Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xerais do Grao:
1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, colocándoa no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e diante da práctica social do mundo contemporáneo.
2) Combinar a formación en Filosofía coa ensinanza das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.
3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude comprometida.
4) Fornecer capacidade de aprender con autonomía, axudando a formar criterios propios e estratexias de aprendizaxe, aplicables ao longo da vida.
5) Fundamentar os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais á igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
Obxectivos específicos da materia:
1) Prestar atención ás discusións filosóficas que se orixinaron a partir dos pensadores que propiciaron o xiro lingüístico na Filosofía e o nacimento da Filosofía Analítica (G. Frege, B. Russell, L. Wittgenstein), coa súa consideración de que os problemas filosóficos son problemas lingüísticos, que se resolven ou disolven mediante a análise lóxica.
2) Presentar as propostas pragmáticas iniciadas a partir das obras da última etapa de Wittgenstein, coa súa concepción do significado como uso, e continuadas pola doctrina dos actos de fala de Austin y Searle e da pragmática conversacional de Grice.
Tema 1. Introdución á filosofía da linguaxe
1.1. As preguntas da filosofía da linguaxe
1.2. Actos de fala e proposicións
1.3. Máis aló do que se di: presuposición e implicatura
Tema 2. O significado dos termos singulares
2.1. Sentido e referencia dos termos singulares
2.2. A teoría das descricións
2.3. Referencia directa
Tema 3. Dos termos singulares ás oracións
3.1. Composicionalidade
3.2. Proposicións fregeanas e proposicións russellianas
3.3. A teoría figurativa da linguaxe
Tema 4. A orixe do significado
4.1. O ideacionismo e o argumento contra a linguaxe privada
4.2. Significado como uso
4.3. A teoría psicoloxista do significado
(Nota: Algúns apartados poden ficar excluídos de acordo co desenvolvemento da materia.)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
De Bustos Guadaño, E. (1999). Filosofía del lenguaje. Madrid: UNED.
Corredor, C. (1999). Filosofía del lenguaje. Una aproximación a las teorías del significado del siglo XX. Madrid: Antonio Machado.
Frápolli, M. J. & Romero, E. (1998). Una aproximación a la filosofía del lenguaje. Madrid: Síntesis.
García-Carpintero, M. (1996). Las palabras, las ideas y las cosas. Una presentación de la filosofía del lenguaje.Barcelona: Ariel.
García Suárez, A. (1997/2011). Modos de significar. Una introducción temática a la filosofía del lenguaje. 2ª edición. Madrid: Tecnos.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
(i) Textos para discutir nas clases interactivas
Frege, G. (1892/2012). Sobre sentido y referencia. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje (pp. 29-49). Madrid: Tecnos.
Frege, G. (1891/1984). Función y concepto. En M. M. Valdés (ed.), Estudios sobre lógica, semántica y filosofía de las matemáticas (pp. 225-248). Ciudad de México: Universidad Nacional Autónoma de México.
Grice, P. (1957/2012). Significado. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje (pp. 481-490). Madrid: Tecnos.
Grice, P. (1975/2012). Lógica y conversación. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje (pp. 520-538). Madrid: Tecnos.
Kripke, S. (1972/2005). Primera conferencia. En El nombrar y la necesidad (pp. 27-72). Ciudad de México: Universidad Nacional Autónoma de México.
Kukla, Q. (2014). Fuerza realizativa, convención e injusticia discursiva. Traducción propia.
Locke, J. (1690/1980). Libro III, capítulos 1 y 2. En Ensayo sobre el entendimiento humano (pp. 605-614). Madrid: Editora Nacional.
Russell, B. (1918/1981). Proposiciones y hechos con más de un verbo; creencias, etc. En Lógica y conocimiento (pp. 302-320). Madrid: Taurus.
Russell, B. (1919/2012). Descripciones. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje (pp. 50-60). Madrid: Tecnos.
Wittgenstein, L. (1922/2011). Tractatus Logico-Philosophicus. Madrid: Tecnos.
Wittgenstein, L. (1953/2010). Investigaciones filosóficas. Barcelona: Crítica.
ii) Estudos e outros textos
Austin, J. L. (1962/2004). Conferencia VIII. En Cómo hacer cosas con palabras (pp. 138-152). Barcelona: Paidós.
Donnellan, K. (1966/2012). Referencia y descripciones definidas. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje (pp. 85-104). Madrid: Tecnos.
Frege, G. (1918-1919/2016). El pensamiento. Una investigación lógica. En M. M. Valdés (ed.), Estudios sobre lógica, semántica y filosofía de las matemáticas (pp. 321-348). Ciudad de México: Universidad Nacional Autónoma de México.
Lycan, W. G. (2019). Philosophy of Language: A Contemporary Introduction. Londres: Routledge.
Mill, J. S. (1843/1917). De los nombres. En Sistema de lógica inductiva y deductiva (pp. 30-54). Madrid: Daniel Jorro.
Miller, A. (1998/2018). Philosophy of Language. 3ª edición. Londres: Routledge.
Russell, G. & Graff Fara, D. (2014). The Routledge Companion to Philosophy of Language. Londres: Routledge.
Soames, S. (2010). Philosophy of Language. Princeton: Princeton University Press.
Strawson, P. F. (1950/2012). Sobre el referir. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje (pp. 61-84). Madrid: Tecnos.
BÁSICAS E XERAIS
CX1. Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2. Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4. Que estean capacitados/as para continuar a súa formación, en Filosofía ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5. Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1. Que os/as estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS DE TIPO TRANSVERSAL
CT1. Instrumentais: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2. Persoais: Curiosidade e actividade intelectual non restrinxida á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT3. Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade con problemas de igualdade e ambientais.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
1. Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía da Linguaxe entendida como ‘Teoría do significado’.
2. Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
3. Saber ampliar e desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
4. Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
5. Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar a propósito da temática da materia.
6. Ter capacidade para organizar a información e tomar decisións, así como considerar e resolver problemas que teñan que ver coa materia.
Alcánzanse os obxectivos fixados e trabállanse as competencias sinaladas co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia.
Avalíanse os obxectivos e competencias coas probas previstas para a avaliación continua ou, no seu caso, coa proba do exame final (en algunha das oportunidades).
A metodoloxía do ensino seguida nesta materia combinará clases expositivas, aínda que abertas á intervención e debate por parte do alumnado, e clases interactivas. Haberá dous tipos distintos de clases interactivas. Algunhas delas estarán adicadas á lectura conxunta e discusión de textos guiadas por cuestionarios, mentres que durante outras correxiranse exercicios nos que se poñerán en práctica as ferramentas conceptuais presentadas durante as clases expositivas. É recomendable asistir ás clases interactivas após ao menos tentar contestar os cuestionarios ou realizar os exercicios, dependendo do tipo de sesión do que se trate.
Dúas modalidades:
(i) Avaliación continua
A avaliación levarase a cabo a través de (i) dúas probas teóricas parciais, (ii) unha serie de tarefas grupais e (iii) as actividades prácticas que se realicen tanto durante as clases interactivas coma a través de Campus Virtual. O desempeño do alumnado en cada un destes aspectos terá o seguinte peso na nota final da materia:
- Probas teóricas parciais: 50%
- Tarefas grupais: 30%
- Actividades prácticas: 20%
O contido cuberto en cada unha das probas teóricas parciais será eliminable, pero será preciso obter ao menos un 4 en cada unha delas para o cálculo da nota final.
O alumnado que conte con dispensa de asistencia poderá disfrutar da avaliación continua, se ben as únicas actividades prácticas que contarán para a avaliación serán as que se realicen a través de Campus Virtual.
(ii) Avaliación única
A avaliación única levarase a cabo a través dun único exame (do tipo das probas parciais) cuxa calificación supoñerá un 100% da nota final.
Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Aulas Expositivas 24h.
Aulas Interactivas 24h.
Horas non presenciais: 99h.
Traballo total do estudante: 150 horas.
Docencia expositiva: 24 h. de traballo presencial do/a alumno/a (asistencia a clase) e 46 de seguimento e preparación da docencia expositiva (lectura e repaso diario do explicado na clase, preparación de esquemas e estudio regular da materia).
Docencia interactiva: 24 h. de traballo presencial do/a alumno/a (asistencia as aulas e participación activa nas mesmas) e 53 horas de preparación das actividades de lectura dos textos orixinais dos filósofos estudados.
Titorías de grupo: 3 h. para valorar o seguimento do curso e para consensuar decisión si fose preciso.
1. Ler, pensar, debater e escribir
2. Asistencia ás clases.
3. Seguimento ó día da materia. Estudo sistemático e regular dos temas da materia.
4. Facer uso das titorías para resolver dúbidas
- As tarefas realizadas polo alumnado deben entregarse preferentemente a través de Campus Virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
Eduardo Perez Navarro
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- eduardo.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
22.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
22.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
22.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
20.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |