Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten como principais obxectivos e propios da Titulación do Grao (O):
O1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, situando a esta no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e ante a práctica social do mundo contemporáneo.
O2) Combinar a formación en Filosofía coa ensinanza das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.
O3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude proactiva.
O4) Subministrar capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios e estratexias de aprendizaxe, aplicables ademais ao longo da vida.
Ademais, a materia ten obxectivos de coñecemento máis específicos (Obxectivos específicos, OE):
OE1) Comprender os modos de relación da “estética” coa filosofía en tanto que disciplina filosófica. Determinar o estatuto da estética no conxunto do saber filosófico.
OE2) Comprender o valor da estética, especialmente na estrutura perceptiva da experiencia sensible.
OE3) Comprender os problemas principias que implica a valoración estética, en permanente diálogo coas diferentes formas de comprensión da beleza e da arte.
OE4) Desenvolver algúns dos problemas fundamentais da estética en relación ás diferentes teorías das artes, realizando as diversas actividades detalladas no apartado que describe a metodoloxía da sinatura.
TEMA 1. O estatuto da Estética como disciplina filosófica.
1.1.- A situación da estética no saber filosófico: o nacemento da disciplina (Baumgarten).
1.2.- O significado e a consistencia da estética: en que consiste e que significa 'estética'. O problema da polisemia e da intersección de dominio: arte, estética e filosofía.
1.3.- O valor da estética: da estética na educación á educación da estética.
TEMA 2. A estética como "coñecemento sensible": a estrutura da experiencia estética. (A cuestión fundamental da beleza).
2.1.- A actitude estética ("homo aestheticus"): do utilitarismo ao hedonismo. A emerxencia do problema da beleza.
2.2.- A percepción estética (aisthesis): da presencia ao sentimento. Do sentidos dos sentidos. A emerxencia das categorías e valores estéticos.
2.3.- O xuízo estético (hermeneusis): do relativismo do gusto á noese das categorías estéticas. A emerxencia do problema do gusto e da crítica do xuízo.
2.4.- O pracer estético (katharsis): da verdade á beleza.
TEMA 3. A estética como "teoría da arte": o problema da ontoloxía da arte. (A cuestión fundamental da obra de arte).
3.1.- Filosofía da arte e teorías das artes: o estatuto do obxecto estético (poiesis) e da obra de arte. Da estética como ‘sistema’ á socioloxía da arte (Adorno, Benjamin, Baudrillard)
3.2.- Teorías da arte: das estéticas da imitación ás estéticas da expresión.
3.3.- As linguaxes da arte: da semioloxía ao estilo.
3.4.- O problema da condición (an)estética do artístico contemporáneo: ¿Adiós a la estética (Schaeffer) o Ensayo sobre el triunfo de la estética (Michaud)? La “muerte del arte” y la “actualidad de lo bello”.
Bibliografía Básica:
ADORNO, Th.: Teoría estética, Taurus, Madrid, 1980.
DANTO, A.: El abuso de la belleza, Barcelona.
DUFRENNE, M.: Fenomenología de la Experiencia Estética, Fernando Torres Editor, Valencia, 1983.
GADAMER, G.: La actualidad de lo bello, Paidós, Barcelona, 1991.
JIMÉNEZ, J.: Imágenes del hombre. Fundamentos de estética. Tecnos, Madrid, 1986. KANT, I.: Crítica del juicio, Espasa Calpe, Madrid, 1977.
LIPOVETSKI: El imperio de lo efímero.
Bibliografía Complementaria:
AUMONT, J.: La estética hoy, Cátedra, Madrid, 2001.
BARILLI, R.: Curso de Estética, Editorial Estampa, Lisboa, 1992.
BAUDELAIRE; Ch.: El pintor de la vida moderna, París, Gallimard, 1976.
BAUDRILLARD, J.: El complot del arte, Amorrortu, Madrid, 2007.
BEARDSLEY, M. C.; HOSPERS, J.: Estética. Historia y fundamentos, Cátedra, Madrid, 1978.
BENJAMIN, W.: La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica, Taurus; Madrid.
BOZAL, V.: Historia de las ideas estéticas (2 vols.), Historia 16, Madrid, 1998. BOZAL, V.: El gusto, Visor, Madrid, 1999.
DE LA CALLE, Román: Entorno al hecho artístico, Fernando Torres Editor, Valencia, 1981.
GIVONE, S.: Historia de la Estética, Tecnos, Madrid, 1990.
HUIZINGA, J.: Homo ludens, Alianza, Madrid, 1972.
HUME, D.: La norma del gusto, Península, Barcelona, 1989.
MAILLARD, Ch.: La razón estética, Laertes, Barcelona, 1998.
MARCUSE, H.: La Dimensión Estética, Editorial Materiales, Barcelona, 1978.
MARCHÁN FIZ, S.: La Estética en la cultura moderna, Gustavo Gili, Barcelona, 1982.
MICHAUD, Y.: El arte en estado gaseoso. Ensayo sobre el triunfo de la estética.
ORTEGA Y GASSET, J.: La deshumanización del arte, Alianza, Madrid, 1983.
RODRIGUEZ RIAL, N.: Curso de Estética Fenomenológica, (2 vols.), Edicións do Castro- USC, 2000.
SCHAEFFER J.M.: Adios a la estética. Machado Libros, Madrid.
SOURIAU, É.: Diccionario de estética, Akal, Barcelona,
WILDE, O.: El crítico como artista.
Observacións bibliográficas:
-A bibliografía básica -isto é, as fontes que se usan directamente no curso- estará a disposición do alumnado -como material docente- a medida que se vaian tratando os temas do programa. Ademais desta bibliografía básica, no desenvolvemento de cada tema nas sesión expositivas recomendarase bibliografía específica que o alumno debe consultar para completar os apuntamentos e materiais docentes con vistas ao exame final.
-A bibliografía complementaria que é a que fundamentalmente se referencia aquí ten por obxecto facilitar que o alumno se aproxime de forma máis xeral aos problemas principais que constitúen esta disciplina. Para facilitar a maior consulta se constatan referencias en castelán, pero todo alumno pode solicitar ao Profesor referencias bibliográficas complementarias noutras linguas, que non se inclúen aquí para evitar unha desproporcionada selección bibliográfica. Por esta mesma razón, tampouco se axuntan aquí webgrafías nin artigos recomendables sobre algún dos temas, que poden remitirse a aqueles alumnos/as que o soliciten nas titorías para o desenvolvemento dalgún tema en particular.
COMPETENCIAS BÁSICAS DA TITULACIÓN:
CB1 - Que o estudantado demostren poseer e comprender coñecementos na área de estudio.
CB2 - Que o estudantado sexa quén de aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudio.
CB3 - Que o estudantado sexa quén de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB4 - Que o estudantado poida desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores
cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS:
CX1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (teorías, métodos e aplicacións).
CX2) Aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver os seus problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3) Capacidade de transmisión de coñecementos, ideas, cuestións e solucións, tanto para un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4) Capacidade para continuar a súa formación, en Filosofía ou noutros campos do saber, con un elevado grado de autonomía.
Competencias de tipo ESPECÍFICO
CE1) Capacidade para organizar a información, expoñer, expresarse, comunicar e debater.
CE2) Capacidade de cooperación: poactividade, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos de traballo en equipo e por grupos.
CE3) Capacidade para enfrontarse ao discurso abstracto e ao traballo conceptual, desenvolvendo a destreza para o análise de conceptos, con prácticas de contextualización, interpretación e exposición crítica dos conceptos fundamentais da materia.
CE4) Capacidade para argumentar e construír diferentes perspectivas sobre os problemas estudados en relación aos contidos fundamentais do programa, desenvolvendo a análise do estado actual da cuestión e a formulación de hipóteses.
CE5) Capacidade para a busca e selección bibliográfica, así como destrezas específicas de investigación.
CE6) Destreza para o cumprimento cos "elementos formais" na elaboración dos traballos, propios dos ensaios, así como a capacidade de argumentación e de composición de textos para a defensa de hipóteses de traballo.
CE7) Fomentar, (con carácter teórico e tamén dende a estética aplicada) a educación estética no alumnado, creando espazos prácticos de relación cos valores estéticos e a crítica da arte.
Nas aulas presenciais distínguense dous tipos de docencia:
Aulas expositivas: Exténdense durante unha hora e media por semana ao longo do semestre e nelas levarase adiante a explicación dos temas do programa, os contidos cos seus respectivos materiais docentes, abertos á participación dos alumnos a través das dúbidas que desexen plantexar.
Aulas interactivas. Exténdense durante unha hora e media por semana ao longo do semestre. Estas sesións interactivas divídense, a súa vez, en dous tipos de actividades:
Sesións de Seminario: o alumno ha de facer un traballo en grupo (entre tres e catro membros) sobre "A comprensión da beleza" nun autor e concreto que elixen libremente (pero debidamente motivado e xustificado) entre unha lista facilitada polo Profesor, e que comprende unha serie de autores de distintas épocas que resultaron especialmente relevantes para o desenvolvemento dalgunha cuestión principal da Estética. Metodoloxicamente, o desenvolvemento deste traballo, é precisado na primeira sesión do curso na que o Profesor deixa por escrito no Campus Virtual á disposición de todo o alumnado as instrucións mais precisas desta actividade. Non entanto, convén precisar que o seminario require de tres sesións presenciais de traballo de grupo (unha por mes) coa axuda do Profesor e con carácter de avaliación, con asistencia obrigatoria a cada unha das tres fases e de non asistir (salvo ausencias oficialmente xustificadas) o alumno pasará a ser incluído no seminario non-presencial. En cada unha destas sesións, o Profesor presenta a cada grupo os obxectivos parciais que deben acadar e as tarefas parciais a desenvolver nesa sesión para a confección do traballo que terán que expoñer nos seus resultados (durante 35 minutos) nunha cuarta sesión presencial, ao final do semestre. As actividades parciais que fai cada grupo (cada unha das tres fases de realización do traballo) son recollidas por eles nun informe que entregan ao profesor en cada unha destas tres sesións de traballo e a semana seguinte o profesor desenvolve a súa correspondente sesión de revisión con cada grupo, o que permite unha avaliación continuada. No caso daqueles alumnos que non poidan facer este seminario presencial, por non poder asistir ás sesións específicas, deberán facer o seminario non-presencial que consiste na preparación individual do mesmo tema "a comprensión da beleza" -xa non profundizando na teoría dun autor en concreto- senón sintetizando a cuestión nunha serie de autores principais da materia (que se facilitan o primeiro día de clase ou no horario de titorías) coa finalidade - non de facer un traballo a expoñer como no seminario presencial, dado que non pode asistir regularmente ás clases- senón coa finalidade de responder a unha pregunta-tema máis na data oficial de exame.
O Seminario ten como obxectivos específicos:
-Ofrecer na parte final do curso, organizando por orde cronolóxico as presentacións dos traballos dos diferentes grupos, unha visión histórica do problema fundamental da estética, na súa categoría principal que é a Beleza.
-Ofrecer a oportunidade de que os alumnos desenvolvan especificamente algún problema fundamental da materia, axustándose á perspectiva que inicialmente máis lle interese, xa que poden axustarse a época e o autor que prefiran. Isto permítelle profundizar máis a cuestión conforme máis lle interese ao alumno.
O Seminario (tal e como se indica no apartado de obxectivos da materia) pretende desenvolver as seguintes competencias nos alumnos:
-Destreza na adquisición dunha aprendizaxe non tanto por información (como o que acontece nas aulas expositivas), senón por cooperación e comunicación nun procedemento de construción autónoma e igualitaria de coñecemento.
-Destreza na adquisición de competencias e aplicación de habilidades propias de proxectos compartidos de traballo: comunicación, negociación, organización e coordinación.
-Favorecer a participación de tódolos alumnos, outorgándolle responsabilidade individual e tamén colectiva na adquisición de resultados.
-Favorecer as habilidades de comunicación a través da exposición parcial de resultados tanto nas titorías e nos informes, así como dos resultados finais na exposición pública do traballo feito.
Sesións Prácticas: Exténdense durante unha hora e media a semana, nas sesións interactivas nas que non se realizan as actividades de seminario, anteriormente descritas. As prácticas poden ser de dous tipos: semánticas e críticas.
b1) Prácticas de semántica e/ou historia da estética: Nestas sesións interactivas de prácticas, o Profesor organiza grupos de traballo e entrega a cada membro de cada grupo información sobre un concepto clave para a materia ou ben un texto clave dalgún momento histórico da materia. Durante a sesión, cada alumno traballa sobre un concepto, recollendo nun Informe as particularidades que encontra máis relevantes da información facilitada e posteriormente expón ao resto de alumnos do seu grupo ese Informe (que ao final da sesión entrega ao Profesor para seren avaliado). Asemade, o alumno escoita e participa na exposición dos informes dos outros compañeiros de grupo, cada un responsable dun concepto diferente. O Profesor intervén en cada grupo, revisando que a información é debidamente tratada e que as cuestións presentadas e debatidas se axustan ao tempo e aos termos facilitados. Posteriormente, en horas non presenciais o alumno debe estudar o material facilitado deses conceptos (contando coa axuda dos informes). Esta actividade constitúe un soporte fundamental para a materia, xa que acaba por conformar o "Glosario" da mesma. O primeiro día de clases entrégase un listado dos conceptos que serán tratados nesas sesións de prácticas e cada semana ponse a disposición do alumnado no Campus Virtual o material didáctico necesario para a súa realización e o desenvolvemento desta actividade.
b2) Prácticas de crítica: Nestas sesións interactivas de prácticas, trátase de que o alumno debe aplicar algúns dos conceptos fundamentais da estética á crítica dalgunha obra de arte (ben que propoña o Profesor ou ben que decida o alumno/a), introducíndose así na 'estética aplicada'. Nesta modalidade de prácticas poderá inxerirse, sempre que a oportunidade o permita, algunha saída de práctica de campo. O alumno, debe recoller nun informe (que será avaliado) as respostas ao cuestionario que establece o profesor. Este tipo de prácticas só se desenvolverán en razón de completar as prácticas anteriores.
As prácticas teñen como obxectivos específicos:
-Constituír un glosario específico da materia, que sirva de apoio e referencia para o alumno, que a súa vez axuda a construír: (a) aumenta a súa comprensión do tema cando o Profesor utiliza eses conceptos regularmente nas clases expositivas; (b) consolida o coñecemento dos termos máis absolutamente relevantes da materia; (c) dota o seu discurso dunha precisión terminolóxica e solvencia conceptual que pode mostrar no desenvolvemento das cuestións do exame final.
As prácticas (tal e como se indica no apartado de obxectivos da materia) pretende desenvolver as seguintes competencias nos alumnos:
-Desenvolver as habilidades propias do traballo de aprendizaxe tanto individual como interactivo-coopoerativo.
-Destreza nas habilidades de análise, síntese e expresión, xa que na participación activa e regular dos alumnos na clase, cada alumno ten necesariamente que afrontar uns minutos de exposición á vez que facilita a súa capacidade de síntese e organización de ideas.
-Destreza para enfrontarse, cun tempo limitado, á comprensión, análise de texto, síntese de información e a articulación dunha breve intervención, tendo tempo posteriormente (nas horas de traballo non presenciais) para profundizar no concepto en cuestión.
Traballo autónomo do alumnado
Lectura e estudio dos t extos (e outros materiais docentes) entregados na parte expositiva da materia.
Lectura e comentario dos textos seleccionados para a realización do traballo de seminario, pautado e avaliado ao longo do semestre a través dos sucesivos informes.
Estudio das referencias semánticas e/ou históricas dos conceptos tratados nas prácticas, correspondentes aos materiais entregados para a súa realización.
Aplicación crítica da teoría estética a algunha obra de arte.
A avaliación da aprendizaxe, conforme á metodoloxía proposta, será continuada, xa que se irán valorando as actividades que se vaian realizando ao longo do semestre, especialmente as propias das aulas interactivas. Deste xeito, o alumnado non é avaliado unicamente conforme a un exame final.
Esta avaliación, conforme as actividades desenvolvidas ao longo do curso, estrutúrase do seguinte xeito:
1. As actividades interactivas:
Seminario: O traballo de investigación desenvolvido sobre o concepto de beleza nalgún autor relevante da historia da estética, avaliarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media do 40 % na nota final. (Unicamente se computará a media se o alumno consegue ao menos unha cualificación mínima de 4,5 sobre 10 no exame oficial da materia). Estes 10 puntos do Seminario, que serán o 40% da nota final se estrutura do seguinte xeito: avaliarase (a) o informe de cada unha das tres fases onde o grupo da conta dos obxectivos e avances parciais da actividade, encomendados polo Profesor; (b) a exposición final do traballo que durará 35 minutos por cada grupo, na que han de intervir tódolos membros do grupo e ha de ser estruturada previamente en coñecemento do Profesor. Esta exposición avaliarase sobre un máximo de 5 puntos e valórase especialmente a claridade, a densidade, a crítica, capacidade de síntese e a preparación de materiais complementarios que reforcen a exposición; (c) a redacción definitiva do traballo que se estenderá por un máximo de 25 páxinas (letra 12, Times New Roman, texto xustificado, notas a letra 10...) que contarán cun "abstract" inicial, índice do traballo, conclusións críticas e bibliografía específica citada conforme os estándares aceptados. Esta redacción avaliarase sobre un máximo de 5 puntos e valórase especialmente a claridade, densidade, crítica, realización de materias de apoio e o cumprimento dunha redacción e forma de traballo conforme aos estándares académicos. Deste xeito, valórase os coñecementos construídos polo alumno/a, o seu esforzo tanto individual como colectivo na comprensión e exposición da materia e a súa capacidade para argumentar sobre cuestións estéticas.
Para aqueles alumnos/as que non asistan regularmente ás clases, isto é, para aqueles que falten sen xustificación oficial a todas ou a algunha das fases de realización e avaliación do seminario presencial, serán avaliados conforme ao seminario non-presencial, que consistirá en responder unha pregunta máis (que os alumnos da modalidade presencial) no exame oficial da materia. A devandita pregunta será (ao igual que o traballo) "A concepción da beleza en x", sendo 'x' un autor da lista proposta ao inicio do curso e que sairá por sorteo no exame final. Esta pregunta será valorada (igual que o traballo) sobre 10 puntos cunha media relativa do 40% sobre a nota final. Igualmente, ten que ter ao menos un 4,5 puntos sobre 10 na parte restante do exame.
A avaliación do seminario só terá vixencia nas dúas convocatorias do curso académico no que se realiza.
Con este módulo que chamamos "Seminario": (a) no relativo á súa "exposición oral e pública" do tema e no cumprimento dos obxectivos específicos desta actividade (indicados na Metodoloxía), avaliamos fundamentalmente as competencias: CB3, CE2 e CE3; (b) no relativo á "redacción do traballo e documentación de apoio", avaliamos as competencias: CX4, CE6 e CE5; valorando en consecuencia tamén a consecución dos obxectivos: O4 e OE4.
Prácticas: A asistencia e realización con aproveitamento das sesións prácticas (descritas na metodoloxía da materia) avaliarase con + 0,3 por cada práctica feita e avaliada positivamente, o que precisa dunha valoración positiva do informe ou esquema entregado ao Profesor nesa sesión e máis dunha valoración positiva do tratamento e exposición do material encomendado. Esta puntuación será sumada ás outras dúas partes da materia, (de xeito que o alumno poda ir mellorando paulatinamente a súa cualificación global a través das prácticas e asemade non penalizar directamente a aqueles alumnos que por razón de asistencia non podan efectuar algunha delas ou mesmo ningunha). Esta puntuación só será sumada á nota final se o alumno/a consegue ao menos unha puntuación de 4,5 sobre 10 puntos no exame oficial. Deste xeito, premiase positivamente a realización das prácticas e a súa vez a conseguinte asistencia regular ás clases, xa que se desenvolven periodicamente ao longo do curso.
A avaliación das prácticas só terá vixencia nas dúas convocatorias do curso académico no que se realizan.
Con este módulo de "Prácticas", tanto no relativo á análise textual dos conceptos como a súa exposición en grupo, ademais do cumprimento dos obxectivos específicos desta actividade (indicados na descrición metodolóxica), avalíamos fundamentalmente as competencias CB2 e CE1; e en consecuencia valoramos tamén a consecución dos obxectivos: OE2, OE3 e O3.
2.- As sesións expositivas: Nas sesións expositivas, conforme se detalla na metodoloxía da materia, o Profesor explica os contidos do programa, conforme a textos bibliográficos facilitados por cada tema e demais material docente. A avaliación deses contidos -ademais do tratamento da bibliografía facilitada e /ou recomendada- será obxecto do exame oficial, que constará de unha ou dúas preguntas-tema a desenvolver (8 puntos) máis unha pregunta sobre o contido das prácticas-conceptuais (2 puntos), que a súa vez tamén son unha ferramenta necesaria para consolidar terminolóxica e conceptualmente as cuestións-tema do exame. O exame puntuarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media relativa do 60% na nota final, coa fin de comprobar os coñecementos adquiridos polo alumno/a, o seu esforzo individual na construción da materia, e a súa capacidade para articular cuestións específicas nas condicións características dos exames presenciais. Neste exame valoraranse especialmente a capacidade de argumentación, a bagaxe conceptual e precisión terminolóxica (-de aí a importancia de aproveitar as prácticas-) na súa correcta aplicación dos conceptos ás cuestións formuladas, o coñecemento dos textos facilitados, e finalmente a capacidade de crítica como demostración do dominio do tema a desenvolver. O exame se realizará sen axuda de materiais, excepto que o Profesor determine o contrario, e se considerarán con 'suspenso' as prácticas ilícitas na realización do exame ou do traballo. Para facer a media final do curso o alumno debe ter unha puntuación de ao menos 4,5 puntos sobre 10 neste exame final da materia.
A avaliación dos contidos expositivos so terá vixencia nas dúas convocatorias do curso académico no que se realiza.
Con este Exame, na súa estrutura e forma descritas, ademais do cumprimento dos obxectivos específicos desta actividade (indicados na descrición metodolóxica) se avalían fundamentalmente as seguintes competencias: CB1, CE1, CE4, CE7, CE10, valorando tamén a consecución dos obxectivos: O1, OE1 e OE2.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O procedimento de avaliación a seguir “cos alumnos/as exentos de asistencia ás clases presenciais conforme á Normativa da USC” consiste na realización do exame final, que terá unha parte común na que se avalían os textos do bloque expositivo (a desenvolver por todos os alumno/as) e ademais no caso dos non asistentes ao curso, deberán responder a outra parte do exame: pregunta sobre o material das prácticas (bloque interactivo) e pregunta sobre o material do seminario (bloque interactivo) xa descritos na Metodoloxía. O material e as correspondentes referencias bibliográficas, tanto do bloque expositivo como interactivo é facilitado polo docente ao inicio de cada curso, aínda é aconsellab le que os alumnos/as exentos de asistencia ás clases contacten co docente para precisar o tratamento deses materiais. A dimensión da avaliación é a mesma que para os demais alumnos/as: 60% (bloque expositivo), 40 % (seminario bloque interactivo).
Dimensións da avaliación
A cuantificación das avaliacións serán, en consecuencia, como seguen:
O traballo de Seminario corresponderá ao 40% da nota final (resultando da suma da avaliación dos informes, da exposición e da redacción do traballo).
O exame da materia onde se desenvolven os contidos das sesión expositivas (así como tamén as competencias adquiridas nas prácticas) corresponderá ao 60% da nota final.
As prácticas que reciban unha avaliación positiva (tanto do informe como da exposición) sumarán +0,3 puntos por cada unha das prácticas desenvolvidas satisfactoriamente. Deste xeito, premiase a asistencia regular ás clases e a realización das actividades que se propoñen e o Profesor dispón así dun indicador cuantitativo máis para a asignación da avaliación final en casos de extrema igualdade ou de gran particularidade, ademais de servir como constantes oportunidades ao longo do curso para aqueles que aspiren a ir mellorando de forma continuada a súa nota final.
A suma destes tres conceptos (seminario, prácticas e exame) pretende constituír a suma de tres formas de aprendizaxe diferentes -tanto individual como colectivo e tanto por información como por construción- fomentando que os alumnos sexan o máis completos posibles, desenvolvendo competencias, espazos e modos de aprendizaxe diferentes. Deste xeito, os alumnos con maior cualificación se corresponderán cos alumnos máis completos nas súas diversas competencias, sen premiar unicamente aqueles que destacan pola súa capacidade nemotécnica ou algunha outra capacidade específica.
O tempo estimado de traballo persoal do alumno para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten, é de 150 horas, que se distribúen do seguinte xeito:
Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva: 1,5 hs/sem e docencia interactiva 1,5 hs/sem). Horas presenciais no semestre, aproximadamente, 51 horas totais, a razón dunha distribución aproximada: Expositivas 24 hs., Interactivas 24 hs., Titorías 3 hs.
Horas non presenciais semanais recomendadas para o traballo do alumno: 6,2 hs por semana. Horas non presenciais no semestre aproximadamente recomendadas para o traballo e estudo do alumno: 99 horas totais, a razón dunha posible distribución aproximada, (aínda que depende do alumno e de segundo desexe un maior desenvolvemento dalgunha actividade sobre outra): estudo de prácticas e traballo cos textos 2 hs/semana (32hs/semestre); realización de traballo seminario e lecturas 2 hs/semana (32 hs/semestre), preparación de exame e lecturas 2,2 hs/semana (35 hs/semestre).
Participación e compromiso no desenvolvemento das sesións interactivas. As propias dinámicas das actividades requiren da asistencia do alumno, especialmente para non interferir negativamente no traballo do grupo.
Preparación periódica dos temas/textos entregados para a realización do exame final.
Preparación periódica da exposición dos traballos conforme as pautas de tempo e contido previamente indicadas.
Redacción periódica do traballo de seminario, consolidando os avances de cada fase.
Realización periódica das prácticas de semántica, consolidando claridade na materia.
Consulta de dúbidas nas titorías acerca de calquera dos módulos da materia.
Preparación dos temas sen limitarse unicamente aos apuntamentos das clases, promovendo a consulta de fontes bibliográficas citadas e recomendadas polo profesor para cada tema ou que figuren no programa.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Será de rigorosa aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Francisco Javier Barcia Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812513
- Correo electrónico
- j.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
27.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
27.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
24.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
24.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
24.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |