Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer os métodos da antropoloxía aplicada á xestión cultural. Coñecer programas de xestión cultural de institucións públicas, privadas e mixtas. Aprender e empregar con propiedade conceptos propios do patrimonio cultural e a súa xestión. Apreciar a importancia do patrimonio cultural nos programas de acción local como motor de desenvolvemento endóxeno. Aprender a deseñar programas para a prevención do choque cultural nas sociedades posmodernas.
BLOQUE I. CULTURA versus PATRIMONIO
1. Cultura, Identidade e Patrimonio: conceptos básicos
2. Patrimonio Cultural: lexislación e tipoloxía
3. Consecuencias locais da aplicación de políticas culturais globais
BLOQUE II. PROGRAMACIÓN E XESTIÓN CULTURAL
4. Xestores culturais: antropoloxía aplicada
5. Turismo cultural: o patrimonio como recurso
"La identidad cultural, uno de los detonantes del desarrollo territorial". Olga Lucía Molano, 2006
"Cultura, patrimonioetnológico e identidad". Agudo Torrico,1999
"Turismo cultural, culturas turísticas". Agustín Santana,2003
"Mirar y leer: autenticidad y patrimonio cultural para el consumo turístico". Agustín Santana, 2002
"Redes de gestión social y cultural en tiempos de globalización". George Yúdice,
"Políticas rurales de la Unión Europea y proyectos territoriales de identidad cultural". Elena Sarracedo, 2008.
"De tesoro ilustrado a recurso turístico: el cambiante significado del patrimonio cultural" Fdez de Paz, 2006.
"Los usos sociales del patrimonio cultural". Gª Canclini, 1999.
"Identidad cultural: un concepto que evoluciona". Olga Lucía Molano, 2008.
"La identidad cultural del territorio como base de una estrategia de desarrollo sostenible. Murillo Flores, 2008.
"Patrimonio industrial y cultura del territorio". Paz Benito, 2002.
"La identidad cultural como patrimonio inmaterial". Massó Guijarro, 2006.
Que o alumnado poida aplicar os seus coñecementos para o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e ter competencias normalmente demostradas a través do deseño e soster argumentos e resolver problemas no ámbito da Identidade Cultural e Patrimonio.
Que o alumnado teña a posibilidade de recoller e interpretar datos relevantes (sobre o contido da construción das identidades e o patrimonio) para facer xuízos que inclúan reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Que o alumnado poida comunicar información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
A distribución das cargas de traballo en horas conforme aos créditos ECTS para cada tipo de actividade é a seguinte:
ACTIVIDADE: HORAS TOTAIS
Estudo persoal: 30
Elaboración de traballos: 30
Aprendizaxe virtual: 30
TOTAL: 90
O seguimento continuado e secuencial da aula virtual.
A dedicación continuada ó estudo da materia.
A adquisición dun hábito lector áxil e eficaz, xunto a unha actitude crítica e analítica dos textos e materiais didácticos.
O dominio dos conceptos teóricos que se verá moi reforzado coa utilización constante das lecturas recomendadas na bibliografía.
Coñecementos de antropoloxía social e cultural.
Lingua na que se imparte a materia: galego.
Elena Freire Paz
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- elena.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
20.01.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
18.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |