Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Segundo consta na Memoria de Verificación do Grao en Filosofía os obxectivos fundamentáis da materia son:
- Coñecer o concepto do símbolo e as distintas teorías e formulacións teóricas sobre o simbolismo
- Coñecer o papel do simbolismo na cultura
- Aplicar este coñecemento á interpretación da filosofía, da arte, a literatura, a relixión e outras manifestacións culturais
- Saber utilizar ese coñecemento para interpretar a linguaxe simbólica nalgúns ámbitos da sociedade contemporánea: relixión, poder, política, corporalidade
1. Introdución á teoría do simbolismo dende a antropoloxía e outras disciplinas
1.1. O ser humano como animal simbólico
1.2. Psicoloxía, psicanálise e teoría social do símbolo
1.3. Estruturalismo e lingüística
2. As teorías do símbolo
2.1. Antropoloxía cognitivo-simbólica francesa
2.2. Antropoloxía simbólica británica
2.3. Antropoloxía simbólica norteamericana
2.4. Antropoloxía simbólica de Galicia
3. Os símbolos en acción
3.1. Mito e rito
3.2. Relixiosidade contemporánea
3.3. Simbolismo no poder e rituais políticos
3.4. O corpo e as prácticas corporais
- Bibliografía básica:
Segalén, Martine (2005) Ritos y rituales contemporáneos. Alianza.
Vallverdú, Jaume (2008) Antropología simbólica. UOC.
Reynoso, Carlos (1987) Paradigmas y estrategas en antropología simbólica. Búsqueda.
Augé, Marc (1998) Dios como objeto. Símbolos-cuerpos-materias-palabras. Gedisa.
- Bibliografía complementaria:
Álvarez Degregori, Mª Cristina (2001) Sobre la mutilación genital femenina y otros demonios. Bellaterra.
Augé, Marc (1983) Símbolo, función e historia. Gedisa.
Berger, Peter y Luckman, Thomas (2001) La construcción social de la realidad. Amorrortu.
Boon, James A. (1993) Otras tribus, otros escribas. Antropología simbólica en el estudio comparativo de culturas, historias, religiones y textos. FCE
Bourdieu, Pierre (2009) La eficacia simbólica: religión y política. Biblos.
Breton, André le (2014) Antropología del cuerpo y la modernidad. Nueva visión.
Cassirer, Ernst (1975) Antropología filosófica. FCE
Caro Baroja, Julio (1974) Ritos y mitos equívocos. Istmo.
Caro Baroja, Julio (1987) Las formas complejas de la vida religiosa. Akal.
Delgado, Manuel (2001) Luces iconoclastas. Anticlericalismo, blasfemia y martirio de las imágenes. Ariel.
Delgado, Manuel (1993) “La “religiosidad popular”. En torno a un falso problema”. Gazeta de Antropología, 10 art. 8.
Douglas, Mary (1973) Pureza y peligro. Siglo XXI.
Douglas, Mary (1978) Símbolos naturales. Siglo XXI
Durand, Gilbert (2007) La imaginación simbólica. Amorrortu
Durkheim, Émile (1982). Las formas elementales de la vida religiosa. Akal.
Dussel, Enrique (1994) El encubrimiento del otro: hacia el origen del mito de la modernidad. Ed. Abya Yala.
Durkheim, Émile (1996) Clasificaciones primitivas y otros ensayos de sociología positiva. Ariel.
Elíade, Mircea (1991) Mito y realidad. Ed. Labor
Eliade, Mircea (2014) Lo sagrado y lo profano. Paidós
Elías, Norbert (2000) Teoría del símbolo. Un ensayo de antropología cultural. Península
Lisón Tolosana, Carmelo (2004) Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia. Akal
Freud, Sigmund (1981). Tótem y tabú. Alianza.
Evans-Pritchard, Edward E (1976) Brujería, magia y oráculos entre los azande. Anagrama.
Geertz, Clifford (1992). Interpretación de las culturas. Gedisa.
Goffman, Erving (1970) Ritual de interacción. Tiempo Contemporáneo.
Lakoff, George y Johnson, Mark (2001) Metáforas de la vida cotidiana. Cátedra.
Leach, Edmund (1989) Cultura y comunicación. La lógica de los símbolos. Una introducción al uso del análisis estructuralista en la antropología social. S XXI.
Lévi-Strauss, Claude (1995) Antropología estructural. Paidós
Lévi-Strauss, Claude (1965) El totemismo en la actualidad. FCE
Muraro, Luisa (1995) El orden simbólico de la madre. Horas y horas.
Ortner, Sherry (1973) On Key Symbols. Aman Anthropologist, 75 (5): 1338-1345.
Sahlins, Marshall (1996) Cultura y razón práctica. Gedisa.
Schechner, Richard (1993) The future of ritual. Writings on culture and performance. Routledge.
Sperber, Dan (1978) El simbolismo en general. Anthropos.
Turner, Victor (1990). La selva de los símbolos. Aspectos del ritual ndembu. S XXI.
Turner, Victor (1998) El proceso ritual. Taurus.
Valdés del Toro, Ramón (1981) Nuevas tendencias en el estudio del simbolismo. Enrahonar Quaderns de filosofía, 2: 47-86.
Vallverdú, Jaume (2001) Mercado religioso y movimientos carismáticos en la modernidad. Gazeta de Antropología, 17: art. 22
Velasco, Honorio (2010) Cuerpo y espacio. Símbolos y metáforas, representación y expresividad...
COMPETENCIAS XERAIS
CX1: Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrina, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
CX2: Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía a un nível xeral e non especializado.
CX4: Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros eidos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5: Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saber e na prática social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01: Instrumentais: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02: Persoais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxidas á Filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03: Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1: Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE2: Saber explicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
CE6: Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7: Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expoñer e resolver problemas.
- Aulas expositivas
O obxectivo das sesións expositivas é o desenvolvemento dos contidos incluídos no programa do curso. Estes contidos complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas.
- Aulas interactivas
O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar, profundar e discutir algúns aspectos concretos da materia.
O alumnado realizará un traballo grupal e un/dous traballos individuais.
O traballo grupal consistirá na exposición e presentación dun texto previamente seleccionado polas docente, que vai complementar os contidos traballados nas aulas expositivas. A presentación consistirá na explicación dos contidos teóricos e conceptuais, así como a proposta de recursos audiovisuais, performance, role playing, dinámicas de grupo, etc. que exemplifiquen de xeito práctico a temática traballada e sirvan para introducir ao debate e á reflexión. Cada grupo tamén entregará un resumo e recensión crítica do texto presentado na clase.
O/os traballo/s individuais consistirán na elaboración de dous reflexións/comentarios críticos/cuestionarios sobre os textos seleccionados e presentados polos distintos grupos na clase. Darase preferencia á corrección por pares e á co-avaliación formativa dos entregables individuais empregando a ferramenta “obradoiro” do campus virtual.
O obxectivo das aulas interactivas será sempre favorecer a aprendizaxe autónoma e colaborativa, a avaliación continua formativa, empregando as ferramentas didácticas máis axeitadas.
- Actividade Titorial
As titorías individuais utilizaranse para o seguimento dos contidos teóricos, apoio ao desenvolvemento as tarefas e entregables, así como para recomendar bibliografía de apoio e material adicional, resolver dúbidas ou revisar comentarios e correccións. Estas funcións tamén desenvolveranse a través da avaliación formativa dos traballos e entregables individuais a través do campus virtual.
As titorías grupais programaranse en relación coa elaboración do traballo grupal, para a súa planificación, organización, recomendacións metodolóxicas, bibliográficas, resolución de dúbidas e supervisión de borradores. Igualmente estas funcións desenvolveranse a través da avaliación formativa do traballo grupal a través do campus virtual e dos comentarios formativos na exposición grupal.
1. Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
Asistencia e participación nas aulas presenciais expositivas e interactivas – requisito imprescindible para a avaliación.
a) Tarefas e entregables durante o curso: 40%
Presentación oral do traballo grupal: 20%
Entregable grupal: 10%
Entrega/s individuais: 10%
b) Proba final: 60%
Para seguir a avaliación continua a asistencia será obrigatoria. Será preciso aprobar a parte “a” das tarefas e entregables que dan conta do aproveitamento e seguimento continuo da materia para poder facer a proba final “b”, complementaria nesta avaliación continua. É obrigatorio facer e aprobar ambas partes “a” e “b” para facer a media.
O obxectivo das aulas interactivas será sempre a adquisición de competencias en torno a destrezas e actitudes, favorecer a aprendizaxe autónoma e a avaliación continua formativa, fomentar o comentario e o debate respectuoso entre pares, para isto empregaranse as ferramentas didácticas dispoñibles. As presentacions e traballos grupais e entregable individual elaboraranse a partir dos materiais que propoñerán as docentes e que estarán previamente dispoñibles na aula virtual. Nas aulas traballarase na presentación, exposición e debate dos textos, a proposta práctica, o debate, o comentario construtivo entre pares e co-avaliación formativa dos entregables.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”. No caso da avaliación continua a asistencia e participación nas aulas é imprescindible para a avaliación.
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
Polo tanto a ausencia de mais de 5 sesións, sexan interactivas ou expositivas, así como o non seguimento do ritmo das tarefas e entregables, supón a perda do dereito á avaliación continua e a aplicación da modalidade de avaliación non continua.
2. Avaliación non continua
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua deberá facer igualmente o/os entregable/s individuais, sempre que participe dos procesos de co-avaliación por pares e seguindo os criterios anteriormente descritos, e mais o exame final. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
a) 1/2 entregables individuais – 20%
b) Proba final: 80%
3. Avaliación de alumnos con dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) terá que informar á coordinadora da materia, segundo o indicado na normativa, e poderá preservar o seu dereito á avaliación continua sempre que poda participar das tarefas grupais e individuais seguindo os criterios previamente descritos. Traballos grupais: 30%, traballo individual: 10%, exame: 60%
Tamén poderá optar pola modalidade de avaliación non continua seguindo os criterios e ponderacións xerais. Traballo individual: 20%, exame 80%.
Os contidos e estratexia de ensinanza-aprendizaxe desta materia contribúen a acadar as seguintes competencias propias do título:
- A exposición grupal na clase permitirá acadar as seguintes competencias básicas CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5, xerais CX1, CX2, CX4 e CX5 e específicas CE6 e CE7.
- Os entregables grupais e individuais realizados en base á distintos materiais así como a participación na avaliación por pares e comentario construtivo permitirá acadar as seguintes competencias básicas CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5, xerais CX1, CX2, CX4 e CX5 e específicas CE1 e CE2.
- A exposición dos contidos conceptuais e teóricos e a súa avaliación cunha proba final permitirá acadar especialmente as competencias xerais CX1, CX4, CX5, básicas CB1, CB4 e CB5, e as específicas CE1 e CE2.
Horas expositivas: 24
Horas interactivas: 24
Horas de titoría: 3
Total horas presenciais: 51
Estimase que cada alumna/o deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas 35 corresponden ás tarefas de estudo; 18 á preparación de materiais, procura de información e análise de documentos, 45 a lecturas e elaboración dos traballos escritos e orais; 19 á lectura de obras recomendadas e á resolución de dúbidas e problemas de aprendizaxe dos contidos.
Iso supón un total de 150 horas de dedicación á materia.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Responsabilidade Medioambiental: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia empregaranse preferentemente ferramentas do Campus Virtual para evitar o gasto innecesario de papel e outros materiais.
- Perspectiva de Xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Utilización del móbil na aula: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Tódalas comunicacións realizaranse a través do correo RAI e empregaranse as ferramentas tecnolóxicas institucionais como Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola universidade. Será responsabilidade do alumnado seguir as distintas canles de comunicación.
- O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases, titorías, email, comunicacións...) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Guadalupe Jimenez Esquinas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
28.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
28.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
28.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
28.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
28.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
28.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 2 |
04.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
04.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
04.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |