máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
Según consta na memoria do título:
Docencia teórica: 18h
Docencia interactiva laboratorio: 24h
Titorización en grupo reducido: 6h
Probas de Avaliación: 3h
Traballo persoal do alumnado: 99h
Recoméndase facer un seguimento, según os tempos marcados durante a docencia da materia, de todo o material que se deposite na Aula Virtual co fin de aplicar os conceptos teóricos nos exercicios prácticos que se propoñan.
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816542
- Correo electrónico
- anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cibran Tenreiro Uzal
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Martes | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Mércores | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
15.01.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |