Este programa de doutoramento ten carácter interuniversitario e nel participan investigadores/as das universidades da Coruña e Santiago de Compostela. Nos seus equipos tamén se integran investigadores/as das universidades de Barcelona , Oviedo e Valencia, así como do Instituto Xerontolóxico Matia (INGEMA).
A implantación dun Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde xurdiu como unha proposta da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación da USC e a UDC á necesidade de dispor dun programa para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG), no ámbito do desenvolvemento psicolóxico humano, a aprendizaxe e a educación, así como o estudo de factores que poidan afectar o axuste psicolóxico e á saúde ao longo do ciclo vital das persoas. Estímase que a oferta dun Programa de Doutoramento Interuniversitario en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde entre ambas as universidades, coordinado pola USC, era fundamental para o desenvolvemento da investigación neste ámbito en Galicia.
O Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde pretende : (a) unha formación multidisciplinar dos/as investigadores/ as nos complexos tópicos de investigación que afronta actualmente a Psicoloxía, (b) un aumento da oferta de liñas de investigación ós estudiantes da universidades conviadas, e (c) unha reducción-centralización do aparello administrativo das universidades baixo o paraugas das denominadas Escolas de Doutoramento.
O presente programa integra á maior parte dos/as investigadores/as dependentes do Departamento de Psicoloxía (UdC) e dos Departamentos de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UdC e a USC, sendo esencial para atender ás demandas de formación investigadora dos estudantes de posgraduado que cursan os máster con acceso preferente nos que participa o profesorado do presente PD e doutros/as estudantes/as do estado ou estranxeiros con intereses nas liñas de investigación ofertadas e concretadas en cada un dos equipos de investigación que o compoñen.
O PDDPAS articúlase ao redor de 6 liñas de investigación que acoutan os ámbitos específicos de formación e en aliñamento principalmente co RETO 3 "Modelo de vida saudable e envellecemento activo da poboación", especificado na Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 2021-2027:
Envellecemento psicolóxico e demencias
Aprendizaxe escolar, rendemento e benestar psicolóxico
Dificultades de aprendizaxe e necesidades educativas específicas
Desenvolvemento da linguaxe oral, escrita e as súas alteracións
Desenvolvemento psicosocial, axuste e progreso académico e períodos evolutivos transnacionais
Psicoloxía da saúde
Así, dende o punto de vista científico, o Programa de Doutoramento pretende formar investigadores, primando a interdisciplinariedade ao incluír investigadores/as adscritos a diferentes áreas de coñecemento, encadrados nos campos de especialización da Psicoloxía e as Ciencias da Educación, tal como reflicte a denominación do título e recollen as liñas de investigación incluídas.
Así mesmo, estas liñas de investigación concordan coas prioridades definidas nas políticas de I+D+i estatais e europeas no relativo a:
a) Promover saúde e benestar
b) Desenvolver sociedades inclusivas e diversas, e
c) Contribuír á sociedade dixital e á sustentabilidade
PresentaciónAdmisiónActividades formativasComplementos de formaciónLiñas de investigaciónObxectivos e competenciasPerfil de egresados e saídas profesionaisRecursos materiaisTeses defendidasComisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD)Indicadores de calidadePresentación
Duración:
3 anos académicos Código RUCT: 5601046 Número prazas: 12
Coordinador-a do título:
Arturo Jose Pereiro Rozas arturoxose.pereiro [at] usc.es
Linguas de uso: Castelán, Galego, Inglés
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 06/11/2014
Data de publicación no BOE: 19/01/2015
Data da última acreditación: 13/03/2023
Códigos ISCED: (310) Ciencias sociales y del comportamiento(311) Psicología(0313) Psicología
A implantación dun Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde xurdiu como unha proposta da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación da USC e a UDC á necesidade de dispor dun programa para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG), no ámbito do desenvolvemento psicolóxico humano, a aprendizaxe e a educación, así como o estudo de factores que poidan afectar o axuste psicolóxico e á saúde ao longo do ciclo vital das persoas. Estímase que a oferta dun Programa de Doutoramento Interuniversitario en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde entre ambas as universidades, coordinado pola USC, era fundamental para o desenvolvemento da investigación neste ámbito en Galicia.
O Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde pretende : (a) unha formación multidisciplinar dos/as investigadores/ as nos complexos tópicos de investigación que afronta actualmente a Psicoloxía, (b) un aumento da oferta de liñas de investigación ós estudiantes da universidades conviadas, e (c) unha reducción-centralización do aparello administrativo das universidades baixo o paraugas das denominadas Escolas de Doutoramento.
O presente programa integra á maior parte dos/as investigadores/as dependentes do Departamento de Psicoloxía (UdC) e dos Departamentos de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UdC e a USC, sendo esencial para atender ás demandas de formación investigadora dos estudantes de posgraduado que cursan os máster con acceso preferente nos que participa o profesorado do presente PD e doutros/as estudantes/as do estado ou estranxeiros con intereses nas liñas de investigación ofertadas e concretadas en cada un dos equipos de investigación que o compoñen.
O PDDPAS articúlase ao redor de 6 liñas de investigación que acoutan os ámbitos específicos de formación e en aliñamento principalmente co RETO 3 "Modelo de vida saudable e envellecemento activo da poboación", especificado na Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 2021-2027:
Envellecemento psicolóxico e demencias
Aprendizaxe escolar, rendemento e benestar psicolóxico
Dificultades de aprendizaxe e necesidades educativas específicas
Desenvolvemento da linguaxe oral, escrita e as súas alteracións
Desenvolvemento psicosocial, axuste e progreso académico e períodos evolutivos transnacionais
Psicoloxía da saúde
Así, dende o punto de vista científico, o Programa de Doutoramento pretende formar investigadores, primando a interdisciplinariedade ao incluír investigadores/as adscritos a diferentes áreas de coñecemento, encadrados nos campos de especialización da Psicoloxía e as Ciencias da Educación, tal como reflicte a denominación do título e recollen as liñas de investigación incluídas.
Así mesmo, estas liñas de investigación concordan coas prioridades definidas nas políticas de I+D+i estatais e europeas no relativo a:
a) Promover saúde e benestar
b) Desenvolver sociedades inclusivas e diversas, e
c) Contribuír á sociedade dixital e á sustentabilidade
Admisión
Perfil de ingreso
O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o estudantado que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorandos/as.
Poderán ser admitidos no programa estudantes que cursasen estudos de licenciatura ou grao e máster dentro dos seguintes ámbitos de coñecemento (RD 822/2021):
-Ciencias do comportamento e psicoloxía.
-Ciencias da educación.
-Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia.
-Enfermería
-Medicina e odontoloxía.
-Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais.
Unha vez considerada a carta de interese, a adecuación ás liñas de investigación e o compromiso de dirección por parte dalgún/a investigador/a do programa, terán prioridade aqueles estudantes que acrediten competencias relativas ás titulacións de "Psicoloxía", "Logopedia" e ao ámbito das "Ciencias da educación". Así mesmo, priorizarase os estudantes que accedan ao PDDPAS cos seguintes estudos de máster: 'MU en Psicoxerontoloxía', 'MU en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de idiomas, artísticas e deportivas', 'MU en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías', 'MU en Psicoloxía Aplicada', 'MU en Psicopedagoxía'. En segundo lugar, serán considerados para o acceso preferente o 'MU en Psicoloxía', 'MU en Xerontoloxía', e o 'MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria'.
Requisitos
Os requisitos xerais de acceso e admisión son os recollidos no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e na súa modificación polo Real decreto 576/2023, do 4 de xullo. Estes son:
1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de máster universitario ou equivalente, sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
2. Así mesmo, poderá acceder quen se encontre nalgún dos seguintes supostos:
a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas ensinanzas e acreditar un nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior.
b) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do marco europeo de cualificacións sempre que o dito título faculte para o acceso a estudos de doutoramento no país de expedición deste. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
c) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, logo de comprobación pola universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster universitario e que faculta no país de expedición do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinanzas de doutoramento.
d) Estar en posesión doutro título de doutora ou doutor.
e) Igualmente poderán accede-los titulados universitarios que, logo de obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde.
Requisitos específicos
É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación por parte do/a estudante de:
i) unha carta de referencia dun(a) profesor(a) do programa que avale a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e na que se comprometa a exercer como titor/
a ou director/a
ii) unha carta na que se especifique o interese polo tema de investigación elixido e o seu encaixe nalgunha das liñas de investigación do programa
e iii) acreditar oficialmente coñecemento equivalente a nivel B2 en inglés, lingua común de comunicación científica habitual a nivel internacional. O nivel de (idioma) acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/index.html.
Extinción do título
O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:
• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.
• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.
• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.
• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.
A extinción producirá os seguintes efectos:
• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.
• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.
• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.
A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.
Manexo de bases de datos e recursos documentais electrónicos (USC)
E3111A01
Cursos de formación de usuarios (UDC)
E3111A02
Presentación pública do traballo de revisión sobre o estado da cuestión no tópico de investigación
E3111A03
Elaboración e presentación de comunicación científica oral e/ou poster en reunión científica de ámbito nacional ou internacional con temática relacionada co tópico de investigación
E3111A04
Elaboración e presentación de comunicación científica oral en reunión científica de ámbito internacional con temática relacionada co tópico de investigación
E3111A05
Presentación pública dos avances no traballo de investigación
E3111A06
Estancias en centros de investigación nacionais ou estranxeiros con investigadores de prestixio no ámbito de investigación elixido
Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a estudante e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento. Estarán libres de cursar créditos formativos complementarios aqueles estudantes que accedan a través da licenciatura en psicoloxía ou psicopedagoxía. Así mesmo, estarán libres de cursar estes créditos complementarios os estudantes cos seguintes títulos de máster: 'MU en Psicogerontoloxía', especialidade de orientación do 'MU en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas, artísticas e deportivas', 'MU en Estudios Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías', 'MU en Psicoloxía Aplicada', 'MU en Psicopedagoxía', 'MU en Psicoloxía', e 'MU en Psicoloxía Xeneral Sanitaria'. A CA valorará a necesidade de cursar créditos complementarios para outros títulos de master nos que non se acrediten convenientemente competencias propias dos ámbitos de "ciencias do comportamento e psicoloxía" e "ciencias da educación". Estes complementos de formación poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e, deberanse superar no período inicial de desenvolvemento da teses, nun prazo máximo dun curso académico e para efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. Estas competencias adquiriranse cursando materias, ata un máximo de 15 créditos ECTS, en tres ámbitos básicos de formación: deseños e métodos de investigación, Análise de datos, e Manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos, dos seguintes graos e/ou másteres ofertados nas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. - G2011107 – Deseños de investigación en Psicoloxía (Grao en Psicoloxía): 6 ECTS - G3091103 / G3081102- Metodoloxía de investigación en Ciencias Sociais e da Educación (Grao en Educación Social / Grao en Pedagoxía): 6 ECTS - G3091325 - Métodos e técnicas na investigación socioeducativa (Grao en Educación Social): 6 ECTS - P2021218 - Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía (Máster Universitario en Xerontoloxía): 5 ECTS - P2151201 - Deseños de investigación aplicados á psicoloxía da saúde (Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria): 3 ECTS - P2171201 - Competencias en investigación psicoxerontolóxica (Máster Universitario en Psicogerontoloxía): 3 ECTS - P2171202 – Bioética e deontoloxía (Máster Universitario en Psicogerontoloxía): 3 ECTS - P2171204 Metodoloxía cuantitativas e cualitativas na investigación psicoxerontolóxica (Máster Universitario en Psicogerontoloxía): 3 ECTS - G2011102- Análise de datos en Psicoloxía (Grao en Psicoloxía): 6 ECTS - G2011229 - Análise multivariantes (Grao Psicoloxía): 4.5 ECTS - P3411103- Medida e análise de datos en psicoloxía (Máster Universitario en Psicoloxía): 4.5 ECTS - P2151202 - Modelos multivariados de análise de datos aplicados á psicoloxía da saúde (Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria): 3ECTS
Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS)
Carmen De Labra Pinedo

Rosa María Fernández García

Ricardo Antonio García Mira

Adriana Ávila Álvarez

Obxectivos e competencias
O obxectivo fundamental do programa é o de desenvolver competencias investigadoras nos ámbitos relacionados coas dúas liñas de investigación que se propoñen e os equipos que as conforman (i. e, manexo de bases de datos e revisión documental, planificación e implementación de deseños experimentais, avaliación psicolóxica e recollida de información, análise cualitativa e cuantitativa de datos, redacción e defensa de informes científicos e traballo en equipo multidisciplinar en grupos nacionais e internacionais).
A implantación dun Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde xurdiu como unha proposta da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación da USC e a UDC á necesidade de dispor dun programa para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG), no ámbito do desenvolvemento psicolóxico humano, a aprendizaxe e a educación, así como o estudo de factores que poidan afectar o axuste psicolóxico e á saúde ao longo do ciclo vital das persoas. Estímase que a oferta dun Programa de Doutoramento Interuniversitario en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde entre ambas as universidades, coordinado pola USC, era fundamental para o desenvolvemento da investigación neste ámbito en Galicia.
O Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde pretende : (a) unha formación multidisciplinar dos/as investigadores/ as nos complexos tópicos de investigación que afronta actualmente a Psicoloxía, (b) un aumento da oferta de liñas de investigación ós estudiantes da universidades conviadas, e (c) unha reducción-centralización do aparello administrativo das universidades baixo o paraugas das denominadas Escolas de Doutoramento.
Competencias básicas
• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo
• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación
• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal
• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas
• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional
• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
• Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.
Competencias específicas
ET01. Capacidade para adecuar ao compromiso ético establecido no Código Deontolóxico do psicólogo o proxecto de investigación e os informes científicos xerados na práctica investigadora
ET02. Capacidade para analizar e comprender de xeito crítico, e expoñer sinteticamente, oralmente e por escrito nos idiomas que se usan habitualmente na comunidade científica, as múltiples e complexas achegas teóricas sobre o tópico de investigación elixido no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde
ET03. Capacidade para elaborar e poñer en práctica un deseño metodolóxico completo dunha investigación novedosa, tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar, a través dunha investigación orixinal que permita xerar innovación e emprendemento no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde
ET04. Dispoñer da habilidade para realizar procuras de información relevante e xerar coñecemento científico en ámbitos do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde na que esta escasea e ser capaz de comunicala á comunidade científica e á sociedade, e formular xuízos con información limitada
ET05. Capacidade para responder a preguntas crave, enfrontarse á resolución de problemas complexos de xeito novedoso e innovador e defender as solucións propostas no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.
Outras competencias
- Capacidade para adecuarlle ao compromiso ético establecido no Código deontolóxico do psicólogo o proxecto de investigación e os informes científicos xerados na práctica investigadora.
- Capacidade para analizar e comprender de maneira crítica, e expoñer sinteticamente, oralmente e por escrito nos idiomas que habitualmente se usan na comunidade científica, as múltiples e complexas achegas teóricas sobre o tópico de investigación elixido no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.
- Capacidade para elaborar e pór en práctica un deseño metodolóxico completo dunha investigación nova, tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar, a través dunha investigación orixinal que permita xerar innovación e emprendemento no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.
- Dispoñer da habilidade para realizar buscas de información relevante e xerar coñecemento científico en ámbitos do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde en que esta escasea e ser capaz de comunicala á comunidade científica e á sociedade, e formular xuízos con información limitada.
- Capacidade para responder a preguntas clave, enfrontarse á resolución de problemas complexos de maneira novidosa e innovadora e defender as solucións propostas no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.
Perfil de egresados e saídas profesionais
O estudante doutorado no PDDPAS posúe competencias para a realización de actividades de investigación de acordo cos orzamentos de fiabilidade e validez recollidos nos estándares actuais establecidos nas ciencias do Comportamento e Psicoloxía. Adquire compromiso coa xeración ética e aberta de novos coñecementos que se atopan á vangarda da liña de investigación pola que opta. O perfil de egresado/a será o dun investigador/a, de alto nivel, especializado en investigación básica en problemas psicolóxicos, psicosociais e socioculturais con competencias profesionais para:
1. Xerar e liderar proxectos de investigación orixinais que cumpran con estándares internacionais éticos e de calidade científica.
2. Comunicar de maneira efectiva os resultados das súas investigacións en medios científicos e non especializados, tanto nacionais como internacionais.
O PDDPAS está comprometido co impulso da modalidade de doutoramento industrial e, actualmente, temos matriculada á primeira estudante que realiza a súa teses nesta modalidade a través do convenio asinado coa empresa ENVITA DIXITAL para a validación de tecnoloxía asistencial dirixida a adultos maiores.
O PDDPAS habilita competencialmente aos seus doutorandos/as para a realización de investigación básica e aplicada en institucións de I+D+i públicas e privadas orientadas ao deseño e validación de produtos de avaliación e intervención psicolóxica relacionadas coas liñas de investigación nas que se organiza o PD.
Recursos materiais
Para dar cobertura a tódolos requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servicios a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:
A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:
• Bases de datos reunidas
• Revistas electrónicas
• Sumarios electrónicos
• Servizo de préstamo interbibliotecario
Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.
O Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos basados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.
O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. Para tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria se encarga da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.
Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.
Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD)
Coordinador/a
Arturo Jose Pereiro Rozas
Vogais
Carolina Tinajero Vacas
Rosa María Rivas Torres
María Adelina Guisande Couñago
Indicadores de calidade
Perfil de ingreso e captación
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
ID-01
Prazas Ofertadas
Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa
Info da escala: Número enteiro
12,0
12,0
12,0
12,0
12,0
12,0
ID-02
Demanda
Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta das prazas.
Info da escala: Porcentaxe con dous decimais
166,67
58,33
83,33
150,0
125,0
125,0
ID-03
Matrícula de novo ingreso
Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.
Info da escala: Número enteiro
13,0
2,0
4,0
5,0
4,0
6,0
ID-06
Matrícula total de estudantes
Número total de alumnos matriculados en réxime de matrícula ordinaria
Info da escala: Número enteiro
27,0
23,0
22,0
24,0
23,0
27,0
ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster
Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

53,85
50,0
50,0
40,0
75,0
50,0
ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes doutras universidades
Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

30,77
0,0
0,0
20,0
25,0
16,67
ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG
Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG
Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados
Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

29,63
34,78
27,27
29,17
30,43
29,63
ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES
Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

18,52
21,74
18,18
16,67
17,39
11,11
ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

100,0
100,0
100,0
100,0
100,0
-
Planificación das ensinanzas
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos
Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

7,69
0,0
0,0
20,0
0,0
0,0
ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo
Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados.
Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

31,82
29,17
13,04
25,93
ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial
Relación porcentual entre o número de alumnos a tempo parcial e o total de alumnos matriculados.
Nota: Considéranse estudantes a tempo parcial aqueles que teñan a mesma dedicación ao longo do curso académico.

44,44
30,43
27,27
37,5
34,78
18,52
ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta
Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados.
Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

40,91
33,33
52,17
55,56
Desenvolvemento das ensinanzas
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD
Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

28,57
0,0
0,0
ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)
Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

14,29
0,0
0,0
ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)
Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

60,0
200,0
50,0
Recursos humanos
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección
Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.
Info da escala: Número racional con dous decimais
1,0
1,0
0,5
-
1,0
1,0
ID-25
Número total de sexenios
Número total de sexenios.
Info da escala: Número enteiro
28,0
29,0
28,0
31,0
25,0
26,0
ID-26
Número medio de sexenios por PDI
Número medio de sexenios por PDI.

2,5455
2,9
2,5455
2,8182
2,2727
2,1667
ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios
Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

90,91
100,0
90,91
91,67
ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.
Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

63,64
60,0
45,45
63,64
45,45
58,33
ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa
Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

2,94
2,94
0,0
0,0
0,0
4,76
ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese
Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

17,08
16,67
Resultados
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
ID-31
Número de teses defendidas
Número de teses defendidas
Info da escala: Número enteiro
2,0
1,0
2,0
0,0
2,0
4,0
ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo
Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas a tempo parcial
Relación porcentual do número de teses a tempo parcial sobre o total de teses defendidas.

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta
Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

ID-35
Número de teses presentadas en galego
Número de teses presentadas en galego
Info da escala: Número enteiro
0,0
0,0
0,0
0,0
0,0
1,0
ID-36
Número de teses presentadas en castelán
Número de teses presentadas en castelán
Info da escala: Número enteiro
2,0
0,0
0,0
0,0
2,0
2,0
ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo
Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo
Info da escala: Número enteiro
3,9452
4,9315
4,6274
-
4,9315
-
ID-39
Duración media dos estudos a tempo parcial
Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.
Info da escala: Número enteiro
4,8986
-
3,4658
-
3,7534
4,4014
ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga
Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de "cum laude"
Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación "cum laude" sobre o total de teses defendidas

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional
Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa
Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

35,71
61,54
104,76
5,26
19,05

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.08.2025.