Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OA1 - Familiarizar ao alumnado coas principais concepcións da filosofía española e galega.
OA2 - Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente.
OA3 - Formación na capacidade de interpretar os textos filosóficos dos autores máis destacados, a través dos seus xéneros literarios específicos.
OA4 - Enmarcar a disciplina entre as correntes actuais da Filosofía.
OA5 - Mellorar as habilidades de comunicación oral e escrita.
RA6 - Posibilitar a análise crítica da información e das mensaxes da sociedade actual.
Tema 1. Sobre o concepto de filosofías nacionais: o caso español e galego.
Tema 2: Das orixes á Idade Media. Séneca.
Tema 3: A Ilustración española e galega. Frei Martiño Sarmiento.
Tema 4: O século XIX. A descuberta da identidade. O Krausismo.
Tema 5: O século XX no pensamento español e galego.
Bibliograffía básica:
- Obra de referencia
AGÍS VILLAVERDE, Marcelino: Crónica viva do pensamento galego. Fundación Isla Couto, Vigo, 2020.
Bibliografía complementaria:
- Pensamento español
ABELLÁN, José Luis: Historia del pensamiento español. De Séneca a nuestros días. Madrid, Espasa-Calpe, Madrid, 1996.FRAILE, FRAILE, Guillermo: Historia de la Filosofía Española (2 vols.), Madrid, Biblioteca de Autores Cristianos, 1971.
GUY, Alan: Historia de la Filosofía Española. Barcelona, Anthropos, 1985.
MACEIRAS FAFIÁN, Manuel (Ed.): Pensamiento Filosófico Español. Volumen I. De Séneca a Suárez. Madrid, Síntesis, 2002.
MACEIRAS FAFIÁN, Manuel (Ed.): Pensamiento Filosófico Español. Volumen II. Del Barroco a nuestros días. Madrid, Síntesis, 2002.
SUANCES MARCOS, Manuel: Historia de la Filosofía Española Contemporánea, Madrid, Editorial Síntesis, 2006.
- Pensamento galego
AGÍS VILLAVERDE, Marcelino: Historia do pensamento Galego contemporáneo. A Coruña, Deputación da Coruña, 2016.
BARREIRO BARREIRO, José Luis (coord.): Pensamento galego na Historia (Aproximación crítica). Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da USC, 1992.
VV.AA.: Dicionario Enciclopédico do Pensamento galego, Vigo-Santiago de Compostela, Xerais-Consello da Cultura Galega, 2008.
Os contidos da materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
Competencias básicas e xerais
CX1.- Que as persoas estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía Española e Galega como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2.- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4.- Que estean capacitadas para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1.- Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que o estudantado posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE1.- Coñecer os alicerces doutrinais da disciplina: principais concepto e evolución.
CE2.- Utilizar os procedementos de análise de textos filosófico para comprender o pensamento dos autores e autoras da filosofía española e galega.
CE3.- Achegar o estudantado aos momentos máis relevantes do pensamento español e galego.
Competencias transversais
CT1.- De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2.- Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Boa disposición para o traballo cooperativo. Razoamento crítico.
CT3.- Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Creatividade.
Esta materia está orientada á formación teórico-práctica do alumnado na Filosofía Española e Galega. A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa entre iguais baseado en problemas e orientado á capacitación para a análise e desenvolvemento de problemas filosóficos a través da escrita dunha disertación ademais da redacción en grupo de conceptos sobre pensadores e pensadoras galegas ou sobre problemas e temas filosóficos do pensamento galego.
No marco da materia Filosofía Española e Galega no curso2023-2024 desenvolverase do seguinte modo:
- Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa con base nunha selección de textos que serán facilitados ao alumnado en formato dixital a través do Campus Virtual da materia. Tamén se facilitará ao alumnado o material didáctico elaborado polo docente.
- Nas aulas interactivas realizaranse traballos prácticos sobre a base dos temas explicados polo docente nas aulas expositivas. As sesións desenvolveranse sobre a lectura colectiva e/ou individual dos textos básicos seleccionados polo docente, acompañado dun debate entre o alumnado asistente no cal se analizarán as diversas interpretacións filosóficas e favorecerase a construción dunha interpretación e opinión persoal ante o texto abordado.
Nas titorías individual e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas co docente sobre o contido das aulas teóricas, sobre os problemas analizados e a bibliografía das aulas interactivas, sobre a elaboración das disertacións filosóficas e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
Establécense dous sistemas de avaliación para a superación desta materia:
1.- Avaliación continua: terá dereito á avaliación continua o alumnado que asista regularmente ás aulas presenciais (expositivas e interactivas). A avaliación continua estará integrada polos seguintes traballos: realizaranse traballos prácticos sobre a base dos temas explicados polo docente nas aulas expositivas. As sesións desenvolveranse sobre a lectura colectiva e/ou individual dos textos básicos seleccionados polo docente, acompañado dun debate entre o alumnado asistente no cal se analizarán as diversas interpretacións filosóficas e favorecerase a construción dunha interpretación e opinión persoal ante o texto abordado.
Non se permitirá a entrega única e conxunta das actividades que integran a avaliación continua.
Para aprobar a avaliación continua deberase aprobar cada unha das tarefas que a integran. Se unha das tarefas estivese suspensa, non se realiza media. En caso de non entregar ou suspender os traballos o alumnado poderá entregar este traballo ben na data do exame de 1ª oportunidade ou na data do exame de 2ª oportunidade.
O alumno/a que non estea exento de docencia e non asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas e non entregue en prazo as tarefas vinculadas á avaliación continua deberá presentarse ao exame final.
2.- Exame final: exclusivamente para o alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade ou alumnado que teña perdido o dereito á avaliación continua. As datas oficiais dos exames (1ª e 2ª oportunidade) son consultables na web do Grao e na secretaría administrativa. O material para a preparación do exame final estará dispoñible no Campus Virtual. O exame consistirá en dúas preguntas tipo tema con base nos temas descritos na sección 4 (Contidos da materia) desta Guía Docente. Para aprobar o exame deberáse obter como mínimo un 5 en cada unha das 2 preguntas.
O alumnado que conte con dispensa de asistencia a aulas deberá asistir a unha titoría individual co docente responsable da materia. Este alumnado poderá concorrer á avaliación continua mediante a entrega dos traballos individuais e participación nos traballos grupais, ou ben será avaliado a través dun exame final. Para o seguimento do curso, terá os materiais empregados nas aulas expositivas e interactivas dispoñibles no Campus Virtual da materia. O alumnado con dispensa de asistencia deberá comunicar ao docente responsable da materia por que modalidade de avaliación opta. Recoméndase o cumprimento dos prazos de entrega fixados para o alumnado sen dispensa de asistencia co fin de facilitar a efectiva avaliación continua do alumnado que goce de dispensa.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
a) Asistencia e participación. Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. 10%
b) Traballo individual. Elaboración dunha disertación filosófica dun máximo de entre 1.200 e 1.500 palabras sobre un problema filosófico seleccionado polo docente. Valorarase a orixinalidade, a capacidade de análise do problema e o rigor argumentativo. 45%
c) Traballo grupal: Elaboración grupal dun concepto de entre 3.000 e 5.000 palabras.45%
d) Exame final. Para o alumnado con dispensa de asistencia que opte por esta modalidade de avaliación ou alumnado que non supere a avaliación continua. 100%
O tempo de traballo estimado para esta materia de 6 créditos é de 150 horas, distribuídas do seguinte xeito:
Traballo presencial na aula
Aulas expositivas: 24 h.
Aulas interactivas: 24 h.
Titorías: 3 h.
Total: 51 horas
Traballo autónomo do alumnado
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.): 49 h.
Traballos escritos: 50 h.
Total: 99 h.
- É imprescindible unha asistencia regular e entrega de tarefas nos prazos indicados para gozar dunha avaliación continua. A asistencia regular será considerada unha mostra do interese do alumno/a polo materia.
- A asistencia ás sesións interactivas é obrigatoria. Realizarase un control de asistencia por parte do docente.
- Resulta imprescindible un traballo constante da materia, e concretamente das lecturas e tarefas previstas, ao longo do semestre. Os estudantes que non procedan a traballar deste xeito non poderán superar a materia pola avaliación continua quedando excluídos da avaliación da materia en caso de non contar con dispensa de asistencia.
- Participar activamente na lectura dos textos e nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
- Realizar exercicios de lectura comprensiva e comentario dos textos con base no modelo que facilitará o docente.
- Realizar exercicios de práctica de escritura da disertación filosófica conforme ás indicacións do docente.
- Realizar exercicios de autoavaliación conforme á planilla de valoración da disertación filosófica que será facilitada ao alumnado.
- O alumnado deberá evitar incurrir en plaxio. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da
aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnadod as consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos
Carlos Alberto Pose Varela
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- carlosalberto.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
Venres | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
04.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 2 |
27.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
27.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 1 |
27.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |