Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Familiarizar ao estudantado coas principais concepcións da filosofía oriental: hinduísmo, budismo, confucianismo, taoísmo e pensamento xaponés.
• Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente.
• Adestrar na capacidade para interpretar textos filosóficos da tradición de pensamento oriental.
• Establecer comparacións entre o desenvolvemento das filosofías de tradición occidental e oriental.
• Mellorar as destrezas na comunicación oral e escrita.
• Posibilitar a análise crítica da información e mensaxes da sociedade actual.
Tema 1. As Filosofías da India
Tema 2. O budismo: ¿filosofía ou relixión?
Tema 3: A Filosofía en China
A) Taoísmo
B) Confucianismo
Tema 4. Filosofía xaponesa
A) Fontes
- CONFUCIO: Los cuatro libros, Paidós Ibérica, Madrid 2002. (RBA 2007).
- LAO-TSE: El libro del Tao, RBA libros, Barcelona 2006. (RBA 2007).
- DALAI LAMA: El Mundo del budismo tibetano, J.J. de Olañeta Editor, Palma de Mallorca 1998. (RBA 2007).
- Bhagavad-Gîtâ, Ed. Biblioteca Nueva, Madrid 2000. (RBA 2007).
- HEISIG, J. et al. (comp.): La Filosofía Japonesa en sus textos, Ed. Herder, Barcelona 2016.
B) Bibliografía secundaria
- AGÍS VILLAVERDE, M. et al. (comp.): Caminos del pensamiento japonés, SIFA/SENI, Santiago de Compostela, 2020.
- AGÍS VILLAVERDE, M.: "Caminos de Oriente: India, China y Japón", en AA. VV. (eds.): Identidad, Memoria e Historia, USC, 2016.
- COOMARASWAMY, Ananda K: El evangelio del budismo, RBA 2007.
- LANZACO SALAFRANCA, F.: Religión y espiritualidad en la sociedad japonesa contemporánea, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Zaragoza 2008.
- LANZACO SALAFRANCA, FEDERICO: La cultura japonesa reflejada en su lengua, Ed. Verbum, Madrid 2010, III parte, pp. 105-114.
- NAKAMURA, Hajime: Ways of thinking of Eastern peoples: India, China, Tibet, Japan, University of Hawaii Press, Honolulu 1968.
- PANIKKAR, Raimon: La experiencia filosófica de la India, RBA 2007.
- RENOU, Louis: El hinduismo, RBA, Colecciones 2007.
- RODRÍGUEZ, JUSTINO: "Visión de la realidad en la cultura japonesa", en AGÍS VILLAVERDE, M. et alia (EDS.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente, PP. 31 SS.
- SAWAI, YOSHITSUGU: "Perspectivas religiosas de la naturaleza en las culturas de Asia Oriental", en AGÍS VILLAVERDE, M. et alia (eds.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente, pp. 243 ss..
- SUZUKI, Daisetz T.: El Zen y la cultura japonesa, RBA, Barcelona 2007.
- TERAO, ERIKO: “El jardín japonés como microcosmos: lo invisible en el jardín japonés”, en AGÍS VILLAVERDE, M. et alia (EDS.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente,, pp.229-240.
- WATTS, Alan W.: El camino del Zen, Edhasa, Barcelona, 1971. (RBA, 2007)
- WATTS, Alan W.: El camino del Tao, RBA, 2007.
C) Manuais e obras xerais
- AGÍS VILLAVERDE, M. et al. (eds.): Galicia y Japón: Del sol naciente al sol poniente, Servicio de Publicacións da UDC, A Coruña 2008.
- BELAVAL, YVON (dir.): Historia de la Filosofía. vol. 11: La Filosofia en Oriente : la filosofía islámica, india y china hasta nuestros días, Siglo XXI Editores, México 1981.
- COOPER, DAVID E.: "El pensamiento Indio en el Siglo XX", en GARRIDO, MANUEL et alia (coords.): El legado filosófico y científico del siglo XX, Ed. Cátedra, Madrid 2005, pp. 957 ss.
- ELIADE, MIRCEA: Historia de las Creencias y de las Ideas Religiosas, Ed. Cristiandad, Madrid vol. II y III/1.
- FISAC, TACIANA: "El pensamiento chino en el Siglo XX", en GARRIDO, MANUEL et alia (coords.): El legado filosófico y científico del siglo XX, Ed. Cátedra, Madrid 2005, pp. 973 ss.
- GONZÁLEZ VALLES, JESÚS: "El pensamiento japonés", en GARRIDO, MANUEL et alia (coords.): El legado filosófico y científico del siglo XX, Ed. Cátedra, Madrid 2005, pp. 989 ss.
- KASULIS, Th. P.: La filosofía japonesa en su historia, Herder, Barcelona 2019.
- ROMÁN LÓPEZ, Mª Teresa: Sabidurías orientales de la Antigüedad, Alianza Ed., Madrid 2008.
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas
doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas
investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel
xeral e non especializado.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser
abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e
sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos
culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións.
Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial
sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia
e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa, construídos a partir da bibliografía seleccionada para cada tema. A asistencia a estas clases é básica para ter unha visión panorámica dos temas tratados, polo que é conveniente o seguimento destas por parte dos estudantes.
B) Clases interactivas na que analizan e traballan en grupo textos e documentos, entregados previamente polo profesor cunha guía de lectura. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, posta en común de comentarios de texto na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda que os estudantes non os manexarán en clase. A participación nestas clases será avaliada, polo que é conveniente a asistencia regular dos estudantes.
C) Titorías: É o tempo que se reserva para que o/a estudante poida solicitar documentación e información bibliográfica ao profesor. Tamén están pensadas para a resolución de dúbidas, tanto sobre ou contido das sesións como sobre outros aspectos da materia (metodoloxía, avaliación, etc.).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua, contemplándose a posibilidade dun exame final, en caso de que o estudante non siga as pautas da avaliación continua ou non a supere.
- A avaliación dos/das estudiantes con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases presenciais farase mediante a modalidade de exame final (100% da nota).
A cualificación final do estudante distribúese nos seguintes apartados:
TIPO DE ACTIVIDADE E PORCENTAXE NA NOTA FINAL
- Asistencia e participación nas sesións 10%
- Lectura de catro textos básicos nas clases interactivas 40% (10% cada un)
- Lectura e recensión dun libro seleccionado da bibliografía da materia 10%
- Traballo final elaborado individualmente polo/a estudante, exposto na aula nas sesións finais do curso e entregado por escrito 40 %
- Exame, caso de non asistir a clase, non participar ou non superar a avaliación continua 100%
- Exame final para os/as estudantes con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases presenciais 100%
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases teóricas (con participación dos estudantes) ...... 18 h.
Clases interactivas .................................................. 18 h.
Titorías ................................................................. 2.25 h.
TOTAL ................................................................... 38.25 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.) .......... 34.25 h.
Traballo escrito ...................................................... 20 h.
Estudo ................................................................... 20 h.
TOTAL ................................................................... 74.25 h.
1) Coñecemento de linguas modernas.
2) Boa disposición para a lectura e a comprensión de textos filosóficos.
3) Capacidade para traballar en equipo.
4) Manexo da información a través das canles informáticas habituais.
RECOMENDACIÓNS DE CARA Á AVALIACIÓN
- O alumnado debe elaborar os traballos escritos citando as fontes bibliográficas, de acordo ás normas internacionais aceptadas (preferiblemente APA).
- Debe incorporar ademais reflexións propias e orixinais.
- Para elaborar o esquema do seu traballo pode aconsellarse co profesor.
- Aqueles estudantes que atopen dificultades importantes á hora de traballar nas actividades prácticas propostas deben acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudarlles a resolver as súas dificultades.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través do campus virtual.
- No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
RECOMENDACIÓNS DE CARA Á RECUPERACIÓN
- O profesor analizará con aqueles estudantes que nos superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia.
- Tamén lles proporcionará material adicional (lecturas, exercicios, exemplos, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia.
Marcelino Agis Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Mead (303) |
15.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
15.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |