Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais coincidentes cos do grao
1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
2) Aplicar estes coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Capacidade de transmisión destes coñecementos, ideas, cuestións e solucións, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
4) Capacidade para continuar a súa formación, en Filosofía ou noutros campos de saber, cun elevado grao de autonomía.
5) Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
6) Difusión e aplicación dos principios de respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, os valores democráticos a cultura de paz.
Obxectivos xerais da materia
1) Afondar na comprensión das actividades que se poden denominar respectivamente 'pensamento filosófico' e 'pensamento científico' e na interrelación entre ambas as dúas.
2) Coñecer os fitos principais no desenvolvemento da historia da filosofía e da historia da ciencia con especial atención á denominada 'revolución científica' e o subseguinte cambio epocal (paso da Idade Media ao Renacemento e á Modernidade).
3) Comprender os vencellos existentes entre unha determinada cosmovisión e a filosofía e a ciencia que se produce nese marco.
4) Comprender a repercusión cultural e social da ciencia e da filosofía.
5) Coñecer autores, textos, problemas e conceptos relevantes para a tematización da relación entre pensamento filosófico e científico.
6) Comprender a diferente visión da natureza na ciencia antiga e na ciencia moderna e contemporánea.
7) Desenvolver un punto de vista crítico sobre o desenvolvemento da ciencia e do binomio ciencia-tecnoloxía.
8) Dotarse de ferramentas para calibrar o alcance e a validez da reflexión filosófica en relación coa ciencia.
9) Desenvolver as destrezas de lectura, comprensión e explicación de textos filosóficos.
10) Fomentar a capacidade de diálogo/debate sobre temas, conceptos e problemas filosóficos (emprego do léxico axeitado, capacidade de argumentación, coñecemento das fontes, escoita atenta e activa dos argumentos contrarios, capacidade para formular réplicas que centren a análise dos temas evitando a dispersión, cultivo do respecto aos interlocutores, valoración do traballo no eido da filosofía como un esforzo real que require unha formación pertinente).
Tema 1: O inicio da filosofía nos chamados físicos materialistas.
Aquí abordarase a concepción inicial da materia e da physis dos primeiros filósofos. Unha concepción que, lonxe do que máis tarde se entenderá como materialismo, non separa o material do espiritual nin o físico do psíquico.
Tema 2: Ciencia e metafísica de Platón.
Este tema céntrase en mostrar como en Platón a materia pasa de ser o que está antes do cosmos como matriz do ser, a ser o que está fronte o cosmos como caos negador do ser.
Tema 3: A concepción aristotélica da ciencia.
Explícase o modo no que Aristóteles desenvolve unha física cualitativa fronte á física cuantitativa de Platón. Móstrase igualmente como, fronte ao ideal platónico dunha ciencia dedutiva unificada, aparece a concepción dunha ciencia indutiva diversificada.
Tema 4: A ciencia na Patrística e a Escolástica.
Exponse o impacto da nova concepción da natureza e da historia que emerxe co monoteísmo e as transformacións que, observables na Baixa Idade Media, anuncian o advenimento dun novo espírito que se fará vivible na modernidade.
Tema 5: O Renacemento e a revolución científica.
Explícase o tránsito de paradigma que nos leva desde o fin da escolástica e a heterodoxia hermética ata o triunfo do paradigma matemático.
Tema 6: A fundamentación metafísica da física matemática en Descartes.
Detállase o modo no que Descartes ofrece unha fundamentación filosófica da ciencia moderna que outorga centralidade ao suxeito pensante e reduce a natureza aos caracteres xeométricos da res extensa.
Tema 7: A crise do paradigma newtoniano na teoría da relatividade.
Explícase o modo no que Einstein transforma a concepción newtoniana do espazo, o tempo e a gravidade.
Tema 8: A crise do paradigma cartesiano na mecánica cuántica.
Explícase o modo no que a mecánica cuántica cuestiona a división cartesiana res cogitans-res extensa e a separación suxeito-obxecto.
Tema 9: A crise do paradigma cartesiano na teoría do caos.
Explícase o modo no que a teoría do caos permite, máis aló do mecanicismo, unha reconsideración da concepción grega inicial da natureza como physis.
Bibliografía básica
HEISENBERG, W. “La ciencia y lo bello” y “El debate entre Platón y Demócrito”, en Cuestiones cuánticas, Kairós, Barcelona.
KOYRE, A. (1977) Estudios de historia del pensamiento científico, ed. Siglo XXI: Madrid.
KUHN, T. S. (1978): La revolución copernicana, Ariel, Barcelona.
REALE, G. (1988) Historia del pensamiento filosófico y científico, Barcelona, Herder.
Bibliografía complementaria
ARISTOTELES (1996) Acerca del cielo. Meteorológicas, ed. Gredos: Madrid.
―— (2007) Física, ed. Gredos: Madrid.
―— (1982) Metafísica, ed. Gredos: Madrid.
―— (1978) Acerca del alma, ed. Gredos: Madrid.
―— (1995) Segundos Analíticos, ed. Gredos: Madrid.
COHEN, B. (1983) La revolución newtoniana y la transformación de las ideas científicas, ed. Alianza: Madrid.
COPERNICO, N. (1997) Sobre las revoluciones, ed. Altaya: 1997.
CULIANU, I. P. (1999): Eros y magia en el Renacimiento, Siruela: Madrid.
EINSTEIN, A. & INFELD (2011): La física, aventura del pensamiento, Losada.
ELENA, A. (1985): Las quimeras de los cielos, Siglo XXI: Madrid.
GALILEO (2003): Diálogos acerca de dos nuevas ciencias, ed. Losada: Buenos Aires.
—— (1986): Consideraciones y demostraciones matemáticas sobre dos nuevas ciencias, Editora Nacional: Madrid.
—— (1981): El ensayador, Aguilar: Buenos Aires.
GARIN, E. (1981): Medioevo y Renacimiento, Madrid: Taurus.
GEYMONAT, L.: (1969) Galileo, ed. Península: Barcelona.
—— (1983) Historia del pensamiento filosófico y científico, 3 vols., ed. Crítica: Barcelona.
HANSON, N. R. (1985): Constelaciones y conjeturas, Alianza: Madrid.
PLATÓN (1988): República, ed. Gredos: Madrid.
—— (1992) Timeo, ed. Gredos: Madrid.
PRIGOGINE, I. (1983): ¿Tan sólo una ilusión?, Tusquets: Barcelona.
SOLIS, C & SELLES, M. (2005) Historia de la ciencia, ed. Espasa Calpe: Madrid.
TURRÓ, S. (1985) Descartes: del hermetismo a la nueva ciencia, ed. Anthropos: Barcelona.
Competencias Xerais
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
Competencias Básicas
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias especificas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das disciplinas.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
Competencias transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade e medioambientais.
Nas clases expositivas desenvolveranse as diversas formas nas que, ao longo do pensamento occidental, foise articulando a relación filosofía-ciencia. Como fío condutor empregarase o concepto de paradigma entendido como un marco de comprensión da totalidade do real que, cando sofre profundas modificacións, entra nun debate onde a ciencia descobre as súas raíces filosóficas. Tratarase de mostrar o modo no que o ser humano articula conceptualmente a súa aproximación aos feitos e como grandes revolucións conceptuais levan aparelladas grandes revoluciones observacionais. Cada sesión expositiva será acompañada por sesión interactivas nas que se traballará con textos, vídeos ou actividades ilustrativas que faciliten a comprensión das teorías e os pensadores abordados. Fomentarase en todo momento a participación do alumnado no contexto dunha actividade dialóxica que fomente tanto a capacidade hermenéutica como o distanciamento crítico.
Complementariamente as titorías no despacho servirán para resolver dúbidas de xeito máis personalizado.
Traballo autónomo do alumnado
- Seguimento autónomo dos temas mediante a lectura dos textos fonte e da bibliografía recomendada.
- Formulación de preguntas de comprensión de todo tipo.
- Participación nos debates.
- Rexistro de notas e apuntamentos de cara ao exame final.
- Ampliación mediante a consulta da bibliografía recomendada.
AVALIACIÓN CONTINUA
Se trata dun sistema de avaliación ao que poderán acceder alumnas/os cunha asistencia regular a, cando menos, un 80% das sesións.
Un 50 % da nota dependerá das clases interactivas. Nestas traballaranse pormenorizadamente e de forma individual textos que ilustren as temáticas abordadas nas clases expositivas. Co fin de verificar o grao de comprensión dos textos, o alumnado realizará un control por escrito ao final do cuadrimestre consistente nun comentario individual sobre un ou varios textos dos traballados nas sesións interactivas.
Un 50 % da nota dependerá dun exame final no que se deberá desenvolver un dos temas da materia e facer un comentario de texto.
A maiores, poderá darse unha bonificación dun 10% para aqueles alumnos que acreditaran unha participación positiva durante as sesións interactivas.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
Exame final. 100% de la nota final.
AVALIACIÓN E COMPETENCIAS.
Tipo de actividade Competencia avaliada
Asistencia e participación CX1; CX2; CX4; CX5 // CB1; CB2 CB3 CB4 CB5// CE5; CE6; CE7
Comentarios de texto CX1; CX2; CX4; CX5 // CB1; CB2 CB3, CB4 // CE1; CE8 // CT1
Exame final CX1; CX2; CX4; CX5 // CB1; CB2 CB3 CB4 CB 5 // CE1; CT1
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
Dado que, por unha banda, o estudantado, segundo o artigo 33. g) dos Estatutos da Universidade, ten dereito únaa " atención e deseño das actividades académicas que faciliten a conciliación dos estudos coa vida persoal, familiar e laboral", e por outra banda, de acordo co seu artigo 130.2, tamén ten o deber da "asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente", o alumnado poderá solicitar, ao principio de curso nas datas establecidas por cada Centro ou, posteriormente, de concorrer causas imprevisibles e sobrevindas, dispénsaa de asistencia á clase, mediante solicitude motivada e acreditada formulada ao Decano ou ao Director de Escola segundo o disposto na Instrución nº1/2017 da Secretaría Xeral.
Son causas para a solicitude de dispensa:
a)A enfermidade grave ou os tratamentos médicos inaprazables que impidan a presenza no centro do alumnado.
b)O coidado de dependentes a cargo ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, debidamente acreditada.
c) A prestación de servizos por conta allea ou por conta propia debidamente acreditada (e dicir: alta no Réxime Xeral ou no de Autónomos da Seguridade Social, copia do contrato de traballo ou dos encargos para realizar, copia do recibo de pago da última cotización), sempre que non se poda acoller ao réxime de matrícula a tempo parcial.
d)A persoa que presentou unha denuncia por acoso, ou por outros comportamentos semellantes, sempre que ela considere máis adecuado para a súa saúde dispénsaa.
No caso de denuncia por acoso sexual, se coa denuncia fora incoado o procedemento do Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e Acósoo por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela, a Dirección do Centro deberá poñer en coñecemento da Oficina de Igualdade de Xénero a solicitude de dispensa en prol dunha mellor coordinación administrativa. A Oficina de Igualdade de Xénero actuará conforme devandito Protocolo, o que lle comunicará a Dirección do Centro.
Os alumnos aos que a Xunta de Centro (ao amparo dá instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) conceda unha dispensa da asistencia a clase, serán informados, atendendo ás súas circunstancias persoais, de como elaborar e entregar aqueles traballos que permitan compensar a falta de asistencia a clase mantendo o seu dereito a unha avaliación continua segundo as porcentaxes establecidas.
6 créditos ECTS, 150h.
• Horas presenciais: 51h.
Horas de Titorías 3h.
Clases Expositivas 24h.
Clase Interactiva 24h.
• Horas non presenciais: 99h.
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudio, etc.) 50h.
Exposición e resumo escrito 25h Preparación do exame 24h.
1. Ler os textos metódica e atentamente no momento adecuado, evitando a acumulación.
2. Levar un ritmo adecuado de lecturas, documentación e estudo seguindo as pautas do profesor, mais tamén consonte as propias necesidades e os propios intereses
3. Participación activa nas clases. Isto significa presentar textos, e participar na discusión dos mesmos con vistas á súa interpretación.
Preparación dos exames seguindo rigorosamente as pautas indicadas.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
− Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
− Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
− Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
− Non se poderá empregar o de teléfono móbil nas aulas, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
− Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
Benito Arbaizar Gil
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812521
- Correo electrónico
- be.arbaizar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
26.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
26.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
26.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
26.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
26.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
26.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
26.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
26.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
30.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
30.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
30.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
30.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |